JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Oia acolle a actividade formativa: "Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo"

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto "Rumbo ao Emprego", desenvolvido conxuntamente polos concellos de O Rosal e Oia

O centro sociocultural de Pedornes acollerá o venres 12 de xullo unha píldora formativa que se desenvolverá baixo o título "Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo".

A actividade terá lugar en horario de 10.00 a 12.30 horas e está aberta ao público en xeral, polo que non require inscrición previa.

Rumbo ao Emprego

Esta sesión informativa enmárcase dentro do proxecto "Rumbo ao Emprego" que os concellos do Rosal e Oia veñen desenvolvendo conxuntamente desde o mes de abril.

"Rumbo ao Emprego" inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo. Esta iniciativa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.

Oia


Últimos dias para inscribirse no obradoiro xuvenil gratuíto arredor da fotografía antiga

Últimos días para inscribirse no proxecto xuvenil #oiaensepia, unha iniciativa organizada polo Concello de Oia que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo.

O proxecto #oiaensepia desenvolverase de xeito gratuíto e ten como obxectivo fundamental organizar un conxunto de actividades participativas logren captar o interese da mocidade polo seu patrimonio natural e cultural, así como pola memoria histórica local.

Deste xeito, preténdese espertar a curiosidade sobre o pasado, promovendo unha reflexión sobre o valor do patrimonio e a necesidade de preservalo para o futuro. Do mesmo xeito, o proxecto quere impulsar a creatividade dos participantes, orientalos no uso responsable das novas tecnoloxías e desenvolver o seu espírito crítico.

A actividade vai dirixida á mocidade de entre 14 e 20 anos aínda que, de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas mozas doutras idades. As sesións desenvolveranse todos os luns e mércores entre o 8 e o 31 de xullo.

O prazo de inscrición está xa aberto no Concello (teléfono 986.36.21.25) ata o día 5 de xullo. As prazas son limitadas.

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Política Social, dentro das subvencións para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade para 2019.

Oia




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais