JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

AVeciñanzaConta - REUNIÓN COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DO ROSAL (ACOR)

O goberno rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno de ACOR, Asociación de Comerciantes do Rosal.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantiveron unha xuntanza co presidente e secretaria da asociación.

Entre outras cuestións falaron da planificación de cara ós orzamentos do ano que ven e dos proxectos en común de cara os vindeiros meses.

A Asociación de Comerciantes do Rosal que ten asociadas neste momento a 92 empresas do noso concello, é unha asociación cunha gran traxectoria que naceu no ano 1998 da man dun grupo de empresarios que demandaban máis iniciativas para o pequeno comercio do Rosal.

A día de hoxe son moitas as campañas que poñen en marcha ao longo do ano con grade éxito como a campaña do día da nai e do pai, os mercados solidarios ou a ruta da tapa, así como prestar orientación sobre diferentes vantaxes para os comercios asociados.

A colaboración entre o Concello do Rosal e ACOR pode ser unha gran oportunidade de proxectos comúns de cara a fortalecer o comercio local.

O Rosal


REACTÍVATE Comezamos co programa #Reactívate que engloba as actividades anuais desenvolvidas no Concello do Rosal

Deste xeito, neste ano teremos Pilates, Pintura, Restauración, Zumba, Zumba Gold, Tenis, Ioga e axilidade mental. Como novidade, Ioga pasa a ser unha actividade ofertada desde Concello e dada a importancia da axilidade mental pola composición poboacional que temos, decidiuse aumentar a oferta desta actividade e levala a algúns barrios para unha maior cercanía da veciñanza.

A axilidade mental trátase dun obradoiro de memoria e estimulación cognitiva dirixido ás persoas maiores. Por iso, ofertarase no Calvario mais tamén en Fornelos, Marzán, San Xián-Portecelo e San Miguel de Tabagón.

O horario de actividades será o que se expón cartel.

Para inscribirse a calquera destas actividades poden facelo no Concello realizando a solicitude correspondente.

Para máis información poden chamar ao teléfono 986625000 Extensión 4

O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais