JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O CONCELLO DO ROSAL ORGANIZA DIVERSAS ACTIVIDADES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Como cada ano, o Concello do Rosal organiza diferentes actividades para os case 100 nenas e nenos que participan nos campamentos de verán que se organizan no Rosal.

Estas actividades foron as seguintes:

CURSO DE 1º AUXILIOS PARA NENOS E NENAS

O xoves 4, martes 9 e onte 11 de xullo leváronse a cabo os cursos de primeiros auxilios cos nenos do UD Ribera, do Acanor Novás de balonmán e co campamento do concello.

Nestes cursos, impartidos por dous voluntarias tratáronse temas como actuar con rapidez mantendo a calma, a notificación aos servizos sanitarios, tranquilizar ao ferido, e posicionamento da persoa accidentada.

Os lugares elixidos para as demostracións foron, as inmediacións das Aceñas para o UD Ribera, o Pavillón Municipal no caso do Novás e a unitaria de Marzán para as nenas e nenos do campamentos de verán do concello.

III XORNADA DE INTEGRACIÓN COA ASOCIACIÓN VONTADE

O mércores 10 de xullo a Asociación Vontade levou a cabo a III Xornada de Integración. Nesta ocasión a asociación organizou unha xincana de obstáculos co obxectivo de ensinar as nenas e nenos de forma moi sinxela que as discapacidades existen e cómo convivir con elas e integralas.

OBRADOIRO DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE

O mércores 3 de xullo os nenos e nenas do Novás participaron nun obradoiro de Igualdade e corresponsabilidade onde trataron os temas das tarefas do fogar e visiulazaron o que supón a carga do traballo doméstico por parte das mulleres e que en ocasións non é compartido polo resto da unidade familiar.

O Rosal


A VECIÑANZA CONTA

A 9 Julho comezamos cun proxecto que durará varios meses. Chámase a VECIÑANZA CONTA. Para nós é fundamental fomentar e practicar a participación vecinal. A veciñanza conta porque queremos que SUME no proxecto do Rosal e porque de cara a mellorar pouco a pouco o noso pobo e planificar os orzamentos cremos que é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos. Por iso hoxe mesmo comezamos cunha rolda de reunión coas asociacións do noso pobo coa finalidade de construír entre todos e todas o futuro do Rosal.

REUNIÓN COA U.D RIBERA DENTRO DO PROGRAMA

O Concello mantivo a primeira reunión coa U.D. Ribera dentro do programa #aveciñanzaconta, onde se falou de todas as actividades que se realizan e organizan, así como as necesidades do noso fútbol, e desta maneira colaborar e axudar de forma máis efectiva, planificar e realizar os orzamentos cara o vindeiro ano.

A Unión Deportiva Ribeira é o equipo do Rosal, situado na comarca do "Baixo Miño" pertencente á provincia de Pontevedra. O Club comezou a súa andaina antes da guerra civil con distintas denominacións pero non foi ata despois da mesma cando se inscribiu nas competicións federadas xa co nome de Unión Deportiva Ribeira que chegou ata os nosos días. Sempre militou nas categorías rexionais e autonómicas galegas alcanzando o seu máximo logro nos anos 80 cando ascendeu e mantívose durante varios anos na 1ª Categoría Rexional Galega. Na actualidade dispón dunha gran cantidade de equipos nas distintas categorías inferiores ademais do primeiro equipo e tamén conta coa súa escola de fútbol dependente da Deputación para os mais pequenos, realizando un gran labor dentro do Fútbol Basee da zona. Todos os equipos do Club adestran e xogan os seus partidos no remodelado Estadio Municipal da Mata, situado na zona do mesmo nome e á beira do Colexio Público Manuel Suárez Marquier.

O Rosal


REUNIÓN COA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN SAN XEROME

O pasado luns, día 8 de xullo a directiva da Asociación San Xerome reuniuse coa Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, para expoñer os traballos que realizan no noso concello, xa que sempre apoiamos a institución dende os seus inicios. Tanto nas labores de mantemento de xardíns, apoio nos campionatos, aportacións económicas e participación presencial nas actividades que organiza a asociación.

Neste momento O Rosal consta con 14 usuarios/as en diferentes unidades educativas, ocupacionais e laborais e dende o Concello do Rosal seguiremos apoiando as iniciativas e colaborando en todo o que sexa posible.

O Rosal


VI Edición 10k O ROSAL FEIRA DO VIÑO

A 10 K O Rosal Feira do Viño, que se desenvolverá a próxima fin de semana, mantén abertas as inscricións tanto para as carreiras de mozas como para adultos. A organización ten previsto percorridos en varias distancias que serán de 10 e 5 quilómetros en caso dos maiores. As carreiras para os máis pequenos serán o sábado pola mañá. As inscricións pódense realizar na páxina web championchipnorte.com

Esta sexta edición conta con moitos alicientes, xa que os participantes gozasen dun percorrido espectacular e sen grandes dificultades. Será similar ao de edicións anteriores. Ademais, cada un deles recibirá un agasallo. A proba de 10 quilómetros será a máis rechamante e tamén a máis esixente pola súa distancia, pero a de 5 quilómetros presenta numerosos atractivos. Moitos afrontarán a competición co obxectivo de gozar dunha paisaxe espectacular e outros co reto de terminala.

No calendario de actividades tamén figura unha proba para aqueles que queiran algo máis relaxado. Unha andaida popular converterase tamén en protagonista, do mesmo xeito que sucedeu outros anos.

Doutra banda, o sábado disputaranse as probas para menores. Tamén están abertas as inscricións. Prevíronse varias distancias segundo a idade dos participantes. A XXVII O Rosal Feira do Viño enmárcase dentro da ampla programación de actividades que se desenvolverán na vila durante toda a fin de semana.

Informamos dos horarios dos autobuses para XXVII Feira do Viño do Rosal entre A Guarda e o Rosal e entre Tui e O Rosal.

O Rosal


ESPECTÁCULO A MÚSICA DA AUGA "CONTOS E CANTOS DO RÍO MIÑO"

Espectáculo a música da auga "Contos e cantos do río Miño", xoves 18 de xullo, ás 12.00 h nas Aceñas, O Rosal

Un pescador de cantigas (Servando Barreiro) e un home-peixe, un xacio do Miño (Anxo Moure), percorren contando e cantando a bordo dunha réplica rodante da gamela guardesa (última barca tradicional do río) os concellos das ribeiras miñotas na provincia de Pontevedra para divulgar a súa riqueza fluvial e cultural.

A intención é sensibilizar sobre o coidado dos leitos fluviais dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes de pesca e da propia toponimia

O Rosal


PROGRAMA DE EMPREGO "PASANDO Á ACCIÓN"

O Concello do Rosal pon en marcha este interesante PROGRAMA DE EMPREGO para persoas menores de 35 anos.

Se estás interesado apura e inscríbete o antes posible para poder comezar a princios de setembro.

Se queres máis información chámanos ó 986 625000 e informarémoste detalladamente.

O CURSO DE PEÓN AGRÍCULA e ENTREVISTAS CON EMPRESAS serán os ous programas de formación concretos.

ACTIVIDADE GRATUITA.

O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais