Actividad desarrollada dentro del proyecto Alganat2000, puesto en marcha por dos grupos de investigación de la Universidade de Vigo
El chef Iván Méndez marida algas, cocina y divulgación en un showcooking en el Mercado del Progreso
Elaboró para cerca de un centenar de personas crujiente de espagueti de mar, ensalada de algas, empanadillas de espagueti de mar y queso San Simón y tortilla de wakame y gambones
Investigadores de la Universidade de Vigo en colaboración con el Mercado del Progreso, el Concello de Vigo y el Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia celebraron este sábado 29 de junio un original evento divulgativo para todos los públicos en el que cocina y mar fueron de la mano. Cerca de un centenar de personas disfrutaron en el Mercado del Progreso de un showcooking en el que las algas fueron el producto estrella de las preparaciones, un evento desarrollado en el marco del proyecto Alganat2000, en el que participan once investigadores e investigadoras de los grupos de Ecología Costera y de Geotecnologías Aplicadas de la Universidade de Vigo.
En este evento, el reconocido chef gallego Iván Méndez maridó algas y cocina con divulgación científica en una actividad en las que las recetas tradicionales se mezclaronn con nuevos y sorprendentes ingredientes. En los últimos años, las algas han ido ganado peso en la cocina y conquistando los paladares de las personas y los fogones de los grandes chefs, que cada vez utilizan más estas verduras de mar en sus creaciones. En esta ocasión además, mientras Iván Méndez preparó sus platos, varios investigadores e investigadoras del proyecto contaron algunas curiosidades sobre las algas, sobre la tecnología aplicada para su monitorización, al tiempo que explicaron al público más información sobre Alganat2000.
Los participantes pudieron degustar un menú compuesto por un snack de crujiente de espagueti de mar; ensalada de algas, hojas tiernas, nueces y un aliño de sésamo tostado agridulce; empanadillas de espagueti de mar y queso San Simón; y tortilla de wakame, huevo de corral y gambones.
Un proyecto desarrollado en las islas Cíes
La Universidade de Vigo, en colaboración con el Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia y la Fundación Biodiversidad, está desarrollando en las islas Cíes el proyecto Alganat2000, que aportará una herramienta geoespacial, innovadora y de bajo coste con la que cartografiar y monitorizar de forma periódica las macroalgas y su estado fisiológico, contribuyendo a una mejora en la gestión integral del parque basada en el conocimiento.
A través de este proyecto, un equipo de investigadores e investigadoras cuantifican y evalúan el estado fisiológico de varias macroalgas in situ utilizando cuadrículas, mientras que un dron realiza la documentación cartográfica de la zona de estudio a partir de las imágenes tomadas por una cámara multiespectral. Por último, se desarrollará una aplicación informática que permitirá, a través del procesamiento de imagen, analizar la distribución y abundancia de las macroalgas y su estado fisiológico. Esto supondrá una disminución del coste de los muestreos de campo, una gestión global del espacio natural, una mejoría en la frecuencia temporal de muestreo y la integración de todos los datos en sistemas de información geográfica que se pueden nutrir de otro tipo de datos geoespaciales.
Con una duración y un importe total de unos 194.000 euros, Alganat2000 cuenta con una financiación pública del 75% con la colaboración de la Fundación Biodiversidad, del Ministerio para la Transición Ecológica a través del Programa pleamar, que está cofinanciado por el Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca (FEMP).
Horário do Ferry (25 a 30 de Junho)
Resolución da alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias
O venres 28 de xuño tivo lugar un pleno extraordinario no que se deu conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura.
Quedan nomeados do seguinte xeito:
-Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal: Dona Montserrat Magallanes Álvarez.
-Servizos á cidadanía e infraestruturas no medio rural: Don Miguel Ángel Español Otero.
-Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música: Dona Elena Baz Rodríguez.
-Educación, formación e promoción do emprego; participación cidadá e voluntariado: dona Fátima Rodríguez Marcos.
-Mobilidade e modelo urbano, e comercio: don Anxo Lois Baz Vicente.
-Tráfico e emerxencias, e medio ambiente: don Xan Lois Lomba Alonso.
-Turismo e Servizos Sociais: dona Beatriz Lomba Rodríguez.
-Igualdade: dona María Begoña González Martínez.
-Cultura e normalización lingüística: don Xosé Manuel Méndez Díaz.
A Alcaldía mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías.
As delegacións de competencias anteriores comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.
A Guarda
A Guarda da a coñecer en Allariz a programación da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
O Concello da Guarda presentou este xoves no Mercado de Abastos de Allariz a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, nun acto de presentación que contou coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, da Concelleira de Turismo da Guarda, a nacionalista Bea Lomba e da Alcaldesa do Concello anfitrión de Allariz, Mª Cristina Cid Fernández.
En palabras da nacionalista Bea Lomba a Festa da Langosta ten un atractivo singular que fai que ano a ano incremente o seu número de visitantes, contando cunha ampla programación de actividades e unha oferta gastronómica que fai as delicias dos asistentes.
O tenente-alcalde destacou na súa intervención que a Festa da Langosta é xa un referente a nivel galego e nacional, cun prato estrela, a Langosta, que ten unha longa tradición na Guarda, que ven dende o tempo das cetáreas.
Pola súa banda, a alcaldesa de Allariz quixo facer un convite aos hostaleiros guardeses a participar en vindeiras edicións de "Allariz Sabe - Vive Allariz", unha proposta gastronómica desta vila ourensá, na que se convida cada ano a un municipio para expor os seus produtos.
En Allariz deuse a coñecer a programación completa desta XXIX edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira da Guarda, que arranca o venres 5 de xullo co Pregón do humorista Moncho Borrajo na Praza do Reló, para despois acudir ao Porto da Guarda, onde procederase á apertura da carpa, celebrarase unha actuación do citado humorista e remate cun serán mariñeiro.
Na xornada do sábado día 6 de xullo o grupo O Trebón dos Xidos serán os encargados da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes en horario matutino, xa pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo "Chungo". Rematará a xornada do sábado coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul.
Para a xornada do domingo a festa arrancará coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasarrúas musical para nenos coa gamela guardesa. Continuará a xornada cun concerto acústico do grupo Awen. Igualmente pola tarde haberá tamén nesta xornada inchables acuáticos para os máis cativos e unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo "Contos, Cores e Rock´n´roll". Para pechar esta edición, e como ven sendo habitual, celebrarase unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.
En canto ao aspecto gastronómico, a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con 24 pratos da Cociña Mariñeira encabezados pola Langosta, que terá un prezo de 25€. Contarase ademais con outros pratos como percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros. Para a sobremesa un postre especial, a Rosca de Xema, acompañada tamén dos bos caldos da D.O Rías Baixas.
A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é unha festa que conta cada ano coa asistencia de milleiros de persoas que se achegan ata o Porto da Guarda, para coñecer e degustar a ampla variedade de produtos ofertados, así coma participar na diversa programación musical e de entretemento asociada á mesma.
Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para por en valor o bo facer dos restauradores da Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a Langosta, símbolo da Guarda dende os tempos das cetáreas, onde os pescadores comerciaban con este prezado manxar do noso mar, que levou á Guarda a coñecerse como a "Capital da Langosta".
A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrarase nesta edición do 5 ao 7 de xullo no Porto da Guarda onde se instalará unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos.
A Guarda
Programación para esta fin de semana na Guarda
Nova fin de semana na que A Guarda da oficialmente por iniciada a tempada de verán con numerosas actividades para todos os públicos, destacando a segunda edición do Interlude Fest, a Pasarela e Inauguración da Exposición do Traxe Galego, a entrega de premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán, o Festival de Baile Moderno de Xamaraina, ou a celebración das Festas de San Pedro coas súas tradicionais fogueiras.
Programación por días
VENRES 28:
A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este venres día 28 de xuño de 2019 entre ás 09:00 e 11:00 h da mañá a Xornada Empresarial "Non te pares - Érguete!!", acto central do Programa Érguete Emprega 2019, que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda.
Neste acto os asistentes terán contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea - orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que traballadores buscan nas súas empresas ou que perfís soen requirir.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores desta entidade.
O Clube de Remo Robaleira organiza este venres unha xornada de portas abertas para conmemorar o 30º aniversario deste clube deportivo da vila, contando nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna cunha sardiñada popular. Nesta edición de San Pedro organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.
Este venres celebrase tamén as Festas de San Pedro na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.
Este venres ás 20:00h terá lugar na Casa dos Alonsos a Pasarela do Traxe Galego, organizada pola Asociación Recuperación do Traxe Galego da Guarda, antesala da Inauguración da XI Exposición do Traxe Galego que estará nos baixos do Concello ata o 3 de xullo en horario de 18:00h a 21:00h.
SÁBADO 29:
Ás 11:30h da mañá deste sábado o Centro Cultural acolle a Charla "Megalitismo do Sur de Galicia no seu contexto atlántico", contando coas intervencións de Antón A. Rodríguez Casal, Catedrático e profesor de prehistoria na USC e do guardés Miguel Carrero Pazos, Doutor en historia na USC.
O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00h da mañá con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00h da tarde arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxo, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
Tamén na xornada deste sábado terá lugar a entrega de premios do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán ás 21:00h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 30:
Ao longo da xornada deste domingo a Asociación Os Amigos organiza no Casino de Camposancos a XV Xuntanza de Palilleiras, un evento que congrega a centos de persoas de toda a xeografía galega e nacional.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
A Guarda
As praias guardesas de "O Muíño" e "Area Grande" contarán un ano máis co distintivo de Bandeira Azul
Un ano máis as praias de "O Muíño" e "Area Grande" do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán e o pasado luns foron entregadas as mesmas nun acto no que estivo presente o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao que asistiron, en representación da Guarda, o tenente-alcalde, o nacionalista Anxo Baz e a Concelleira de Turismo, a nacionalista Beatriz Lomba.
Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.
O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de "Sendeiro Azul" o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013. A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.
En total, 156 bandeiras azuis ondearán este ano: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis, para A Guarda outorgáronse este ano dúas Bandeiras azuis e un distintivo de Sendeiro Azul.
A Guarda
Este sábado entregaranse os premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán
O pasado 21 de xuño tiña lugar a reunión do xurado cualificador do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán no local da Agrupación Cultural Guardesa en presenza da Presidenta, Julia Sobrino, e outros membros da directiva.
Formaron parte deste xurado: Gloria Inés Vázquez Castro, Teresa Pereiro Ramos, Chuny Vázquez Vicente, Fátima Pérez Sobrino e Fernanda de Santiago Moure.
Unha vez iniciada a deliberación comentando o gran aumento de participación respecto a convocatorias anteriores, o xurado acordou premiar aos seguintes poetas:
1º Premio: María López Correa, de Vigo, polo poema "MARIÑEIRAS".
2º Premio: Xoán Francisco Pérez Argibay, de Santiago de Compostela, polo
poema "O silencio abraza a ausencia infinita".
3º Premio: Alfonso Barragán Rincón, de Cádiz, polo poema "Ese traje por
vestir".
A entrega de premios será o vidneiro sábado día 29 de xuño ás 21:00h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.
A Guarda
A Guarda asina os convenios de aforro e eficiencia enerxética
O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu este luns o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética do cal o Concello da Guarda será beneficiario, cunha axuda para a eficiencia enerxética a través do IDAE, que permitirá a renovación dun total de 251 puntos de luz do municipio, adaptando os mesmos á nova tecnoloxía led, mellorando a eficiencia e acadando un aforro enerxético dun 74% e cun importe de 78,938,30€.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acudiu en representación do municipio, xunto cos 43 representantes dos concellos beneficiarios.
Esta axuda, para Concellos que teñen menos de 20.000 habitantes e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns achégaos a Unión Europea, contribuirán ao desenvolvemento económico da provincia e a cumprir o Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios (Ministerio de Facenda e Función Pública), ademais de buscar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
Estas novas luminarias instalaranse en diferentes rúas e espazos do municipio, destacando tamén a instalación en BIC´s coma o Castelo de Santa Cruz(24 puntos de luz) ou o Monte Santa Trega(14 puntos de luz), cunha inversión total de 13,908,34€.
Nesta subvención do IDAE se contempla tamén a instalación dunha Caldeira de Biomasa para o Centro Cultural da vila, o que permitirá un aforro nos gastos de combustible da actual caldeira de diésel, así coma unha eficiencia no mantemento do equipo. O importe total para a Caldeira de Biomasa é de 58,016,45€.
Para estas actuacións A Guarda contará cunha inversión da cal un 80% corre a cargo do IDAE, un 15% a cargo da Deputación de Pontevedra e un 5% a cargo do Concello.
A Guarda
A Guarda asina os convenios de aforro e eficiencia enerxética
O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu este luns o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética do cal o Concello da Guarda será beneficiario, cunha axuda para a eficiencia enerxética a través do IDAE, que permitirá a renovación dun total de 251 puntos de luz do municipio, adaptando os mesmos á nova tecnoloxía led, mellorando a eficiencia e acadando un aforro enerxético dun 74% e cun importe de 78,938,30€.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acudiu en representación do municipio, xunto cos 43 representantes dos concellos beneficiarios.
Esta axuda, para Concellos que teñen menos de 20.000 habitantes e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns achégaos a Unión Europea, contribuirán ao desenvolvemento económico da provincia e a cumprir o Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios (Ministerio de Facenda e Función Pública), ademais de buscar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
Estas novas luminarias instalaranse en diferentes rúas e espazos do municipio, destacando tamén a instalación en BIC´s coma o Castelo de Santa Cruz(24 puntos de luz) ou o Monte Santa Trega(14 puntos de luz), cunha inversión total de 13,908,34€.
Nesta subvención do IDAE se contempla tamén a instalación dunha Caldeira de Biomasa para o Centro Cultural da vila, o que permitirá un aforro nos gastos de combustible da actual caldeira de diésel, así coma unha eficiencia no mantemento do equipo. O importe total para a Caldeira de Biomasa é de 58,016,45€.
Para estas actuacións A Guarda contará cunha inversión da cal un 80% corre a cargo do IDAE, un 15% a cargo da Deputación de Pontevedra e un 5% a cargo do Concello.
A Guarda
A segunda edición do Interlude Fest terá lugar este sábado no Castelo de Santa Cruz da Guarda
O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00h da mañá con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00h da tarde arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxo, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 5 e sábado 6 de xullo
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 5 e sábado día 6 de xullo.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 5 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 6 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
A Guarda
A Guarda agradece o traballo das alfombristas da Guarda
A pasada fin de semana A Guarda celebrou as Festas do Corpus e do Santísimo coa elaboración das tradicionais Alfombras Florais.
Dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron na mañá do pasado domingo para a confección das Alfombras Florais.
Deste xeito, traballaron a reo os veciños do pobo e visitantes que, colectivamente e de modo espontáneo, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, na xornada do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.
As previsións meteorolóxicas obrigaron a comezar a confección das alfombras a primeira hora da mañá e a atrasar a Procesión ata a tarde, o que permitíu tamén que moitos visitantes e veciños se achegasen para desfrutar deste espectáculo de cor.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, salientou o traballo levado a cabo nas celebracións da Festividade do Santísimo deste ano, ante as adversidades meteorolóxicas as veciñas e os veciños tiveron que confeccionar as alfombras florais cun novo horario. Normalmente comezan a facelas cara a noite do sábado anterior. Non obstante, este ano empezaron despois das 6 da mañá e, gracias ó seu incansable traballo, conseguiron rematalas a tempo para a Procesión do Santísimo, que tivo lugar ás 18:00h da tarde.
Dende o Concello da Guarda e dende a Asociación Cultural Alfombras da Guarda agradecen o traballo de todas as persoas que fixeron posible que esta celebración fose todo un éxito e así poder continuar esta tradición ano a ano, alfombristas, colaboradores, confrarías, Policía Local e persoal municipal de limpeza.
A Guarda
Novo horario de verán no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz
O Concello da Guarda informa da modificación dos horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de verán ata o 15 setembro.
O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" e "Tesouros vivos".
Centro de Interpretación
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
"1 € adulto
"0,50 € menores de 14 anos
"Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
A Guarda

A Guarda
O Concello de Oia organiza un obradoiro xuvenil gratuíto arredor da fotografía antiga
O prazo de inscrición está aberto e as prazas son limitadas
O Concello de Oia organiza o proxecto xuvenil #oiaensepia, unha iniciativa de verán que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo.
O proxecto &oiaensepia desenvolverase de xeito gratuíto e ten como obxectivo fundamental organizar un conxunto de actividades participativas logren captar o interese da mocidade polo seu patrimonio natural e cultural, así como pola memoria histórica local.
Deste xeito, preténdese espertar a curiosidade sobre o pasado, promovendo unha reflexión sobre o valor do patrimonio e a necesidade de preservalo para o futuro. Do mesmo xeito, o proxecto quere impulsar a creatividade dos participantes, orientalos no uso responsable das novas tecnoloxías e desenvolver o seu espírito crítico.
A actividade vai dirixida á mocidade de entre 14 e 20 anos aínda que, de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas mozas doutras idades. As sesións desenvolveranse todos os luns e mércores entre o 8 e o 31 de xullo.
O prazo de inscrición está xa aberto no Concello (teléfono 986.36.21.25) ata o día 5 de xullo. As prazas son limitadas.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Política Social, dentro das subvencións para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade para 2019.

SonDeSeu abre a tempada de concertos na Praza do Seixo de Tomiño
Máis de 60 propostas culturais e deportivas realizadas desde as distintas áreas, compoñen a nova Axenda de Verán organizada polo Concello
A orquestra de música folk contemporánea SonDeSeu abrirá en concerto a Axenda de Verán do Concello de Tomiño. O sábado 29 de xuño, a formación actuará na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas, cun repertorio con temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes.
A nova axenda de verán do Concello reúne máis de 60 propostas culturais e deportivas organizadas desde diferentes áreas, que da coma resultado un programa de actividades transversal e integrador, no que teñen cabida a todas as citas relacionadas coa cultura, o deporte, a mocidade, o voluntariado, o patrimonio e un longo etcétera.
A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre; actividades que forman parte da recén editada axenda en papel, a mesma que recolle máis de 60 espectáculos ou outros eventos que se levarán a cabo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2019.
Esta axenda está a distribuírse en lugares de moito tránsito co propósito de difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, aínda que tamén pode consultarse na web do Concello (http://tomino.gal).
A programación arranca o sábado 29 de xuño coa actuación de SonDeSeu dentro do ciclo Musigal , seguida da Exposición Ruta Artes e Oficios, que chega outro verán da man dos artistas tomiñeses. A partir do día 1 de xullo, levaranse a cabo varios percorridos por lugares relacionados con oficios e artes (Pazo Valdomiño, Adegas do Vimbio, Viveiros Nilo, taller de bombos de Félix Oliveira; estudos de Magín Picallo (escultura) e Pilar Alonso (pintura).
Unha trintena de actividades
No mes de xullo haberá tamén un curso de inglés para persoas viaxeiras; abrirase o punto de información no Espazo Fortaleza, con actividades de caracter cultural e de promoción turistica; e a Aula Museo Antonio Fernández, con exposicións, obradoiros e cursos. Tamén as xeiras polo patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico, voltarán celebrarse. A primeira será o día 4, xoves, "As pegadas na paisaxe: mámoas, ouro, toponimia e garranos", guiada por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos.
Por outra banda, os ciclos de música "O Son da Praza", e "Cine na rúa", ambos os dous no Seixo, traerán espectáculo e colorido á Praza do Seixo, situada no centro da vila, ao longo de todo o verán, con concertos de música caboverdiana, gaitas, música de banda, baile tradicional galego, cine familiar e infantil, etc.
Ángel Amaro Quintás, licenciado en Socioloxía, coeducador e dinamizador, falará de xénero na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño
Ao longo da xornada haberá obradoiros, animación infantil, concertos, DJ, circo e outras sorpresas
Ángel Amaro Quintás, licenciado en Socioloxía, coeducador e dinamizador comunitario, porá a nota intelectual na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño. O vindeiro sábado, 29 de xuño ás 12.30 horas, o espazo de conferencias so Mercado Municipal (primeiro andar) acollerá a charla "Entre a invisibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal", do mozo investigador ourensán.
Ángel Amaro Quintas, natural de O Pereiro de Aguiar, ten 27 anos e é tamén tallerista e formador de formadores. Cun máster en investigación educativa, fai estudos de doutoramento en Estudos de Xénero, políticas para fomentar o retorno, democratizar o sistema de coidados e garantir a equidade de xénero en todos os eidos do seu activismo social.
Desde o 2005 vén formando parte de diversas entidades sociais, educativas e culturais. Motivado pola educación de persoas adultas, a creación de material didáctico, a dinamización de talleres e o traballo en equipos interdisciplinarios. Apaixonado pola coeducación, a dignificación dun rural vivo e a educación afectivo-sexual.
A segunda Festa Agro LGTBI, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil (OMIX), xorde da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBI+ no ámbito rural, e tamén coma unha vía de reivindicación do campo, como un lugar de oportunidades".
A celebración continuará cunha xornada completa de actos conmemorativos, até as 21.30 horas, que se pechará coa lectura do manifesto a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.
A festa comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria, e ás 12.30h terá lugar o primeiro obradoiro infantil "Trans*formando Realidades, a cargo de Sara Uris. Ao longo do día haberá obradoiros, espectáculos circenses e de transformismo; concertos, DJ, charlas, etc.
Ás 13.30h, purpurina e brillantina biodegradables para todas as persoas participantes e un photocall para fotografarse. Ás 14.30h, comida Pícnic Comunitario (para o que haberá que traer a comida) que durará até pouco antes das 16.00h, cando se realizará o 2º obradoiro infantil.
A continuación, espectáculo de transformismo "Escribiuse un crime", con "Marinita y sus maromas", compañía de teatro DRAG.
Ás seis da tarde, concerto de "Las Marikarmen", cabaret musical queer-pop, con músicos de distintas nacionalidades.
Ás 19.30h, actuación de Russinha (DJ set) e coma peche da xornada, lectura do manifesto.
Toñi Vicente cociñará no Mercado Municipal de Tomiño
Trátase dunha nova iniciativa da Eurocidade Cerveira-Tomiño para promocionar os atractivos turísticos das dúas localidades
A recoñecida restauradora tomiñesa Toñi Vicente, unha das pioneiras da nova cociña galega, será a protagonista dunha especial demostración culinaria, organizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño.
