JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (de 18 a 23 de Dezembro)


António Lomba recandidata-se à presidência do Concelho de A Guarda

Em recente acto pré-eleitoral realizado com militantes e simpatizantes socialistas, António Lomba, actual presidente do Município de A Guarda, confirmou a sua recandidatura ao cargo que detém desde 2015, nas eleições municipais de Maio do próximo ano.



A Guarda solicita unha subvención de máis de 900.000 € para renovar o alumeado público do municipio

Na mañá do pasado xoves día 20 de decembro de 2018 tivo lugar un Pleno extraordinario no que se acordou aprobar a participación do Concello da Guarda no programa de subvencións para la renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior convocada mediante Real Decreto 616/2017, segundo o cal o Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), será o encargado de xestionar ditas subvencións.

No devantido pleno acordouse dotar financiamento para poder acometer a obra de renovación do alumeado público exterior do municipio por importe de 919.452,02 euros IVE engadido.

Aprobouse deste xeito a Memoria descritiva das actuacións a realizar denominado "Proyecto de renovación, mejora de la eficiencia energética y adaptación al Reglamento de Eficiencia Energética R.D. 1890/2008 del alumbrado público del Concello de A Guarda" e o inicio da tramitación e execución do proxecto.

Con ausencia da concelleira non adscrita, estes puntos da orde do día foron aprobados na sesión plenaria deste xoves cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e a abstención do resto de grupos con representación na Corporación Municipal.

O Concello da Guarda solicita levar a cabo a execución do proxecto "Proxecto de renovación, mellora da eficiencia enerxética e adaptación ao regulamento de eficiencia enerxética R.D. 1890/2008 da iluminación pública do Concello da Guarda", un proxecto que repercutirá nun aforro estimado do 62,89% para as arcas municipais no gasto eléctrico anual.

O presente proxecto contempla a actuación sobre 57 dos 66 cadros eléctricos existentes no municipio, así como a substitución de 1892 dos 1916 puntos de luz do alumeado público da Guarda. Os restantes puntos xa cumpren coa normativa de eficiencia enerxética ou están incluídos nunha subvención solicitada con anterioridade a través da deputación por valor de máis de 100.000 € no ano 2016. Nos próximos meses coñecerase a resolución desta primeira subvención.

Entre as vantaxes destes proxectos están o aforro enerxético e económico, a mellora da calidade do novo alumeado, a mellora medioambiental, a renovación das luminarias do municipio e o abaratamento do mantemento das mesmas.

A Subvención ten un custo total de 919,452,02€ dos cales o 80% será aportado polo IDAE (753,561,62€) e o 20% restante polo Concello da Guarda (183,890,44€).

Concello de A Guarda


A Barferencia "As Paisaxes do Sal na Costa Atlántica" terá lugar o vindeiro xoves na Guarda

O vindeiro xoves día 27 de decembro a Cafetería Alameda acolle ás 20:30h a segunda Barferencia de Inverno 2018, onde contarase coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falarán sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos dous participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto "A Guarda, Mar de Sal".

O avance das escavacións foi extraordinario e, pouco a pouco, saíron á luz moitas partes deste complexo salineiro do Seixal, coma as estruturas que delimitan as zonas de cristalización do sal e os pavimentos.

"A Guarda, Mar de Sal" é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se leva a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

As escavacións das salinas da Guarda, puxeron de relevancia a importancia destas Salinas para o Imperio Romano e que estas forman parte dun complexo moito maior, o maior documentado do Imperio Romano.

Concello de A Guarda


O BNG acusa de irresponsábel ao Alcalde da Guarda ao pór en perigo axudas europeas IDAE

"Un novocaso de inacción dogoberno do PSOE ponen perigo importantes axudas europeas"

O grupo de goberno do PSOE levou a pleno, hoxe xoves,unha petición de subvención dentro das axudas europeas a programas de aforro e eficiencia enerxética, e proxectos de mobilidade sustentábel. En xuño de 2017 abríanse esta liña de axudas, pasouun ano e medio no que o goberno municipal non presentou ningún proxecto, que estiveron a facer?

Para o BNG resulta incríbel que un goberno en minoría, non negocie con ningunha formación política esta liña de subvencións, e que agora, pretenda o apoio incondicional apelando á responsabilidade da oposición dado que están na data límite para presentar algún proxecto.

