JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (de 1 a 6 de Janeiro)


Continúa na Guarda a programación formativa de "Comercio Innova Plus"

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo "Comercio Innova Plus", dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila.

Para o mes de xaneiro de 2019, están previstas 3 sesións formativas, a primeira delas terá lugar o luns 14 de xaneiro de 15:00h a 16:45h baixo a temática de "Novas tendencias en deseño de espazos comerciais", a segunda terá lugar o luns 21 de xaneiro de 15:00h a 16:45h con "Innovación no cara a cara co cliente" e xa para rematar o luns 28 de xaneiro xaneiro de 15:00h a 16:45h cunha sesión formativa sobre "Compartindo talento: Xuntos chégase máis lonxe", todas elas realizaranse na Casa dos Alonsos.

O luns 14 de xaneiro celebrarase a segunda charla deste ciclo en horario de 15:00h a 16:45h e que versará sobre "Novas tendencias en deseño de espazos comerciais", nesta charla contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo. Responsable de Imaxe de Marca de Caramelo durante 8 anos.

O luns 21 de xaneiro terá lugar a charla sobre "Innovación no cara a cara co cliente", unha charla que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Neste caso a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, formadora e desde fai 4 anos ao fronte de Talentea, unha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.

Para rematar a programación de "Comercio Innova Plus" o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre "Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe" a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.

Estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.

Esta actividade constitúe a continuación do programa "Comercio innova", que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.

No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre "Utilización Práctica de Instagram", e "Utilización Práctica de Facebook", rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.

A campaña conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.

Concello de A Guarda


Os Reis Magos chegan á Guarda para visitar a Residencia de Maiores e participar na Cabalgata

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta ata este domingo a Pista de Xeo na Alameda.

A Pista de Xeo continúa en funcionamento ata este domingo día 6 de xaneiro, as entradas teñen un custo de 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres é de 16:00h a 22:00h, os días 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

As súas Maxestades de Oriente visitarán este venres día 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, para animar e bailar cos nosos maiores nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá inicio ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 4 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para rematar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

Concello de A Guarda


Máis de 200 persoas déronse cita na San Silvestre guardesa 2018

A Guarda acolleu o pasado luns día 31 de decembro a tradicional carreira San Silvestre 2018, que contou nesta edición coa participación de máis de 200 persoas, que decidiron participar para despedir o ano 2018 facendo deporte.

O Evento, organizado por Atletismo Trega en colaboración co Concello da Guarda, contou coa atleta olímpica Julia Vaquero como Madriña desta proba, que animou e asinou autógrafos aos presentes.

O evento celebrouse nunha espléndida xornada soleada, onde os participantes gozaron facendo deporte polas rúas do pobo.

Dende Atletismo Trega e o Concello da Guarda se quere agradecer a colaboración de Xogade, Policía Local, Disramo, Adega Val Miñor, Lito Sport, voluntarios e a tod@s @s participantes.

Concello de A Guarda


Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A Pista de Xeo que está instalada na Alameda da Guarda xa recibíu a visita de máis de 1500 persoas, as entradas teñen un custo de 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O 1 de xaneiro a Pista de Xeo funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h e o 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

A programación de actividades do Nadal continúa o Mércores día 2 a Casa dos Alonso cun Obradoiro infantil "Decora a túa casa" no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, as prazas están xa esgotadas para esta actividade.

Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo "Do Lusco ó Fusco" de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

Tamén na xornada do xoves 3 de xaneiro pola tarde, o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de "Capitán Calzoncillos" ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

Concello de A Guarda


O BNG considera un respilfarro a compra da finca de Fínola

"O Alcalde da Guarda despreza o milleiro de sinaturas presentadas solicitando a paralización da compra de Fínola e a petición do BNG de levar a pleno a compra final"

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO lamenta o paso dado polo Goberno municipal do PSOE adquirindo a Finca de Fínola por valor de 280.000 €.

Desde o primeiro momento o BNG alertou ao Concello de A Guarda e a cidadanía de que a compra da finca de Fínola, de levarse a cabo, sería un auténtico despilfarro.

O BNG sustenta tal afirmación en que co desenvolvemento do PERI nº 5, o Concello faríase con estes terreos e aproximadamente 2.000 máis localizados neste PERI sen custes para o Concello.

Segundo afirma o portavoz nacionalista Anxo Baz "o informe do propio interventor do Concello coincide coa posición do BNG e iso sabémolo todos os que estivemos no pleno".

Anxo Baz tamén afirmou que "coa adquisición de Fínola soamente cambia o propietario da finca, o uso vai ser o mesmo. Que vantaxe saca o pobo da Guarda? Onde había un parking, seguirá habendo un parking."

Para xustificar o inxustificable o Alcalde agora enrédase falando dunha modificación do PXOM para facer un auditorio en Fínola. A principio da lexislatura falaba dun auditorio no Castelo de Sta. Cruz.

Ademais da falta de claridade de ideas do Alcalde da Guarda e da ausencia dun proxecto claro para a Guarda seguimos sen entender quen son os grandes beneficiarios desta operación urbanística.

O BNG considera que eses cartos ben poderían investirse en política social, en cultura, en deporte, promoción turística, ...mentres se lles din á veciñanza, ás asociacións, aos diferentes colectivos que non hai diñeiro.

BNG de A Guarda


Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias para visitar aos nenos e nenas de Oia

Os Reis Magos de Oriente percorrerán as parroquias de Oia durante toda a xornada do sábado día 5. As súas maxestades farán paradas para visitar ás nenas e nenos e comprobar que se teñen portado ben durante o último ano.

A comitiva real fará a súa ruta por Oia levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do municipio. O percorrido e horarios serán os seguintes:

-Pola mañá:

A Portela (11.00h), Mavia/Santa Comba (11.30h), Acevedo (12.00h), Praza de Loureza (12.30h), Praza de Burgueira (13.00h), Praza de Torroña (13.30h).

-Pola tarde:

Casa Cultural de Viladesuso (15.00h), Casa Cultural de Pedornes (15.30h), baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h) e panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).

A recepción aos Reis Magos farase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde haberá agasallos, chocolatada, animación infantil e belén vivente. Desde alí continuarase o percorrido ata a Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde acabará a festa.

** NOTA. En caso de choiva:
Os Reis Magos visitarán as casas da cultura das parroquias nos horarios previstos. Se o tempo o permitise, a partir das 16.00 horas celebraríase o desfile de carrozas desde o Mosteiro de Oia e iría ata o colexio Mestre Manuel García.

Concello de Oia


Hostaleiros e comerciantes de Oia recibirán clases de inglés gratuítas

O Concello organiza un curso básico para mellorar as competencias neste idioma. As prazas son limitadas

O Concello de Oia organiza un curso gratuíto para a mellora das competencias de lingua inglesa destinado a profesionais da hostalería e o comercio do municipio. As prazas son limitadas.

A iniciativa busca axudar ao sector do turismo e o comercio local a mellorar a calidade na atención a clientes e visitantes, tendo en conta que cada vez son máis os peregrinos que fan parada en Oia no seu percorrido polo Camiño Portugués da Costa. Con esta actividade formativa o municipio continúa a prepararse para o próximo ano Xacobeo, que se celebrará en 2021.

O horario do curso de inglés básico para a hostalería e o comercio determinarase en función das preferencias e necesidades das persoas inscritas. Os interesados deben apuntarse no Concello antes do 31 de xaneiro.

Será preciso xuntar un grupo mínimo de participantes e as prazas son limitadas. No caso de non cubrirse o mínimo de prazas, as vacantes poderanse cubrir con persoas que procedan doutros sectores e que teñan interese en recibir esta formación.

Concello de Oia


Tomiño xa está preparado para a Cabalgata de Reis, que sairá do Campo do Alivio este sábado 5 ás 16.30 h

Rematará na Praza do Seixo, onde se realizará un sorteo de agasallos

Todo listo en Tomiño para recibir un ano máis as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Este sábado 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que un ano máis terá o seu punto de partida no Campo do Alivio. A comitiva real, composta polas catro carrozas que acompañan aos Reis e as treboadas de Tomiño, sairá ás 16.30 h para percorrer e encher de maxia as rúas de Tomiño.

O percorrido transcorrerá polas rúas céntricas da vila facendo as ledicias de todos os nenos e nenas e de todas as persoas que se acheguen a gozar dunhas horas de música e cor. O desfile rematará na Praza do Seixo, onde se celebrará a recepción dos cativos e cativas aos Reis Magos. Ademais, ao final do percorrido haberá reparto de agasallos e sorteo de premios.

A Concellería de Cultura convida a todos os tomiñeses e tomiñesas e aos veciños e veciñas da comarca a que participen nesta tradicional festa.

En caso de choiva, será a propia concellería a que valore a posibilidade de suspender a cabalgata ou de trasladala ao día seguinte á mesma hora.

Concello de Tomiño


O Concello inviste 327.000 euros para o asfaltado dunha trintena de camiños de Tomiño

Estas obras de mellora, realizadas con cargo ao Plan Concellos, comezarán a finais de xaneiro ou principios de febreiro

O Concello de Tomiño vén de resolver o procedemento de contratación para levar a cabo o Plan Municipal de Mellora de Asfaltados da vila, que contempla a realización de obras de mellora en 28 camiños rurais de once parroquias do municipio e que contará cun investimento de 327.000 euros a cargo do Plan Concellos.

A intervención comezará a finais de xaneiro ou principios de febreiro e consistirá, fundamentalmente, en repoñer e mellorar a capa de rodadura de estradas e camiños, colocar en cota as tapas dos sumidoiros e ampliar a rede de recollida de augas pluviais con novas canalizacións, segundo as necesidades de cada lugar.

A licitación foi adxudicada de forma provisional á empresa COVSA, pendente da formalización do contrato. En total sete empresas presentaron sete ofertas para optar ao procedemento de contratación dos asfaltados destes camiños en Tomiño.

Segundo explica o concelleiro de Vías e Obras, Francisco Campo, a maior parte das obras de arranxo da base de rodaxe dos camiños vén motivada polo deterioro e polas malas condicións nas que quedaron algunhas rúas tras as obras de acometida, abastecemento, saneamento, recollida de pluviais, senda... que foron realizadas anteriormente en zonas como, por exemplo, o barrio da Rocha. "Intentaremos seguir mellorando. Sabemos que aínda queda moito traballo por facer, pero dámoslle prioridade as reparacións nestes camiños porque son os definitivos, nos que non se farán máis obras", asegurou Campos.

Todas estas obras teñen como finalidade mellorara s condicións de mobilidade, accesibilidade e circulación nas distintas rúas e camiños de Tomiño, co conseguinte incremento da seguridade vial para peóns e automóbiles.

Por outra banda, investíronse case 40.000 euros na construción de lombos de redución de velocidade na zona de Vilachán.

Concello de Tomiño


O próximo luns, día 7, comezan as labores de desentullo no barrio da Torre de Paramos

O prazo de execución é de dous meses para executalo

Na xornada de hoxe, venres 4 de xaneiro, foi asinada a acta de reformulación do proxecto de desentullo, demolicións e consolidacións urxentes no núcleo de Paramos. Con este documento asinado pola empresa adxudicataria, Demoliciones e desamiantados Galicia S.L., a empresa Renova Integral, autora do proxecto, o coordinador de seguridade, Fernando Rodríguez Antelo, o director de obra, Francisco Valle Rubín e polo Concello de Tui, do seu alcalde, Carlos Vázquez Padín. Se cumpren todos os pasos previos o inicio da obra, polo que, a partir do próximo luns, 7 de xaneiro, comezarán os traballos no núcleo de Paramos.

O prazo de execución é de dous meses a partir da data do inicio, tal como se recolle no documento asinado no día de hoxe. Deste xeito, a partir de este luns os veciños afectados pola explosión da pirotecnia verán cumprido unha das súas principais demandas. O comezo das obras de recuperación do barrio para as que este desentullo é un paso previo necesario.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, mostra a súa satisfacción por o inicio destes traballos e asegura que é un paso importante para solucionar todos os danos provocados pola explosión no barrio da Torre. O mesmo tempo di que agora haberá que dar pasos para comprometer ó goberno central no financiamento.

Concello de Tui


Este sábado a partir das 14.00h non se poderá estacionar nas rúas polas que pase a Cabalgata de Reis

A partir das 17.00h se cortará o tráfico

Dende a Concellería de Seguridade avisan que por motivo da celebración da Cabalgata Internacional de Reis, que terá lugar este sábado día 5 de xaneiro, non se poderá estacionar nin circular nas rúas que percorre.

A partir das 14.00h non se poderá estacionar na Avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto Besada, Calvo Sotelo e Corredoira. Tampouco se poderá circular polas mesmas a partir das 17.00h.

Prevese que o peche do tráfico será de unha hora e media ou dúas horas.

Concello de Tui


Quedan prazas vacantes no novo curso de Deshabituación Tabáquica en Tui que comeza o día 24

Os interesados débense anotar nos Servizos Sociais de Tui

Quedan prazas vacantes no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono, que brinda apoio técnico, consellos, compañía e recompensas. Vense celebrando en Tui dende 2010.

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, impartidas en horario de tarde. Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, e xa o curso propiamente dito dará comezo o día 24 de xaneiro na Área Panorámica.

As persoas interesadas, que deben ser maiores de 18 anos, pódense inscribir nas dependencias de Servizos Sociais, no correo paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986 60 36 25.

Concello de Tui


Melchor, Gaspar e Baltasar chegan este ano en tren á Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade

É o décimo ano en que se celebra este percorrido real entre Tui e Valença coa participación de 150 persoas na comitiva

A Eurocidade Tui-Valença recibe aos Reis Magos de Oriente este sábado, 5 de xaneiro, na décima edición da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que une as dúas cidades. A comitiva real estará formada por 150 persoas que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar.

O punto de partida da Cabalgata é unha das principais novidades deste ano, xa que os Reis Magos de Oriente chegan a Valença en tren. Está previsto que ás 16h Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á estación de ferrocarril de Valença onde serán recibidos polas autoridades municipais, e a continuación haberá unha pequena escenificación. Ás 17h iniciarase o percorrido da Cabalgata polas avenidas do Colexio Portugués, avenida de Miguel Dantas, rotonda da Trapicheira, avenida de Espanha e antiga ponte internacional - onde está previsto que cheguen ás 18h - , para continuar xa en Tui pola avenida de Portugal, Martínez Padín e a rúa Augusto González Besada ata chegar ao paseo da Corredoira sobre ás 19h.

A rondalla "O Mosteiro de Pexegueiro" e o grupo de cantos de reis tradicionais da Asociación "Santa Columba de Ribadelouro" porán á nota musical á Cabalgata. Acompañarán tamén as súas maxestades de Oriente as carrozas de Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Xuntanza de Randufe e Valença. Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar irán en tres maxestuosas carrozas acompañados polo seus paxes. Participan tamén no desfile o tren turístico, os Bombeiros Voluntarios de Valença, Protección Civil de Valença, a GNR, o grupo Scouts Alhoia, Protección Civil de Tui e a Policía Local de Tui.

No Belén vivinte, no Paseo da Corredoira diante do Palco da Música, farase a ofrenda ao neno Xesús e se dará lectura á mensaxe real. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán aos nenos e nenas con caramelos, sen glute e sen alérxenos, recibirán aos pequenos e pequenas que desexen saudalos.

Ao longo dos 3,5 quilómetros de percorrido da cabalgata repartiranse 1.500 quilos de caramelos.

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais