|
Horário do Ferry (de 19 a 21 de Abril)
PSG-PSOE
António Lomba apresentou candidatos e programa para as Municipais de 26 de Maio
A mês e meio da realização das eleições municipais em todo o Estado Espanhol, o PSG-PSOE apresentou na passada Sexta-feira no Centro Cultural de A Guarda os seus candidatos à alcaldia que vem gerindo com maioria relativa nos últimos quatro anos.
Dos 17 vereadores que compõem o "concello" de A Guarda, os socialistas possuem oito representantes.
António Lomba recandidata-se a um segundo mandato e apresentou os seus candidatos num acto público, bem como o seu programa de actuação caso venha a ser investido no cargo de alcalde, tendo ainda evidenciado os projectos e obras conseguidas neste quadriénio que se aproxima do fim.
O candidato socialista - definindo-se como "um sonhador, mas não vou em promessas" - realçou os sete milhões de euros investidos pela Deputação de Pontevedra no concelho de A Guarda, disse que iria pugnar junto da Galiza pela prioridade do prolongamento da "vial" entre Goyan e Tuy. Ao futuro Governo de Madrid que sairá das eleições para o Congresso e Senado do próximo dia 28, continuará a pedir que intervenha na praia da Lamiña, na margem direita da foz do rio Minho, de modo a impedir que as águas continuem a eroí-la.
A pedonização do casco histórico de A Guarda é um dos objectivos das seus candidatos, como será o caso da rua Concépcion Arenal, mas, para tal, há que criar estacionamento, frisou, esperando conseguir 600 lugares para automóveis e camionetas.
A reforma do pavilhão da Sangriña e a construção de um auditório, ou os melhoramentos no campo de futebol do Atlético Guardés e no mercado municipal são alguns dos projectos que acredita poder concretizar no próximo mandato, caso consiga obter o apoio do eleitorado.
De entre a sua equipa de candidatos, ressaltam os nomes de Montserrat Magallanes, a sua actual nº dois, e Miguel Espanhol, segundo "tenente de alcalde", sendo de realçar ainda a filha do anterior presidente do Município guardés Dominguéz Freitas, secretária das Juventudes Socialistas de A Guarda, Bárbara Domínguez González, em lugar elegível.
Dos projectos que se possam ser considerados comuns entre A Guarda e Caminha, um deles, a "mobilidade" entre as duas margens na foz do rio Minho, foi abordada por Montserrat Magallanéz no seu discurso de apresentação, tendo referido que "se encontram em curso estudos sobre a mobilidade" a cargo do Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Rio Minho (AECT Rio Minho).
"Temos trabalhado muito bem nestes últimos anos"
Esta sessão política contou entre os assistentes com Miguel Alves, presidente socialista da Câmara Municipal de Caminha, convidado pelos seus camaradas galegos de A Guarda.
Questionado sobre o significado da sua presença, Miguel Alves precisou que "quem esteve aqui foi o Miguel Alves, alguém que apoia esta candidatura do Partido Socialista, porque não esqueço que é necessário que as forças progressiva dos dois lados do Minho tenham esta capacidade de união".
Referindo-se aos contactos existentes entre as duas margens do rio Minho, Miguel Alves disse que "temos trabalhado muito bem nestes últimos anos, resolvendo os problemas até ao limite, o que é fundamental entre vizinhos". Acrescentou ser importante "ter a capacidade para dizer sim aos objectivos e aos projectos que temos em comum".
O autarca caminhense referiu ainda ao C@2000 depois de finalizado o "meeting" político em A Guarda, que "como presidente da Federação Distrital e dirigente nacional do Partido Socialista, vim aqui ter com um camarada que está a fazer um trabalho extraordinário em A Guarda, abrindo-a ao futuro, e apoiá-lo nesta candidatura difícil para as eleições municipais, mas das quais sairá vencedor", acentuou, antes de admitir que "fui convidado a vir aqui e estou cá com muito gosto".
"Presença de Miguel Alves vem referendar interesses idênticos"
António Lomba manifestou ao C@2000 a sua satisfação por ter contado com a presença de Miguel Alves, classificando-a de "simbólica", atendendo "às suas múltiplas actividades e por apenas ter sido convidado com cinco dias de antecedência", a par de existirem "interesses idênticos entre os concelhos de Caminha e A Guarda", e a sua presença "vem referendar isto".
Antonio Lomba defende unha actuación definitiva no litoral da Lamiña na CPIRM
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistíu o pasado martes día 16 de abril á CPIRM Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que se reuniu en sesión ordinaria na Câmara Municipal de Caminha. Como é habitual, nesta comisión tratáronse temas referentes á explotación e conservación do Río Miño, neste caso abordouse a modificación do Regulamento de Pesca, de caza e unha nova proposta do Regulamento de Náutica e Recreo, entre outros temas.
Algunhas das cuestións tratadas remitiranse á Comisión Internacional de Límites entre España e Portugal, que se celebrará o vindeiro 24 de abril. Esta comisión é un órgano colexiado do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
Por parte do Alcalde da Guarda se puxo en coñecemento do CPIRM o problema de erosión do litoral que se está producindo na praia da Lamiña e informou xunto co Xefe de Costas de Pontevedra das xestións realizadas ata o momento, incidindo sobre a consideración de emerxencia que ten o problema dende o punto de vista municipal. O Alcalde explicou tamén a postura do Concello en relación a futuras actuacións para a consolidación e rexeneración da praia, indicando que, por parte do Concello, a solución dun dique-escolleira, proposta polo CEDEX, sería a máis conveniente como solución definitiva a este problema puntual.
A Comisión decidiu trasladar a cuestión demandada polo alcalde á próxima Comisión de Límites, dado que dende o punto de vista da perdida de territorio pode afectar a unha modificación da fronteira no caso de non actuar.
Concello de A Guarda
Esgotadas as citas para a renovación do DNI na Guarda ata o mes de setembro
Xa non quedan citas dispoñibles no noso concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) ata o mes de setembro de 2019.
A partir do mes de xuño informarase da apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses setembro, outubro, novembro e decembro, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo. Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Concello de A Guarda
Visita guiada ás escavacións das Salinas romanas da Guarda o sábado 20 de abril
O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 20 de abril realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto "A Guarda, Mar de Sal". Na actualidade este proxecto atópase na fase de restauración e consolidación definitiva, o que permite xa apreciar as súas estruturas.
Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto o sábado 20 de abril con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.
Tamén nestes intres se levan adiante outras iniciativas como a musealización do xacemento e se publicarán os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado.
Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.
"A Guarda, Mar de Sal" é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.
O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.
O proxecto "Mar de Sal" fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.
O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.
Concello de A Guarda
Inaugurada a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na Guarda
Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.
Neste caso o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Turismo participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Praxíteles, xa xubilado, dí que precisa de proxectos coma este para ter unha ilusión e coller con gañas cada novo día, entre as súas obras destacan varias maquetas, da Casa Indiana na que se atopa o Centro Cultural de A Guarda, da Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal ou tamén preto de 40 esculturas en barro e outras realizadas con materiais de refugallo.
Praxíteles González ten realizado diversas exposicións dos seus traballos na Feira de San Gregorio de Pías, no Concello do Rosal ou no Centro Cultural da Guarda.
Ademais destas obras, Praxíteles é tamén escritor, con 5 libros as súas costas coma "Embajadores de los Infiernos" con tres edicións e que trata sobre a vida dos cabaqueiros; "Ribeiras do Baixo Miño" sobre os usos e costumes do Rosal; "Topónimos, a Terra das nosas raíces" con más de 900 topónimos da Guarda e do Rosal xunto cun mapa de toponimia; "Yo también fuí contrabandista en el Estuario del Miño" sobre os tempos do estraperlo e o pisco na Comarca; e xa para finalizar o seu derradeiro libro "Yo también estuve en la República Federal Alemana"que trata sobre a emigración entre os anos 1960 e 1980.
Horarios de visita:
Xoves, Venres, sábado e domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Nesta Semana Santa a exposición terá lugar no contexto dunhas Xornadas de Portas Abertas para achegar o Centro de Interpretación das Fortalezas e o Castelo de Santa Cruz á cidadanía guardesa e visitantes, con entrada de balde.
Concello de A Guarda
O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos
A entidade descubriu onte a insignia do selo Cidades Amigas da Infancia (CIA) nun acto presidido por Unicef Galicia
O Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño, celebrou esta semana un pleno no Concello, co fin de artellar a estratexia de difusión da campaña de adhesión de novos socios e socias que comezará nestes días, e lograr deste xeito suplantar aos membros que se darán de baixa en breve, por cumprir os 18 anos.
A mencionada campaña de difusión e adhesión de novas persoas levarase a cabo, fundamentalmente, a través das redes sociais, xa que son estas as que utiliza a maioría da poboación moza. Para formar parte do consello Voces Novas, hai que escribir un correo electrónico a vocesnovas.tomino@gmail.com, ou ben, mandar unha mensaxe por Instagram (@vocesnovas).
Tras o pleno do Consello da Infancia e Adolescencia, os mozos e mozas aproveitaron para falar coa alcaldesa da vila, Sandra González, e dúas representantes de Unicef Galicia, Gloria Del Río (vicepresidenta) e Marisé Pérez Mariño (vogal).
Asemade, procederon a descubrir a insignia de Cidade Amiga da Infancia, en cuxo proceso de recoñecemento, xogaron un papel fundamental.
"Eles teñen unha visión do mundo moi diferente á nosa e é necesario que o interese por intervir nas decisións dos adultos, se contaxie á poboación moza", recoñeceu Gloria Del Río.
A alcaldesa, pola súa banda, explicou que o distintivo do Selo CAI colocarase en breve na rotonda de entrada á nova rúa que permitirá, por unha parte, sortear o centro da localidade aos vehículos e, por outra, acceder andando ás zonas máis céntricas.
Tomiño forma parte, por catro anos, da rede Cidades Amigas da Infancia xunto a outras 273 localidades de España, cuxos gobernos locais situaron á infancia no centro das súas políticas públicas.
Tomiño conmemora o Día Europeo da Información Xuvenil con café e intercambio de experiencias
A Oficina Municipal de Información Xuvenil proporcionou información de interese sobre programas de mobilidade, voluntariado, etc.
Continuando cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade, o Concello de Tomiño, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil, vén de celebrar un encontro informal coa mocidade tomiñesa "Toma un café con Europa", co fin de conversar e debater de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc. O primeiro encontro tivo lugar onte (Día Europeo da Información Xuvenil) pola mañá no propio Concello e pola tarde no mercado, e terá unha nova sesión o vindeiro xoves, 25 de abril, na Escola Obradoiro de Goián, entre as 18.30 e as 21.30 horas.
Nos encontros celebrados onte a sensación xeral entre os mozos e mozas tomiñeses que asistiron á actividade, foi a de sentir Europa moi lonxe deles, comentando a desinformación existente nos seus centros de estudio sobre programas europeos coma o Erasmus Plus ou acción de voluntariado e sobre as institucións europeas en xeral. A Oficina Municipal de Información Xuvenil aproveitou a ocasión para proporcionar información de interese sobre programas de mobilidade, voluntariado, etc.
Os mozos e mozas participantes recoñeceron ter a sensación de pertenza a un espazo europeo común, no que poden viaxar sen pasaporte, coa mesma moeda e un servicio de itineranza de datos, o que conciben coma unha clara vantaxe. "Percibimos menos barreiras, aínda que haxa diferentes culturas e idiomas, sabemos que podemos viaxar ou facer estudos noutros países de Europa, e iso é algo positivo", comentaba Sofía Areal, de 2º de Bachalarato.
Algúns dos participantes que tiveron a oportunidade de participar nalgún intercambio promovido polo instituto de ensino secundario tomiñés, relataron o proveitosa que foi esa experiencia.
Para máis información, pódese consultar a páxina web do Concello (tomino.gal), pasar pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) Bº da Rocha, s/n, ou ben, chamar por teléfono ao número 986 622 001.
Alumnado de Xeografía e Historia das universidades de Santiago e Minho visitan a Eurocidade para coñecer de primeira man o seu funcionamento
Acompañados de docentes, estes 70 estudantes estaban especialmente interesados nos orzamentos participativos de Cerveira-Tomiño "como experiencia pioneira a nivel transfronteirizo"
A Eurocidade Cerveira-Tomiño esperta o interese do estudantado de Xeografía e Historia. Arredor de 70 alumnos e alumnas e seis docentes das universidades de Santiago de Compostela e Minho (Braga) visitaron Tomiño para coñecer de primeira man os pormenores deste proxecto das dúas beiras do Miño, con especial fincapé nos orzamentos participativos por ser "unha experiencia pioneira a nivel transfronteirizo".
Con esta saída de campo, estes estudantes de materias como Xeografía de Galicia, Xeopolítica, Ordenación do territorio ou Xeografía social e cultural buscaban achegarse á fronteira e reflexionar arredor dos territorios con proxectos transfronteirizos comúns.
Técnicos de Cerveira e Tomiño foron os encargados de presentarlles no auditorio de Goián a creación e desenvolvemento da Eurocidade, repasando os seus principais obxectivos e actividades: a gobernanza e participación cidadá, o aumento da cohesión social e da calidade de vida pola xestión conxunta de servizos públicos compartidos entre ambos dous concellos e a dinamización económica da contorna, con maior aproximación entre as condicións sociais e económicas das dúas beiras do Miño e con novas oportunidades de negocio e emprego.
OPT e Parque da Amizade
Interesados na ordenación do territorio transfronteirizo, os e as visitantes participaron nun coloquio tras a presentación do proxecto no que se interesaron, ademais de polo OPT, pola futura ponte peonil e polo Parque da Amizade. De feito, o alumnado aproveitou esta súa visita práctica a Tomiño para coñecer distintas experiencias e para percorrer tamén os terreos nos que se asentará o futuro parque na fortaleza de Goián.
Coa creación do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño procurarase a unión de dous espazos urbanos próximos que comparten o mesmo espazo natural e son vividos da mesma forma polos seus usuarios e usuarias, un espazo europeo sen fronteiras físicas ou psicolóxicas que fomente a identidade común, promova a mobilidade, contribúa a estruturación dunha rede de corredores verdes transfronteirizos e que constitúa un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas.
A saída de campo destes alumnos e alumnas completouse coa visita á sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Rio Miño (AECT Río Miño) en Valença ou ás Gándaras de Budiño.
Novo folleto informativo
Ao remate da visita dos e das estudantes das universidades de Santiago e de Minho, o persoal técnico lles entregou o novo folleto da Eurocidade Cerveira-Tomiño. En formato revista, este folleto recolle os eixos claves do proxecto común destes dous concellos, un novo modelo de gobernanza trasnfronteiriza baseado no traballo técnico e político conxunto e nunha participación pública efectiva.
Non é a primeira vez que a Eurocidade achega o seu proxecto á comunidade educativa, xa que os técnicos e técnicas xa presentaron as bases deste traballo transfronteirizo a alumnado de ciclos de formación en Intervención Comunitaria.
Tomiño celebra o Día da Atención Temperá con usuarios e usuarias dos programas de intervención socio comunitaria
O obxectivo do acto é visibilizar a importancia de iniciativas que promovan a estimulación temperá coma medida de prevención
O Departamento de Educación Familiar do Concello de Tomiño celebrou o Día da Atención Temperá con usuarios e usuarias dos obradoiros de estimulación temperá e do programa Medrando en Familia, unha iniciativa de intervención socio comunitaria centrada nas familias con menores de 6 anos, que pretende estimular o establecemento de pautas básicas de organización familiar.
Durante o acto deuse lectura á frase "Familias e profesionais unidos pola atención temperá", que se recolle no cartel da Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana. O fin, visibilizar a importancia de iniciativas que promovan a estimulación temperá coma medida de prevención nalgúns casos e de detección en estadios temperáns, para desenvolver as accións necesarias para corrixir ou emendar as disfuncións detectadas.
"Desde Medrando en familia e nos talleres de estimulación xa se detectaron algúns casos que hoxe xa están normalizados ao realizar unha intervención en estadios temperáns", explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.
Medrando en Familia ao longo do 2018 deu resposta a 60 familias e aos seus menores, diversificando a oferta de actividades que promoven a estimulación e a participación social, ademais de ser un recurso moi efectivo para a crianza en positivo, dotando de ferramentas moi útiles ás familias, coma as dadas no taller "Estratexias para unha crianza en positivo", o pasado día 8 e o vindeiro 22 de abril ás 19.00h na Casa da Cultura. A esta cita seguiranlle un encontro de primeiros auxilios na infancia, teatro e dous obradoiros de estimulación.
Tomiño conta xa con 500 puntos de luz, acondicionados con lámpadas de luz led, que producen un aforro do 70 por cento
A medida comezou a implementarse na última lexislatura e a idea é continuar até cubrir todo o termo municipal
O Concello de Tomiño continúa executando o proxecto de eficiencia e aforro enerxético asumido ao principio da lexislatura, co fin de aforrar un 70 por cento do consumo eléctrico habitual e respectar ademais o medio ambiente.
Dito proxecto, implicou o cambio e reposición de equipamentos (cadros eléctricos, postes, cables, etc.) e lámpadas de luz led, en numerosos barrios de diferentes parroquias (Pousadela, Rotea Vella, Cristelos, entrada á estrada de Tebra, Barro, todo Pinzás e Vilachán do Monte, etc.), cun investimento nos últimos catro anos de máis de 100.000 euros na substitución de 500 puntos de luz led e na reposición de equipamentos varios.
Manuel Álvarez, responsable da área municipal de Seguridade Cidadá e Iluminación Pública, informa que a intención do equipo de goberno é a de continuar repoñendo toda a infraestrutura eléctrica do concello para unha maior eficiencia e aforro enerxéticos, máis limpos co medio ambiente e cun custe moito menor para as arcas municipais.
Oito grupos tudenses participan no Festival Folclórico Festas de San Telmo este domingo
Pola mañá actuará a charanga Cantos Somos e pola tarde a Banda de Música Popular de Tui e o grupo América
A música e o folclore protagonizan o segundo día das Festas de San Telmo este domingo, 21 de abril. O programa ábrese ás 12h co pasarrúas que polo centro urbano vai realizar a charanga Cantos Somos.
A partir das 18 h a cita estará no Teatro Municipal de Tui co Festival Folclórico Festas de San Telmo a cargo de oito grupos tudenses: Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro e o grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui. Interpretarán muiñeiras, ribeiranas, pandeiros, xotas... nunha tarde na que a nosa música tradicional enchera o teatro tudense. A entrada é gratuíta até completar a capacidade do patio de butacas.
Mentres no Paseo da Corredoira ofrecerá un concerto a partir das 20 h a Banda de Música Popular de Tui. En caso de choiva este evento musical cancelarase. Por último, tamén na Corredoira a partir das 21 h, terá lugar a primeira das verbenas das festas a cargo do grupo América. O grupo está integrado na actualidade por Bruno Pla, Diego Grande, Sito Muíñoz, Eder González, David Failde e Manu Abalo. Ofrecerán un repertorio de versións de rock dos anos 70', 80' e 90'.
O Teatro Principal e a escultura de Rosendo Salvado obxecto de dúas exposicións que se poderán visitar nas Festas de San Telmo
Será inauguradas o sábado ás 20 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
Este sábado, 20 de abril, ás 20 h na sala Xacobeo da Área Panorámica terá lugar a inauguración das exposicións "Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal" e "70 anos da escultura de Rosendo Salvado" que forman parte do programa das Festas de San Telmo.
A mostra "70 anos da escultura a Rosendo Salvado" realízase en colaboración co Arquivo Capitular e Diocesano. Coa mesma vai recordar o aniversario da fundición da escultura situada na zona central da Praza da Inmaculada. Este monumento foi promovido en 1945 para celebrar o centenario da chegada a Australia do célebre e polifacético monxe tudense valedor dos aborixes, Frei Rosendo Salvado. A exposición que se inaugura este sábado, composta especialmente por fotografías da época, permitiranos coñecer ao autor desta obra, o escultor ponteareano Alfonso Quinteiro Alonso, a súa iconografía ou os diferentes materiais que compoñen o monumento. Tamén se exporá o cartel das festas na honra de Rosendo Salvado promovidas polo Concello, xunto a outros documentos que darán conta de todo o proceso e vicisitudes que pasaron para que finalmente a escultura fose realizada e inaugurada en 1950 e hoxe en día sexa un espléndido exemplo da escultura pública de carácter clasicista en Tui.
A segunda das exposicións, "Surge et Ambula. A memoria do Teatro Principal" toma o seu nome da frase acuñada na medalla conmemorativa dos Xogos Florais que aludía ao renacemento literario e que con esta exposición traslada esa alusión cara o inmoble. Na mesma a través de diferentes pezas, que orixinalmente formaron parte do mobiliario do hoxe en ruínas Teatro Principal, preténdese difundir a memoria deste teatro e avivar nos veciños de Tui o valor cara este inmoble que durante a segunda metade do século XIX e primeira do XX foi o epicentro cultural de Tui. Cómpre lembrar que o Teatro Principal acolleu un dos actos culturais máis notables da historia contemporánea de Galicia como foron os Xogos Florais de Galicia de 1891, o primeiro acto cultural realizado en galego despois dos séculos escuros e que foi símbolo de Rexurdimento Cultural de Galicia. A peza estrela desta exposición será o antigo telón, considerado como o mellor exemplo de pintura escenográfica do século XIX conservado en Galicia. Trátase dun lenzo de 5,70 por 8,40 m sobre o cal, seguindo tendencias romanticistas pintouse unha escenografía na que entre outro motivos se representa unha alegoría ao Rexurdimento ou aparecen elementos que xogan coa profundidade dando unha sensación de realidade á escena. A exposición complétase con material fotográfico, planos do proxecto de rehabilitación de César Portela e pezas históricas ou vinculadas á traxectoria de reivindicación e loita da Fundación Teatro Principal cedidas por esta entidade.
As exposicións estarán abertas ao público dende este sábado até o luns 29 de abril na Sala Xacobeo da Área Panorámica, porta 4. O horario de visita será de luns a venres de 17 a 21.30h e os sábados, domingo e luns de San Telmo de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.30 h.
Semana de Teatro Amador
O Teatro Municipal de Tui acollerá do luns 22 ao sábado 27 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo, a XI Semana do Teatro Amador, coa participación dos grupos de teatro tudenses. A presentación deste evento tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes: Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada da Asociación Xuntanza de Randufe, e San Fins da Asociación San Fins de Rebordáns.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, felicitou aos grupos participantes polo seu traballo, que dicía require un esforzo importante, congratulándose de que continúe a tradición do teatro amador no municipio. Ao tempo destacou a incorporación a esta programación da Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove e do grupo infantil Garabullada da asociación cultural Xuntanza de Randufe. Rematou desexando "longa vida á Semana do Teatro Amador".
O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, referiuse a esta proposta teatral coma "o evento cultural das festas que máis público atrae e que máis éxito tivo". Engadiu que esta Semana pretende achegar ás instalacións do Teatro Municipal aos grupos de teatro amador que hai no municipio. Agradeceu aos distintos grupos a súa participación e estes dez anos de éxitos.
A XI Semana do Teatro Amador comezará o luns, 22 de abril, ás 19h coa estrea da Compañía Artistica Interdisciplinar do Espazo de Tui co obra con "Futuro, amor e outras movidas". Na mesma segundo explicaron Alexia Castiñeira e Sara Paloma Saavedra prenden amosar os intereses dos adolescentes, empregando o teatro coma medio de expresión.
