|
Horário do Ferry (24 a 28 de Julho)
A Guarda
A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019
A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as Festas do Monte 2019, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre, Festas catalogadas de Interese Turístico de Galicia.
A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.
O luns día 5 de agosto celebrase o Pregón ás 20:00h na Praza do Reló, que correrá a cargo de Dna. María Nava Castro, Dir. Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Pola noite verbena coas orquestras América SL e Xacobeo na Alameda da Guarda.
Para a xornada do martes día 6 de agosto celebrase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés, un festival folclórico no Auditorio de San Bieito e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.
O mércores día 7 de agosto celebrase a Marcha Cicloturista Popular, o Torneo de Fúbtol Sénior, o XIV Rock in Fervenza e pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.
Na xornada do xoves día 8 de agosto terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadréz ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.
O venres día 9 de agosto as pistas deportivas do Codesal acollen o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.
Como ven sendo habitual, na mañá do sábado terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a milleiros de persoas entre a Alameda da Guarda e o Porto. Pola noite verbenas na Alameda coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.
O Domingo é a subida ao Monte, na cal as Bandas Mariñeiras realizan os seus xuramentos con comida popular e posterior desfeita. Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.
O luns 12 de agosto ás 24:00h terá lugar a Gran Tirada de Fogos de Luces no Porto da Guarda, coa que se pon o punto e final a unha semana de festexos.
Dende o Concello da Guarda pedimos a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.
A Guarda
Música, maxia e gastronomía principais as actividades programadas para os vindeiros días na Guarda
O Concello da Guarda programa para os vindeiros días numerosas actividades nas que se inclúen un espectáculo de Maxia, as Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu, a VII edición do Mercado da Música, a XVI Festa do Peixe Espada, o XXVI Encontro dos Pobos e visitas guiadas ao Monte Santa Trega.
XOVES 25
Este xoves día 25 de xullo a carpa do Porto da Guarda acolle o espectáculo de Maxia "Lafayette Show" a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.
O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestiario, números de mentalismo, hipnose, pantomima, danza...
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Este xoves terá lugar a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz". A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.
VENRES 26
A Casa dos Alonsos acolle este venres a V Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes Migradores "Pesquería de tiburones", un evento para profesionais do sector que se celebrará ao longo da mañá e que contará coa asistencia do Alcalde da Guarda, do Presidente de ORPAGU, da Secretaria Xeral de Pesca, da Conselleira do Mar, entre outras autoridades e participantes.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
SÁBADO 27
O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello da Guarda, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da Guarda e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.
Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.
Diferentes stands amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda man, entre outros.
Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.
Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello e que terá lugar na carpa do Porto, contando cunha extensa programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.
Tamén na xornada deste sábado a Praza do Reló acolle ás 20:00h da tarde o II Festival Sons da Guarda, organizado dende o Concello da Guarda e a Asociación Arpegios - Cantábile e no que participan o Coro Arpegios, o Coro Cantábile, a Coral Polifónica de Verdoejo, a Coral Polifónica da Guarda, a Coral da Agrupación Musical do Rosal e a Coral Os Penediños de Atios.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 28
Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello e que terá lugar na carpa do Porto, contando cunha extensa programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.
O festival folclórico internacional mais veterano da Comarca do Baixo Miño chega un ano mais, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo no Rosal na Guarda o sábado 27 de Xullo, terá lugar ás 22:00h na carpa da Festa do Peixe Espada no Porto da Guarda, contarase coas actuacións de Xamaraina, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco, Steirischer Schwung e Poligrodzianie.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
A Guarda
Contratación laboral temporal dunha praza de profesor do Conservatorio Elemental de Música do Concello da Guarda
O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal: praza de Profesor do Conservatorio Elemental de Música, especialidades de linguaxe musical e educación auditiva e vogal, para a contratación en réxime laboral temporal a tempo parcial durante dez meses (entre o 1 de setembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020).
Número de horas: 16 horas semanais.
Retribucións: 1.221,71 euros mensuais ( excluídas pagas extraordinarias).
Xornada laboral e horarios: de luns a venres en horario comprendido entre as 15,00 e as 22,00 horas.
Titulación esixida : titulado Superior de Pedagoxía Musical (LOXSE), titulado de profesor Superior, ou de Profesor, de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (Plan 1966), titulado Superior de calquera especialidade (LOXSE), título de profesor Superior, ou de Profesor, de calquera especialidade (Plan 1966) ou título Profesional de calquera especialidade (1942).
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 5 de agosto de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
A Guarda
A Guarda contratará a 4 desempregados dentro do programa "O teu primeiro emprego" da Deputación de Pontevedra
O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O TEU PRIMEIRO EMPREGO". Ten concedida axuda para a contratación de 4 desempregados coas seguintes características:
Este plan ten por finalidade facilitarlles ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados para adquirir experiencia profesional e facilitarlles a súa futura inserción no mercado laboral.
Requisitos para poder optar a estes postos de traballo.
- Estar inscritos no Servizo Público de emprego con demandantes de emprego desempregados ou co cartón de mellora de emprego no Código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego - Provincial ou Baixo Miño.
- Estar en posesión da titulación do posto de traballo a desempeñar.
- Que non transcorresen mais de 5 anos desde a terminación dos estudos.
- Que non estivese contrato/as en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano.
A Guarda
O patrimonio do casco urbano da Guarda dáse a coñecer con visitas guiadas
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.
As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a Visita singular no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".
Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións "in situ", grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.
A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.
Horarios da Rede de Museos
A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.
" MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
" Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
" Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
" Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
" Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.
A Guarda
La Festa do Peixe Espada 2019 incide en la inclusión
" El que fuera secretario general de Pesca entre los años 1987 y 1996, José Loira Rúa, muy ligado a la localidad, será el pregonero de esta décimo sexta edición de la popular celebración organizada por Orpagu en colaboración con el Concello de A Guarda.
" El evento, que se desarrollará entre el sábado 27 y el domingo 28 de julio, acogerá el IV Campeonato Gallego Inclusivo de Náutica Adaptada y la presentación de una iniciativa de la Consellería do Mar de turismo marinero inclusivo.
Gastronomía, conciertos, un mercado artesanal, talleres, hinchables para los más pequeños y deporte inclusivo serán algunas de las actividades que se desarrollarán este fin de semana en A Guarda con motivo de la XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado por la Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu) en colaboración con el Concello.
El pregón inaugural, a cargo de José Loira Rúa, secretario general de Pesca entre los años 1987 y 1996, marcara el inicio de la celebración que tiene como protagonista indiscutible al pez espada, la especie objetivo de la flota integrada en Orpagu. Tras el pregón de Loira Rúa, se procederá a la entrega del premio a la ganadora del concurso de diseño del cartel de este año, Sara Lomba, y se presentará la cuarta edición del Campeonato Gallego Inclusivo de Náutica Adaptada, que se desarrollará a lo largo de la jornada del sábado.
El documental "Historia mariñeira da Guarda" y el Encontro dos Pobos, con la actuación este año de dos grupos locales de música y danza (Vento Mareiro y Do Lusco e Fusco), uno de Polonia (Poligrodzianie) y otro de Austria (Steirischer Schwung), formarán parte de la programación del sábado, así como otras actuaciones musicales y la entrega de los premios del Campeonato Gallego de Naútica Adaptada, organizado por el Club Deportivo Sen Amarras.
El domingo por la mañana tendrá lugar la presentación oficial de Ecodestin-Sensea, una iniciativa de turismo marinero inclusivo, a cargo de un representante de la Consellería do Mar, y la actuación de la Agrupación Musical de A Guarda, con un repertorio especial con motivo de la fiesta. Ya por la tarde, los asistentes al evento gastronómico y cultural podrán disfrutar de una regatilla organizada por el Club de Remo Robaleira, y de diferentes actuaciones musicales a cargo de las agrupaciones Xamaraina, Deixa Andar y Coros Cantábile e Arpegios.
Mientras, en la carpa instalada en el recinto portuario se podrán degustar durante todo el fin de semana las raciones de pez espada con patatas, en guiso, en fideuá, en tostas, en empanada, como zorza, en albóndigas o salpicón. Un sinfín de variedades para disfrutar de un plato exquisito, sano y muy sabroso.
A Guarda
O XXVI Encontro dos Pobos trae á Guarda este sábado música folclórica de Polonia, Austria e Galicia
O festival folclórico internacional mais veterano da Comarca do Baixo Miño chega un ano mais, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo no Rosal o xoves 25 de Xullo, en Tomiño o venres 26 de Xullo, na Guarda o sábado 27 de Xullo e en Oia o domingo 28 de Xullo.
Este Encontro dos Pobos, que nace cunha finalidade de intercambio cultural, achegará á nosa comarca, aparte de grupos locais, un grupo procedente de Polonia e outro grupo de Austria.
Dende Polonia contarase co grupo Poligrodzianie, procedentes de Poznan, un grupo devolve o intercambio ao grupo guardés Do Lusco ó Fusco, que estivo na súa cidade o pasado ano no mes de agosto.
É a institución folclórica máis antiga do entorno académico de Poznan, pertence á Universidade de Tecnoloxía. Considerado como un dos grandes embaixadores da cultura polaca, teñen percorrido millóns de quilómetros nas máis de 100 xiras que teñen realizado percorrendo todo o mundo. Malta, Malasia, Corea do Sur, China, Irlanda, México, Italia, USA, Suecia, Canadá, Croacia e un longo etc.
Por outra banda, contarase co grupo austríaco, Steirischer Schwung, que veñen dende Stiwoll, unha localidade ao sur de Austria.
Nas súas actuacións realizan bailes de toda Austria, sendo un ben representativo o Schuhplattler, bailado só polos homes que acompañan á melodía.
Teñen participado en festivais en Alemaña, Dinamarca, Francia, Suecia, Croacia, etc.
Coa súa visita a nosa comarca, comeza o intercambio que o grupo Do Lusco ó Fusco vai a realizar, acollendo esta semana na nosa comarca e repetíndoo o vindeiro ano no mes de agosto.
No concerto do sábado na Guarda, que terá lugar ás 22:00h na carpa da Festa do Peixe Espada no Porto da Guarda, contarase coas actuacións de Xamaraina, Vento Mareiso, Do Lusco ó Fusco, Steirischer Schwung e Poligrodzianie.
A Guarda
73 sacos de plásticos retirados da costa o pasado domingo
O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.
Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa de A Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.
O grupo de voluntarios reuniuse previamente ás 8:00h da mañá na Alameda da Guarda, onde atenderon as explicacións do funcionamento desta actividade e se repartiron os sacos e luvas para poder recoller os plásticos da costa.
De seguido, e repartidos en grupos, os voluntarios desprazáronse a diferentes puntos da costa entre a desembocadura do Río Miño na Guarda e ata a zona das Orelludas en Oia, recuperándose un total de 73 sacos de plásticos, 32 sacos na Guarda, 21 sacos no Rosal e 20 sacos en Oia.
Destacan coma curiosidades que se retiraron da costa numerosos aparellos de pesca, cordas, cordeis, boias, caixas de plástico, pezas de poliéster, mangueiras, así como tamén unha roda dun turismo e varias tubaxes de PVC.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Xan Lois Lomba, destacou a boa acollida desta actividade, agradecendo a implicación de O Buxeiro e a participación dos voluntarios, destacando que este tipo de iniciativas son moi importantes para concienciar aos veciños e veciñas sobre o grave problema da contaminación con plásticos nos nosos mares, á vez que se contribúe á mellora medioambiental do noso entorno.
A Guarda
Mulleres en Acción - Violencia Zero trae á Guarda a peza "Rosa" de Nuria Sotelo
O vindeiro xoves día 1 de agosto a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción - Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda(CIM).
Esta actividade duns 20 minutos de duración, que terá lugar ás 21:00h na Praza do Reló, contará coa representación da peza "Rosa" da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos.
NURIA SOTELO
Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da Cía. de danza-teatro Licenciada Sotelo.
Ligada á danza dende a súa infancia a través do ballet , continúa coa súa formación en danza contemporánea nas Aulas de danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense así como en workshops internacionais.
Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro:
Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro.
Premios:
Certame Coreográfico de Madrid 2017: premiada como coreógrafa pola peza Ensayo amor
Premio de interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón
Combina actividade escénica coa docencia nos campos do corpo, danza e a creación escénica, traballando con adultas, adolescentes, profesionais da escena, grupos de integración e familias.
Actualmente inmersa no proxecto "A Casa Vella", espazo residencia artística e infiltración social a través do corpo e o arte no rural alaricano.
A Guarda
O Mercado da Música chega este sábado á súa VII edición
O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello da Guarda, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da Guarda e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.
Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.
Diferentes stands amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda mán, entre outros.
Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.
A Guarda
A Guarda acolleu varios torneos e exhibicións deportivas a pasada fin de semana
Na pasada fin de semana A Guarda acolleu varias probas deportivas que comezaron o venres día 19 de xullo coa terceira Mostra CD Baixo Miño e continuaron na xornada do sábado coa segunda edición de "La Guardia en Danza", o X Torneo de Fútbol 7 Vila da Guarda e o Torneo de Baloncesto 3x3 Vila da Guarda.
III Mostra CD Baixo Miño
O venres día 19 de xullo de 2019 o Estadio Municipal da Sangriña acolleu a terceira edición da Mostra Centro Deportivo Baixo Miño.
Nesta edición contouse con diferentes exhibicións de Judo, baile moderno, zumba e Hip Hop, contando cunha extraordinaria afluencia de público que encheu as gradas do Estadio Municipal.
II "La Guardia en Danza"
Na xornada do sábado día 20 de xullo de 2019 o Auditorio de San Bieito da Guarda acolleu a segunda edición de "La Guardia en Danza", un evento deportivo organizado por Do-Majó e que contou coa colaboración de varias escolas e grupos de baile de Vigo e do Baixo Miño como Studio 88 ou Xamaraina.
Excelente acollida de público que se achegou nesta tarde de sábado ata o Auditorio de San Bieito, enchendo as gradas deste espazo para presenciar as diferentes exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop ou Salsa, cheas de orixinalidade e cor.
Torneo Fútbol 7 Vila da Guarda
O sábado e o domingo pasados o Estadio Municipal da Sangriña acolleu a X edición do Torneo de Futbol 7 Vila da guarda, contando con 14 equipos inscritos e participando un toal de 140 xogadores con idades comprendidas entre os 14 e os 50 anos.
Entre os premiso entregados destacan o mellor porteiro para Mateo do equipo Os Bechos, o Máximo goleador para Caco do Equipo Os Juanitos. En canto á clasificación a primeira posición a acadou o equipo Manel Riveiro Peluqueros de Goián, segunda posción para Lonxamar e terceira posición para Os Bechos.
Torneo Baloncesto 3x3 Vila da Guarda
Na pasada fin de semana as pistas deportivas do Clube de Tenis Codesal acollían a V edición do Torneo de Baloncesto 3x3 Vila da Guarda que contou cunha gran representación de clubs do sur da provincia, aumentando nesta edición a calidade do torneo confraternizando con varios equipos.
En canto á clasificación a primeira posición a acadou o equipo Unicejos de O Porriño, a segunda posición foi para Sobaos de Vigo e a terceira foi para Tira Cerveza Tarzán de Vigo.
Sen dúbida unha fin de semana cargada de eventos deportivos que, en palabras da Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, "é un sinal da boa saúde da que goza o deporte na vila da Guarda, cunha ampla representación de deportes e unha moi boa implicación tamén por parte dos veciños, o que repercute en hábitos de vida saudable."
A Guarda
Las VI Jornadas Internacionales de Pesca de Orpagu ponen el foco sobre las tripulaciones
" La secretaria de Estado de Migraciones, la secretaria general de Pesca y la conselleira do Mar, junto con el alcalde de A Guarda y el presidente de la Organización de Palangreros Guardeses, serán las encargados de inaugurar la sesión de trabajo que este año se centra en el aspecto social de la actividad pesquera.
" La falta de tripulantes y los problemas de habitabilidad en los barcos protagonizarán, entre otros temas, las jornadas que tendrán lugar el viernes, 26 de julio, a partir de las 09:00 horas, en la Casa dos Alonso, en A Guarda.
Las titulaciones náutico-pesqueras, las medidas a adoptar ante la falta de tripulaciones y las carencias de la flota para mejorar la vida a bordo de los buques son los tres grandes temas que centran este año las Jornadas Internacionales de Pesca impulsadas por Orpagu. El objetivo, debatir sobre cuestiones de actualidad con expertos en diferentes campos relacionados, en esta ocasión, con la parte más social de la actividad pesquera.
Previamente a estas mesas de trabajo tendrá lugar el acto inaugural que en esta sexta edición contará con la presencia de la secretaria de Estado de Migraciones, Consuelo Rumí; la secretaria general de Pesca, Alicia Villauriz y la Conselleira do Mar, Rosa Quitana, así como el alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, y el presidente de la Organización de Palangreros Guardeses, Joquín Cadilla.
A lo largo de la mañana, los ponentes abordarán las posibles soluciones a cuestiones como un nuevo enfoque en las ayudas europeas para favorecer mejores condiciones de trabajo a bordo, los posibles cambios en la normativa náutico-pesquera que favorezcan nuevas vocaciones o qué medidas se deberían adoptar de forma inmediata para paliar la escasez de marineros que en algunos segmentos de flota empieza a ser alarmante.
Las VI Jornadas Internacionales de Pesca, abiertas a los medios de comunicación, darán comienzo a las 09:00 horas y tendrán como escenario la Casa dos Alonso, en A Guarda.
A Guarda
|