JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Programa "Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza"

Vai decorrer, entre os dias 21 e 22 de fevereiro, mais uma edição da atividade organizada pelo Camões - CCP-Vigo "Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza", que nesta edição conta com a presença da prestigiada escritora portuguesa Lídia Jorge.

21 de Feverero, às 20h00 - Centro Cultural do Camões, I.P. em Vigo
22 de fevereiro, às 09h00 - EOI de Santiago de Compostela
22 de fevereiro, às 11h00 - Faculdade de filologia USC, sala c04 - 2º piso


Horário do Ferry (de 5 10 de Fevereiro)


Publicadas as Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2019 na Guarda

Bases Concurso

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2019, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade.

Así preséntanse as bases polas que se rexe a participación nas que se contemplan ata cinco categorías (Carrozas, Comparsas, Grupos, Individual-Parellas adulto e infantil) na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.

Todos/as interesados/as en participar poden ampliar a información nas bases dispoñibles na web www.aguarda.es

O prazo para anotarse estará aberto dende o 19 ata o 26 de febreiro. Os/as interesados/as deberán entregar o formulario de inscrición e a documentación recollida na base 4ª no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.

O Desfile realizarase o vindeiro 5 de marzo, Martes de Entroido, no percorrido habitual entre a Esquina Famosa (Esquina da Rúa San Bernardo ) e a Alameda da Guarda. O veredicto do xurado darase a coñecer, tralo desfile, na correspondente entrega de premios.

A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso.

Concello de A Guarda


A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscricións para a aceleradora de empresas turística

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar a apertura do prazo de inscricións para as empresas interesadas en participar na segunda edición da aceleradora de empresas turísticas de Pontevedra. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de febreiro a través dun formulario na web www.smartpeme.depo.gal.

A aceleradora de empresas turísticas da provincia está enmarcada no programa TurisTIC e poden participar, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, persoas emprendedoras, empresarias, autónomas e pemes da provincia con interese en impulsar o seu negocio turístico. Deste xeito, a aceleradora vai dirixida a empresas turísticas cun proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de desenvolvemento, preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración e motivación e compromiso co programa, así como interese en mellorar as súas capacidades e habilidades.

As empresas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude entre o 5 e o 15 de febreiro a través dun formulario na web www.smartpeme.depo.gal. De todas as solicitudes escolleranse un máximo de 5 proxectos que serán valorados en base a criterios técnicos como o seu grao de innovación, a memoria do proxecto e perfil das persoas participantes. Estas cinco empresas seleccionadas participarán na aceleradora entre o 25 de febreiro e o 30 de abril e recibirán un programa de mentorización e sesións formativas grupais. Máis polo miúdo, impartirase formación individualizada relativa ao sector turístico, ás novas tecnoloxías, imaxe e competitividade, así como apoio para validar o proxecto e modelo de negocio e axudas para impulsar unha planificación do proceso de promoción e comercialización. Tamén haberá sesións grupais centradas na innovación como motor de cambio, nas novas oportunidades de promoción e comercialización e no deseño dun plan de marketing.

Dende a Concellería de Turismo do Concello da Guarda se convida a aproveitar esta oportunidade para promover a actividade empresarial no entorno do sector turístico do municipio.

Concello de A Guarda


A Guarda convida a participar na programación da actividades do Día de Rosalía 2019

0 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro é o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia. Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano 2019 buscase estender a participación ás asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

Actividades na hostalaría

Se eres un restaurante, tapería, cafetería, ou bar podes unirte á iniciativa "CALDO DE GLORIA" que promove a Fundación Rosalía de Castro entre todos os hostaleiros do país. A proposta consiste en ofertar dentro dos menús habituais, a carta ou como tapa, durante o fin de semana do 22 ó 24 o "Caldo de Gloria", receta que aparece dentro do poema "Miña casiña, meu lar" no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Os establecementos participantes nesta iniciativa poden recibir da Fundación Rosalía manteis individuais co poema de Rosalía, ademais dun cartel publicitario para colocar na porta ou vitrina do local.

Para beneficiarse desta publicidade é necesario comunicar a participación no Departamento de Cultura do Concello da Guarda antes do 13 de febreiro.

Actividades para Asociacións e grupos de música

Se eres unha asociación ou grupo musical, a Concellería de Cultura convídate a participar na iniciativa "Rosalía nas Redes". Só tes que facer unha gravación co teu grupo ou colectivo musicando ou recitando un poema, ou versión musicada de Rosalía de Castro da túa elección e compartilo no facebook e no twiter baixo o hashtag #Rosalíate #Aguarda etiquetando a @culturaguarda.

Actividades para amantes da poesía

Se eres un amante da poesía, da obra de Rosalía ou simplemente te apetece participar da lectura de poemas da autora, podes participar no Concerto-recital que o día 23 de febreiro celebrarase no Centro Cultural ás 20:30h. lendo un poema. Para elo debes anotarte antes do 15 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello (986610000 ext.5 ou cultura@aguarda.es)

Estas actividades serán complementadas coa obra de monicreques "A Viaxe de Rosalía", programada en horario escolar para o alumnado dos centros escolares e o Concerto do grupo Evoéh, sexteto musical que amosará unha coidada versión musical dos poemas de Cantares Galegos o sábado 23 de febreiro ás 20,30h. no Centro Cultural.

Concello de A Guarda


A Guarda reclama a Educación melloras nos centros de Ensino do municipio

O Concello da Guarda a través da Concellería de Educación, reitera novamente a petición mellora das instalacións dos Centros de Ensino do municipio ante a falla de investimentos por parte da Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra.

En setembro de 2018, ante o inicio do novo curso escolar, e ante as poucas actuacións realizadas ao longo do verán, a Concelleira de Educación, Sra. Elena Baz, solicitou unha reunión co Delegado de Educación en Pontevedra, Sr. César Ares, para trasladarlle as diferentes demandas das diferentes ANPAS e direccións dos centros de ensino do municipio sen que, ata o momento, esta reunión se producira.

Para Elena Baz, o trato desigual que se ten cos Centros de Ensino da Guarda, en diferenza cos do resto da Comarca do Baixo Miño, constitúe un grave prexuízo, que provoca un deterioro das instalacións, xa de por si bastante antigas(algunhas delas contan con 30 anos de antiguedade) malia os traballos de mantemento levados a cabo ano a ano polo persoal municipal.

Engade a Concelleira de Educación da Guarda que é preciso acometer as melloras que xa teñen solicitado dende as diferentes ANPAS e direccións dos Centros de Ensino á maior brevidade, posto que constitúen actuacións primordiais como o son a ampliación da cuberta do patio infantil do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, a mellora dos baños do CEIP-As Solanas, a renovación dos corredores e persianas do CEIP A Sangriña, entre outras.

Concello de A Guarda


A Guarda firma o convenio para a mellora dos accesos á Praia do Muíño

O pasado venres día 1 de febreiro a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda asinaron o convenio para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño.

O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea 'Visit Río Miño', de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do 'Anel Verde do Miño', que consiste nunha "rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galiza e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia".

O orzamento total ascende a case 200.000 euros, e as actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

Na actualidade os accesos á praia do Muíño consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto inclúe a construción dunha rotonda para a regulación do tráfico, a ampliación das entradas ao areal e a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia.

Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción coa sinatura deste convenio e destacou a relevancia destas obras que "permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental." Segundo explicou, o actual acceso ao areal "rompía a conexión coa natureza" e presentaba "certa degradación". Con estas actuacións "recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches", evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía "gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable".

A actuación, enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consistirá na conexión de dous sendeiros que desembocan no areal, un marítimo e outro fluvial, consolidando un novo treito do Anel Verde do río transfronteirizo formado por rutas galego - portuguesas xa consolidadas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, coincidiron en destacar a relevancia desta actuación para recuperar un espazo natural de altísimo valor turístico e medioambiental.

Concello de A Guarda


O barrio de Mergelina centrou a penúltima Barferencia de Inverno na Guarda

O pasado venres día 1 de febreiro de 2019 celebrouse a penúltima Barferencia 2018-19 na Guarda, en concreto centrada no "Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica" a cargo de Luis Francisco López González.

Esta foi a cuarta Barferencia do ciclo 2018-19 e celebrouse no bar O Couto de Camposancos, contando cunha gran afluencia de asistentes o que denota a importancia que ten para a poboación guardesa o xacemento arqueolóxico de Santa Trega.

Os asistentes coñeceron de primeira man como foron as novas actuacións realizadas, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, no Castro de Santa Trega. Estas actuacións enmarcáronse no protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia. A institución provincial promoveu as tarefas de restauración e consolidación no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, unhas actuacións que se prolongaron ao longo de 5 meses sobre unha superficie total de 2.642 metros cadrados no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, para a que se contou cun orzamento de 367.719 euros.

A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación que dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016.

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.

As Barferencias continuarán o vindeiro 15 de marzo na Cafetería Marbella cunha charla sobre "Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra da Restauración na Guarda", a cargo de Rebeca Blanco Rotea.

Concello de A Guarda


O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha FamTrip

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

Despois dunha viaxe dende terras portuguesas e tras cruzar o Río Miño no transbordador Ferry-Boat o grupo chegou ata o Castro de Santa Trega na Guarda, onde foron recibidos pola técnica local de Turismo, quen realizou unha visita guiada ao Monte Santa Trega, lugar que espertou a admiración e o interese de moitos deles, maravillados polas fermosas vistas panorámicas e unha paisaxe "de encanto".

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago "Fairway" no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizarán multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estará presente o Concello da Guarda.

Concello de A Guarda


A Guarda adxudica por case 50.000€ as obras de mellora na Praza de Abastos

O Concello da Guarda ven de adxudicar á empresa DENUEVO PUNTO CREATIVO, S.L. por un valor total de 48,865,89€ IVE incluído, o contrato para o proxecto de reforma da Praza de Abastos, que se suma ás melloras xa realizadas nos pasados anos e que recolle traballos de eliminación de barreiras, mellora e conservación e equipamentos.

O Concello da Guarda vai a executar unha serie de actuacións na Praza de Abastos do municipio que consistirán na adaptación total en termos de mobilidade e accesibilidade, entendendo que esta é unha moi boa oportunidade para facer tales actuacións neste espazo, que quedará perfectamente axeitado para a mobilidade de persoas.

As actuacións previstas en instalacións consisten na colocación de portas automáticas nos accesos dende a rúa Xulián López e Concepción Arenal, así coma a construción duns aseos accesibles na planta superior e a reforma dos baños existentes.

Recuperarase ademais a antiga bóveda de canón da porta de acceso norte na rúa Xulián López para realzar o valor arquitectónico do edificio

O prazo de execución das obras será aproximadamente dun mes, executándose os traballos simultaneamente co uso deste espazo coa finalidade de causar o menor prexuízo a praceiros e cidadáns.

O edificio da Praza de Abastos data do ano 1921, aínda que xa se realizou unha ampliación e reforma no ano 1955, sendo un dos focos comerciais de maior interese do municipio con varios postos de carnes, peixes e mariscos, froitas e hortalizas, etc.

Concello de A Guarda


Boa acollida do servizo de comunicación de incidencias a través do móbil

Alumeado, beirarrúas e calzadas, velutina (avespa asiática) e animais abandonados son as incidencias máis comunicadas

A plataforma Línea Verde está a ter unha boa acollida por parte da veciñanza de Oia, que desde finais do pasado ano pode empregar este servizo para comunicar incidencias ao Concello directamente a través do móbil.

Segundo os datos recompilados polo propio servizo Línea Verde, as incidencias que máis se teñen comunicado son as relativas a alumeado, seguidas das de beirarrúas e calzadas, as relacionadas coa vespa velutina (avespa asiática) e cos animais abandonados.

O Concello de Oia amósase satisfeito dos resultados que se están a obter e quere agradecer a participación cidadá, a cal amosa a implicación e interese da veciñanza polo seu municipio.

App gratuíta

A app Línea Verde é un sistema co que a veciñanza pode comunicar directamente desde o seu teléfono móbil as incidencias e danos no equipamento urbano da localidade.

Esta ferramenta de participación cidadá ofrece un servizo rápido e sinxelo de usar que, ao mesmo tempo, permite ao Concello coñecer as necesidades que existen no municipio e poder dar unha resposta o máis áxil posible.

Para empregar Línea Verde cómpre descargar a aplicación (gratis) no móbil ou tablet: a través de Google Play para dispositivos con sistema Android ou da APP Store para dispositivos con tecnoloxía iOS.

Unha vez instalada a aplicación, a persoa usuaria deberá seleccionar o municipio de Oia, elixir "nova incidencia" e indicar que tipo de incidencia é entre as opcións que se presentan. De xeito automático, a aplicación detectará as coordenadas exactas do lugar no que se atopa o problema.

O seguintes pasos consisten en incluír unha fotografía e unha observación sobre a incidencia. Finalmente, o proceso quedará rematado pulsando a opción "enviar".

Unha vez enviada a incidencia, o persoal do Concello recibirá a notificación e comezará os trámites para solucionala. Cada vez que se produza un cambio no estado da incidencia, o cidadán recibirá a correspondente notificación.

A través desta aplicación o usuario tamén poderá facer calquera consulta medioambiental e, nun prazo máximo de 24 horas, terá unha resposta por parte dun equipo de expertos.

Concello de Oia


Nova rolda de entrevistas para a segunda parte do documental "Memorias de Oia"

O proxecto recompila as vivencias das persoas maiores do municipio

O Concello de Oia comeza unha nova rolda de entrevistas a persoas maiores de municipio para elaborar a segunda parte do documental "Memorias de Oia", unha recompilación de vivencias e experiencias sobre a historia recente do municipio contadas pola propia veciñanza.

A iniciativa consiste en localizar e entrevistar a veciños e veciñas maiores para gravalos en vídeo e así reunir as súas testemuñas orais sobre como era a vida nos seus tempos mozos: os traballos e oficios, as dificultades do día a día, as festas, costumes e tradicións, así como anécdotas e outros datos de interese.

Trátase de rexistrar e conservar a historia das últimas décadas do municipio contada polos seus propios protagonistas, co obxectivo de evitar que todo este patrimonio cultural caia no esquecemento. Ao mesmo tempo, quérese documentar esta información na lingua galega que a veciñanza emprega habitualmente, recollendo as variantes dialectais da zona.

As familias interesadas en participar deberán poñerse en contacto co Concello de Oia (teléfono 986.36.21.25) a fin de comunicar a persoa a entrevistar e fixar unha data.

Éxito da primeira parte do proxecto

Ao longo de 2018 elaborouse a primeira parte do documental, gravado por Samaín Producións e co financiamento do Concello e máis da Xunta. A iniciativa tamén contara coa colaboración de Chicho, veciño de Pedornes que achegou material audiovisual histórico, de Patricia Muñoz Raña, coordinadora da Asociación Costa dos Castros; e das familias das persoas entrevistadas.

A peza audiovisual resultante nesta primeira fase do proxecto estreouse na Semana Cultural de Pedornes e posteriormente foi proxectada durante a Semana Cultural de Mougás.

Tendo en conta a boa acollida do documental, ao longo de 2019 estase a realizar unha segunda parte, con novas entrevistas á veciñanza gravadas de novo por Samaín Producións.

Concello de Oia


Tomiño recibe na fin de semana dous espectáculos de calidade

O sábado, profesionais de ensino e músicos levarán ao auditorio "De outra margem" e o domingo chegará "Uxía Lambona e a Banda Molona"

Tomiño preparase para unha fin de semana chea de música e troula, con dous espectáculos de calidade que se levarán a escena o sábado e o domingo no Auditorio de Goián, dentro da programación cultural de primavera organizada polo Concello.

Trátase, en primeiro lugar, de "De outra margem", a cargo dun grupo de profes de Secundaria, que realizarán unha actuación con alumnado do instituto Antón Alonso Ríos, de Tomiño. Esta proposta será ás 22.00h e a entrada (3 euros para adultos, nenos e nenas de balde) pode mercarse dende unha hora antes do comezo na taquilla do auditorio.

O domingo ás 18.00h chega outro espectáculo para público familiar. Troula Animación presenta "Uxía Lambona e a Banda Molona"; un proxecto lúdico, musical e educativo, con temas tradicionais galegos tratados dun xeito novo a atractivo, con estilos musicais coma o rock, o ska ou o hip-hop. As entradas terán tamén un custe de 3 euros para as persoas adultas e poderán adquirirse dende unha hora antes do comezo da función.

Concello de Tomiño


Tomiño acolle unha estudante alemá en prácticas durante tres meses

A estancia é posible grazas a un convenio entre a Universidade de Kehl e o Concello tomiñés

Jessica Schröeder chegará ao Concello de Tomiño a vindeira semana desde Alemaña. Esta estudante universitaria da carreira de Administración Pública, realizará as súas prácticas no Concello de Tomiño, a través dun programa europeo.

No marco dos seus estudos de Administración Pública na Universidade de Kehl (Alemaña), a estudante elixiu realizar as súas prácticas obrigatorias no Concello de Tomiño, aproveitando a existencia dun convenio de colaboración entre ambas as entidades. Contribuíron tamén na súa escolla, as boas referencias de Anja, a primeira estudante alemá que traballou no Departamento de Cultura tomiñés durante tres meses do ano 2016.

As áreas de traballo no Concello, concretamente, no Departamento de Cultura e Información Xuvenil, son moi diversas, polo que Jessica terá a oportunidade, durante tres meses, de adquirir experiencia laboral, e ao mesmo tempo, perfeccionar o seu dominio do idioma español e tomar contacto co idioma galego.

Concello de Tomiño


Tomiño e Cerveira piden simplificar os trámites para o desprazamento dos menores de idade na zona da fronteira

As valedoras transfronteirizas presentaron hoxe un informe no que explican a situación administrativa que existe na actualidade, e fan recomendacións para solucionar a problemática

Estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local; valorar, neste sentido, a "flexibilidade da liña fronteiriza", considerando as eurocidades "zonas francas administrativas" e promover, en calquera caso, experiencias piloto que permitan avaliar o avance do exercicio efectivo de dereitos sociais e a construción de identidades compartidas europeas, especialmente entre a infancia e a adolescencia".

Estas son as tres recomendacións fundamentais contidas no informe das Valedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño (un órgano que tenta garantir a defensa dos dereitos e intereses dos residentes coma cidadáns europeos transfronteirizos) co fin de conseguir a eliminación das barreiras á mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil.

O devandito informe foi presentado hoxe e asinado polos alcaldes, en rolda de prensa, no colexio público de Goián, co fin de sensibilizar ás Administracións pertinentes e a cidadanía, sobre a problemática, "para a busca de solucións á obrigada, e por veces economicamente gravosa, necesidade de cumprimentación de autorizacións específicas por parte dos proxenitores para a saída ao estranxeiro de menores, con vistas a reducir as limitacións que este requisito provoca nas relacións infanto-xuvenís en contextos de relación transfronteiriza".

Ás 10.30h tivo lugar unha reunión entre as valedoras transfronteirizas de Tomiño e Cerveira, Zara Pousa Arbones e María de Lurdes Guerreiro Pereira Cunha, respectivamente, e os alcaldes de ambos os dous municipios, Sandra González e Fernando Brito Nogueira. Unha hora despois, os catro atenderon aos medios de comunicación portugueses e galegos convocados, co propósito de incidir na problemática antes descrita. Segundo explicaron as valedoras transfronteirizas, na actualidade, a organización de desprazamentos de grupos de menores de idade sen presenza paterna require unha autorización específica perante as autoridades. No caso do Estado Español, mediante un formulario asinado por ambos os dous proxenitores ante a Garda Civil e, no caso portugués, mediante autorización con sinatura validada de pai, nai ou titor ante notario, cos correspondentes custos económicos.

Estes requisitos, comprensibles xenericamente no marco de relacións entre estados soberanos que pretenden unha axeitada protección dos dereitos da infancia, convértense nun incomprensible atranco burocrático para a fluidez das relacións entre poboacións escolares que comparten territorio, intereses e trazos culturais no marco dunha entidade supraestatal coma a Unión Europea e, máis especificamente, en realidades socioloxicamente afíns como a de Galicia-Norte de Portugal ou a da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Así o exteriorizaron tanto os alcaldes coma as valedoras transfronteirizas. Sandra González e o seu homólogo Fernando Nogueira, prometeron "facer os deberes" tras a presentación do informe, no sentido de tentar mediar ante as administracións española e portuguesa, co fin de conseguir unha simplificación dos trámites a seguir en caso de desprazamentos escolares, deportivos, etc. de menores entre ambas as vilas.

Zara Pousa, confirmou que se trata dunha iniciativa pioneira no seu tipo, "probablemente, a primeira en España e Europa".

Antecedentes:

No mes de maio de 2018, en colaboración co equipo técnico do proxecto Axenda de Cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño, decidiuse organizar encontros coas direccións dos centros educativos de ambos os dous municipios. Tanto na reunión mantida co director do Agrupamento escolar de Vila Nova de Cerveira (20 de xuño) como na celebrada coa directora do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño (4 de xullo), constatouse coma un dos obstáculos máis destacados para unha fluída relación transfronteiriza, o da regulamentación dos permisos a menores para a realización de intercambios escolares entre os dous estados.

Sen prexuízo doutros atrancos para a aproximación das poboacións e para a supresión das dificultades físicas e psicolóxicas que implican as fronteiras, decidiuse priorizar a intervención sobre a mobilidade infanto-xuvenil pola compoñente estratéxica das relacións transfronteirizas en idade escolar.

Entre os principais destinatarios do informe das valedoras figuran os seguintes órganos:

- Eurocidade Cerveira Tomiño. Cámara de Vila Nova de Cerveira e Concello de Tomiño
- Provedor de Justiça de Portugal
- Valedora do Pobo de Galicia
- AECT Río Minho
- AECT Galiza Norte de Portugal.
- Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación do Reino de España
- Ministerio dos Negócios Estrangeiros da República portuguesa- SOLVIT Solutions to problems with your EU rights http://ec.europa.eu/solvit/index_en.htm

Concello de Tomiño


Concello de Tomiño


A Xunta elixe Tomiño para pechar o programa "21 días co galego e +" no que participaron catro institutos de secundaria de Galicia

O acto contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística e do presidente da Real Academia Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística escolleu Tomiño para pechar a campaña "21 días co galego e +", un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, e no que participaron so catro institutos de ensino secundario de Galicia, entre eles, o de Tomiño.

O acto celebrouse na tarde de 4/Jan e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes; a coordinadora do programa, Pilar Ponte; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; Margarita Sanz e Iria Muñoz, directora e alumna do IES Antón Alonso Ríos. Asemade, asistiron alumnado e profesorado do IES tomiñés dos cursos participantes e membros das Anpas e da comunidade educativa da provincia e da vila.

A cantante tomiñesa Andrea Pousa interpretou varias cancións ao final do acto, acompañada por varios músicos.

O presidente da RAG explicou na súa intervención, que o instituto de Tomiño era, na súa opinión, o lugar ideal para pechar a campaña, por tratarse dun centro situado no rural, "con conciencia do seu, sen complexos e que aposta e cre no futuro. Un instituto coma este representa para min o que me gustaría que fose o noso País", asegurou.

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, agradeceu a presenza de todos os asistentes ao acto e participantes, asegurando que "é un orgullo que o IES Antón Alonso Ríos se converta no mellor embaixador da defensa da lingua galega", lembrando a figura de Alonso Ríos nesta mesma liña e cualificando de xenial unha frase deste persoeiro, "Ningún galego é malo, só aquel que non se fala", recollida nun dos vídeos realizados polo alumnado tomiñés, que superou, por certo, as 18.000 visitas en internet (https://www.facebook.com/iesantonalonsorios).

O secretario xeral de Política Lingüística explicou que o programa busca que os adolescentes falen máis o galego e perfeccionen o seu uso dentro e fóra dos centros educativos, pero tamén que analicen a súa relación coas linguas que coñecen, sendo conscientes da riqueza que significa poder falar varias linguas.

A iniciativa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte. Desde entón, desenvolvéronse cinco edicións máis deste proxecto que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Agora, a Secretaría quixo dar un paso máis con esta experiencia e exportala a outros centros educativos. Para iso, puxo en marcha o programa 21 días co galego e + en catro institutos de Galicia:
" O IES Pontepedriña de Santiago de Compostela
" O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño
" O IES Otero Pedrayo de Ourense
" O IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos

Nesta edición participan 95 docentes e 1.316 alumnas e alumnos da ESO, de bacharelato e de FP con idades comprendidas entre os 2 e os 18 anos. Estes comprometéronse a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas; e así o fixeron entre o 14 de xaneiro até o 3 de febreiro de 2019.

Concello de Tomiño


Coral Regi, directora da Escola Virolai de Barcelona, abrirá a Semana da Educación de Tomiño falando da xestión dun cambio educativo máis aló das modas

Durante catro días, do 4 ao 7 de febreiro, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación, afondarán en diferentes aspectos do proceso educativo

A directora da Escola Virolai, Coral Regi, abrirá a cuarta Semana da Educación de Tomiño, que se celebrará no Auditorio de Goián entre os días 4 e 7 de febreiro.

A súa conferencia "Xestión do cambio educativo-Máis aló das modas", abordará temas vencellados á transformación educativa e á innovación, ao liderazgo educativo e á xestión necesaria para conseguir unha maior calidade na educación. O modelo propugnado pola escola Virolai (que dirixe Regi) salienta a importancia dunha estreita colaboración entre familia e escola para asumir o compromiso de axudar ao alumno ou alumna no seu propio proceso de aprendizaxe e de crecemento persoal.

A institución, nada nos anos '60 coma escola infantil, baséase en valores coma o esforzo e a satisfactoriedade; elementos craves para a superación persoal; o auto coñecemento de aptitudes e intereses, que constitúen a singularidade de cada alumno ou alumna.

O afecto e o respecto nas relacións humanas dentro da comunidade educativa, son condiciones fundamentais neste modelo educativo, do que falará en detalle a poñente.

Bióloga de formación, hai máis de tres décadas que Coral Regi se dedica á docencia, acompañando ao seu alumnado no proceso de aprendizaxe e compartindo a experiencia de aprender en conxunto.

Para que nais e pais poidan acudir ás conferencias con tranquilidade, habilitarase un servizo de gardería de balde no propio auditorio; é necesario facer constar a necesidade de utilizalo no formulario de inscrición.

Jorge Úbeda, doutor en Filosofía, director da Fundación Promaestro e profesor asociado da Universidade Complutense (Madrid) as claves para centros educativos, docentes e familias, na súa conferencia do día 5 "Por unha educación baseada no coñecemento", e Iria Marañón, autora dos libros "Educar en el feminismo" e "Libérate da carga mental", terá ao seu cargo o mércores 6 a conferencia "A igualdade tamén se aprende".

David Bueno, que pechará o ciclo de conferencias o xoves 7 de febreiro, é probablemente, o conferenciante máis coñecido polo público, pola súa labor de divulgación. Doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona, na súa conferencia do día 7 ("Sorpresa! Que quere aprender o cerebro"), tratará de dar as claves para sacar o mellor proveito dos procesos de aprendizaxe.

Todas as conferencias serán ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Goián.

Para máis información sobre este evento, pódese chamar ao Departamento de Educación e Cultura, ou consultar o seguinte enlace: https://www.facebook.com/events/759655154391922/

Concello de Tomiño


O Xuíz da por executada a sentenza que ordenaba a demolición da pirotecnia La Gallega SL

Ábrese agora un proceso administrativo para recuperar o gastado no cumprimento da sentenza

O titular do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Pontevedra ven de ditar un auto polo que considera que a sentenza de demolición da empresa Pirotecnia La Gallega foi executada.

A tenor da documentación presentada polo Concello de Tui o xuíz toma esta decisión, pondo fin de este xeito a un longo contencioso que comezou no 2013. Este auto , contra o que cabe presentar Recurso de Apelación, recolle tamén o remate e arquivo de esta peza que ordenaba a execución da sentenza

No mesmo auto considera que o Concello de Tui debe aboar as costas xeradas pola peza do de execución forzosa derivadas deste proceso.

O Concello de Tui inicia agora un prazo de exección, ou o que o mesmo o procedemento administrativo para recuperar o gastado na execución da sentenza

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais