JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (11 a 16 de Junho)


PSOE e BNG governarão coligados
durante os próximos quatro anos

Os 10 vereadores do Município de A Guarda, eleitos pelo PSOE-PSG e BNG nas eleições municipais de 26 de Maio (cinco cada um), e que constituem a maioria no seio da corporação guardesa, conseguiram um acordo político ontem à noite e apresentaram-se unidos esta manhã, para tomarem posse e reelegerem como alcaide António Lomba, número um da lista socialista que ficou à frente dos nacionalistas galegos por 84 votos.

Com este pacto, estas duas formações políticas impediram que o Partido Popular governasse em A Guarda após este partido ter conseguido obter o maior número de votos, mas não o de eleitos (apenas 6).

O representante do PP ainda tentou atrair o BNG para o seu lado, num derradeiro esforço após a investidura, quando o seu representante (Roberto Carrero) disse que "é possível um pacto com o Bloco Nacionalista Galego", porque, justificou, "o PSOE não é o câmbio, mas sim continuidade".

Contudo, no seu turno de intervenções, o porta-voz e primeiro da lista nacionalista (Angel Vicente), confirmou o "acordo em pé de igualdade" alcançado com os socialistas guardeses, desfazendo assim as ilusões dos populares.

António Lomba, o presidente socialista reeleito, reconfirmou as palavras do seu aliado neste mandato para os próximos quatro anos, ao dizer que "PSOE e BNG têm argumentos em comum para chegar a entendimentos e fazerem um acordo de legislatura".

Na próxima edição do C@2000, apresentaremos uma cobertura mais ampla desta investidura a que assistimos.


A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta.

Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.

MONCHO BORRAJO será o pregoeiro desta edición que arrancará o venres ás 21.00h na Praza do Reló. O actor, humorista e showman galego que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais tamén presentará o seu espectáculo "Borrajo Perdido" na carpa trala apertura da carpa.

O sábado será a cita para LUIS ZAHERA, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. O actor ofrecerá o seu espectáculo "CHUNGO" xa que ofrece as súas vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.

A Guarda


Novo horario do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Este horario manterase ata o 15 de setembro.

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas.

Tasas de acceso:
" 1€ adultos
" 0,5€ menores de 14 anos
" Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o día dos Museos(18 de maio).

A Guarda


Música, festexos, exposicións, visitas guiadas e moito máis nesta fin de semana na Guarda

A Guarda congrega na fin de semana do venres 14 ao domingo 16 de xuño unha chea de actividades para gozar da vila con Festivais musicais, concertos, exposicións, visitas guiadas, actividades deportivas e moito máis.

Programación por días

VENRES 14:

O vindeiro venres día 14 de xuño arranca o Música nas Prazas 2019 e os encargados de abrir a programación será o grupo de Rap guardés Caramelo Krew, un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Queitano dende as 22:00h.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición "Alfombras Florais da Guarda", unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 15:

Este sábado a partires das 10:00h o Clube de Petanca "O Caldeiro" organiza o I Torneo de Petanca "Bodegas Terras Gauda" nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos.

O Mercado da Guarda acollerá unha charla baixo o título "Familia, que comemos hoxe?" dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia, coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos. Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado en horario de 11:00h a 13:30h. Punto de encontro no segundo andar.

Ás 10:45h sairá dende o Porto da Guarda unha nova visita ás Salinas Romanas do Seixal, unha actividade que ten unha duración aproximada de 2 horas cun percorrido pola senda litoral, información e inscricións no 616 180 557.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición "Alfombras Florais da Guarda", unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

Na xornada deste sábado e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 12:00h haberá unha gran tirada de fogos e o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do municipio, pola noite verbena coas orquestras Santiago e Nievla.

Este sábado ás 20:30h o Auditorio de San Bieito acolle a XV edición do Festival Folclórico Luso-Galaico, no que participaran os grupos Doxe nun ano, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Korosti Dantza, Taldea, Agrupación Folclórica O Trevo e o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 16:

Na xornada deste domingo e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 10:00h da mañá fara un percorrido a Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda con posterior misa e procesión e ás 20:00h a citada banda ofertará unha actuación.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición "Alfombras Florais da Guarda", unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

A Guarda


A Guarda realiza o sorteo de premios da Ruta "Tapearte"

Unha vez rematada a Ruta Gastronómica "Tapearte", na que se serviron más de 4000 tapas entre os 16 establecementos participantes, o xoves 13 de xuño realizouse o sorteo de premios e agasallos.

