JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Unha avaría obriga a paralizar temporalmente o servizo do transbordador Ferry-Boat

A Câmara de Caminha e o Concello da Guarda comunican a suspensión temporal do servizo do Ferry-Boat debido a unha avaría no motor principal da embarcación que imposibilita a súa navegación.

Deste xeito o servizo queda interrompido temporalmente ata que se realicen as tarefas de reparación da embarcación.

Informarase convenientemente do reinicio da actividade deste servizo.

A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 2 e sábado 3 de agosto

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 2 e sábado día 3 de agosto.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 2 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 3 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

A Guarda


"Noites no Castelo" é a cita obrigada para esta fin de semana na Guarda

Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento Noites no Castelo, que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3x3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7.

Programación por días

VENRES 19:

Este venres día 19 en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle un obradoiro gratuíto especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante e que terá como motivo "WATER", un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 20:

Este sábado día 20 de xullo a partires das 22:00h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.

Nesta quinta edición contarase coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

O próximo sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º edición do Torneo 3x3 de Baloncesto "Vila Da Guarda", organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 10:00h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño contando coa participación dun total de 12 equipos do sur de Pontevedra, xogando a fase final pola tarde.

Tamén este sábado o Estadio Municipal da Sangriña acolle o X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda, que arrancará ás 15:30h da tarde e que continuará na xornada do domingo.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

DOMINGO 21:

Este domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.

O Estadio Municipal da Sangriña acolle nesta xornada as finais do X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda en horario de mañá.

A partires das 17:00h da tarde deste domingo a carpa do Porto da Guarda acolle a celebración da Festa do Avó, evento no que participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda, nun acto que estará presentado por D. Jesús García Villadóniga e no que se fará tamén unha homenaxe.

A Guarda


A Guarda acolle este sábado a II edición de "La Guardia en Danza"

O vindeiro sábado día 20 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle a segunda edición de "La Guardia en Danza", un evento organizado polo Centro DO-MAJÓ en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

Este evento, con entrada de balde arranca ás 20:30h contando con varias exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, salsa, entre outros.

Participará o grupo de danza moderna do Centro DO-MAJÓ e escolas de Vigo e do Baixo Miño con espectaculares exhibicións cheas de orixinalidade.

Un espectáculo de música e danza ao ar libre onde ademais se sortearán varios premios.

A Guarda


Gran recollida de plásticos este domingo na costa da Guarda

O vindeiro domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.

Esta actividade, que contará coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizarase por diferentes puntos da costa guardesa, tentando eliminar aqueles restos de plásticos que se atopen pola costa.

O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.

A Guarda


A Guarda despide un Encontro "inesquecible" cunha homenaxe a tripulacións e voluntarios

" Un total de 90 embarcacións, 80 inscritas e outras dez que se sumaron estes días ao evento, izaron de novo as velas para despedirse da vila que foi a súa casa estes últimos catro días. A despedida, do mesmo xeito que o recibimento do xoves, foi espectacular.

" Ademais dos membros de Culturmar, Piueiro, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda, na organización do Encontro participaron estes días ao redor de 120 veciñas e veciños da Guarda.

A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de "inesquecible" por tripulantes e veciños.

Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados.

Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares " faluchos", pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.

Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.

Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.

Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.

Visita da deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra

A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso, achegouse ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición "Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar", a mostra de fotografía "Vento nas velas", de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.

A Guarda


Publicados os resultados da enquisa AgresiónOff realizada na Festa da Langosta

A pasada fin de semana, e coincidindo coa XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, habilitouse un stand na carpa do Porto sobre a Campaña AgresiónOff.

AgresiónOff é unha aplicación da Xunta con información útil e consellos para evitar e previr agresións sexuais, así como pautas para saber onde dirixirse para un maior apoio e información.

Ao longo da celebración da XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizáronse diferentes enquisas aos asistentes e xa se poden consultar na web do Concello da Guarda (www.aguarda.es) os resultados obtidos na mesma.

A Guarda


A Guarda oferta este verán visitas guiadas polo casco urbano

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.
" MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
" Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
" Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
" Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
" Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais