|
Horário do Ferry (de 5 a 10 de Março)
A Guarda reclama un acceso sur ao Porto da Guarda
O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao Porto da Guarda .
Nesta reunión o edil guardés indicoulles que na actualidade, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura, que se atopa actualmente en fase de procedemento simplificado de Avaliación Ambiental, cun orzamento que ascende a 2.415.892,22€. Esta infraestrutura é fundamental para dar acceso ao Porto da Guarda, dado que ao rematar as obras de Concepción Arenal ese acceso vai a ser moito máis difícil, e tamén dende o consistorio se entende que ademais da Pesca e da actividade das Redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila, polo que se poden explorar outras vías de financiamento. Os colectivos que amosaron máis interese por esta infraestrutura foron a Confraría e as Redeiras, que empregan estes viais para o transporte de redes e marisco.
Para Antonio Lomba é moi importante recoñecer que o concello da Guarda por si só non pode capitalizar esta obra, aínda que colabore economicamente, e terá que ser unha administración supramunicipal a que o faga, ben Xunta de Galicia ou Deputación de Pontevedra, entendendo que a Consellería do Mar é que ten máis relación con esta infraestrutura. O Presidente de Portos de Galicia indicou que este proxecto non toca na zona Portuaria, pero tamén é certo que en moitas zonas de Galicia existen viais que non tocan nos portos, pero que si comunican e dan acceso aos mesmos.
A actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai a ir a menos, a previsión é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico.
Antonio Lomba entende que é unha infraestrutura que se debe de financiar dende diferentes administracións, ben Consellería de Infraestruturas, Consellería do Mar, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o propio Concello da Guarda, xa que é un vial fundamental para o futuro da Guarda e para o desenvolvemento económico da zona do Porto.
Concello de A Guarda
O BNG denuncia as condicións deplorábeis deusuari@s e persoal de servizos sociais da Guarda
"A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola"
O BNG denuncia as condicións deplorábeis que usuarios e usuarias, así como o persoal técnico de servizos sociais están a padecer no Concello da Guarda.
O BNG, despois de ter visitado as instalacións puido observar arquivadores rotos, móbeis de oficina "reciclados" en pésimo estado, espazos sen ventilación, escasa ou ningunha luz natural, falta deprivacidade e unha "sala de espera" de 4metros cadrados e porta aberta. Esta é a realidade que padecenaquelas aspersoasusuarias e traballadorasdos servizos sociais da Guarda.
"Esta é unha situación deplorable pola que atravesan tamén áreas como a de turismo e a policía local que deixa as claras a realidade paralela na que parece vivir o alcalde e seu equipo de goberno", comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG esixe a recolocación urxente da área de Servizos Sociais, sendo un área tan sensible, cunha gran carga de traballo e que leva demandando durante anos unhas instalacións acordes ao servizo que presta.
Para o BNG é incomprensible ver como tendo espazo e posibilidades económicas para facelo, o alcalde negue a excelencia dun servizo tan demandado por guardeses e guardesas.
"A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola",sinala Anxo Baz.
Políticas como esta deixan ás claras a falta de proxecto políticoe sensibilidade por parte do Alcalde da Guarda cos eidos máis importantes da política municipal.
BNG de A Guarda
Inauguración na Guarda da Exposición "Rompe, Xoga en Igualdade"
A Guarda iniciou este xoves as actividades programadas dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019, actividades nas que se inclúen a Exposición "Rompe. Xoga en igualdade", a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa.
Inauguración da Exposición "Rompe. Xoga en Igualdade"
A programación de actividades iniciáronse este xoves coa inauguración da Exposición "Rompe. Xoga en Igualdade", unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas "Barbies intervidas" coma protagonistas, nas que interviron o Alcalde da Guarda, a Tenente de Alcalde, a Concelleira de Servizos Sociais, así como as súas creadora, Isabel Blanco e Irene Silva.
Esta exposición estará no vestíbulo da Casa dos Alonsos ata o vindeiro 31 de marzo e poderá visitarse en horario de 8:00h a 15:00h. As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación. Unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Trátase dunha mostra vangardista e rompedora para golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar, cuxo obxectivo é non deixar a ninguén indiferente. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que "romper" e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.
"Rompe. Xoga en igualdade" consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.
Concentración Reivindicativa 8M
A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2019 terá lugar xa este venres 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.
Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.
Presentación Documental fútbol feminino
Xa para rematar as conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 o xoves día 14 de marzo ás 20:30h o Centro Cultural da Guarda será o escenario da Proxección do documental "A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade."
Que os soños non teñen barreiras é un feito constatable. O que aconteceu nos anos noventa no sur de Galiza, por máis de ser un feito singular e exemplar, mostra como a procura dun soño pode volverse real. A finais dos anos oitenta, cando o fútbol feminino galego estaba na elite, desapareceu absurdamente nun momento seminal para o seu desenvolvemento no estado, xusto cando se constituía a primeira edición da Liga. Naquel ermo aparecido subitamente, que provocou a fuxida das nosas futbolistas cara ao fútbol sala, e tras pasar uns anos, unhas mulleres do Condado e do Baixo Miño, ás que se lles foron xuntando outras de distintos lugares da provincia de Pontevedra e do norte de Portugal, encheron aquel espazo creando un torneo único, aberto a todas as que seguiron defendendo con razón e paixón que o fútbol feminino non podía morrer así.
O documental, mediante un recorrido polos espazos máis importantes arredor dos que se desenvolveu aquela idea e polo relato dos seus protagonistas, xogadoras, técnicos e dirixentes, narra o que foi aquel feito, do que non se coñece outro semellante no contexto do fútbol feminino español, e cunha organización extraordinaria, que durou oito anos, convertido durante algúns deles nunha competición regular e amigable de carácter internacional.
O obxectivo, ademais de revelar un feito histórico no deporte galego, pretende colocar no lugar que merecen a todas aquelas mulleres e homes que loitaron para que o noso fútbol feminino renacera sen imaxinar, naquela altura, que estaban facendo historia.
Actividade organizada pola Concellería de Deporte, a Concellería de Igualdade e co-finaciada pola Deputación de Pontevedra.
Concello de A Guarda
Exposición pública das listas do Censo Electoral na Guarda
O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril.
O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres e a consulta deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
Concello de A Guarda
ARDÁN REALIZARÁ UN ESTUDIO ESPECÍFICO DEL SECTOR AGRO DEL BAIXO MIÑO
LAS ALCALDESAS DE TOMIÑO Y O ROSAL Y EL ALCALDE DE A GUARDA, ESTUDIAN CON REGADES LA MEJOR VÍA PARA FORTALECER ESTA ACTIVIDAD ECONÓMICA
En una reunión mantenida con las alcaldesas de O Rosal y de O Tomiño y el alcalde de A Guarda, con el delegado de Zona Franca, Regades se ha comprometido a colaborar con el sector agrícola del Baixo Miño ya que "tenemos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia por su gran capacidad de generar negocio y, lo que es más importante, por su capacidad de fijar población y cuidar del territorio"
Los responsables de los tres ayuntamientos expusieron las fortalezas de un sector que en el Baixo Miño se está especializado en cuatro productos: planta ornamental, flor, fruta y vino. Como expuso durante la sesión de trabajo la alcaldesa Sandra González, la planta ornamental tiene en el concello de Tomiño 120 hectáreas de producción en las que se emplea a 300 personas con una fuerte presencia de mano de obra de mujeres alcanzando los 20 millones de euros anuales de facturación. El Vino es otro importante recurso económico que maneja unas 600 hectárea en las que trabajan 250 personas alcanzando una facturación anual de 26 millones de euros.
En otras magnitudes se manejan la Flor y la Fruta con explotaciones que no están muy capitalizadas y que necesitan tecnología que les permita incrementar su competitividad. Al cultivo de Flor se destinan 25 hectárea que facturan 2 millones d euros y emplean a 25 personas. Por su parte, la Fruta, tiene 350 hectáreas de superficie dedicada a estos productos pero su facturación apenas alcanza los 5 millones anuales y su generación de empleo es de 50 personas.
Para el fortalecimiento del sector Regades propuso a los máximos responsables de los tres ayuntamientos la elaboración de un estudio económico por parte del servicio ARDÁN en base al que se puedan detectar fortalezas y debilidades para establecer políticas adecuadas de cara a aumentar la rentabilidad económica y competitividad de un sector estratégico para la comarca. María del Carmen Alonso, alcaldesa de O Rosal, agradeció esta implicación de Zona Franca ya que "el sector agro del Baixo Miño cuenta con una gran capacidad de desarrollo dado lo benigno de su clima y la fertilidad de su tierra"
Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, precisó que este estudio puede aportar un conocimiento más científico de un sector de la actividad económica de este concello, el más meridional de la provincia de Pontevedra, que combina la explotación de la tierra, con la pesca y el turismo y que debe por tanto conocer en profundidad las potencialidades de cada uno de estos vectores económicos.
Concello de A Guarda
A Guarda apraza o Desfile de Entroido ante as previsións meteorolóxicas desfavorables
O Concello da Guarda ven de facer público o anuncio do aprazamento do Desfile de Entroido previsto para este martes ante as previsións meteorolóxicas desfavorables cunha ampla probabilidade de choivas intensas para a xornada deste martes, ademais da activación de alertas por fenómenos meteorolóxicos adversos.
Deste xeito, o Desfile realizarase na vindeira fin de semana, preferentemente na xornada do sábado día 9 de marzo ás 17:30h, con saída dende a esquina famosa ata a Alameda da Guarda, aínda que tamén pendentes da situación meteorolóxica para esa xornada.
Continúa o Menú de Entroido
Un total de 6 establecementos de hostalaría da Guarda dispoñen ata o martes 5 dunha oferta gastronómica especial a través do "Menú de Entroido", que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Ourellas de Entroido.
O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería - Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.
Concello de A Guarda
45 mozos e mozas participarán no III Intercambio Cultural Oia-Oiã
Os gobernos locais de ambas localidades aproveitarán a visita para ultimar os detalles da participación de Oia na Festa da Flor que celebra a poboación lusa
Recital poético de Marta Dacosta e actuación musical do grupo Tralo Mosteiro para celebrar o Día Internacional da Muller en Oia
O acto feminista, organizado polo grupo de Acción Feminista do BNG no Baixo Miño terá lugar o día 9 de marzo ás seis da tarde na Praza da Matrona Xulia Suárez
Marta Dacosta é unha das voces máis relevantes da poesía galega. Comezou moi nova a súa creación poética participando en recitais e publicando en diversas revistas. En 1994 sae o seu primeiro libro, Crear o mar en Compostela, seguiranlle Pel de ameixa (1996), Setembro (1998), En atalaia alerta (2000), As amantes de Hamlet (2003), Cinza (2009), Acuática alma(2011), Argola (2013), Dun lago escuro(2014), Na casa da avoa (2017) e o último publicado: Labirinto ou memoria (2018). Ademais participa en diversas publicacións colectivas e a súa tradúcese a diferentes idiomas.
A poeta ten unha forte vinculación profesional e afectiva con Oia, que se reflicte na súa obra. Os poemas escollidos para o recital xuntan a creación literaria coas antigas lendas conservadas século tras século na tradición oral do noso pobo, especialmente na memoria viva das avoas.
O grupo Tra-lo Mosteiro, leva anos en Oia, amando e vivindo a riqueza do noso folclore, gozando e facéndonos gozar coa festa que levan. A súa música ha ser un esconxuro para nos liberar das vellas cadeas e chamar por un futuro de igualdade.
Na poesía, nas lendas e na música de noso sempre houbo un espazo digno para a voz das mulleres, que reivindicamos e homenaxeamos neste acto, ao que vos convidamos a asistir.
Rematarase coa lectura do Manifesto Feminista do Día da Muller.
BNG de Oia
Un total de 45 mozos e mozas participarán no III Intercambio Cultural entre o concello de Oia e a freguesía portuguesa de Oiã, unha iniciativa que se desenvolve dentro do irmandamento existente entre as dúas localidades.
Os participantes, alumnado dos cursos 5º e 6º de primaria dos colexios Mestre Manuel García e Refoxos (Oia) e da Escola Básica Dr. Fernando Peixinho (Oiã), gozarán dunha programación de actividades destinada a coñecer a cultura do seu pobo irmá, a convivir con outros estudantes e fortalecer os lazos de unión entre ámbolos dous territorios.
Así, os días 8, 9 e 10 de marzo o alumnado de Oia visitará Portugal. Entre outras actividades, o grupo fará un percorrido polo país veciño que lle permitirá coñecer a Igrexa Matriz de Oiã, o Museo da Radio, o municipio de Aveiro e o Museo Marítimo de Ílhavo.
Trala visita a terras do país veciño, Oia recibirá ao alumnado da poboación irmá os días 26, 27 e 28 de abril.
Na visita, os representantes de ambos gobernos locais aproveitarán para ultimar os detalles sobre a participación de Oia na próxima Festa da Flor, que se celebrará o 30 de xuño na localidade lusa.
Irmandamento Oia-Oiâ
A unión entre o concello de Oia e a Freguesía de Oiã (Oliveira do Barro - Portugal) está preto de cumprir dúas décadas, consolidándose durante todo este tempo un irmandamento que fixo posible que ámbolos pobos se coñezan e descubran os encantos das súas respectivas terras.
Durante estes últimos anos véñense organizando conxuntamente unha serie de intercambios culturais escolares nos que os mozos e mozas de 5º e 6º de primaria teñen a oportunidade de vivir unha enriquecedora experiencia que promove a convivencia e a aprendizaxe da cultura e costumes doutros territorios.
Así mesmo, a colaboración entre ambas localidades ten incluído intercambios entre os grupos de música tradicional, coa participación na Festa da Flor e no aniversario da freguesía portuguesa.
Nova web do Concello de Oia: máis sinxela, funcional e accesible
A páxina busca un maior acercamento entre a institución e a cidadanía e adaptarse ás novas tecnoloxías
Xa está en funcionamento a nova páxina web do Concello de Oia (www.concellodeia.es), cun deseño máis moderno, sinxelo, funcional, dinámico e accesible para un maior acercamento entre a institución e a cidadanía.
Ademais da información de tipo administrativo e o acceso á sede electrónica, como novidades da web destacan a sección de noticias de actualidade municipal e un calendario de actividades festivas, culturais e deportivas.
A páxina, que permite unha navegación sinxela e intuitiva, tamén ofrece contidos relacionados coa historia e o patrimonio natural e cultural do concello, con apartados específicos sobre o Camiño Portugués da Costa e os curros, entre outros. Así mesmo, inclúe información de utilidade sobre a oferta turística de Oia, as festas populares de cada parroquia e teléfonos de interese.
Apps e redes sociais
A nova web ten en conta os requirimentos das novas tecnoloxías e, a ese respecto, o deseño adáptase a formatos de teléfono móbil e tablet, para asegurar unha correcta visualización desde este tipo de dispositivos.
Desde a nova páxina web tamén se pode acceder ás apps Línea Verde (para a comunicación de incidencias en tempo real) e Tokapp (de información instantánea e segura) así como conectar con distintas contas das redes sociais municipais: a páxina de Facebook da Oficina de Turismo e a canle de Youtube do Concello.
Tomiño acolle esta fin de semana a Copa David Castro organizada polo Club Deportivo Miño - Os Teixugos
O vindeiro domingo, 10 de marzo, celebrarase no río Cereixo (Área Lago da Pedra) unha nova edición da Copa David Castro (Liga Galega de Promoción do Slálom), organizada polo Club Deportivo Miño- Os Teixugos e o Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Eurocidade Cerveira-Tomiño, Federación Galega de Piragüismo e casas comerciais.
Suministros Río Verde amosará na 16ª Mostra de Cultivos o primeiro sistema de cultivo hidropónico de kiwi do mundo
Tomiño acollerá a primeira planta experimental do método HYDROP-TREE, desenvolvido por Vivisa, que permitirá cultivos máis ecolóxicos, un aforro de ata un 70% no uso de auga e produtos de maior calidade
Innovar para seguir crecendo e ofrecer produtos de maior calidade. Ese é o obxectivo de Suministros&Instalaciones Río Verde, que amosará na 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño un revolucionario método de cultivo para plantas plurianuais de porte leñoso. Ao acubillo da cuarta edición de acuBam Innovación, a empresa presentará ao público o método HYDROP-TREE, unha técnica pioneira desenvolvida por Vivisa na que por primeira vez no mundo se emprega un sistema hidropónico adaptado a plantacións de kiwi.
Experiencia piloto
O sistema HTDROP-TREE permitirá obter produtos de maior calidade a través de cultivos máis ecolóxicos e menos contaminantes: plantando o kiwi en canles e sobre substratos inertes, os fertilizantes van disoltos na auga coa que se rega o cultivo e non entran nunca en contacto coa terra. Ademais, mediante un sistema de recirculación permanente da auga, que se sanea a través da ozonización e se recalibra para volver regar os cultivos, conséguese un aforro de ata un 70% dun recurso "que nalgunhas zonas é un ben escaso".
O último chanzo do proceso márcanno os algoritmos desenvolvidos para manter unha renovación cíclica da planta que asegure que o produción non se paralice en ningún momento. Porque se ben a hidroponía xa é unha técnica consolidada e empregada en entre o 15 e 20% das producións na zona do Mediterráneo, sempre se aplica a cultivos que non se manteñen plantados de forma permanente, senón que son de un só uso, como as leitugas. "Sabemos que aplicar este método a unha planta que vai durar entre 8 e 10 anos é complicado, pero o futuro da alimentación da planta pasa pola hidroponía", salienta Vicente Villar, ideólogo do método e coordinador do proxecto.
Ademais de aumentar a produción dun xeito importante, o método HYDROP-TREE permitirá mellorar o produto final e a conservación do froito ao controlar de forma moi exacta os nutrientes.
Esta experiencia piloto porase en marcha por primeira vez en Tomiño e terá unha duración mínima de tres anos, momento no que "xa poderemos detectar se hai problemas graves de posibilidade ou imposibilidade de implantación deste sistema. Unha vez chegados aos cinco anos xa podemos dicir que se trata dun método consolidado que se pode aplicar a outras plantas plurianuais de porte leñoso".
acuBam Innovación
Suministros&Instalaciones Río Verde presentará este método pioneiro de cultivo dentro da cuarta edición acuBam Innovación, un espazo dentro da Mostra de Cultivos do Baixo Miño aberto ás entidades ligadas ao sector agrario do Baixo Miño que xurde co obxectivo de recoñecer o grao de innovación aplicado nos seus servizos ou produtos.
Entre o 15 e o 17 de marzo, no pavillón de Goián amosaranse ata nove 'agro-innovacións' distintas, que van dende novos cultivos ou plantas ornamentais ata a recuperación de materias primas, maquinaria, sistemas de rego ou de clasificación de froitos ou métodos de control de pragas.
A V Gala do Deporte de Tomiño terá lugar o vindeiro sábado, 9 de marzo, no Auditorio de Goián
Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica Xornada Multideporte para a infancia
A V Gala do Deporte terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de marzo, ás 20.00h, no Auditorio de Goián.
Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica XORNADA MULTIDEPORTE para a infancia, onde nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00h a 20.00h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.
A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas, e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.
A segunda Festa dos Callos aumenta nun 50% os quilos preparados na primeira edición
. A cita gastronómica celebrarase o 10 de marzo na Praza do Seixo
. Repartiranse unhas 3.000 racións, e arredor de 1.200 quilos
O Tomiño FC organiza o vindeiro domingo, 10 de marzo, a segunda edición da Festa dos Callos, unha festa gastronómica nacida co fin de recadar fondos para o club, e á vez ampliar a oferta de actividades da axenda da vila. Os organizadores víronse obrigados a incrementar nun 50 % tanto os quilos de preparación, coma o número de racións, tendo en conta os resultados de participación e venta da 1ª edición, celebrada hai un ano.
Tras a boa acollida da 1ª edición, a festa segue a ser concibida coma "unha forma de encher de vida e dinamizar a vila, ao tempo que se apoia ao deporte tomiñés", segundo explicou a alcaldesa Sandra González, durante a presentación da II Festa dos Callos, celebrada no Salón de Plenos do Concello. Nesta presentación tamén participaron os concelleiros de Deportes, Ismael Troncoso, e de Medio Rural, Lois Vázquez, así coma o presidente do club, Manuel Vila. Este último, agradeceu o apoio de todas as entidades implicadas e amosouse satisfeito polo respaldo popular acadado e o feito de poder dar continuidade á cita gastronómica e mellorala cada ano.
Esta 2ª edición lévase a cabo, coma a 1ª, coa colaboración do Concello de Tomiño e da empresa Coren; Comunidade de Montes VMC Barrantes; panaderías Manuel López, Camiño Novo, Parroquiñas, Currás, Tomipan e Flor y Nata; e firmas coma MRDixital, Día Tomiño e Quicelco.
1200 quilos de callos
A organización espera repartir sobre 3.000 racións durante a festa, arredor de 1.200 quilos de callos, que poderán empezar a degustarse o domingo 11 de marzo dende as 09.00 horas.
En caso de que o tempo non acompañe, e para maior comodidade dos comensais, a organización habilitará unha carpa no centro de Tomiño, na rúa A Guarda, a carón da Praza do Seixo.
A festa terá prezos populares, dando á xente que se achegue, a posibilidade de comer os callos na propia carpa, ou ben, de compralos para levar. No primeiro caso o prezo será de 8 euros, incluído callos, pan, viño ou auga, e cazola e cunca conmemorativas de barro. As racións para levar, costarán 5 euros e incluirán o mesmo que as outras, menos cazola e cunca. Neste sentido, poderase traer un táper de casa ou ben, mercar un ao prezo de 1 euro.
Amenizará a festa a Treboada "Baixo Miño" e, se o tempo o permite, actuará ás 12 do mediodía, a Escola de Danza "Adeixa Dance School" de Vila Nova de Cerveira.
Tui celebrará o domingo 17 de marzo o Desfile-Concurso de Entroido e o domingo 24 o Enterro do Bacallau
A choiva e o vento do pasado martes obrigaron a suspender o Desfile-Concurso de Entroido, que se vai celebrar o domingo, 17 de marzo, ás 17.30 h no circuíto establecido polas rúas novas.
Para manter a secuencia lóxica dos eventos de Entroido, e ante a incertidume do tempo, vénse de aprazar a celebración do Enterro do Bacallau, previsto inicialmente para este domingo 10, para o domingo 24 de marzo. Deste xeito primeiro terá lugar o desfile-concurso e á semana seguinte a despedida do Entroido co Enterro do Bacallau.
Entroido 2019
- Desfile concurso de Entroido
o Domingo 17 de marzo ás 17.30h
- Enterro do Bacallau
o Domingo, 24 de marzo, ás 19.30h
|