|
Unha avaría obriga a paralizar temporalmente o servizo do transbordador Ferry-Boat
A Câmara de Caminha e o Concello da Guarda comunican a suspensión temporal do servizo do Ferry-Boat debido a unha avaría no motor principal da embarcación que imposibilita a súa navegación.
Deste xeito o servizo queda interrompido temporalmente ata que se realicen as tarefas de reparación da embarcación.
Informarase convenientemente do reinicio da actividade deste servizo.
A Guarda
Contratación laboral temporal dunha praza de encargado/a do Museo do Mar na Guarda
O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal: encargado/a do Museo do Mar do Concello da Guarda, para a contratación en réxime laboral temporal concretado este na cobertura temporal interina da praza, que quedou vacante por renuncia do seu titular, en tanto non se proceda á súa provisión definitiva ou se amortice.
Xornada laboral e horarios: 15 horas semanais. Sábados, domingos e festivos.
Verán: de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. (do 15 de xuño ao 15 de setembro ambos inclusive)
Inverno: de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Retribucións: salario bruto mensual de 364,78 euros (excluídas pagas extraordinarias).
Titulación esixida : título de graduado escolar, ESO ou equivalente.
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 30 de xullo de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
A Guarda
A V edición do torneo 3x3 de baloncesto Vila da Guarda celebrarase o 20 de xullo
O pasado xoves día 4 de xullo representantes do clube Baixo Miño Basket, a Concelleira de Deportes, Montse Magallanes e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantiveron unha reunión para seguir buscando puntos de encontro para a consolidación deste clube na vila, así como para presentar esta edición do Torneo ca que colabora o Concello da Guarda.
Fernando Cajaraville, Presidente do Baixo Miño Basket, puxo énfase no salto de calidade desta 5º edición, destacando que "por un lado, queríamos aumentar a calidade do torneo, pero seguir manténdoo ao aire libre, como comezou. A oportunidade de colaborar co Club de Tenis Codesal era algo que non podíamos desaproveitar. Ademais de poder contar cas instalacións do club, o entorno é idílico, na mesma beira do Rio Miño. Cada ano queremos que sexa máis profesional, pero sempre tentando desfrutar do día e confraternizar con xente que ven de moitas zonas de Pontevedra. Esta é xa a quinta edición e para moita xente amante do basket xa está nos calendarios de verán."
Jose Collazo, Coordinador do Torneo, quixo agradecer a todas as partes involucradas na organización do torneo, "ademais da xente do club, todo isto non sería posible sen os apoio dos patrocinadores, sen eles non sería posible sacar adiante esta quinta edición. E tamén as anteriores, cada ano temos xente distinta que quere colaborar connosco e agradecemos aos cerca de cincuenta empresas da vila que puxeron o seu grao de area durante estes cinco anos. E tamén ao Concello que foi o que apostou por este evento nas súas dúas primeiras edicións ata que nos pediron liderar dende o club a organización. O basket segue crecendo na Guarda, este ano tamén anunciamos a colaboración do club co Galifornia Beat onde organizaremos un torneo de 2x2 para cativos e cativas menores de 16 anos."
O próximo sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º edición do Torneo 3x3 de Baloncesto "Vila Da Guarda", organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 9:30h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño.
Para máis información e a inscricións debese remitir un correo electrónico a dirección club.baloncesto.bmb@gmail.com.
A Guarda
Espectáculo por tierra y mar en el traslado de las embarcaciones que participan en el Encontro de A Guarda
" El convoy, formado por un total de 18 embarcaciones, con 120 tripulantes a bordo, realizó una travesía conjunta de Cíes hasta A Guarda de cerca de seis horas. La comitiva contó en todo momento con el apoyo del remalcador Sebastián Ocampo, de la Consellería do Mar, y con el ánimo de numerosos barcos guardeses que les salieron al encuentro a la altura de Oia.
" Mientras, en el Baixo Miño, un operativo de más de 20 personas se encargó del traslado del volanteiro construído por la Asociación Piueiro, una embarcación de la que constan referencias desde el siglo XVII pero que desapareció a principios del XX por la aparición de los arrastreros.
De Muros y Vigo hasta Cíes y de ahí en convoy hasta A Guarda, la comitiva por mar, inédita hasta la fecha, fue grabada en vídeo por la organización como ejemplo de cooperación entre las diferentes asociaciones gallegas que conforman Culturmar, la Federación Gallega por la Cultura Marítima y Fluvial, y distintos departamentos de la Xunta de Galicia. La travesía contó con unas condiciones climatológicas en las que predominó la niebla, que no consiguió deslucir la belleza de la singladura.
El viaje marítimo, de cerca de seis horas de duración, congregó a bordo de las embarcaciones a un total de 120 personas y contó con un escolta de excepción: el remolcador Sebastián Ocampo, de la Consellería do Mar. En total fueron 22 millas, navegando a velocidad reducida y con una grata sorpresa a la altura de Oia, ya que allí les esperaban numerosos barcos de A Guarda, que les acompañaron en el último tramo del viaje.
Y mientras esto acontecía en el mar, en A Guarda vecinos y visitantes seguían con expectación el recorrido del volanteiro construído por Piueiro desde el astillero El Pasaje hasta el puerto guardés. En el traslado se invirtieron nueve horas y fue necesario un dispositivo de más de 20 personas, tres grúas, un trailer, dos elevadores y la colaboración del Concello para conseguir que esta embarcación tradicional, que se creía perdida, volviera a la vida de la mano de la asociación guardesa, en colaboración con numerosas empresas y particulares que con sus aportaciones contribuyeron a esta construcción.
La embarcación se construyó siguiendo planos antiguos ya que se tienen referencias de la misma desde el siglo XVII, aunque posteriormente, en el siglo XX, con el auge de los arrastreros se dejó de construir. Desde hoy en A Guarda cuentan con una que, pese a que no podrá participar en la exhibición porque falta culminar el proceso de "calafatear", es decir, cerrar las juntas de madera con brea, estará presidiendo la celebración.
"Aunque nos da mucha pena, por tres días no vamos a sacrificar décadas de vida del barco", señaló el presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, al respecto.
Música en directo, talleres y salidas en barco
La exhibición de las embarcacións tradicionales de Galicia, junto con algunas de otras localidades españolas e incluso alguna irlandesa, forma parte de un amplio programa de actividades culturales y lúdicas, organizado con motivo del Encuentro por Culturmar, la Asociación Piueiro, el Instituto de Estudos Miñoranos y el Concello da Guarda, con el patrocinio de la Deputación de Pontevedra y de la Xunta de Galicia, a través de las consellerías de Mar, Medio Ambiente y Cultura e Turismo.
Conciertos, obradoiros, exposiciones, exhibiciones gastronómicas y navegaciones a bordo de estos barcos conforman la atractiva oferta de la celebración que tendrá lugar en A Guarda desde el día 11 hasta el 14 de julio.
A Guarda
A Guarda congrega numerosas actividades entorno ao XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
A Guarda prepárase para unha fin de semana longa e de moita actividade co XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia coma protagonista e enlazando tamén xa coas Festas do Carme, que se celebran o luns e o martes(festivo local).
Programación por días
XOVES 11:
Este xoves é o arranque do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia con varias actividades propostas para esta xornada, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, o acto inaugural ás 20:00h, o izado de velas ás 20:30h e o Concerto do cantautor guardés Tino Baz ás 23:00h.
Na xornada deste xoves continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
VENRES 12:
Este venres é a segunda xornada do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a presentación de "As marcas dos mariñeiros da Guarda" ás 13:00h, o Concerto de Deixandar ás 13:00h, as visitas ás embarcacións tradicionais ás 20:30h e os concertos de Nadia Vázquez Trio e da Agrupación Musical da Guarda con María do Ceo a partires das 23:00h da noite.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
SÁBADO 13:
Dentro da programación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, este sábado terá lugar o Bautismo de mar para novas embarcacións ás 13:00h, os Cantos de Taberna ás 19:00h e os Concertos de Andrea Pousa e Música nas Velas coas actuacións do Orfeón do Berbés e Xurxo Souto.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 14:
Para a xornada deste domingo o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia arranca cunha visita guiada ás Salinas do Seixal, programada para as 10:45h e unha visita ás Prazas antigas da Guarda ás 12:00h. Destaca tamén na programación desta xornada o Concerto do Grupo de Acordeóns Mascarenhas ás 12:00h, o acto de despedida de tripulacións e delegacións participantes nesta edición ás 15:00h, o concerto de Tradison ás 20:00h e a Cea homenaxe ao voluntariado.
Como cada 14 de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme, que terá lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.
Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover, abrirán o festival a banda local Helen & Shanna e pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina. Entrada de balde, apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
LUNS 15:
Para a xornada deste luns A Guarda celebra as Festas do Carme, cun pasarrúas do Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda e gran verbena no Porto dende as 22:30h coa orquestra Tango e o Grupo Fama.
MARTES 16:
Este martes, festivo local, as Festas do Carme trae dentro da súa programación un pasarrúas da Agrupación Musical da Guarda e procesión ás 11:00h da mañá dende a Igrexa Parroquial ata o Porto da Guarda, onde terá lugar unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica da Guarda e posterior ofrenda floral aos náufragos. Pola tarde ás 19:00h terá lugar a Regata de gameliñas e ás 20:30h un Festival de Corais no que participan A Coral Polifónica da Cañiza, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia(Vigo) e a Coral Ecos do Folón de Fornelos(O Rosal).
A Guarda
O Concello da Guarda presenta o dispositivo de Tráfico para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
"Anxo Baz, Teniente Alcalde da Guarda, anima a participación do conxunto dos Guardeses e Guardesas no Encontro de Embarcacións Tradicionais"
Esta mañá deuse a coñecer o Dispositivo de tráfico para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que se vai celebrar na Guarda entre o 11 e o 14 de xullo.
O dispositivo de tráfico está deseñado sobre a base dunha circulación restrinxida na zona do porto, onde se desenvolverán as principais actividades do encontro.
O concello facilitará zonas de aparcamento disuasorios situadas no antigo campo de fútbol, o aparcamento sito entre a Rúa Mariano Ordoñez e a Rúa Brasil coñecido como da Eléctrica , a zona de aparcamento sito na zona da Atalaia e a Canteira de Sta. Catalina.
O acceso ao porto da Guarda restrinxirase, entre as 11:00 h e as 22:00 h, ás actividades portuarias e pesqueiras, residentes, hoteis, provedores, así como a persoas con discapacidade.
O teniente Alcalde da Guarda e concelleiro de mobilidade, Anxo Baz, fai un chamamento á colaboración de todo o pobo. Baz, avanza que o "XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, supón un dos eventos máis importantes en termos de mobilidade celebrado nos últimos anos na nosa vila, onde é imprescindíbel o uso responsábel do coche, así como, a participación cidadá. Preparamos un dispositivo amparado nos 14 anos de experiencia que Culturmar ten na celebración deste tipo de eventos, onde a Asociación Piueiro e o voluntariado teñen posto grandes esforzos humáns e técnicos, os cales agradecemos, para garantir o disfrute de todas aquelas persoas que nos visitan".
A Guarda
Recepción oficial á deportista guardesa Elsa Pena
O luns día 8 de xullo de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, recibiron na Casa do Concello á deportista Elsa Pena, que xunto co seu pai estiveron reunidos amosando todo o seu traballo deportivo e o seu extraordinario palmarés.
Nesta recepción Elsa Pena recibiu un ramo de flores e unha placa, así coma unha carta de distinción na que o alcalde lle transmite as súas felicitacións polos éxitos acadados durante este ano 2019, destacando que é un referente para a veciñanza da Guarda, non só polos seus meritorios triunfos, senón pola maneira de desfrutar facendo aquilo que lle gusta e pola súa ilusión e gañas.
Dende o Concello da Guarda se quere animar a Elsa Pena a que continúe progresando e mellorando como deportista e como persoa, para que o deporte, parte importante da súa vida, siga proporcionándolle alegrías e bos momentos.
Elsa Pena ten un palmarés moi importante, tendo disputado e participado en máis de 300 competicións dende os seus inicios, destacando neste ano 2019, entre outros moitos, os seguintes éxitos en probas deportivas:
" 1º posto no Campionato Galego de Pista cuberta 3000ml en Ourense
" 2º posto na Copa de Europa de triatlón indoor en Lievin, Francia
" 1º posto no Clasificatorio para o Campionato do Mundo Triatlón en Madrid
" 1º posto no Campionato de Europa triatlón relevos mixtos
" 1º posto no Campionato de Europa triatlón individual por autonomías
A Guarda
A Omix da Guarda organiza do 19 ao 24 de xullo Obradoiros no Castelo
O venres día 19 e o mércores día 24 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle dous obradoiros gratuítos especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante.
O Obradoiro do venres día 19 de xullo terá como motivo "WATER", un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.
O Obradoiro do mércores día 24 de xullo terá coma protagonista ao medio ambiente a través de xogos de equipo, xogos de rol e diferentes dinámicas, acompañado tamén dunha merenda ecolóxica, convidarase a mocidade a reflexionar a mocidade sobre os recursos naturais e a súa correcta xestión.
Para os dous obradoiros as persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX do Concello da Guarda, as prazas son limitadas e as inscricións realizaranse no mail informacion@aguarda.es, a través do facebook da OMIX da Guarda ou no teléfono 986610000.
A Guarda
A Guarda entrega os Premios de Educación aos mellores expedientes académicos
O luns día 8 de xullo a Casa dos Alonsos acolleu a entrega dos Premios de Educación 2019, uns premios que se realizan dende a Concellería de Educación para premiar aos mellores expedientes académicos dos centros educativos da vila.
Antonio Lomba, Alcalde da Guarda e Fátima Rodríguez, Concelleira de Educación, foron os encargados de entregar estes premios aos alumnos e alumnas que obtiveron as mellores notas nos seus respectivos cursos e centros educativos.
Para Fátima Rodríguez "un dos maiores orgullos que pode sentir un concello está en poder comprobar como a súa xuventude prospera e vai por moi bo camiño". Pola súa banda Antonio Lomba, quixo agradecer o esforzo destes alumnos, animándoos a continuar coa súa formación para acadar os seus soños e traballar naquilo que lles guste e co que se sintan satisfeitos.
Listado dos/as Premiados/as:
PREMIOS EDUCACION 2019
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE:
6º EP
" GEMA PENIZA RODRÍGUEZ
" ALEIXO CONSTENLA FERRADÁNS
CEIP SOLANAS - NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO
6º EP
" MARA ROMEU VICENTE
" ANTÍA LOMBA FERNÁNDEZ
IES A SANGRIÑA
2º BACH
" SABELA MARTÍNEZ GONZALES
" NOA BAZ BAZ
" IRIA PENIZA RODRÍGUEZ
" FERNANDO RODRÍGUEZ GARCÉS
4º ESO
" VÍCTOR ADROVER AMADO
" MIGUEL MOREIRA RODRÍGUEZ
" CARLOS ALFONSO LOMBA
GRADO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN Y FINANZAS
" GEMMA SAMANTHA GONZÁLEZ MARTÍNEZ
GRADO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA
" JENNIFER BARBOSA ÁLVAREZ
CEIP A SANGRIÑA
6º PRIMARIA
" VERA MÁRQUEZ ÁLVAREZ
" SARA LOMBA VICENTE
" ÉRIKA DOMINGUEZ GÓMEZ
" RAQUEL MENDEZ ROSALES
CPR SAN JOSÉ
6º PRIMARIA
" ISIS GONZÁLEZ VELASCO
" BRAYAN LOMBA PORTELA
4º ESO
" LUCÍA LOMBA FERNÁNDEZ
PP SOMASCOS
6º EP
" DANIEL SOBRINO PÉREZ
" PAULA DURÁN BAZ
4º ESO
" EVA VICENTE CIVIDANES
A Guarda
O Rock Guardés aterra no Porto da Guarda este domingo
Como cada 14 de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme que terá lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.
Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover, xunto a Samuel Titos, baixista da banda que Amparo lideraba xunto á súa irmá Cristina. Jota Armijos, ex Fuckaine completa o power trio na batería. A banda madrileña virá presentar o seu recente segundo disco "Fever", unha gran oportunidade de ver na Guarda a uns músicos que xa forman parte da historia do rock español.
Abrirán o festival a banda local Helen & Shanna, que tamén presentará o seu novo traballo "Tempo" a piques de lanzarse e estreando por primeira vez na vila a súa nova formación, con influencias de psicodelia e world music, o seu folk fará quentar motores para o que veña despois.
Pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina con grandes temas que todos recoñecerán e farán corear ata ó final, recomendada pola Asociación Cultural Rock'n'Rolla que colabora este ano co Rock Guardés.
Esta edición será especial xa que coincide coa celebración do XIV Encontro Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. Para iso o RG une forzas coa Asociación Cultural Piueiro e a Asociación Cultural Rock'n'Rolla que achegará unha das bandas, do mesmo xeito que segue contado co patrocinio da marca local éxfico clothing, o resto de patrocinadores locais, Concello da Guarda e por soposto a Comisión de Festas Virxe do Carmen da Guarda, un ano máis comprometida coa música rock en directo.
Entrada de balde, apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.
A Guarda
Gran afluencia de comensais no arranque da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na Guarda
A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira. En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que ten un prezo de 25€.
Contase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.
O venres 5 de xullo ás arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como MONCHO BORRAJO. Actor, humorista e showman nacido en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón.
Tralo pregón a festa trasladouse ao Porto da Guarda coa apertura da carpa na explanada onde unha gran afluencia de comensais encheron a carpa disposta para a ocasión no Porto da Guarda, degustando os 24 pratos da gastronomía guardesa.
O recoñecido cómico, MONCHO BORRAJO realizou a súa actuación ante o público da carpa ás 22.30h co seu último espectáculo "BORRAJO PERDIDO". Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.
Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional.
Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo "Chungo", recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos o coñecimos como "Petróleo" en Mareas vivas. Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, esvocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.
A Guarda
|