O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presentará o martes, 23 de abril, ás 21 h "Nin fe nin café" , unha comedia moi divertida, en palabras de Maximino Fernández, un dos actores, que dicía "a xente tardará en esquecer". O mércores, 24 de abril, ás 21h será a quenda do grupo de teatro da asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con "Tres sombreiros altos", unha obra de Miguel Miura ambientada nos anos 50', que é novidosa para o grupo coma apuntaba Secundino Domínguez. O xoves, 25 de abril, ás 21 h o grupo Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe presentará unha adaptación libre "Miles gloriosus" segundo explicou Ricardo Álvarez. Xa o venres, 26 de abril, ás 21 h Asociación Cultural San Fins de Rebordáns porá en escena a obra "Bar Manolo", un bar cunha situación peculiar a carón dun cemiterio coma avanzaba Tonia Novás. Mentres o grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe pechará esta Semana de Teatro Amador o sábado, 27 de abril, ás 19 h con "O segredo de Daniel". A obra coma explicou Alberto Sánchez, vai dirixida a público familiar e nos conta a historia dun neno que descobre un mundo sorprende a través dun libro.
As entradas sen numerar poranse á venda media hora antes do comezo de cada función ao prezo de 1,5€. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao patio de butacas.
PROGRAMA:
" Luns 22 ás 19:00 h
o Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove de Tui. 90 minutos.
" Martes 23 ás 21:00 h
o Grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui con "Nin fe nin café". 30 minutos.
" Mércores 24 ás 21:00 h
o Grupo de teatro da asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con "Tres sombreiros altos". 60 minutos.
" Xoves 25 ás 21:00 h
o Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con "Miles gloriosus". 70 minutos.
" Venres 26 ás 21:00 h
o Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con "Bar Manolo". 75 minutos.
" Sábado 27 ás 19:00 h
o Grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con "O segredo de Daniel". 40 minutos.
O pregón de Carlos Pérez-Fonterosa Antón abre o sábado as Festas de San Telmo 2019
Patricia Moon presentará en concerto o seu último traballo "Rock&Love" e Pablo Méndez porá en escena a súa performance "Quimera"
As festas de San Telmo 2019 comezan oficialmente este sábado, 20 de abril, ás 19 h no Teatro Municipal coa lectura do pregón a cargo de Carlos Pérez-Fonterosa Antón, recoñecido comerciante e filatelista de 89 anos , posuidor dunha valiosa colección filatélica sobre o Camiño de Santiago, coa que gañou varios certames e que mesmo amosou na China. Foi fundador do Grupo Filatélico e Numismático tudense, tenente de alcalde do Concello de Tui durante o mandato do alcalde Casal Aboy, e tesoureiro da Cámara de Comercio de Tui, entre outros cargos. No acto intervirá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a nota musical correrá a cargo da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos.
A continuación, ás 20 h, na sala Xacobeo da Área Panorámica inauguraranse as exposicións "Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal" e "70 anos da escultura de Rosendo Salvado". Abrirán de luns a venres de 17h a 21.30 h e o sábados, domingos e luns de San Telmo de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.30 h.
A Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos e os xigantes e cabezudos realizarán un pasarrúas até a praza da Inmaculada onde ás 21 h está previsto o acendido do alumeado das festas.
Ás 21.15 h na rúa Ourense Pablo Méndez Performances presenta o seu novo espectáculo "Quimera" baseado na maxia da natureza e no que se mesturan os soños e a mitoloxía. Pablo Méndez sorprende ao espectador cunha proposta moi visual a acrobática cunha coidada selección musical que cativará ao público. Esta actuación estaba prevista inicialmente no Paseo da Corredoira pero por necesidades técnicas e de capacidade para o público trasladouse cara a rúa Ourense.
Pechará a primeira noite das festas a viguesa Patricia Moon e a súa banda nun concerto presentación do seu terceiro traballo discográfico "Rock&Love" no que interpretará os temas do seu rock lunático no que mestura rock, soul, blues, música clásica… Tamén achegará algún dos temas de Amy Winehouse que forman parte do proxecto que leva a cabo xunto ao guitarrista da cantante Robin Banerjee. A cita será ás 22.30 h no Paseo da Corredoira.
|