O Mercado Municipal de Tomiño acollerá a actividade o vindeiro 4 de xullo, de 12.00 a 13.30 horas, e sorteará 25 convites para degustar os pratos preparados pola prestixiosa cociñeira.
Distinguida cunha Estrela Michelin no restaurante Síbaris de Vigo (anos '80) e posteriormente con outra no restaurante Toñi Vicente, de Santiago de Compostela, a gran chef galega obtivo tamén o Premio Challenge Européen de la Gastronomie.
Para dar continuidade á positiva experiencia da Xornada sobre o Turismo no Contexto Transfronteirizo, celebrada o pasado mes de xaneiro, a Eurocidade Cerveira-Tomiño promove con esta demostración unha nova iniciativa na que dar a coñecer de primeira man os seus recursos e activos turísticos.
A actividade pretende promocionar o Mercado Municipal de Tomiño, o primeiro en ser distinguido pola Xunta de Galicia como Mercado de Excelencia, e convidado á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, celebrada en Londres nas pasadas semanas.
Na demostración culinaria participarán tamén operadores turísticos e axentes culturais galegos e portugueses convidados pola Eurocidade, que coñecerán previamente as posibilidades de navegación do río Minho, entre os espazos do futuro Parque da Amizade, constituído polo actual Parque do Castelinho (Cerveira) e Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). Con ese obxectivo presentaránselles os barcos de paseo que operan habitualmente desde o embarcadoiro de recreo de Cerveira, e tamén os barcos do Club Sen Amarras, que permiten a navegación inclusiva desde o pantalán adaptado da praia de Goián.
Tomiño, sede doutro curso intensivo de Monitor de Fútbol Base
A actividade desenvolveranse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9.00 a 15.00h, na Escola Obradoiro Goián
A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), continuando co seu compromiso de actualización de técnicos de fútbol, pon en marcha un Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base coa colaboración do Concello de Tomiño.
O obxectivo desta actividade é dotar aos adestradores das mellores ferramentas para poder exercer a súa labor formativa.
O curso desenvolveranse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9.00 a 15.00h, na Escola Obradoiro Goián.
A inscrición para os dous cursos xa está aberta e debe facerse de forma telemática (on-line).
As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace:
http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=22137&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289#.XRSXEv5S-Uk
A presentación do curso tivo lugar onte pola tarde no Concello de Tomiño, coa asistencia de Delfín Alonso, delegado da RFGF en Vigo; José Luis Mosquera, delegado de zona da Escola de Adestradores; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes en funcións, Ismael Troncoso. Este último salientou a oportunidade de formarse coma adestrador/a de deportes de base, tanto pola súa saída laboral coma pola súa función social.
Tomiño crea unha concellería de "Atención ás parroquias" e outra de "Eurocidade e participación infantil"
A única dedicación exclusiva será a da alcaldesa Sandra González, tendo cinco concelleiros/as dedicacións parciais
O Concello de Tomiño celebrou onte pola tarde o Pleno de Organización, dando a coñecer as áreas que terán ao seu cargo as concelleiras e concelleiros do novo equipo de goberno local.
Entre as concellerías hai dúas novas que son as de Atencións ás Parroquias, a cargo de Manuel Álvarez "Peque", e a de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, que levará Fátima Rodríguez. O primeiro terá ao seu cargo a coordinación dos concelleiros-responsables das parroquias, control e seguimento das pequenas demandas das parroquias, a interlocución cos colectivos sociais das parroquias, a mellora xeral das mesmas e o seguimento das peticións do Concello Escoita, rolda de xuntanzas informativas realizada en cada parroquia.
Pola súa banda, a Concellería de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil terá ao seu cargo as relacións coa Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e xestión da Eurocidade e proxectos POCTEP; a xestión da Oficina de Información Xuvenil (OMIX) e actividades dirixidas á mocidade; o impulso da participación infantil na vida municipal e xestión turística.
Asemade, resulta novidosa a Concellería de Servizos Públicos (Lois Vázquez Calvo), que vén agrupar áreas preexistentes pero exercidas por distintas persoas en anteriores exercizos, coma son as de obras de saneamento clásico, impulso ás novas medidas de tratamento de augas residuais, baleirado de fosas sépticas, colaboración co servizo de recollida de lixo, xestión do alumeado público, eficiencia enerxética e relación coas comunidades de montes, entre outras.
As demais áreas delegadas son as de Facenda, Planificación Estratéxica e Acción Urbana (Uxío Benítez Fernández); Obras, Acción Rural e Organización Interna (Alexandre Pérez Souto); Medio Ambiente (Ana Belén Casaleiro); Seguridade, Tráfico e Persoal (Ismael Troncoso Martínez); Benestar Social, Igualdade e Educación (Cristina Martínez Souto); Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística (Ana Isabel Fernández Carrera), e Promoción Económica, Comercio e Deportes (Francisco Campo Lago).
No que se refire ás dedicacións, só será exclusiva á da alcaldesa Sandra González Álvarez, creándose cinco máis dedicacións parciais; catro de 30 horas semanais e unha de 15.
Susana Seivane actuará o próximo sábado, 6 de xullo, en concerto en Tui
Será ás 22.30 h na rúa Compostela dentro do programa Musigal Son Tradición
O próximo sábado, 6 de xullo, ás 22.30 h na rúa Compostela ofrecerá un concerto Susana Seivane dentro do programa Musigal Son Tradición.
No concerto canda a Susana Seivane actuarán Miguel González, saxo; Rubén Deschamps, guitarra e mandolina; Carlos Freire, batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez, baixo eléctrico.
Susana Seivane interpretará, xunto a súa banda, temas do seu último traballo "FA", publicado o pasado mes de setembro, un disco intimista, romántico, inspirador e tenro. Pero tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical, todo nun espectáculo fresco e orixinal.
Susana Seivane naceu no seo dunha das familias con máis prestixio e sona no mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia. Con 3 anos da man do seu pai iniciou a súa andaina musical, na que influíron mestres coma o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas. Ao longo dos anos desenvolveu un estilo xenuíno e propio, aberto ao legado e influencias doutras músicas.
Listado de admitidos/as nos Campamentos de Verán Tui 2019 e novo prazo de inscrición para as prazas dispoñibles
O Concello de Tui publica o listado de admitidos/as no Campamento de Verán de Tui 2019, no que todos/as as/os inscritos/as están admitidos/as.
Así mesmo, o Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas.
Dende hoxe martes 25, ata o remate do prazo de abono da taxa do campamento, o mércores 3 de xullo, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orde de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario dende as 9 a 14 h.
Tras a súa inscrición no rexistro, deberán aboar a taxa do campamento, 30.56€ por quenda e participante, na tesourería do concello.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu a coñecer as delegacións de funcións nos membros do seu equipo de goberno
Nomeou tamén as tenencias de alcaldía e os membros da Xunta de Goberno Local
A través dunha Resolución da Alcaldía a distribución de funcións queda como segue: María Yolanda Rodríguez Rodríguez: Urbanismo, Facenda e parque e xardíns, Rafael Estévez Martínez: Deporte e Medio Rural, José Ramón Magán Rivera: Persoal, Seguridade e Protección Civil, Ismael Diz Garrido: Servicios Sociais e Medio Ambiente, Laureano Alonso Álvarez: Turismo e Camiño de Santiago, Novas Tecnoloxías e Patrimonio, María Sonsoles Vicente Solla: Ensino e Cultura. Ana María Núñez Álvarez: Emprego e Formación, Igualdade e Xuventude e Javier Rodríguez Gómez: Parque Móvil.
A dirección e xestión das areas de Eurocidade, Relacións Supramunicipais, Cordinación de Proxectos e Vías e Obras, serán competencia da alcaldía
Por outra banda tamén resolveu Enrique Cabaleiro, nomear as tenencias de Alcaldía como se detallan a continuación: 1º Tenencia de Alcaldía: Rafael Estévez Martínez, segunda tenencia: María Yolanda Rodríguez Rodríguez, 3ª Tenencia: Jose Ramón Magán Rivera e 4ª : Laureano Alonso Álvarez.
Finalmente a Xunta de goberno local estará composta por: Enrique Cabaleiro, Rafael Estévez, María Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán, Ismael Diz e Laureano Alonso.
O alumnado dos obradoiros de emprego presentaron o seu traballo ao alcalde de Tui e aos concelleiros de Turismo e Formación e Emprego
Os alumnos e alumnas do curso de turismo crearon unha ruta de sendeirismo pola parroquia de Ribadelouro.
Na mañá de 26/6 o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, acudiron á presentación dos proxectos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas dos obradoiros de turismo e de confección e publicación de páxinas web.
En primeiro lugar o portavoz do obradoiro de turismo detallou o traballo realizado, que comezou coa análise da web actual e da aplicación Turismo.mobi, así como a detección de erros en ambas. En segundo lugar fixeron visitas a empresas tudenses para coñecer as súas necesidades e finalmente tiveron charlas entrevistas con representantes de distintos sectores e eventos da cidade. Dentro dos traballos levados a cabo por este obradoiro, os alumnos e alumnas fixeron unha saída polo Camiño de Santiago en Tui para detectar os puntos fortes e un puntos débiles e as posibles melloras.
Outra das tarefas do obradoiro de turismo foi o análise das distintas rutas xa existentes ademais da creación dunha nova ruta, neste caso escolleron a parroquia de Ribadelouro, xa que percibiron que estaba pouco explotada e ten elementos etnográficos e naturais moi destacables entre os que destacan O Muíño de Vides, o lavadoiro e fonte "A Matanza", o paso de Betate e o Calvario e o Via Crucis, así coma a Igrexa Parroquial de Santa Columba de Ribadelouro. Están previstas visitas guiadas por esta ruta para dala a coñecer.
Por outra banda, no obradoiro de Confección e Publicacións de Páxinas Web presentaron dúas propostas. Ambas con deseño diferente e estrutura da web pero ambas con elementos comúns como un calendario de eventos, rutas de sendeirismo e polo conxunto histórico de Tui e propostas de aloxamento e gastronomía entre outras. Ambas opcións con sistema responsive, accesible dende calquera dispositivo electrónico.
O concelleiros de turismo, Laureano Alonso e a concelleira de formación e emprego, Ana Núñez, destacaron o bo traballo realizado así como mostraron a súa total dispoñibilidade e apoio ao alumnado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou o turismo como un dos valores económicos máis importantes de Tui.
Este sábado abre ó público a Piscina Municipal de Tui
Os prezos se manteñen con respecto a anos anteriores
Este sábado, 29 de xuño, abrirá ó público a Piscina Municipal de Tui. O horario será de luns a venres de 13.30h a 20.30h, e sábados, domingos e festivos, de 12.30h a 20.30h.
O prezo se mantén con respecto ós anos anteriores: a entrada individual adulto terá un costo de 2€ e a entrada individual infantil para nenos de 4 a 14 anos e xubilados costará 1,5€. Os bonos serán de 30 baños, 40€ para adultos e 35€ para nenos.
A piscina permanecerá aberta até a primeira semana do mes de setembro.
A Escola Infantil da Galiña Azul conta cun novo parque exterior e de xogos para os cativos
O alcalde de Tui solicitará á Xunta unha segunda Escola Infantil
Na mañá de hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou a Escola Infantil da Galiña Azul de Tui para coñecer de primeira man o resultado da obra realizada no parque exterior do centro.
A actuación, rematada hai uns días, consistiu na adecuación do parque exterior a través da plantación de céspede e elementos verdes como setos e arbustos, a creación dun areeiro zona acolchada, e xogos para os cativos.
Apuntou o alcalde de Tui que o resultado da actuación, a falta de perfilar algún detalle, é positivo e que "responde a filosofía de goberno de que as instalacións públicas estean nas mellores condición para o desfrute, neste caso, dos usuarios da Escola Infantil."
O orzamento para a actuación foi de 20.930€ con cargo ao Plan Concellos 2017.
Por outra banda anunciou que vai solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha segunda Escola Infantil, indicando que o concello está disposto a proporcionar os terreos. Apuntou que este segundo centro "é necesario dado que a lista de espera é moi ampla e está a ser moi demandada polos veciños e veciñas de Tui."
O Concello de Tui realiza este domingo a Ofrenda a Xesús Sacramentado coma delegado rexio do Antigo Reino de Galicia
O Concello de Tui exerce este ano de delegado rexio na ofrenda a Xesús Sacramentado na Catedral de Tui en representación do Antigo Reino de Galicia. Neste 2019 cúmprense 350 anos da ofrenda a Xesús Sacramentado por parte do Antigo Reino de Galicia e que cada ano, de forma rotatoria é realizada por unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, desprazarase xa mañá ata Lugo para participar nos actos previos. Mentres o domingo será a corporación municipal xunto a 140 veciños e veciñas os que acudan para participar neste solemne acto. O Concello de Tui dispuxo tres autobuses gratuítos para a veciñanza que desexa acudir á ofrenda. Tras a súa chegada a Lugo a comitiva desprazarase dende a casa do concello até a Catedral onde se celebrará a Eucaristía. No transcurso da mesma o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dará lectura á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia. Ao remate da misa sairá a procesión que percorrerá as rúas Pío XII, Bo Xesús, Praza Santa María, Casas Nóvoa, Praza Maior, Casas Nóvoa, Bo Xesús e Pío XII, para regresar á Catedral.
|