JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

VISITA DO GOBERNO DA CÁMARA MUNICIPAL DE CAMINHA

Recibimos no Rosal a visita do equipo de goberno de Caminha encabezado polo Presidente da Cámara, Miguel Alves.

Na xuntanza puxemos en común as potencialidades e puntos fortes dos nosos concellos co obxectivo de buscar vías acaídas para comezar un camiño transfronteirizo de colaboracións e poder, pouco a pouco, vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Río Miño.

Comezamos xa a falar de propostas reais nas que poder iniciar o noso camiño. Ambos gobernos amosamos ilusión e ganas de traballar para efectivizar unha colaboración transfronteiriza que poña en valor a riqueza nos distintos eidos que compartimos. Entre outras cuestións, falamos de cultura, deporte, gastronomía, turismo e patrimonio.

Ademáis, tivemos a oportunidade de coñecer as distintas áreas competenciais que a cámara e o concello comparten e acordamos colaborar, entre os equipos de goberno, coa finalidade de ter unha comunicación constante nas mesmas para poder xerar sinerxias positivas que nos permitan compartir información e tender pontes neste sentido.

O Rosal


REMATE DO CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DO ROSAL

Hoxe (30/8) Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura e Sabela Rodríguez Jardón concelleira de Muller e Igualdade, visitaron o campamento onde os máis pequenos celebraron o remate do curso.

Pondo fin ao campamento organizado polo Concello do Rosal, que tivo lugar os meses de xullo e agosto na escola unitaria de Marzán, preto de 30 nenos e nenas desfrutaron hoxe do remate do curso cunha festa, na que non faltou unha merenda a media mañá, a proxección dun video no que se mostran os momentos compartidos durantes estes dous meses, divertíronse cunha piñata, e por último non faltaron uns agasallos para as monitoras como agradecemento polo traballo realizado.

O Rosal


RECOLLIDA DE LIXO HORARIOS

A recollida do contedor verde (resto) é realizada polo persoal do concello de luns a sábado en horario de mañá. Esta recollida realízase por zonas:

Zona 1: luns e xoves
Zona 2: martes e venres
Zona 3: mércores
Sábados: Calvario

A recollida dos contedores de reciclaxe é realizada por empresas externas.
Os voluminosos teñen que ser levados ao Punto Limpo
Podedes consultar o mapa coa distribución dos contedores no enlace dispoñible na web.

Agradecemos que, no caso de detectar incidencias tanto na recollida como no uso dos contedores, as poñades en coñecemento do persoal do concello para poder resolvelas e tomar as medidas pertinentes para evitar que volvan repetirse. A finalidade é a de identificar aos infractores, informarlles do lugar ao que deben levar cada tipo de residuo para que corrixan os comportamentos inadecuados e, de non facelo, aplicar o procedemento sancionador previsto na ordenanza municipal.

Aproveitamos para compartir a campaña de SOGAMA "A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe" que nos lembra que aínda que vaiamos de vacacións é importante reciclar, facer un uso axeitado dos contedores e non deixar desperdicios nos lugares que visitamos. Isto inclúe todos os espazos naturais que adoitamos frecuentar e que teñen un gran interese turístico como as praias, parques, zonas de recreo, etcétera. Lembrade "o que vai convosco, volve convosco".

O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais