Horário do Ferry (14 a 19 de Maio)
A Guarda oferta unha praza de informador turístico
O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo adherida á rede de oficinas de turismo info Rías Baixas do Concello da Guarda.
Característica do posto: Contrato laboral de duración determinada, 7 meses a xornada completa de luns a domingo.
Titulación esixida:
" Diplomatura / grado en Turismo
" Ciclo superior en Guía, Información e Asistencia Turística o Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía
" Certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante (código HOTI0108)
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 24 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
A Guarda
A Omix da Guarda oferta un obradoiro gratuíto de Técnicas de Comunicación
O vindeiro 7 de xuño terá lugar de 16h a 19h un obradoiro sobre Técnicas de Comunicación, incluído na oferta formativa da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
As inscricións seguen abertas ata esgotar as prazas, as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 61 0000.
Neste interesante obradoiro abordaranse temas como os procesos info comunicativos, a comunicación e información dixital e ferramentas comunicativas, unha temática de actualidade moi útil para multitude de profesións e mesmo para a vida diaria.
A Guarda
A Guarda avanza na apertura da Rúa Baixo Muro coa aprobación inicial da modificación puntual do PXOU
O Concello da Guarda continúa traballando para que a apertura da Rúa Baixo Muro sexa unha realizade proximamente.
Dende fai anos o Concello da Guarda traballa na mellora da accesibilidade da Rúa Baixo Muro da Guarda, unha rúa na que se atopa un dos elementos patrimoniais característicos do casco histórico da vila como é a Muralla Medieval.
En febreiro deste ano recibiuse, por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a aprobación do Informe ambiental estratéxico para a modificación puntual nº5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana(PXOU), que permitirá a conexión da Rúa Baixo Muro coa Rúa Ireira.
Este Informe permite continuar coa tramitación para que esta actuación sexa unha realidade, permitindo por unha banda, mellorar a accesibilidade desta zona do casco histórico, unha zona con fortes desniveis con escaleiras, pondo en valor por outra banda, un elemento moi importante do patrimonio da vila da Guarda. Ademais esta actuación permitirá mellorar o acceso a unha boa parte da poboación á zona comercial.
Nesta actuación contémplase a expropiación de parte dunha parcela e o derrubo dunha edificación auxiliar para realizar a apertura.
No pleno extraordinario do pasado martes aprobouse a modificación puntual do PXOU para a apertura da nova vía de conexión entre a Rúa Baixo Muro e a Rúa Ireira tendo en conta criterios de accesibilidade, integración efectiva á rede viaria circundante e tamén protección do patrimonio, permitindo redebuxar un tramo da antiga muralla no tecido viario da vila.
Esta modificación puntual conta xa cos informes favorables dos servizos técnicos e xurídicos, así como do informe de intervención sobre a viabilidade económica da actuación proposta, do informe da secretaría municipal, e redactado o documento de suspensión o outorgamento de licencias.
A Guarda
A Guarda promove a Escavación do Cuncheiro do Monte Trega
O Concello da Guarda promove, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega. O proxecto de escavación será executado polos arqueólogos da empresa Terra Arqueos, mentres que para o estudo do material do cuncheiro contarase co grupo de investigación en zooarqueoloxía da Universidade de León con Carlos Fernández Rodríguez á fronte, e máis co Grupo de Investigación en Arqueobiología do CSIC, con Marta Moreno.
Xunto á porta de entrada no castro do Monte Trega desde o sur consérvanse os restos un antigo cuncheiro, un espazo onde os habitantes do poboado botaban os restos da súa produción. Composto fundamentalmente por cunchas, conserva tamén restos de osos e espiñas de peixe, e tamén outras evidencias como restos cerámicos ou metálicos e calquera outro tipo de refugallo. As condicións artificiais que crea o propio cuncheiro, máis favorables que o chan ácido do substrato granítico, permiten que eventualmente se poidan conservar tamén outro tipo de restos como pode ser, por exemplo, a madeira.
O que non é máis que un vertedoiro para as persoas que viviron no Trega, é hoxe para nós un tesouro e unha fonte de información de valor incalculable.
A través do estudo dos cuncheiros podemos saber moito da vida cotiá das xentes que viviron nos castros. Sabemos que tipo de animais criaban, que especies cazaban, e como eran as prácticas de pesca e marisqueo. Deste xeito, podemos chegar a saber os lugares ata onde se desprazaban desde o poboado para captar os seus recursos.
A análise polo miúdo das especies tamén nos di moito sobre as prácticas de consumo. Podemos chegar a comprender se o gando vacún se empregaba para produción cárnica, como forza de tiro ou para o aproveitamento do leite. O tamaño dos animais nos informa sobre o grado de desenvolvemento gandeiro. Podemos saber cal era a importancia da caza -si é que tiña algunha-, etc.
O estudo da evolución dun cuncheiro no tempo, en suma, pode ser unha mostra representativa do proceso histórico de configuración e evolución das comunidades castrexas desde a Idade do Ferro ata a súa submisión ao poder de Roma e das transformacións que implica para as formas de produción e consumo.
Este proxecto nace co propósito de crear un recurso concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, e como medio cultural e social. Un proxecto que ofrece resultados e beneficios a diferentes niveis. Por unha banda, xerando novos coñecementos científicos a partir da análise do rexistro arqueolóxico, no marco dun programa de investigacións e actuacións arqueolóxicas. En segundo lugar, asumindo a necesidade da transferencia científica como un obxectivo prioritario, os resultados a investigación repercutirán na creación de medios para a posta en valor das evidencias arqueolóxicas.
A execución do proxecto prevé levar a cabo a limpeza da vexetación da porta sur do castro do Monte Trega, a realización dunha sondaxe arqueolóxica, un estudo da arqueofauna, o levantamento fotogramétrico das estruturas escavadas e a instalación de paneis informativos.
Neste proxecto participa un equipo humano composto por 10 persoas entre dirección, equipo técnico, de restauración e de análise da paleofauna, contando cun presuposto que supera os 15.000€.
A Guarda
Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de Tapearte
O xoves presentouse a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos Museos
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
A ruta estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, así coma unha representación dos establecementos participantes e un representante de Distribuciones Disramo, casa comercial colaboradora nesta ruta.
Ao igual que en anteriores edicións os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.
Como nas anteriores edicións os participantes da ruta optarán con premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.
Nesta edición participan o Art Café coa tapa "Xorzart", o Bitadorna coa tapa "Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado", o Camping Santa Tecla coa tapa "Tournedo Rossini", o Celtic coa tapa "Chocos con arroz na súa tinta", a Pizzería Di Marco coa tapa "Carpaccio de polbo á feira", a Tapería El Paseo coa tapa "O Paseo", El Perro Verde coa tapa "Arepa rechea", o Enxebre coa tapa "Pelotiñas enxebre", O Gaviota coa tapa "Bacalao ao pisto de morena", La Botica coa tapa "Sabores afumados", La Casilla coa tapa "Delicia Galega", Marbella coa tapa "Empanada da horta", Novo Funil coa tapa "Cazola de Xabarín", o Xantar coa tapa "Crunk", o Xeito coa tapa "Espetada mariñeira" e Y la Luna? coa tapa "Impórtame un pemento".
A Guarda
Fin de semana das Letras Galegas con moitas actividades na Guarda
Fin de semana marcado pola celebración das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos na Guarda e o inicio da Ruta gastronómica Tapearte, con moitas actividades para pequenos e maiores.
Programación por días
VENRES 17:
O Venres 17 de maio ás 17:00h a Agrupación Cultural Guardesa organiza un festival folclórico coa participación de tódolos grupos da Guarda e se entregan os premios ós gañadores do concurso de relato e debuxo organizado pola Agrupación. A actividade comezará cun desfile dende a Alameda da Guarda, para proseguir no Auditorio de San Bieito.
Tamén na xornada deste venres a partires das 10:00h da mañá celebrarase nas pistas do Codesal a primeira edición do Torneo Día das Letras Galegas de Petanca, organizada dende o Clube de Petanca O Caldeiro e no que participarán 8 equipos.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
SÁBADO 18:
Este sábado celébrase o Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora coa temática dos Museos coma eixos culturais e futuro das tradicións.
O ICOM quere centrar a celebración deste ano nos novos papeis dos museos coma actores activos en cada comunidade, nunha sociedade en contínuo cambio, na que tamén os museos se teñen que adaptar e reinventarse, sendo máis interactivos, flexibles e móbiles, espazo de coñecemento onde as persoas compartan e interactúen.
Entre as accións para conmemorar o Día Internacional dos Museos, dende o Concello da Guarda se organiza unha visita guiada ás Salinas Romanas do Seixal, aproveitando a segunda fase do proxecto "A Guarda, Mar de Sal" para a recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda. O proxecto "Mar de Sal" fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permiten crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía. Para esta visita guiada, que terá lugar o sábado 18 de maio ás 10:45h, é preciso unha inscrición previa no enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557. O punto de saída será o Porto da Guarda e a duración estimada desta visita é de 2 horas.
Ademais, tamén durante a xornada do sábado día 18 de maio, o acceso ao Monte de Santa Trega será de balde, contando tamén coas visitas guiadas postas en marcha dende o departamento de turismo para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
DOMINGO 19:
O día grande chega o vindeiro domingo día 19 de maio coa Festa das Letras na Praza do Reló "en caso de choiva na Casa dos Alonsos", contando entre a súa programación e actividades con venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas "Superlector", un stand con publicacións municipais e un sorteo final.
As actividades terán comezo na Praza do Reló ás 11:30h co Contacontos "A detective peregrina", a cargo de Polo Correo do Vento, seguido ás 13:00h dunha sesión de vermouth musical con "Roger de Flor".
Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.
Ás 18:00h terá lugar o espectáculo para nenos "Canta miña pedra canta" a cargo de Xoan Curiel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo onde voz narrada e cantada contan historias recollidas no noso entorno baixo o título "Por unha peseta" a cargo da Compañía A Patacón con Vero Rilo e Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas)
Xogo de Pistas "Superlector"
Unha das actividades principais desta Festa das Letras 2019 na Guarda e o Xogo de Pistas "Superlector", un xogo que consiste en buscar, a partires dun fragmento de texto, unha ilustración ou unha fotografía, ou título dos libros, a colección a que pertence e o seu autor. Nesta actividade poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos en tres categorías.
Para participar é preciso que se recollan as pistas no Centro Cultual en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras.
Unha vez completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o día 19 de Maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de SUPERLECTOR.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
A Guarda
A Guarda conmemora este sábado o Día Internacional dos Museos
O vindeiro sábado día 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora coa temática dos Museos coma eixos culturais e futuro das tradicións.
O ICOM quere centrar a celebración deste ano nos novos papeis dos museos coma actores activos en cada comunidade, nunha sociedade en contínuo cambio, na que tamén os museos se teñen que adaptar e reinventarse, sendo máis interactivos, flexibles e móbiles, espazo de coñecemento onde as persoas compartan e interactúen.
Entre as accións para conmemorar o Día Internacional dos Museos, dende o Concello da Guarda se organiza unha visita guiada ás Salinas Romanas do Seixal, aproveitando a segunda fase do proxecto "A Guarda, Mar de Sal" para a recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda. O proxecto "Mar de Sal" fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permiten crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía. Para esta visita guiada, que terá lugar o sábado 18 de maio ás 10:45h, é preciso unha inscrición previa no enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557. O punto de saída será o Porto da Guarda e a duración estimada desta visita é de 2 horas.
Ademais, tamén durante a xornada do sábado día 18 de maio, o acceso ao Monte de Santa Trega será de balde, contando tamén coas visitas guiadas postas en marcha dende o departamento de turismo para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.
As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é preciso facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
Do mesmo xeito o acceso ao Centro de Interpretación das Fortalezas do Castelo de Santa Cruz tamén será gratuíto, onde se atopa arestora a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
A Guarda
Veciñas e veciños de Oia protagonizan unha visita dramatizada ao Arrabal o vindeiro 2 de xuño
As persoas participantes no obradoiro de teatro veciñal elaboran e interpretan varias pezas baixo o título "6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas"
O grupo de veciñas e veciños participantes no obradoiro de teatro veciñal que organiza o Concello de Oia estrearán as súas creacións o domingo 2 de xuño, cunha visita dramatizada ao barrio do Arrabal. O espectáculo comezará ás 19.00 horas.
Froito dun proceso de recompilación de historias locais, tradicións populares e outros elementos patrimoniais de Oia, as persoas participantes no obradoiro elaboraron media ducia de pezas teatrais, asesoradas e dirixidas pola Artística Teatro e Danza. O día 2 de xuño a propia veciñanza interpretará estas historias onde a realidade se mestura coa ficción para dar a coñecer, de xeito innovador, o patrimonio material e inmaterial de Oia.
Lugares como a Eira do Convento, a fonte de San Cosme e San Damián e a Praza da Centinela serán algunhas das paradas deste itinerario onde teatro, danza e música irán da man co obxectivo de visibilizar o patrimonio local. Todos estes lugares emblemáticos converteranse en escenarios de excepción dentro deste proxecto, o cal se desenvolve baixo o título "6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas".
Por outra banda, co gallo da representación teatral, o casco vello contará cunha ambientación moi especial grazas aos elementos decorativos elaborados polo alumnado dos colexios de Oia, os cales tamén se quixeron implicar no proxecto.
Programación cultural complementaria
Ademais da visita dramatizada, que se desenvolverá entre as 19.00 e as 21.00 horas, ao longo da xornada do 2 de xuño no Arrabal haberá diversas actividades culturais complementarias, al cales se detallarán nos próximos días.
Para o desenvolvemento destas actividades o Concello ten solicitado financiamento á Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021.
Segunda edición do obradoiro de teatro veciñal
A deste ano é a segunda edición do obradoiro de teatro veciñal, desenvolvido entre os meses de febreiro e maio deste ano trala boa acollida da primeira convocatoria do proxecto, celebrada en 2018. Algúns dos resultados obtidos no primeiro ano foron: unha trintena de persoas inscritas no obradoiro, alta calidade interpretativa dos participantes e unha grande afluencia de público o día da representación (estímase que unhas 200 persoas).
En canto aos obxectivos relacionados co patrimonio, a iniciativa revelouse como unha boa ferramenta á hora de revalorizar o patrimonio local, aumentar a conciencia veciñal arredor del e dinamizar o turismo baseado nos valores culturais locais. Nesta segunda edición, a estes obxectivos súmase a aposta concreta pola dinamización do valor patrimonial do Arrabal como parte do Camiño Portugués da Costa.
Oia
Naír Melo Pazos, natural de Santa María de Tebra, gaña o concurso de deseño da camiseta Día das Letras Galegas de Tomiño
O seu debuxo irá impreso nas camisetas que se repartirán entre os participantes nas actividades do venres
Naír Melo Pazos, de 26 anos e natural de Santa María de Tebra, én de gañar o Concurso de deseño de camisetas Letras Galegas, convocado polo grupo de voluntariado municipal.
A súa creación estará plasmada nas camisetas que se repartirán entre os participantes dos obradoiros e actividades conmemorativas, que terán lugar o vindeiro venres na Praza do Seixo, con motivo do Día das Letras Galegas (17 de maio). Obradoiros e actividades organizadas polos voluntarios e destinados a toda a poboación tomiñesa.
Naír Melo Pazos traballa na libraría Novidades, de Tomiño, mentres prepara oposicións. Cursou o Grao en Linguas Estranxeiras na Universidade de Vigo e gusta da fotografía e do cine.
"Reflexionando sobre a idea da individualidade, pensei que somos seres únicos e diferentes e, ao mesmo tempo, formamos parte dun conxunto: o colectivo galego. Galicia está en todos nós, aínda que cada quen o sinta de xeito diferente. Iso é sentir o galego (lema da camiseta)", explica a autora do deseño.
Comezan en Tomiño as obras para dotar de fibra óptica aos núcleos urbanos de O Seixo e Goián
De forma progresiva iranse incorporando algúns barrios e parroquias
Despois de que durante toda a última lexislatura o Concello de Tomiño reclamase a implantación do Plan de Banda Larga de Galicia 2020 para Tomiño, na actualidade as obras necesarias están en plena execución por parte da compañía R Galicia. No núcleo de Tomiño estanse a levar a cabo os traballos de obra civil para a rede de distribución no Seixo, Barro e Cotro. Paralelamente, estase a acometer o cableado e tendido de fibra óptica; tarefas que se estenderán até o mes de xuño.
Concretamente, estanse a facer as obras civís de canalización no núcleo de Goián, as que se prevé finalizar a finais deste mes, segundo informa o concelleiro Antonio Tartaglione, responsable das áreas de Promoción Económica e Réxime Interior. Estas obras corresponden á rede de distribución para dar servizo aos núcleos de A Gándara e Tollo; Avenida Ordoñez e Brasil. En paralelo a estes traballos, se está a acometer, tanto en Goián coma en Tomiño, o cableado e tendido de fibra óptica, que se estendera até o mes de xuño.
Comezarase tamén a partir desta semana a obra civil da rede de distribución no núcleo de Tomiño, necesaria para dar servizo aos núcleos de O Seixo, Barro, e Cotro.