A variedade gastronómica ofertada foi un "pulo" extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría, contando con tapas moi variadas e para todos os gustos.

Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta, que congregou a moitos ruteiros ao longo de todas as fins de semana deste evento gastronómico.

Entre os restaurantes mellor valorados polos ruteiros cos pasaportes desta ruta, con máis de 300 pasaportes recollidos, destacan:

" Restaurante Bitardorna, Tapa mellor valorada
" Restaurante Xantar, Maior número de tapas servidas

Premios directos aos pasaportes entregados con, 13 selos como mínimo: (26 premiados):

1 DANIEL COSTA MARTÍNEZ
2 LIDIA LORENZO MARTÍNEZ
3 MARCOS FREITAS BAZ
4 Mª VICTORIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
5 ROCIO RODRÍGUEZ ROMERO
6 DAVID ALFONSO ACEVEDO
7 SARA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
8 OFELIA CARRERO BAZ
9 ADRIÁN MAQUIEIRA PEREIRA
10 MARFU ANDIÓN RODRÍGUEZ
11 NURIA GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ
12 RAMÓN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
13 MERCEDES IGLESIAS LÓPEZ
14 JESÚS BAZ VIDEIRA
15 FINA PENIZA BAZ
16 NOÉ ÁLVAREZ FERNÁNDEZ
17 MELITA DORNA COSTA
18 MÓNICA RODRÍGUEZ ROMERO
19 LUCÍA RODRÍGUEZ COSTA
20 DAMIÁN VALVERDE RODILLA
21 DALIA VICENTE CARRERA
22 MÓNICA RODRÍGUEZ CORREA
23 FRANCISCO JOSE ÁLVAREZ LORENZO
24 Mª BEATRIZ RODRÍGUEZ PACHECO
25 Mª LUISA HERNÁNDEZ GARCÍA
26 MANOLI GONZÁLEZ GARCÍA

Todos eles premiados cun lote de dúas botellas do Forte de San Lorenzo: Licor Café e Crema de Orujo(Adega Pazo Val do Miño).

Sorteo de agasallo entre os pasaportes entregados con, 6 selos como mínimo: (300 participantes):

1 ANA ÁLVAREZ FRANCO, gañadora dun Smartphone Samsung A40

A entrega de premios realizarase o vindeiro martes día 18 de xuño ás 12:00h na Casa dos Alonsos.

A Guarda


Charla sobre hábitos saudables este sábado no Mercado da Guarda

O sábado día 15 de xuño o Mercado da Guarda acollerá unha charla baixo o título "Familia, que comemos hoxe?" dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia, coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.

Nesta charla, impartida por Sandra Baz e que terá unha duración aproximada de hora e media, os participantes aprenderán os beneficios dos diferentes alimentos grazas á pirámide nutricional, facendo despois un percorrido polos diferentes stands do Mercado para, xunto cos praceiros e praceiras, para coñecer de primeira man os beneficios e valores nutricionais de cada tipo de alimentos, froitas e hortalizas, peixes e carnes.

Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado en horario de 11:00h a 13:30h. Punto de encontro no segundo andar.

Esta charla enmárcase na campaña de Dinamización comercial "Clic ao Mercado" para atraer ao sector máis xove da cidadanía para que merque no Mercado da Guarda, e na que se inclúe tamén o sorteo de 5 bolsas de compra por importe de 70€, que axudará a que este segmento da poboación sinta interese e se achegue ata este espazo comercial, tan importante para a vila.

Continúa o Concurso Clic ao mercado

Ata o 28 de xuño, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, lanzouse un Concurso a través da Páxina de Facebook do "Mercado de A Guarda" para o Sorteo de 5 Bolsas de 70€ de compra nos establecementos do mercado.

Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.

A Campaña "Clic ao Mercado" está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).

Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño.

Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.

A Guarda


A Guarda continúa mellorando o patrimonio arquitectónico local cunha actuación no camiño e o lavadoiro do Aloque

A Guarda ven de finalizar as obras do proxecto para a Mellora do Camiño e do Lavadoiro do Aloque no barrio de Saa en Camposancos, un ben patrimonial enmarcado no Camiño Portugués da Costa.

Estas actuacións levaronse a cabo a través dunha subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra cun orzamento que ascendeu a 11,936,65€.

A fonte e lavadoiro do Aloque é un ben patrimonial da Guarda cunha antigüidade de, cando menos o 1918, segundo os datos que se conservan nas pedras da súa construción. Un ben que se pon en valor cunha actuación específica para a súa recuperación e rehabilitación integral que consistíu na mellora do inicio do camiño do Aloque co camiño de Saa coa mellora deste acceso con escaleiras, a recuperación do solado co enlousado primitivo e orixinal deste camiño, a eliminación dos engadidos de morteiro alleos ao manancial e lavadoiro do Aloque, reconstrución de muros, reposición dos pavimentos, recuperación da pía, abrevadeiro e canles de condución de auga, entre outros.

Unha actuación que pretende manter e fomentar parte do patrimonio arquitectónico local, como son os lavadoiros, antigos puntos de traballo e sociabilización dos veciños e que ultimamente constitúe un lugar de paso obrigatorio para os peregrinos de todo o mundo que percorren o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda.

A Guarda


A Guarda renova os vestiarios do Estadio Municipal da Sangriña

O Concello da Guarda ven de finalizar a renovación e adecuación dos vestiarios das instalacións deportivas do Estadio Municipal da Sangriña, unhas obras que se realizaron ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O proxecto, redactado polos técnicos municipais, permitiu a renovación das duchas cun novo sistema anti-vandálico, realizando unha nova instalación vista en aceiro inox e instalación de grifos mezcladores con temporizador para economizar auga. Realizouse tamén a renovación do alicatado existente con reposición de azulexos danados e novo pavimento cerámico nos almacéns.

Renováronse as fiestras e portas dos vestiarios instalando unhas novas en aluminio, así como a instalación de dous extractores de aire con sistema higroscópico para a mellora da ventilación.

De igual xeito o proxecto contemplou a renovación da totalidade da pintura das instalacións coa retirada da pintura existente, así coma o cambio do teito do acceso aos vestiarios dende o campo.

O investimento total destas obras de mellora, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ascendeu a case 21.400,20€ IVE incluído.

A Guarda


Contratación laboral temporal dun patrón de embarcación para o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello da Guarda

O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa.

Titulación mínima esixida: patrón de navegación básica (PNB) ou patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo.

As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)

O prazo de presentación de instancias, será 7 días naturais dende o día seguinte a publicación do preste anuncio no Faro de Vigo(09/06/2019), na forma sinalada nas bases da convocatoria.

A Guarda


A Guarda recupera o Cruceiro Pinto de Salcidos

O Concello da Guarda ven de rematar recentemente as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos.

Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, no entorno do cruceiro Pinto, situado no núcleo de San Lourenzo da parroquia de Salcidos, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

O entorno do cruceiro da Cruz abarca un ámbito de 125 m2 aproximadamente no mesmo entronca a rúa Aloqueiro, presentaba un firme de aglomerado, arestora conta cun empedrado de 10 cm combinando lousa con lastros de granito aserrado, instalando tamén uns proxectores para iluminación ornamental deste conxunto.

Este conxunto monumental está composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela, foi construído entre os anos 1746 e 1764. Sobre unha base levantase unha columna cilíndrica rematada nun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un Cristo e San Francisco orante á esquerda.

Estas obras realizáronse grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018-19 Liña 1 cun importe total de 21,455,47€.

A Guarda


Nova oportunidade para descubrir as "historias non escritas" de Oia, desta vez con visitas guiadas ao Arrabal

Haberá visitas guiadas os sábados e domingos do 15 de xuño ao 14 de xullo

Nova oportunidade para descubrir as "historias non escritas de Oia". Tras o éxito da visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro veciñal de teatro, e dentro da iniciativa "6x6 Punto de Encontro O Arrabal: historias non escritas", o Concello de Oia desenvolve unha programación de visitas guiadas gratuítas polo barrio histórico nas fins de semana.

As visitas polo Arrabal desenvolverase todos os sábados e domingos entre o 15 de xuño e o 14 de xullo co obxectivo de revalorizar o patrimonio do municipio. Así, ademais de percorrer os principais puntos de interese do barrio nado ao abeiro do Mosteiro cisterciense, durante a visita guiada se explicarán costumes, tradicións e historias que forman parte do patrimonio intanxible e a memoria colectiva local.

As visitas guiadas sairán da Oficina de Turismo de Oia e terán unha duración aproximada de unha hora. Os sábados desenvolveranse en horario de tarde, ás 19.30 horas, mentres que os domingos a cita será pola mañá, ás 12.30 horas.

Éxito da visita dramatizada

O pasado 2 de xuño o barrio histórico da parroquia de Santa María de Oia acolleu unha visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro de teatro veciñal. A representación foi o cumio dun proceso que combinou formación en materia de artes escénicas cunha análise e reflexión arredor do patrimonio intanxible de Oia.

Os contidos patrimoniais traballados no obradoiro serviron para elaborar a diferentes pezas dramáticas que se representaron en rúas e prazas do Arrabal, pero tamén para confeccionar a programación de visitas guiadas que se desenvolverá ao longo das próximas semanas.

A visita dramatizada tivo unha boa acollida por parte do público, pois foi un número importante de veciños e visitantes os que se achegaron ata o Arrabal, converténdose esta zona en todo un "punto de encontro" ao longo da xornada. Polo tanto, o Concello considera que a iniciativa foi un éxito, tanto polo seu poder de convocatoria como pola calidade artística demostrada pola veciñanza e artistas participantes.

Ademais desta actividade, ao longo da xornada do 2 de xuño o público tamén puido gozar dunha programación cultural complementaria: unha exposición de obxectos antigos, un espectáculo de animación infantil, postos de artesanía local e cantos de taberna.

Todas estas actividades de "6x6 Punto de Encontro O Arrabal: historias non escritas" están organizadas polo Concello de Oia e contan co financiamento da Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021

Oia


Oia participará nas celebracións da Festa da Flor da freguesía lusa de Oiâ o próximo 30 de xuño

Ambas localidades aproveitarán para ratificar a irmandade que as une desde hai décadas

Unha delegación de Oia visitará a freguesía portuguesa de Oiâ o próximo día 30 de xuño para participar nas celebracións da Festa da Flor que celebra a localidade lusa, irmandada desde hai décadas co municipio galego. O Concello fretará varios autobuses para que as persoas que o desexen poidan asistir á celebración.

A Festa da Flor chega este ano á súa cuarta edición e celébrase coincidindo co 30 aniversario da elevación a vila da freguesía de Oiâ (no municipio de Oliveira do Bairro). Nesa xornada a poboación portuguesa adquire un ambiente especial, coas súas rúas decoradas de flores, desfiles e outras actividades institucionais e de lecer. Na anterior edición, na que tamén participou Oia, os festexos congregaron a máis de 10.000 visitantes.

Durante a visita da comitiva oiense, os gobernos locais de ambas poboacións aproveitarán para ratificar o irmandade que as une desde hai varias décadas. A consolidación deste acordo permitirá continuar a colaboración que se vén desenvolvendo nos eidos cultural e educativo e tamén permitirá optar a subvencións europeas.

Plan de viaxe

O Concello de Oia fretará 3 autobuses para que os veciños e veciñas que o desexen podan asistir aos actos da Festa da Flor de Oiâ. Sairán ás 8.30 horas e farán unha parada previa para visitar a localidade portuguesa de Aveiro. Posteriormente xantarase en Oiâ, onde se asistirán ás celebracións. A volta está prevista para as 20.30 horas.

Por outra banda, haberá outro autobús habilitado para os músicos oienses que, como vén sendo tradición, participarán no desfile. Este vehículo irá directamente a Oiâ (sen parada en Aveiro) e sairá ás 7.30 horas.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse no Concello de Oia (nos teléfonos 986.36.21.25 e 639.32.94.93).

O prezo da comida será de 14 euros e de 7 euros para nenos e nenas ata 10 anos.

Irmandade Oia-Oiâ

A ratificación da irmandade entre Oia e Oiâ supón un compromiso formal de mantemento de lazos permanentes entre as corporacións locais para o diálogo, intercambio de experiencias e desenvolvemento de accións conxuntas que enriquezan a ambas partes.

Así mesmo, implica impulso dos intercambios entre cidadáns e cidadás de ambos territorios para unha mellor comprensión mutua e cooperación eficaz; dando a todo o mundo a posibilidade de participar sen discriminación de ningún tipo.

O protocolo tamén procura a intensificación das relacións económicas entre as dúas rexións a través do apoio de iniciativas de alianza estratéxica entre empresas locais que promovan accións conxuntas de intercambio de coñecementos.

Finalmente, tamén supón un compromiso de hospitalidade, respectando as diversidades e nun clima de confianza, solidariedade e conxunción de esforzos.

Oia


Torroña acolle este domingo o Primeiro Encontro da Terceira idade

As Escolas de Torroña acollerán o próximo domingo o Primeiro Encontro da Terceira Idade, cunha programación de actividades de lecer que se desenvolverá a partir das 17.00 horas.

A programación festiva contará cos espectáculos do cuarteto Rock Q'Mola (17.30 horas) e dun pinchadiscos que amenizará a tarde con cancións de baile. A continuación celebrarase un concurso de postres e, entre as persoas que presenten os seus doces ao certame, sortearase un agasallo.

Esta actividade está organizada polo Concello de Oia en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Oia.

A iniciativa desenvólvese como continuación do labor do Concello en colaboración coa Cruz Vermella Baixo Miño en materia de actividades destinadas á terceira idade; tales como os cursos de estimulación da memoria, de envellecemento activo e de ximnasia, entre outros.

Oia


Goián acolle este sábado a 10ª Festa das Trincadeiras con concurso de arroces, chimpíns, música e xogo populares

A romaría conmemora a reivindicación que o pobo de Goián protagonizou nos anos '90 en defensa deste espazo de valor ambiental e paisaxístico situado na ribeira do río Miño

O vindeiro sábado, 15 de xuño, a poboación da parroquia tomiñesa de Goián, celebra un ano máis, a popular romaría da "Festa das Trincadeiras", que chega a súa décima edición.

Familias, grupos de amigos e veciños danse cita na praza goianesa para trasladarse logo en chimpíns adornados até a carballeira coñecida coma "As Traincadeiras", onde terá lugar a tradicional comida campestre, a base de diferentes arroces e doces e amenizada con música tradicional. Un bronce cedido por Cuqui Piñeiro é o Premio do Concurso de arroces. A artista simbolizou nunha árbore a loita veciñal das Trincadeiras.

O programa de actos comeza ás 11.30h coa "Saída da Praza en Chimpín", co acompañamento da Treboada "Os da Fonte do Frade", e remata ás 19.00h co "Concurso de Cilantros Caseiros". Organizada pola Comunidade de Montes Veciñais de Goián, a festa conta coa colaboración do Concello de Tomiño, Deputación Provincial, Protección Civil, etc.

Esta romaría conmemora a reivindicación que o pobo de Goián protagonizou nos anos '90 en defensa deste espazo de valor ambiental e paisaxístico situado na ribeira do río Miño, reclamando a titularidade coma monte baldío e evitando así a explotación do seu subsolo e a implantación dunha empresa extractora de áridos, que suporía, sen dúbida, a degradación dun ecosistema altamente sensible e actualmente identificado coma un espazo de especial protección, dentro da Rede Natura.

Tomiño


Charlas informativas sobre el ciclo de grado medio de técnico en instalacións de telecomunicacións que se imparte no IES de Tomiño

Unha profesora ofrecerá unha conferencia no salón de plenos do Concello co fin de conseguir novos aspirantes

Carmen Freiría, profesora do I.E.S Antón Alonso Ríos de Tomiño, ofrecerá un par de charlas informativas sobre o ciclo medio de Técnico en Instalacións de Telecomunicacións, que imparte o centro.

A primeira das charlas será o vindeiro martes, 18 de xuño, de 20.00 a 21.00 horas no propio instituto. A segunda e última, realizarase no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, o mércores 19 de xuño, de 11.00 a 12.00 da mañá.

A finalidade destas conferencias é a de conseguir máis aspirantes a este módulo de formación profesional e desmitificar a imaxe de suma complexidade que o mesmo ten entre o alumnado e a sociedade en xeral, para o que a docente fará unha presentación axustada dos estudios a cursar e das saídas académiscas e profesionais do ciclo.

Tomiño


O centro comunitario de compostaxe de Goián (Tomiño) recibe a visita formativa de alumnado do Centro San Xerome de A Guarda

A visita transcorreu nun ambiente de cordialidade e cooperación, no que técnicos e aprendices puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes

As mestras e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda, visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián.

A visita transcorreu nun ambiente inmellorable, no que os técnicos do Concello de Tomiño puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes con Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso Pérez, Lourdes Fernández, Lucía Baz, María Penodjona, Maite Barros, Mercedes Rodríguez e Óscar Álvarez e con Marcio Fernández, Manuel Martínez e Olga Rodríguez e co profesor Guillermo Rodríguez Barreiro.

Todos forman parte do proxecto XE-MENTE, que ten a compostaxe como parte da súa formación. "O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE-MENTE é a unión de Xerome e semente, e ademais de valorizar o ecosistema autóctono, de forma simbólica, representa a primeira semente da diversidade plantada por San Xerome, para conseguir xerar un Horto de Plena Inclusión", explicaron tras a visita.

"Este proxecto xera novos perfís profesionais que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos e a preservar a riqueza dun ecosistema auto-sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas. Fermoso e útil proxecto. Moitas gracias a todos eles por acollernos na súa asociación e por visitarnos en Goián", comentaron, pola súa banda, os mestres composteiros de Tomiño.

Tomiño


Tomiño organiza unha decena de campus e actividades de verán

O prazo de inscrición manterase aberto até o día 25 de xuño

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas ACTIVIDADES DE VERÁN para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical.

Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.

O prazo de inscrición ábrese hoxe e remata o día 25 de xuño (o 24 no caso de piragüismo). O trámite pode realizarse a través da páxina web do Concello, no seguinte enlace: https://tomino.gal/campamentos-de-veran-2019/ .

As persoas que asistan ás actividades de rugby, skate, atletismo, tenis, pádel, balonmán e fútbol terán unha camiseta de balde.

Para comprobar que o tamaño da mesma é o correcto, pódese comprobar a talla no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño (Barrio da Rocha, 8; antigo centro de saúde).

Tomiño


A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto- xuvenil será estudiada pola Comisión Europea, a iniciativa de Cerveira e Tomiño

o programa "be solutions" buscará alternativas aos atrancos legais para os intercambios escolares en contextos transfronteirizos

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission's DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N). O proxecto seleccionado busca simplificar a mobilidade transfronteiriza para facilitar a libre circulación de persoas menores que cruzan a fronteira para levar a cabo intercambios culturais, deportivos ou educativos.

A proposta foi consecuencia do Informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos), que reclamaban en febreiro pasado simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira.

O programa europeo proporcionará agora aos beneficiarios seleccionados asesoramento de expertos legais. Os expertos darán apoio para definir o obstáculo de maneira clara, así como para identificar unha solución. Con ese fin, eses asesores deberán realizar un informe que incluirá: i) unha descrición clara do obstáculo legal, ii) unha indicación clara das disposicións legais que causan o obstáculo e iii) unha folla de ruta cara a unha posible solución con iv) indicación das entidades que participarán nela.

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño constataron que os requirimentos para realizar intercambios escolares de menores de idade entre os dous estados é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A eliminación ou simplificación deste problema burocrático permitirá incrementar a cooperación transfronteiriza nos programas escolares, culturais e deportivos, permitindo unha maior cohesión territorial, social e económica.

O informe das Valedoras que fundamentou a proposta recomenda "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local, no marco da Unión Europea, promovendo, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia", singularmente entre "poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño".

A iniciativa B- Solutions tivo ata agora dúas convocatorias, a primeira en 2018 para proxectos piloto, e agora, en 2019, para proporcionar asesoramento de expertos legais.

Tomiño



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais