JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

"Como afrontar a xestión do cambio na procura de emprego", nova sesión formativa dentro do proxecto "Rumbo ao Emprego"

A actividade desenvolverase o próximo venres 19 no Centro Sociocultural de Pedornes en horario de 10.00 a 12.30h.

O proxecto "Rumbo ao Emprego" que están a desenvolver conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal ofrece unha nova sesión aberta ao público xeral, neste caso centrada en como xestionar o cambios.

A píldora formativa desenvolverase o próximo venres 19 de xullo baixo o título "Como afrontar a xestión do cambio na procura de emprego". A cita será no Centro Sociocultural de Pedornes de 10.00 a 12.30 horas e con entrada é libre, polo que non cómpre inscribirse.

A actividade correrá a cargo de Yolanda Fortes, consultora e docente de estratexia persoal e proxectos paralelos. Posúe ampla experiencia traballando aspectos como o talento, a marca persoal, a motivación e a comunicación.

Xestión do cambio

Especialista en consultoría e coaching, Yolanda Fortes centra as súas intervencións en lograr que as persoas sexan o cambio que queren no seu negocio ou proxecto profesional. "Transformando ás persoas transformamos os negocios" é, de feito, o seu lema.

Na píldora formativa do próximo venres a relatora guiará ás persoas asistentes na difícil tarefa diaria de asumir os cambios: debullará os medos e inseguridades que asaltan ás persoas cando deciden saír da súa zona de confort e revelará o positivo que pode resultar "tirarse á piscina" nalgúns momentos da vida.

"Rumbo ao Emprego"

"Rumbo ao Emprego" é un proxecto que os concellos do Rosal e Oia veñen desenvolvendo conxuntamente desde o mes de abril. Conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.

Esta iniciativa en materia de inserción laboral inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo. Entre as distintas accións programadas destacan as píldoras formativas, sesións abertas ao público xeral nas que distintos especialistas abordan temas de interese como o autoemprego, as dinámicas de grupo nas entrevistas de traballo ou a xestión do cambio, entre outros.

Oia


Arranca esta fin de semana a programación de visitas guiadas de Costa dos Castros

A tradicional programación de visitas guiadas polo patrimonio de Oia organizada pola Asociación Costa dos Castros arrancará este sábado 20 de xullo na Cabeciña, cun pase nocturno para coñecer, á luz das lanternas, os petróglifos que existen neste enclave arqueolóxico. Ademais, este verán haberá visitas ao barrio do Arrabal e, como novidade, á zona de Chavella-A Valga.

Entre o 20 e o 30 de xullo, os sábados pola noite haberá visita aos petróglifos da Cabeciña (22.30 horas, require inscrición), os martes haberá visita guiada ao Arrabal (saída da Oficina de Turismo ás 19.30 horas, sen inscrición) e os xoves haberá unha pequena ruta polo enclave arqueolóxico e miradoiro de Chavella e a zona do curro da Valga (19.30 horas, require inscrición).

Durante o mes de agosto esta programación manterase e, ademais, engadirase unha nova opción para os venres. Ese día haberá visita diúrna ao castro e petróglifos da Cabeciña (19.30 horas, require inscrición).

Esta programación estival de visitas guiadas conta coa colaboración do Concello de Oia e ten o obxectivo de revalorizar e dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e paisaxístico do municipio. As inscricións poden facerse no número de teléfono 689.37.57.13. ou ben no correo electrónico costadoscastros@gmail.com

Oia (Costa dos Castros)




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais