|
A 6 Setembro entregáronse os primeiros corenta e un composteiros individuais a veciños e veciñas
Ao abeiro do Plan Revitaliza distribuiranse un total de 81 COINEX
A 6 Setembro entregáronse os corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron.
Esta mañá realizouse unha primeira entrega dos composteiros, recibindo os veciños e veciñas beneficiarios unha charla sobre o uso do composteiro a cargo da mestra composteira. Asistiron ao acto no Centro de Formación en Guillarei o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz.
Nas próximas semanas realizarase unha segunda entrega até completar o total de 81 composteiros dispoñibles. Unha vez superarada esta cifra crearase unha lista de agarda cos novas solicitudes que se vaian recibindo.
Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.
Durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.
Dezaoito restaurantes de Tui participan nas xornadas de gastronomía xudía con menús con pratos de bacallau
Estas xornadas forman parte do programa de actividades para conmemorar o 20 aniversario das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, nas que Tui participa este ano, por vez primeira, como membro da Rede de Xuderías de España
Dezaoito restaurantes tudenses terán nas súas cartas pratos de bacallau durante este mes de setembro, a iniciativa gastronómica enmarcase dentro das xornadas de gastronomía xudía, que é unha das actividades organizadas polo Concello de Tui dentro do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que anualmente organiza a Rede de Xuderías de España, e que este ano chegan a súa edición número 20. O concello de Tui elixiu como motivo principal destas xornadas as pontes, aproveitando o amplo sentido que podemos dar a esta palabra, pontes culturais, pontes, pontes gastronómicas e pontes físicas.
Así as diferentes rutas guiadas polo patrimonio sefardí de Tui, a exposición de fotografías de pontes de Tui de Gus Abreu ou a publicación de micro relatos únese tamén esta iniciativa gastronómica, que ten coma centro o bacallau, prato moi habitual na cociña sefardí, e que serve de ponte tamén co país veciño, onde este peixe é considerado prato nacional. O bacallau servido de distintos xeitos será servido nos restaurantes participantes durante todo este mes. Os pratos e os restaurantes son os seguintes: O Alboio: bacallau en empanada, Ideas peregrinas: tosta con bacallau, Parador de Tui: bacallau con broa, A Ponderosa: Bacallau á portuguesa, El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado, Jaqueyvi: á brasa, Tapas e viños: ensalada con bacallau, La de José Luís: á brasa, El Molino: á portuguesa e tamén empanada, Puro sabor: ó forno e empanada, O Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada, O Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños, Santiamén: asado con cebola, A Macoca: ó forno, O pote: ensalada de bacallau e á galega, Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada, Monte Aloia: á brasa e ó forno, Cruceiro do Monte: á portuguesa.
|
|

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|