JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000


Horário do Ferry (28 de Maio a 2 de Junho)


PP com maioria relativa

O Partido Popular venceu as eleições municipais realizadas em Espanha no passado dia 26 de Maio, conseguindo seis vereadores, mais um do que há quatro anos. (1.799 votos)

O Partido Socialista teve menos dois vereadores do que nos comícios anteriores, representando uma descida de votos assinalável, votos esses recolhidos pelo Bloco Nacionalista Galego que passou de três para cinco vereadores (1.511 votos) e ficando só a 84 votos dos socialistas que obtiveram 1.595 votos.

A Convergência Galega conseguiu eleger um edil (456 votos), mas não terá qualquer influência na formação da maioria que irá governar o município vizinho de Caminha no próximo quadriénio.

A lei espanhola é diferente da portuguesa, pelo que ao partido vencedor em número de votos não lhe é reconhecida a garantia da presidência do executivo municipal. O presidente de câmara é escolhido na primeira reunião camarária, fruto dos acordos que venham a ser conseguidos entre as forças políticas com assento municipal.

No caso de A Guarda, foram eleitos 17 vereadores, os únicos representantes dos guardeses na estrutura municipal, bem diferente do que sucede no nosso país, em que para além da vereação, ainda existe a assembleia municipal e as assembleias de freguesia de onde saem as juntas de freguesia.

A composição do Município galego ficou assim distribuída: PP (6) ; PSG-PSOE (5) : BNG (5) ; CG (1). Ciudadans (prejudicado pelo voto útil no PP) e En Marea não conseguiram eleger representantes.

Sandra Gonzaléz repete maioria em Tomiño

A bloquista Sandra Ganzaléz reforçou a sua maioria absoluta em Tomiño (11 vereadores), contra os 4 conseguidos pelo PP e os 2 pelo PSOE.

O Rosal passa para a óbita do BNG

Outra mulher, Ánxela Fernandéz, conseguiu arredar o PP do poder no Rosal, ao garantir 7 edis, contra os 5 do PP e 1 do PSG-PSOE.

Tuy nas mãos dos socialistas

Na cidade de Tuy, os socialistas conseguiram alcançar a maioria absoluta, com 9 vereadores, enquanto que os seus adversários políticos não ultrapassaram mais do que 2 vereadores cada um (PP, Cuiudadans, BNG), ou mesmo apenas 1 como foi o caso de CG e En Marea.

Na perspectiva de António Lomba, actual alcaide de A Guarda, o insucesso do PSOE deveu-se a uma campanha "agressiva" do BNG, que contou com o apoio de uma associação comercial, a par de as obras na Rua Concépcion Arenal se terem prolongado demasiado ao tempo devido à sua extensão. O facto de terem planeado projectos para o futuro, para além do tempo de duração do mandato, poderá ter também influenciado negativamente a sua votação.

Os socialistas pretendem agora abrir um processo negocial com o BNG que permita formar um entendimento à esquerda e impedir que a direita governe em A Guarda, e emitiram um comunicado em que agradecem o apoio recebido por uma parte do eleitorado.

Entretanto o BNG revelou-nos a sua posição, neste período pós eleitoral.

Tentámos ouvir as opiniões do PP sobre os resultados eleitorais e possíveis pactos, mas sem sucesso, tal como já tínhamos diligenciado, igualmente sem resultado, antes do acto eleitoral junto destas formações políticas.

Agrupación Socialista da Guarda


Gastronomía, turismo, motor, exposicións, feira de oportunidades e solidariedade mestúranse esta fin de semana na Guarda

A Guarda prepárase para unha nova fin de semana que estará marcada por varias actividades para todos os gustos cunha Homenaxe-Concerto organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, visitas guiadas ao Monte Santa Trega, dúas concentracións de motocicletas, unha Feira de Oportunidades, un Mercadillo Solidario, a derradeira fin de semana da Ruta Gastronómica Tapearte 2019 e a Exposición de Maquetas e Figuras de Praxíteles González.

Programación por días

VENRES 31:

O Venres 31 de maio ás 21:00h a Agrupación Cultural Guardesa organiza no Centro Cultural un acto Homenaxe a José Luís Rodríguez Álvarez, que contará ademais con varias actuacións musicais do Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, do Grupo Antorcha e da Coral Polifónica da Guarda.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

Ás 18:00h o Ferry Boat acolle a actividade inaugural do Festival Transfronteirizo "Entre Margens", que terá lugar esta fin de semana na localidade veciña de Caminha, contando coa participación de grupos de música tradicional galegos e portugueses.

SÁBADO 1:

A rúa Vicente Sobrino da Guarda acolle na xornada deste sábado a Feira de Oportunidades que organiza a Asociación de Empresarios ACIGU CCA, unha ocasión especial para aproveitar os descontos e ofertas do comercio guardés.

Tamén na xornada deste sábado o Monte Santa Trega será o escenario para a visita de case un cento de motos da emblemática marca italiana Ducati na Quedada Nacional que organiza cada ano o Clube DOC D.C.E. e que este ano, se celebra na cidade olívica entre o 31 de maio e o 2 de xuño.

Apaixonados das dos rodas visitarán o Monte Santa Trega da Guarda entre as 11:30h e as 12:30h, momento no que gozarán coas paisaxes guardesas do Esteiro do Miño, o océano atlántico, así como aproveitar para coñecer o noso rico patrimonio cos Castros de Santa Trega.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

DOMINGO 2:

Na xornada deste domingo día 2 de xuño a Praza do Reló será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario organizado dende Conrazones, en horario de 10:00h a 18:00h. Como é habitual o diñeiro recadado será destinado á adquisición de alimentos para as familias que axuda este colectivo cada semana.

Este domingo celebrarase un novo evento para os amantes das dúas rodas co SPIDI TOUR GALICIA, unha actividade na que participarán máis dun cento de motocicletas que se atopan facendo unha ruta por Galicia e que visitarán o Monte Santa Trega a partires das 10:30h da mañá.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

A Guarda


Máis de 80 motos Ducati visitan este sábado o Monte Santa Trega da Guarda

O vindeiro sábado día 1 de xuño o Monte Santa Trega será o escenario para a visita de case un cento de motos da emblemática marca italiana Ducati na Quedada Nacional que organiza cada ano o Clube DOC D.C.E. e que este ano, se celebra na cidade olívica entre o 31 de maio e o 2 de xuño.

Apaixoados das dos rodas visitarán o Monte Santa Trega da Guarda entre as 11:30h e as 12:30h, momento no que gozarán coas paisaxes guardesas do Esteiro do Miño, o océano atlántico, así como aproveitar para coñecer o noso rico patrimonio cos Castros de Santa Trega.

Esta visita se enmarca nun percorrido que farán os participantes nesta quedada por lugares emblemáticos das Rías Baixas ao longo da súa estadía en Galicia.

Todas as persoas que así o desexen, poderán achegarse ata o Monte Santa Trega e contemplar os diferentes modelos da marca Ducati, que estarán ao carón da antiga Casa Forestal do Monte Santa Trega.

A Guarda


Actividades para a promoción de hábitos de alimentación saudable no Mercado da Guarda

O mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia "Quere o teu mercado" que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

"Quere o teu mercado" é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

Este sábado os praceiros e praceiras da Guarda repartiron diferentes obsequios desta campaña, unha actividade que engloba dúas accións máis, revitalizando o papel tan importante deste sector.

O mércores 29 de maio o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, participaron na presentación das actividades que se celebran no Mercado da Guarda a través da Campaña de Dinamización comercial "Clic ao Mercado".

Segundo Antonio Lomba, "é moi importante atraer ao sector máis xove da cidadanía para que merque no Mercado da Guarda, o sorteo de 5 bolsas de compra por importe de 70€, axudará a que este segmento da poboación sinta interese e se achegue ata este espazo comercial, tan importante para a vila."

Montserrat Magallanes destacou a importancia dunha alimentación saudable, destacando o potencial que ten a Praza de Abastos coma nexo comercial da vila, así coma a calidade e variedade dos produtos ofertados, xunto co trato personalizado e atención que prestan aos clientes os praceiros e praceiras.

As dúas accións programadas no mercado da Guarda son:

Familia, que comemos hoxe?

Unha charla dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.

Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado o vindeiro sábado día 15 de xuño en horario de 11:00h a 13:00h.

Concurso Clic ao mercado

Dende o 27 de maio, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, se ven de lanzar un Concurso a través da Páxina de Facebook do "Mercado de A Guarda" para o Sorteo de 5 Bolsas de 70€ de compra nos establecementos do mercado.

Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.

A Campaña "Clic ao Mercado" está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).

Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño.

Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.

A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de xuño

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o xoves día 6, venres día 7 e sábado día 8 de xuño.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o xoves 6 e venres 7 en horario de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 8 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

A Guarda


Apertura do prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda

O vindeiro luns día 3 de xuño abre o prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda.

Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 a 14 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

O campamento ten o principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, cociña, inglés, actividades deportivas… pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.

O prazo para presentar as solicitudes será dende as 9:00 do 3 de xuño ata as 14 horas do día 17 de xuño.

Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX da Guarda ou chamar ao 986 61 0000. As bases e o modelo de solicitude se poden descargar na web www.aguarda.es

A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda nos últimos meses de 2019

O vindeiro luns día 3 de xuño de 2019 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes aos derradeiros meses de 2019.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses setembro, outubro, novembro e decembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 3 de xuño de xeito presencial de 8:30h a 14:00h na Casa dos Alonsos e a partires do 4 de xuño de xeito telefónico no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

A Guarda


Sorteo de 5 bolsas de compra para a mocidade no Mercado da Guarda

O mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia "Quere o teu mercado" que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

"Quere o teu mercado" é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

Este sábado os praceiros e praceiras da Guarda repartiron diferentes obsequios desta campaña, unha actividade que engloba dúas accións máis, revitalizando o papel tan importante deste sector.

As dúas accións programadas no mercado da Guarda son:

Familia, que comemos hoxe?

Unha charla dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.

Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no mercado o día, 15 de xuño de 11 a 13 horas.

Concurso Clic ao mercado

O Concello da Guarda, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, ven de lanzar un Concurso a través da Páxina de Facebook do Mercado para o Sorteo de 5 Bolsas de 70€ de compra nos establecementos do mercado.

Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.

A Campaña "Clic ao Mercado" está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).

Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño.

Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.

A Guarda


A Guarda oferta unha praza de informador turístico

O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo ó abeiro das bases reguladoras das subvencións a Concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos de Galicia,con cargo á subvención da Axencia Turismo de Galicia.

Característica do posto: Contrato laboral de duración determinada, 3 meses a xornada completa de luns a domingo.

Titulación esixida: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guías se turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante ( HOTI0108).

As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 31 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

A Guarda


As "historias non escritas" de Oia, este domingo no Arrabal

Artesanía local, un espectáculo infantil, cantos de taberna e unha exposición completan o programa de actos da fin de semana

O barrio histórico situado nas inmediacións do Mosteiro de Oia acollerá o vindeiro domingo 2 de xuño a visita dramatizada "6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas", protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro veciñal e patrimonio organizado polo Concello e impartido pola Artística Teatro e Danza.

A función comezará ás 19.00 horas e incluirá unha serie de espectáculos das artes escénicas que se desenvolverán en localizacións emblemáticas do barrio como o Mosteiro de Oia, a Fonte de San Cosme e San Damián, a Praza da Centinela ou a Picota, entre outras.

Cada peza dramática estará interpretada pola propia veciñanza e tamén contará coa colaboración de diversos artistas: os bailaríns Andrea Soutelo, Daniel Rodríguez e Olga Cameselle; e os músicos Rubén Pastoriza e José Antonio Pérez (o "Vilas").

A visita dramatizada ao Arrabal quere afondar no patrimonio material e inmaterial de Oia. A través dunha proposta innovadora e multidisciplinar, esta actividade tamén quere destacar a relevancia cultural do Camiño de Santiago, tendo en conta que este barrio forma parte do Camiño Portugués da Costa.

Programación

A programación do domingo completarase con postos de artesanía local que estarán instalados na zona durante toda a xornada do domingo, cun espectáculo infantil ás 17.00 horas e con cantos de taberna que comezarán xusto despois da representación teatral (arredor das 20.30 horas).

Para o desenvolvemento destas iniciativas o Concello de Oia ten solicitado financiamento á Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021.

Por outra banda, a Oficina de Turismo acollerá desde o sábado, e durante todo o mes de xuño, unha exposición de obxectos tradicionais relacionados coas distintas pezas teatrais que se representarán na visita dramatizada. Neste caso, se trata dunha actividade organizada pola Asociación Costa dos Castros e na que tamén se implicaron as persoas inscritas no obradoiro de teatro veciñal, as cales cederon obxectos da súa propiedade para a exhibición.

Agradecementos

O obradoiro de teatro veciñal quere transmitir o seu agradecemento a diversos colaboradores que contribuíron ao desenvolvemento da iniciativa, nomeadamente a Fernando Javier Costas Goberna -pola cesión de documentación e información que axudou a dar forma ás historias- á propiedade do Mosteiro -pola cesión de espazos para a representación- e a Paula Cobián Escola de Danza.

De igual forma, queremos agradecer ás comunidades educativas dos CEIP Mestre Manuel García e Refoxos pola súa colaboración e dispoñibilidade para a elaboración de elementos decorativos.

A continuación, o detalle da programación de actos:

PROGRAMACIÓN COMPLETA
"6x6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas"

SÁBADO, 1 DE XUÑO

-13.00h. Apertura da exposición de obxectos tradicionais "O Arrabal, historias non escritas", na Oficina de Turismo de Oia (Praza Centinela).
A mostra permanecerá exposta durante todo o mes no horario de apertura da Oficina de Turismo.

DOMINGO, 2 DE XUÑO
" Mañá:
-A partir das 10.30h. Exposición de obxectos tradicionais na Oficina de Turismo.
-Nas inmediacións da oficina haberá postos de venda de produtos de artesanía local durante toda a xornada.

Postos de artesanía:
-Cabuxa (coiro)
-Luis Álvarez (escultura en pedra)
-areladefe (xoeiría)
-Carliños Cesteiro
-Ana Méndez (cerámica)
-Las Flores de Greta (téxtil en seda)
-Oiadelos (complementos)

" Tarde:
-17.00 horas: Espectáculo infantil "Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos". A cargo do grupo de teatro Avento. Na Praza da Centinela.
-19.00 horas: Visita dramatizada "6x6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas" polas rúas e prazas do barrio histórico, a cargo do obradoiro de teatro veciñal.
-Pecharemos a xornada festiva con cantos de taberna cos grupos locais A Fiada de Viladesuso e Tra-lo Mosteiro.

Durante todo o día o barrio do Arrabal estará ambientado coas decoracións feitas polo alumnado dos colexios CEIP Mestre Manuel García e CEIP de Refoxos.

Oia


A "avoa de Oia", Purificación Granja, cumpre 103 anos

Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, cumpre este mércores 103 anos, un aniversario que festexa cunha saúde envexable e rodeada dos seus seres queridos.

Aínda que hoxe é un día especial que mereceu un brinde cun pouco de sidra, a "avoa de Oia" non perdoou a súa cita diaria cun dos seus labores favoritos: o ganchillo. Pese a estar de celebración, despois da comida coa familia colleu as agullas e púxose coa tarefa.

A alcaldesa de Oia en funcións, Cristina Correa, visitou esta mañá a Purificación xunto á concelleira en funcións Carmen María Estévez para felicitar persoalmente á lonxeva veciña.

Ambas representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e dunha torta, a fin de transmitirlle o agarimo do conxunto da veciñanza de Oia. Coma sempre, Purificación Granja recibiu ás súas visitas cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.

Oia


CAMPEONATO GALEGO DE BOXEO

Este fin de semana celebraranse en Padrón as eliminatorias do campionato galego de boxeo da categoría élite donde o Goianés Charly López tratará de clasificarse para disputar a final o próximo día 8 de Xuño e revalidar así o campionato por 3º ano consecutivo.

Sábado e Domingo en Padrón, no Pavillon grupo escolar a partir das 18.00h.

Tomiño


Tres colexios tomiñeses participan na "Bienal dos Pequeninos" de Vila Nova de Cerveira

A IX EDUCARTE reforza a participación internacional con presenza de escolas do Brasil, Italia, Qatar, España e Portugal e un total de cinco mil estudantes

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira.

Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a "Bienal dos Pequeninos", e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

Vila Nova de Cerveira, tamén coñecida coma "Vila das Artes", volve a impulsar unha edición máis de EDUCARTE, no Salón Multiusos do Cineteatro de Cerveira, dende hoxe até o 1 de xuño.

A IX edición asume unha maior internacionalización, coa presenza de 952 traballos de 14 escolas de cinco países, nun total de 5.000 alumnos e alumnas.

Coa intención de desenvolver competencias, habilidades e talentos nas áreas artísticas, nunha perspectiva de inclusión, Vila Nova de Cerveira, coa colaboración das escolas do concello e demais entidades, organiza cada dos anos esta exposición de traballos artísticos exclusivamente elaborados por nenos e mozos.

Considerado un evento de referencia no seo da comunidade educativa do Sur de Pontevedra e Norte de Portugal, EDUCARTE ten espertado o interese de municipios veciños como Camiña e Valença do Minho, así coma, superando fronteiras, de Tomiño (por primeira vez en 2016).

Para o presidente da Cámara Municipal de Cerveira, Fernando Nogueira, "non hai nada mellor do que espertar o bichiño da arte e exercitar a vea artística entre os nenos e mozos, e as entidades públicas teñen a obrigación de fomentar esas ganas, a través da oferta de recursos".

A exposición presenta tamén unha compoñente interactiva coa dinamización de talleres, con la colaboración da Fundación Bienal de Arte de Cerveira, do Aquamuseu do río Miño, do Convento San Payo e do CITCEM - Centro de Investigación Transdisciplinar da Universidade do Porto.

Tomiño


Sandra González asiste, representando ao mercado de Tomiño, á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que ten lugar en Londres

A rexedora en funcións presentará o modelo do mercado municipal coma exemplo dun investimento que mellorou a vida social, económica e cultural do municipio

Sandra González, asistirá a semana próxima, en calidade de alcaldesa de Tomiño en funcións, á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que terá lugar os dias 6, 7 e 8 de xuño en Londres, despois de que o Mercado Municipal fose convidado a participar.

A intervención da alcaldesa de Tomiño está marcada para o día 7 de xuño ás 16.00h, co fin de que relate a experiencia da recuperación do mercado coma novo espazo público transformador da vida da vila.

Na mesma mesa intervirán Calvin Lee Kwan, director xeral de "Corporate Development & Strategy Link Asset", de Hong Kong, e Oscar Martin, do "Institut Municipal de Mercats", de Barcelona.

O alcalde de Londres, Sadiq Khan, será o encargado do discurso inaugural o día 6 as 9.00h na Catedral de Southwark.

Para esta Conferencia, á que se espera asistan máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo, foron seleccionados 20 exemplos como poñentes, entre os que se atopa Tomiño.

A Conferencia é un punto de encontro anual dos axentes que traballan en mercados públicos, e que pon o acento no papel que teñen estes como cohesionadores sociais, conectando as economías locais e as comunidades. Tomiño foi seleccionado, precisamente, por ter sido un proxecto que foi confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as, no que ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila.

A organización do evento corre a cargo de Project for Public Spaces (PPS), entidade con sede en Nova York, que cada ano programa unha axenda que, ademais de conferencias, inclúe talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade onde se celebra a actividade. O encontro, ao que so asisten profesionais, celébrase sempre en grandes cidades como San Francisco, París ou Barcelona.

Tomiño


Tomiño organiza un novo obradoiro de autodefensa feminista

A actividade, organizada a través da Oficina Municipal de Igualdade, impartirase o sábado 8 de xuño en horario de mañá e tarde

O sábado 8 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de autodefensa feminista, organizado polo Concello de Tomiño a través das oficina municipais de Igualdade e Información Xuvenil.

Esta actividade, moi demandada polas cidadás tomiñesas, será impartida en horario de mañá e tarde (10 a 13 e 16 a 19 horas) na Casa da Cultura, e está dirixida a mulleres a partir de 15 anos.

As prazas son 30 e as inscricións abríronse hoxe a través da web municipal (www.tomino.gal). Asemade, pode enviarse un correo electrónico a omix@tomino.gal, ou ben, chamar ao número de teléfono 986 622 001 en horario de 8 a 15.

A actividade é financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Tomiño


Oitenta e seis persoas apúntanse ao novo curso de caixeira/o-repoñedora/or, organizado polo Concello

Os criterios de selección prioritarios dos 20 aspirantes que comezaron o curso onte, foron estar desempregado e ser de Tomiño

Oitenta e seis persoas responderon á convocatoria do Concello de Tomiño para a realización dun novo curso de "Caixeira/o - Repoñedora/or" de 40 horas de duración, 30 delas prácticas e non remuneradas.

A acción formativa, sen custe para os participantes e con 20 prazas, comezou onte. A parte teórica desenvolverase os días 27 e 28 de maio, de 16.30 a 21.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 28 de maio en supermercados do Baixo Miño e, posiblemente, algún de Vigo.

O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, é a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Na selección dos 20 aspirantes que comezaron a actividade onte, tívose en conta ás persoas que estaban na lista de agarda do primeiro curso organizado hai uns meses, ser de Tomiño, ter a ESO e estar desempregado.

Das 86 persoas inscritas, 79 son mulleres e 7 homes; de Tomiño 67 e doutras localidades 19, chegando fora de prazo 3.

"Decidiuse realizar o curso antes do período estival para abrir a posibilidade de contratacións das persoas seleccionadas nos lugares de prácticas, como xa ocorrera con 4 do curso anterior", explica o concelleiro de Promoción Económica en funcións, Antonio Tartaglione.

Visto o grande número de persoas interesadas no curso, e co fin de facer unha selección o máis xusta e menos excluínte posible, alén dos criterios establecidos inicialmente, considerouse a opción de deixar unha porcentaxe de prazas para persoas que non os cumpriran (con discapacidade, maiores de 45 ou sen formación académica).

"Queda novamente confirmado o enorme interese espertado por este tipo de formación e a necesidade de realizar nun breve período de tempo, unha nova convocatoria", apunta o edil.

Tomiño


Primeiros auxilios na infancia, materia obrigada para nais e pais

A nota dominante entre as familias foi a participación constante para aclarar dúbidas e inquedanzas con respecto á crianza

Primeiros auxilios na primeira infancia. É o titular do obradoiro impartido polo Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tomiño a unha trintena de familias con fillas e fillos pequenos, desexosas de aprender como actuar ante accidentes domésticos, golpes e outros casos que requiran unha primeira atención sanitaria, antes da chegada do médico ou da ambulancia.

Dentro da aposta pola mellora dos servizos sociais municipais que leva adiante o Concello de Tomiño e coma unha nova acción do programa Medrando en Familia do Servizo de Educación e Apoio Familiar, o pasado mércores levouse a cabo un taller de Primeiros auxilios na primeira infancia, a cargo de Clara García Cendón e Mª Jesús Prado, médica pediatra e enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, respectivamente.

A sesión celebrouse no CRA Mestre Manuel Garcés, onde as expertas explicaron en detalle de forma teórico-práctica, a pais e nais, como actuar en caso de afogamentos, queimaduras, golpes, descargas eléctricas; métodos de reanimación, etc. Asemade, falouse de temas complementarios coma a saúde dental, a alimentación saudable e os bos hábitos.

A nota dominante entre as familias foi a participación constante para aclarar dúbidas e inquedanzas con respecto a todos estes temas.

A actividade contou con servizo de gardería, como vén sendo habitual, para un maior aproveitamento do obradoiro.

A seguinte actividade no programa Medrando en Familia é unha sesión teatral: "Martes" de Teatro Baobab, chegará ao auditorio de Goián o sábado 8 de xuño ás sete da tarde. A obra está destinada a nenos e nenas de entre tres e seis anos.

Completa o programa o obradoiro de "Estimulación no medio acuático", impartido os días 22 e 29 de xuño na piscina municipal de Vila Nova de Cerveira.

Tomiño


Máis de 50 persoas percorrerán mañá o tramo do Camiño Portugués entre Caminha a Tui nunha andaina organizada pola Asociación Iacobus

O domingo inaugúrase na Sala de Exposicións da Área Panorámica unha exposición fotográfica de Ramón Fernández

Mañá sábado, 1 de xuño, a asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui organiza unha andaina polo Camiño de Santiago Portugués no seu tramo de Caminha a Tui. Esta actividade foi presentada esta mañá no Concello de Tui por parte de Victoria Álvarez, Alfonso Ferreiro e Juanjo Sánchez, da asociación Iacobus, de Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura en funcións, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui en funcións.

Haberá dúas modalidades, unha de 30 qm, que irá dende Caminha até Tui e outra de 17 qm de Vila Nova de Cerveira até Tui. O horario de saída será para a andaina de 30 qm ás 6.30 h na estación de autobús de Tui para comezar a andaina ás 7.00 h, e para a de 17 qm a hora de saída será ás 8.30 h na estación de tren de Valença para comezar ás 9.00 h.

A andaina rematará co paso polo río en barco dende o Cais de Valença até Tui como facían os peregrinos antigamente e despois irán até a Catredral.

O obxectivo desta andaina é reivindicar este tramo do camiño portugués pola costa seguindo o sendeiro do río, unha iniciativa que agradeceu o concelleiro de Cultura en función, Eduardo Freiría por "pór en valor e difundir o camiño tradicional e real que é ademáis entrada en Galicia do Camiño de Santiago."

O alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, destacou que "é fundamental apoiar estas iniciativas dado que a reivindicación do Camiño Portugués ten moita importancia en Tui dende a perspectiva patrimonial, cultural, histórica e económica".

O prazo de inscrición está aberto até esta noite no Facebook da asociación Iacobus ou no 650 009 233.

Por outra parte, dentro das actividades que organiza a Asociación Iacobus para pór en valor o Camiño de Santiago, este domingo, 2 de xuño, ás 12.00 h inaugurase na Sala de Exposición da Área Panorámica a exposición "Camiños de Santiago" de Ramón Fernández, que presenta unha mostra con preto de 50 fotografías que se poderá visitar até o día 15 de xuño.

Tui


Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación e Conservación de Documentos en Papel

Organízase para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos

Os arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui - Valença.

Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que impartido no Arquivo Municipal de Tui por persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño, a partir das 10 h cunha duración aproximada de catro horas.

Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requisito que deben cumprir os participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.

A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) debe realizarse enviando o modelo de inscrición ao correo electrónico: arquivo@tui.gal.

A Asemblea Xeral en novembro de 2007 do Consello Internacional dos Arquivos, ICA, oficializou que sería o 9 de xuño a data para celebrar o Día Internacional dos Arquivos. Este día foi elixido porque o 9 de xuño de 1948, o Consello Internacional de Arquivos estableceuse baixo os auspicios da UNESCO. Esta elección foi aprobada de inmediato e adoptada pola comunidade arquivística internacional.

"Os arquivos custodian decisións, actuacións e memoria. Os arquivos conservan un patrimonio único e irremplazable que se transmite de xeración en xeración. Os documentos son xestionados nos arquivos desde a súa orixe para preservar o seu valor e o seu significado. Os documentos son fontes fiables de información que garanten a seguridade e a transparencia das actuacións administrativas. Xogan un papel esencial no desenvolvemento da sociedade contribuíndo á constitución e salvagarda da memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida."

Cada ano o ICA establece un lema para a celebración desta xornada. No ano 2019 o slogan é "Deseñar Arquivos" e propón situar ás persoas no centro do traballo profesional que se realiza nos arquivos. A campaña fai fincapé sobre o rol da profesión no Século XXI onde arquiveiros, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio dos cidadáns e a comunidade en xeral. Isto transcende límites xeográficos e ámbitos profesionais no seu conxunto. Deseñar os novos arquivos que dean resposta ao reto do paso da documentación en papel á dixital pero ao tempo garantindo a conservación dos documentos custodiados nos seus depósitos.

Tui


O I Trofeo de Hip Hop Eurocidade celebrarase en Tui este sábado 1 de xuño

O pavillón novo albergará esta proba clasificatoria para o Campionato do Mundo de Street Dance

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade, que se celebrará este sábado, 1 de xuño, a partir das 16.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.

Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.

Esta proba tamén será puntuable para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo na modalidade de Hip Hop.

Tui


O Campamento de verán do Concello de Tui contará con dúas quendas na segunda quincena de xullo e a primeira de agosto

As inscricións poderán realizarse do 11 ao 21 de xuño na secretaría do Concello de Tui

O Campamento de Verán de Tui 2019, organizado polo Concello de Tui contará este ano con dúas quendas, a primeira do 15 ao 31 de xullo, e a segunda do 1 ao 16 de agosto. O prazo de inscrición será do 11 ao 21 de xuño, entregando a solicitude e a documentación requirida, na secretaría da casa do Concello de Tui.

Este campamento vai dirixido a aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofertar unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido por quenda e participante en 30,56€.

Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais