|
Horário do Ferry (10 a 15 de Setembro)
A Guarda
A Guarda preparase para unha intensa fin de semana
Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades nas que destacan o inicio das celebracións das Festas das Mercedes na Gándara, un Relatorio sobre Violencia de Xénero con Amelia Tiganus, o concerto de peche de Música nas Prazas 2019 con Helen & Shanna, a 2º churrascada de Buxán, una nova sesión de Contos Contados, ademáis de visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.
VENRES 13
O venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM(Centro de Información á Muller) da Guarda .
O acto, que terá lugar ás 20:00h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas.
Música nas Prazas 2019 chega este venres día 13 de setembro ao seu fin tralos concertos de Caramelo Krew o 14 de xuño na Praza de San Queitano e de Blues do País o pasado venres día 16 de agosto na Praza de Avelino Vicente(As de Copas).
Desta volta é a quenda de "Helen & Shanna", un grupo guardés nado no ano 2013 e que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia. Cunha forte influencia folk, "Helen & Shanna" recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
Para rematar esta edición o venres 13 de setembro ás 22:00h a Praza dos Seixiños acollerá a actuación de Helen & Shana.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
SÁBADO 14
A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.
A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00h dende a Pobra ata a bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.
Pola noite do sábado terá lugar o XIX Serán a partires das 21:00h na Praza dos Seixiños organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.
Este sábado a Praza de Buxán acolle a 2º gran churrascada a partires das 21:00h da noite organizada pola Comisión das Festas da Pascua de Buxán
A Guarda
Novo horario de inverno no Museo do Mar e peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz
A partires desta fin de semana (15 de setembro) modifícanse os horarios do Museo do Mar e realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, a zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00h a 20:00h. e a partires do mes de outubro de 10:00h a 19:00h.
O Museo do Mar, incluído na Rede de Museos Municipal, pasa xa ao horario de inverno e estará aberto os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" e "Tesouros vivos".
Centro de Interpretación
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
"1 € adulto
"0,50 € menores de 14 anos
"Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
A Guarda
A Guardia Civil comprométese a incrementar a presenza policial nocturna na Guarda
Na mañá de martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda, Anxo Baz, mantivo unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para tratar de mellorar a seguridade cidadá en coordinación e comunicación directa entre ámbalas dúas institucións.
Anxo Baz trasladou as demandas dos veciños e comerciantes para aumentar a presenza policial nos turnos de noite, obtendo o compromiso do subtenente da Guardia Civil do Posto da Guarda, emprazando a unha reunión de seguimento que terá lugar en datas próximas.
A Guarda
As Festas das Mercedes arrancan esta fin de semana
A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.
A programación para este sábado día 14 de setembro inclúe a IV Baixada de Carrilanas, que terá lugar ás 16:00h dende a Pobra ata a bisorca, contando nesta edición cun total de 15 inscritos.
Pola noite do sábado terá lugar o XIX Serán a partires das 21:00h na Praza dos Seixiños organizado polo Grupo de Gaitas A Boalleira e obsequiarase aos asistentes con chocolate e biscoito.
Na xornada do domingo día 15 de setembro celebrarase ás 17:00h o II Concurso degustación de repostería e tortillas con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e ás 20:00h terá lugar a actuación teatro musical de "A chavola de Coiro Vello".
A programación de festexos na Gándara continuará a vindeira fin de semana coa XXXIII Festa da Zorza e a XIX Carreira Pedestre Julia Vaquero, ademais de unha ampla programación con actuacións musicais, verbenas, xogos populares, entre outras.
A Guarda
Inscricións abertas para os Cursos de Ximnasia Sénior e Pilates na Guarda
A Omix da Guarda ven de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro.
O Curso de Pilates terá lugar os martes e xoves en horario de 19:00h a 20:00h, cun custe de 28,50€ ao mes.
O Curso de Ximnasia Sénior terá lugar os mércores e venres en horario de 11:30h a 12:15h, para maiores de 65 anos, cun custe de 10€ ao mes.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ata esgotar as prazas no teléfono 986 61 0000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
A Guarda
A Guarda realiza diversas obras mantemento nos centros de ensino do municipio
O Concello da Guarda ven de acometer diversas obras de mantemento nos centros de ensino da vila de cara ao inminente comezo do novo curso lectivo.
Deste xeito traballouse ao longo do verán no Colexio Manuel Rodríguez Sinde, no CEIP A Sangriña, no CEIP Nicolás Gutiérrez Campo "Solanas" e na Escola Infantil da Gándara, realizando tarefas nas que se incluíron a revisión eléctrica xeral, cambio de enchufes e interruptores, substitución de luminarias defectuosas, pintado de aulas, reparación de persianas, traballos de xardinería, reposición de azulexos, cambio de corchos, entre outras.
Destacan a reparación dos canalones exteriores do CEIP Nicolás Gutiérrez Campo "Solanas" cun importe superior aos 1.500€ ou a reparación integral da rampa de madeira de acceso ao Colexio Manuel Rodríguez Sinde, que se atopa nestes intres en fase de obra, cun investimento superior aos 5.000€.
Dende a Concellería de Educación do Concello da Guarda traballouse de acordo as solicitudes feitas polos diferentes centros de ensino, de cara a acometer aquelas obras de mantemento precisas para o correcto funcionamento destes espazos.
A Guarda
Martín Fiz apadriñará a 15k do atlántico 2019
Martín Fiz, o emblemático atleta que ten acadado numerosos éxitos a nivel internacional na especialidade de maratón, será o padriño e tamén participará na 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa, que se disputará o vindeiro 29 de setembro, cun percorrido polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.
É un especialista en maratón, proba na que logrou os seus maiores éxitos, foi unha vez campión do Mundo e outra de Europa, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atenas, un dos momentos máis importantes da súa carreira deportiva. En Atlanta foi cuarto y logrou un diploma olímpico en Sídney.
As súas conquistas o levaron a lograr magníficos postos cando pasou á categoría de veteranos. Así, se impuxo nos maratóns de Tokio, Boston, Berlín, Chicago, Nueva York e Londres. Desa forma demostrou que no perdera o talento que lle converteu nun referente atlético a nivel internacional. A súas vitorias lle manteñen ademais no primeiro plano da actualidade atlética.
En 2018 sufriu un accidente de tráfico, atropelado por un vehículo nun paso de peón e tivo que ser hospitalizado con catro costelas rotas, sen embargo, a súa capacidade de superación lle levaron a acadar todas as esixencias e no mes de xaneiro logrou un novo rexistro mundial na distancia de 10 quilómetros en ruta para maiores de 55 anos.
Martín Fiz foi distinguido co Premio Príncipe de Asturias no 1997 co equipo español de maratón e tamén lle entregaron a medalla de ouro da Real Orden de Mérito Deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes. En Vitoria, a súa cidade natal, organiza todos os anos un maratón que leva o seu nome.
Ademais da presenza de Martín Fiz, a organización teñen previsto realizar unha serie de actividades paralelas.
A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa está deseñada para ser un evento familiar, no que non faltará unha andaina, unha ruta a cabalo que terá lugar o día 28, conferencias e tamén un concerto musical.
A xornada do día 29 será intensa para os atletas, que partirán de Oia, pasarán polo Rosal e terminarán na Guarda.
As inscricións para poder realizar o percorrido xa se poden realizar na páxina web championchipnorte.com.
A Guarda
A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar
O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.
As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos na modalidade de carreira. As inscricións pechan o 25 de setembro.
A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.
Este ano contarase con actividades complementarias como una Ruta Cabalar que terá lugar o sábado 28 de setembro ás 17:00h e que percorrerá os municipios da Guarda, O Rosal e Oia con chourizada para os participantes ao remate. As inscricións para a Ruta Cabalar están abertas a un prezo simbólico de 5€ en www.multisportdacosta.com ou no teléfono 627 419 528.
Tamén contarase este ano cunha novidade, a representación teatral de "O veleno, ¿So ou con leite" a cargo do grupo oiense "Os Melhores do Ghrupo", que terá lugar o domingo 29 de setembro ás 19:00h na esplanada do Mosteiro de Oia.
A Guarda
O 29 de setembro tes unha cita co atletismo
A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa vivirá o vindeiro día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com se poden formalizar os datos para tomar parte na competición. O percorrido, co mar coma gran protagonista, é un dos grandes alicientes.
Tres concellos acollerán a proba que xa se pode considerar coma unha das máis emblemáticas destas características en Galicia. Dende que se instaurou por primeira vez, non parou de medrar. Ese é un dos motivos polos que en cada edición se ofrecen novos alicientes. Os organizadores xa teñen programado diversas actuacións musicais, e tamén a tradicional marcha a pé, o servizo gratuíto de transporte e a atención permanente ao deportista. Entre as novidades se inclúen unha ruta a cabalo, que terá lugar o día 28, e tamén unha conferencia a cargo de Fernando Javier Costas.
A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa ten previsto realizar máis iniciativas nun evento para todas as idades. A gran festa do atletismo na comarca baixomiñota agarda superar o rexistro histórico de participantes e continuar crecendo.
A Guarda
Apertura do prazo de inscrición das Deporte Escolas 2019-2020 da Deputación de Pontevedra
"Deporte Escolas" é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Formalización da inscrición
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. (por exemplo ORAL)
Prazo de presentación de solicitudes
Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:
o 1.o prazo: do 16 ao 30 de setembro de 2019
o 2.o prazo: do 4 de novembro de 2019 ao 13 de xaneiro de 2020
A Guarda
A Guarda oferta un novo curso de formación para a xestión da hostalería e aloxamentos turísticos na rede
O Concello da Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.
Neste curso, totalmente de balde, traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación online, captación de clientes e branding da marca do establecemento.
O curso terá unha duración total de 10 horas e realizarase os mércores de outubro en horario de 17:00h a 19:00h.
O prazo de inscricións está xa aberto ata o 25 de setembro a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.
A Guarda
Este sábado regresan os Contos Contados á Biblioteca da Guarda
Este sábado día 14 de setembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras, que terá lugar ás 11:30h da mañá.
Sabela é, en aparencia, unha nena coma outra calquera: chea de soños, valente, aventureira, alegre... pero se afondamos na súa historia descubrimos que hai moi pouco tempo que se chama así, antes era Daniel. Por medio de contos, cancións e teatro loitamos pola concienciación da identidade e igualdade de xénero.
Despois do contacontos os asistentes poderán desfrutar do obradoiro teatral "Como se ergue un neno pola mañá. É unha nena?"
Esta actividade pertence ao Programa Ler Conta Moito 2019: Igualdade e Violencia de Xénero. Está organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller da Guarda. O seu obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.
Por medio de contos, cancións e personaxes queremos achegar ás crianzas a conciencia de que se se quere, pódese. Sen importar xénero, raza, aspecto físico, clase social…
As trabas poñémonolas nós mesm@s a causa da nosa inseguridade e baixa autoestima. Con esta serie de contos de unha hora de duración preténdese, dunha maneira lúdica e divertida, facer ver que, se tés un obxectivo claro que queiras alcanzar, non hai ningún impedimento para que o consigas, só precisas vontade.
A Guarda
|