O proxecto ten agora mesmo dúas compoñentes que condicionan o prazo no que se comezará a dar servizo: por un lado, a finalización do tendido da troncal de fibra óptica para chegar aos núcleos de Goián e Tomiño, dende A Guarda pola estrada xeral (avanzado ao redor do 60%, correspondente á parte máis problemática xa executada) que podería rematarse en poucas semanas se non xorden atrancos imprevistos. E por outro, dispoñer de tensión eléctrica nos armarios de comunicación instalados en Goián e Tomiño.
"As mellores estimacións nos permitan comezar a ter servizo inicialmente nos núcleos de O Seixo e Avenida Ordoñez e Brasil, e a partir de aí e de maneira gradual, ir implementando o servizo nos barrios de Tollo e A Gándara, e en Tomiño nos de Barro e Cotro, e finalmente, na parroquia de Figueiró, que son os núcleos obxecto deste primeiro proxecto de despregamento de rede de alta velocidade no noso Concello", explica o concelleiro Antonio Tartaglione.
O mercado de Tomiño seleccionado para asistir á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que terá lugar en Londres no mes de xuño
Tomiño presentará o modelo do mercado municipal coma exemplo dun investimento que mellorou a vida social, económica e cultural do municipio
O Mercado Municipal de Tomiño vén de ser seleccionado polos organizadores da 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que terá lugar os dias 6, 7 e 8 de xuño en Londres.
Para esta Conferencia, á que se espera asistan máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo, foron seleccionados 20 exemplos como poñentes, entre os que se atopa Tomiño.
A Conferencia é un punto de encontro anual dos axentes que traballan en mercados públicos, e que pon o acento no papel que teñen estes como cohesionadores sociais, conectando as economías locais e as comunidades. Tomiño foi seleccionado, precisamente, por ter sido un proxecto que foi confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as, no que ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila.
A organización do evento corre a cargo de Project for Public Spaces (PPS), organización con sede en Nova York, que cada ano programa unha axenda que, ademais de conferencias, inclúe talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade onde se celebra a actividade. O encontro, ao que so asisten profesionais, celébrase sempre en grandes cidades como San Francisco, París ou Barcelona.
Fundada en 1975 en Nova York, Project for Public Spaces hoxe en día é un referente internacional na xestión de espazos públicos, integrando unha gran diversidade de campos de estudo, coma o deseño, a arquitectura, a planificación urbana, o paisaxismo, o medio ambiente ou a sostibilidade. Ao longo de máis de trinta anos de actividade, ten actuado en máis de 2.000 comunidades de 26 países.
A intervención da alcaldesa de Tomiño está marcada para o día 7 de xuño ás 16.00h, co fin de que relaten a experiencia e falen do papel do novo espazo coma elemento transformador da vida da vila.
Na mesma mesa intervirá o Dr. Calvin Lee Kwan, director xeral de Corporate Development & Strategy Link Asset, de Hong Kong, e Oscar Martin, do Institut Municipal de Mercats, de Barcelona.
O alcalde de Londres, Sadiq Khan, será o encargado do discurso inaugural o día 6 as 9.00h na Catedral de Southwark.
Un mural sobre a sabedoría das mulleres e a non violencia, no Campo de Fútbol do Alivio
A deputada Montse Magallanes e a alcaldesa de Tomiño, presidiron a presentación do traballo, enmarcado dentro da campaña Mulleres en Acción: Violencia Zero, promovida pola Deputación de Pontevedra
A deputada provincial Montse Magallanes presidiu xunto á alcaldesa de Tomiño, o acto de presentación dun mural contra a violencia de xénero (obra da artista luguesa Doa Oa) que forma parte da campaña Mulleres en Acción: Violencia Zero, promovida pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración, neste caso, do Concello de Tomiño.
O acto tivo lugar ao mediodía de 14/maio no exterior do Campo de Fútbol do Alivio, coa asistencia, ademais, da comisaria da campaña, Paula Cabaleiro, a responsables do servizo de Igualdade na Deputación e no Concello (Lucía Muradas e Silvia Rodríguez, respectivamente); así coma varios concelleiros do equipo municipal e público en xeral.
A artista plástica Doa Ocampo "Doa Oa", explicou as claves do seu mural "Xuntas samos", incluído dentro do proxecto "Reforestando". "Quixen que fora unha homenaxe ás mulleres menciñeiras e sanadoras, que transmiten o seu poder e coñecemento de xeración en xeración, e que foron perseguidas", asegurou. Na pintura, de máis de 8 metros de lonxitude, aparecen varias plantas medicinais, coma a ruda ou a beladona, moi utilizadas en Galicia para curar enfermidades.
Montse Magallanes referiuse ás orixes da campaña Violencia Zero e a como foi espallándose por cidades e pobos; escolas e parques e outros espazos abertos, co fin de ser motivo de reflexión e comprensión dunha realidade que non debería existir. A deputada asegurou que a temática do mural parecíalle moi axeitada. "Temos que seguir poñendo en valor as nosas habilidades e capacidades", dixo neste sentido.
A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, dixo que o lugar elixido para colocar o mural era un campo de fútbol, coma xa se fixera con outro en Goián, por ser lugares tradicionalmente masculinizados que facilitan ademais, pola súa situación e estrutura, a visibilización da mensaxe.
A artista Doa Oa naceu en Sober (Lugo) en 1986, aínda que reside en Ferreira de Pantón. É graduada en Belas Artes e técnica superior en fotografía e participou en múltiples proxectos artísticos nacionais e internacionais. É a primeira vez que traballa no Baixo Miño. Segundo explicou durante o acto, gústalle representar nos seus traballos, plantas características do lugar, e especialmente aquelas con propiedades medicinais usadas tradicionalmente polas menciñeiras.
O Concello organiza un novo curso de 'Caixeira/o - Repoñedora/or' de 40 horas de duración
As persoas interesadas poden anotarse dende hoxe e até o día 3 de decembro, enviando un correo electrónico
O Concello de Tomiño organiza, a través do Servizo de Orientación Laboral, un novo curso de "Caixeira/o - Repoñedora/or" de 40 horas de duración, 30 delas prácticas non remuneradas.
A acción formativa, sen custe para os participantes e 20 prazas dispoñibles, comezará o día 27 de maio próximo. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 13 de maio, e remata o 16 de maio ás 12.00 horas.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: ana.sanchez@tomino.gal, indicando no asunto do correo: CURSO DE CAIXEIRA/O - REPOÑEDORA/OR), e facendo constar no corpo da mensaxe os seguintes datos: nome a apelidos, DNI, enderezo completo (con localidade e provincia), teléfono, data de nacemento, nivel de estudos e enderezo electrónico.
A parte teórica desenvolverase os días 27 e 28 de maio, de 16.30 a 21.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 28 de maio en supermercados do Baixo Miño e, posiblemente, algún de Vigo.
O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, será a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Coma requisitos do mesmo, pídese que as persoas anotadas estean, preferentemente, empadroadas en Tomiño e desempregadas. Asemade, valorarase estar en posesión do Título da ESO, mais non é obrigatorio. Terán preferencia as persoas que quedaron en lista de espera na edición anterior do curso, celebrada en decembro do ano pasado.
O Concello de Tui apostará polo transporte sustentable co Plan de Mobilidade Sustentable que se presentará en outubro
Para a redacción do Plan contarán coa participación cidadá a través de enquisas
Na mañá de 13/maio tivo lugar a presentación do inicio do Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS) para o Concello de Tui, adxudicado a empresa Eptisa por un importe de preto de 13.000 euros, financiados pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade.
O documento definitivo, que será presentado, como data límite o 20 de outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental.
Os obxectivos do PMUS son, crear proximidade, xerar espazo público vivo, fomentar o atractivo do transporte sustentable como os patinetes ou bicicletas, evitar infraestruturas que obriguen o uso de vehículos privado e adecuar as velocidades para permitir a convivencia entre todos os medios de transporte.
O plan contará con 4 fases. Unha primeira de recollida de datos e análise do territorio, incluíndo análise da demanda e da oferta do que resultará unha diagnose da situación. A segunda fase consiste na identificación dos problemas de mobilidade e unha definición de obxectivos concretos para Tui. Na terceira fase se definirán as liñas para a redacción do proxecto dentro dun plan sectorial. Por último, na cuarta fase, definiranse as solucións para mellorar a mobilidade da cidade. Unha vez rematadas estas catro fases, crearán o documento do PMUS. Paralelamente van farán unha análise enerxética coa que se va a medir o aforro que resultaría coa aplicación deste Plan de Mobilidade Sustentable.
O proceso de elaboración de PMUS contará coa participación cidadá a través de enquisas na web do concello, entrevistas co tecido asociativo e diferentes colectivos e traballo de campo.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou o reto de mellorar a mobilidade especialmente dentro da Eurocidade e a conexión do río co conxunto monumental. Ademáis resaltou "a importancia de dar relevancia as novas formas de mobilidade, mais sustentables e menos contaminantes polas que no futuro haberá que apostar. "
|