"Unha situación alarmante, explica Anxo Baz voceiro do BNG, se temos en conta que o requisito prioritario é a orde de chegada de proxectos, polo que a pretensión do Alcalde da Guarda de presentar un proxecto a última hora non ten moitas garantías de éxito. Un despropósito."

Como contrapunto á situación de parálise de goberno da Guarda, Anxo Baz pon a xestión do goberno nacionalista de Tomiño, onde xa teñen aprobados 3 proxectos cuns investimentos totais superior ao 1.200.000 € e un cuarto á espera de ser aprobado.

O BNG quere denunciar que a situación ven agravada, cando A Guarda partía con vantaxe fronte a outros concellos, ao ter redactado o plan de mobilidade que daba acceso directo as axudas, mentres outros concellos tiñan que agardar á redacción do mesmo.

A negación do PSOE e PP de aprobar o plan de mobilidade tira pola borda a realización de diferentes proxectos como aseco-sendas na circunvalación con Camposancos, proxectos de seguridade peonil na Sangriña e Solanas ou proxectos de eficiencia enerxética para o Conservatorio, Centro Cultural e outros edificios municipais.

"Algo que Tomiño non deixou escapar", remarca Anxo Baz, para acabar dicindo"que moito me temo que a resposta ao único proxecto que A Guarda aínda ten pensado mandar vai ser un: tarde piaches".

BNG de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao Concello de A GUARDA do 15/01/2019 ao 15/01/2019 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).

O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres.

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas na Guarda

A Unidade Móbil 0 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao Concello de A GUARDA do 28/01/2019 ao 29/01/2019 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).

O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

" 29/01/2019 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


A Guarda convoca axudas a deportistas individuais

O Concello da Guarda ven de aprobar as axudas a deportistas individuais da vila a través dunha partida do orzamento municipal 2018.34102.48000 por importe de 3000€

Deste xeito aprobouse a convocatoria de concesión de axudas a deportistas guardeses para o ano 2018 polo sistema de concorrencia competitiva, as bases de dita convocatoria atópanse xa para descarga na web municipal www.aguarda.es no Boletín Oficial de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Estas bases teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros dos deportistas guardeses máis destacados, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2018.

Establécese un prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse ó solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada.

Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello da Guarda e do taboleiro de anuncios.

Concello de A Guarda


A maxia do Nadal continúa na Guarda con concertos, festivais musicais, exposicións e a Pista de Xeo

A Guarda atópase xa inmersa na maxia do Nadal cunha extensa e variada programación de actividades que continúan esta semana con moita música, exposicións e a recente apertura, por primeira vez na vila, da Pista de Xeo.

A Pista de Xeo instalada na Alameda da Guarda atópase aberta ao público de Luns a venres de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

Cada entrada da acceso á pista de xeo da Alameda, que ten unhas dimensións de 20m x 10m e cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans.

O Centro Cultural acolle a exposición "Auga, o Sangue da Terra", que recolle unha serie de fotografías de Manuel Valcárcel nas súas viaxes ao redor do mundo, recollendo instantáneas coa auga coma protagonista en países coma China, Níxer, Nova Zelanda ou o deserto de Atacama en Chile. A exposición está no Centro Cultural da Guarda ata o 12 de xaneiro de 2019 en horario de Luns a venres de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h

A programación de actividades da Axenda de Nadal continúa este Xoves día 20 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural co segundo Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, no que se contará coas actuacións do Coro do Conservatorio, actuacións musicais dos alumnos de grao elemental, da Banda de Iniciación e da Agrupación Musical da Guarda.

O Venres 21 de decembro a partires das 20:30h o Centro Cultural da Guarda acollerá o Concerto de Nadal de Pandereteiras, unha cita coa música máis tradicional onde cada grupo tocará unha peza tradicional e unha panxoliña ou cantar de Reis. Contarase coas actuacións de grupos da Guarda como Carainas, Coiro Vello, Paliqueiras, Tambaluca, Pandereteiras do Lusco ó Fusco, Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, Caramuxiñas e Arghaceiras do Muño.

O Sábado 22 de Decembro a Charanga "Vaia Panda" será a encargada de animar e dinamizar as rúas da Guarda de 11:00h a 13:00h, momento en que moitos veciños aproveitan para facer as compras de Nadal.

Tamén na xornada do 22 de decembro, ás 11:30h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha sesión de "Contos Contados" adicada ao Nadal, onde nenos, nenas e familias contarán os tradicionais contos dos avós, ademais de participar nun obradoiro para decorar a árbore de Nadal da Biblioteca.

Xa pola tarde, ás 17:30h deste sábado día 22, o Centro Cultural será o escenario da proxección de Cinema infantil "Coco", a historia dun neno que quere ser músico, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

O domingo 23 de decembro a Igrexa Parroquial acolle dende as 17:00h o tradicional Concerto de Panxoliñas no día previo á noite de Nadal, un evento musical que contará nesta edición coa actuación da Coral Polifónica da Guarda, o Coro Infantil dos PP. Somascos, o Coro Arpegios Cantábile e a Coral da Terceira Idade.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Concello de A Guarda


O IES A Sangriña da Guarda recibe a Carta de Mobilidade de FP

O pasado 4 de decembro o IES A Sangriña recibiu a Carta de Mobilidade de Formación Profesional nas Xornadas nacionais de FP organizadas polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) en Madrid. A Carta de Mobilidade de FP é outorgada pola Comisión Europea aos centros de FP que participaron en proxectos europeos de FP con éxito e calidade, despois de formular unha solicitude detallando a estratexia de internacionalización do centro.

Nesta convocatoria, o IES A Sangriña obtivo a mellor cualificación das 20 cartas outorgadas en toda España. A coordinadora do proxecto de FP, Teresa Álvarez Rodríguez, foi a encargada de recoller a acreditación e presentar nas Xornadas do catro de decembro o relatorio sobre "Carta de Mobilidade de FP no IES a Sangriña" relatando os beneficios obtidos pola participación en proxectos europeos.

Esta carta supón o recoñecemento do labor desempeñado polo instituto guardés no ámbito da FP durante todos estes anos en que se realizaron 59 mobilidades, das cales: 45 mobilidades foron de estudantes para cursar a FCT (Formación en Centros de Traballo), 8 mobilidades de estudantes xa titulados para realizar prácticas en empresas e 5 mobilidades de docentes para observar os modelos organizativos das empresas de acollida.

O IES A Sangriña asume o seu compromiso coa modernización e internacionalización da institución, coa mellora da formación e da empregabilidade do alumnado, da innovación e pulo a novos modelos docentes e do crecemento persoal e profesional de toda a comunidade educativa.

Dende o Concello da Guarda se quere por en valor o traballo realizado ao longo de estes anos de mobilidade europea, dando os parabéns ao equipo directivo, profesorado e alumnado do IES A Sangriña.

Concello de A Guarda


A Guarda conta xa cunha Pista de Xeo

O Nadal chegou á Guarda e conta cunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A programación esténdese ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

O pasado martes día 18 de decembro a Alameda da Guarda acolleu a sesión inaugural da Pista de Xeo, instalada nun recinto cuberto. Escolares dos centros educativos da vila e varias asociacións e colectivos da vila acoden esta semana en horario de mañá para poder gozar desta Pista de Xeo, instalada por primeira vez na vila.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Montserrat Magallanes, amosou este martes a súa ledicia por que a Pista de Xeo sexa xa unha realidade na vila da Guarda, para que nesta época de Nadal veciños e visitantes podan gozar duns momentos de diversión, convidando á cidadanía a visitar esta instalación na Alameda da Guarda.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recordou que esta foi unha demanda dos veciños e comerciantes da vila nos pasados anos, e que este ano se poderá empregar durante todo o Nadal, dinamizando e servindo coma un atractivo máis para A Guarda.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

Cada entrada da acceso á pista de xeo da Alameda, que ten unhas dimensións de 20m x 10m e cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans.

O horario de Luns a venres é de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios ou empresas que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Concello de A Guarda


Primeiras citas para a renovación do DNI na Guarda no 2019

O vindeiro mércores día 9 de xaneiro de 2019 xa se poderán solicitar as citas para a primeira visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao primeiro trimestre de 2019.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e marzo, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o mércores día 9 de xaneiro de xeiro presencial de 8:30h a 14:00h na Casa dos Alonsos e a partires do 10 de xaneiro de xeito telefónico no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


Xa se poden recoller as entradas para as dúas obras de teatro do Nadal e o espectáculo do Apalpador na Guarda

O Concello da Guarda ofertará dúas obras de teatro na Axenda de Nadal 2018/19 coas funcións do teatro para nenos "Tristán" o vindeiro xoves 27 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural e do teatro-clown musical para adultos "Route 66" o venres 28 de decembro ás 21:00h no Centro Cultural da Guarda, e o sábado 29 co espectáculo do Apalpador, tamén no Centro Cultural.

O xoves 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle a sesión de teatro "Tristán" a cargo da compañía Elegante Elefante, as entradas estarán dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural. "Tristán" é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos e os personaxes falan nunha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

O venres 28 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión "Route 66" de Teatro-Clown musical para adultos da Compañía Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban e Carlos Sante.

O sábado 29 de decembro ás 12:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario dunha visita moi especial para os nenos nesta tempada de Nadal, "O Apalpador". Neste espectáculo, para público familiar a partires dos 3 anos, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba unicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o Apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas.

A recollida de entradas para ámbalas dúas obras de teatro e para a visita do Apalpador poderá facerse xa dende este luns día 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.

Concello de A Guarda


Tomiño celebra a véspera de Nadal con deporte e un mercado creativo cargado de actividades

O centro da vila será o grande protagonista durante toda a xornada, coa saída da carreira e os postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos do mercado

Tomiño agardará ao Nadal con moita actividade para toda a familia. O domingo 23 de decembro o centro da vila converterase no escenario principal da I Carreira de Nadal, organizada polo Concello de Tomiño en colaboración co Club Atletismo Tegra, e do I Mercado Creativo de Nadal, posto en marcha coa axuda dos praceiros e praceiras do Mercado Municipal.

I Carreira de Nadal

A I Carreira de Nadal contará con sete categorías que sairán por quendas da rúa Daniel Calzado: Absoluto Masculino/Feminino 4,5 km (11.00h), Alevíns Masculino/Feminino 1,5 km (11.30h), Infantís Masculino/Feminino 1,5 km (11.30h), Cadetes Masculino/Feminino 1,5 km (11.30 h), Benxamíns Masculino/Feminino 600 m (11.40h), Prebenxamíns Masculino/Feminino 250 m (11.50h) e Pulgas Masculino/Feminino 100 m (12.00h).

A proba rematará con chocolate para todas as persoas participantes. A inscrición, de balde, pode facerse a través do enderezo electrónico carreiranadaltomino@gmail.com ou o mesmo día da proba.

I Mercado Creativo

Os soportais e arredores do Mercado Municipal de Tomiño e a Praza do Seixo, diante do Concello, acollerá este domingo 23 o I Mercado Creativo de Nadal. De 11.00 a 21.00 h todas as persoas visitantes poderán atopar postos de artesanía, ilustración, moda, arte, decoración e complementos e desfrutar dun amplo programa lúdico e formativo con actividades para adultos e nenos e nenas.

Deste xeito, pola mañá (de 12.00 a 14.00 h), unha nutricionista impartirá no andar de abaixo do Mercado Municipal o 'Obradoiro de elaboración dun menú semanal'. A esta actividade seguiralle un 'Obradoiro infantil de galletas' que se impartirá de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 h tamén no andar de abaixo do mercado.

A mediodía, o primeiro andar acollerá a sesión 'Vermú con petiscos' e un concerto a cargo de Denís Carballás (de 12.30 a 15.00 h). Xa pola tarde, sesión lúdica coa chegada do Apalpador, que andará de visita polo Mercado Municipal e pola Praza do Seixo de 17.00 a 19.00 horas.

Concello de Tomiño


O Nadal arranca en Tomiño este sábado 22 co tradicional concerto da Agrupación Musical de Goián

A programación de Nadal complétase con contacontos, obradoiros, teatro e inchables. Para participar nalgunha das actividades é necesaria inscrición previa a través da web

O Nadal chega a Tomiño este sábado 22 cunha ampla oferta de lecer para toda a familia. Un ano máis, o pistoletazo de saída á programación destas festas chega da man da Agrupación Musical de Goián e do seu tradicional Concerto de Nadal, o último concerto do ano e un dos máis especiais para a entidade, xa que nel participa boa parte do alumnado da Escola de Música, dende os máis pequenos de xardín musical ou música e movemento ata a banda infantil. A actuación terá lugar o sábado 22 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio de Goián e, como vén sendo habitual, na entrada haberá que entregar un quilo de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño.

Actividades para toda a familia

Xa en plenas vacacións escolares, a programación de Nadal continuará o 26, 27 e 28 de decembro con obradoiros e contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos no Mercado Municipal de Tomiño. Así, de 17.00 a 19.00 h, o día 26 as actividades xirarán arredor de 'Os ratiños de Nadal', o día 27 de 'Un agasallo para Lulú' e o día 28 de 'A árbore de Bea'. Para todas estas actividades, que se realizarán a cargo de Migallas Teatro, é necesaria inscrición previa.

O día 29 de decembro o Mercado de Tomiño tamén acollerá o 'Cantacontos' de Migallas Teatro, un espectáculo para público familiar no que contos tradicionais e de creación propia son arrequentados con cancións, músicas ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Historias próximos aos máis cativos e cativas, que participarán dun xeito activo no desenlace da historia. Será ás 17.00 horas e de balde.

O domingo 30 os protagonistas serán 'Os tres porquiños', de Educateatro Producións, teatro para nenos e nenas a partir de 2 anos no Auditorio de Goián (18.00 h). Da man dun explorador afeccionado os cativos e cativas irán percorrendo o bosque na procura dos porquiños e coñecerán todas aquelas cousas que lles gustan. O prezo da entrada será de 3 euros para persoas adultas e de balde para nenos e nenas e a venda de entrada abrirase unha hora antes do espectáculo no propio despacho de billetes.

A primeira semana de 2019 aterrará en Tomiño con moita maxia e cor cos inchables e obradoiros para cativos e cativas a partir de 3 anos que se realizarán nunha carpa habilitada na Praza do Seixo. As actividades desenvolveranse de 16.00 a 20.00 horas de balde, aínda que para os obradoiro é necesario facer inscrición previa a través da web do Concello de Tomiño.

O fin de festa será a Cabalgata de Reis o venres 5, que sairá dende o Campo do Alivia as 16.30 horas e que fará o seu tradicional percorrido ata a Praza do Seixo, onde os nenos e nenas de Tomiño serán recibidos polas súas Maxestades os Reis Magos e onde haberá un sorteo de varios agasallos.

Concello de Tomiño


O Spartan Team de Tomiño pecha o ano con 4 campións e 2 subcampións galegos de boxeo

Dous novos títulos para o club tomiñés tras as finais disputadas en Vigo a pasada fin de semana

O Spartan Team pecha o ano con seis títulos no peto: 4 campións e 2 subcampións galegos. O club tomiñés vén de gañar dous novos títulos tras vencer nas finais do campionato galego de boxeo que se celebrou esta fin de semana nas instalacións do ximnasio Padel Box LVE de Vigo. Dúas vitorias para os dous representantes do Spartan Team secundados por Charly López que se disputaban a praza.

Wildert Betancourt foi o primeiro en saltar ao cuadrilátero para competir co boxeador de Salceda Bryan Díaz na categoría de promesas nos menos de 64 kg. Un gran combate para ambos os dous deportistas pero no que o quefacer do tomiñés foi fundamental para anular todos os ataques rivais e traballar na longa distancia, onde é superior. Finalmente, Betancourt físoxe co combate por puntos.

Na categoría de clubs e de menos de 75 kg foi a quenda de Ismael Pérez, que saltou ao ring para medirse co competidor de Salceda Ovi Sendin. Nun gran momento de forma e actual campión galego de promesas, o boxeador tomiñés non deixou lugar á dubida e amosouse claramente superior durante todo o combate, conseguindo incluso algunha conta de protección para o seu rival. Neste caso, finalmente o resultado tamén foi decidido aos puntos.

O concelleiro de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente ao club tomiñés, así como aos gañadores dos campionatos galegos e ao seu adestrador, polo gran papel que están a desempeñar no mundo do boxeo galego.

Concello de Tomiño


A cidadanía de Cerveira e Tomiño elixe actividades comúns para nenos e nenas como gañadoras do OPT 2019

A realización de dous programas infantís que promoven unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños foron as propostas elixidas na edición 2019 do Orzamento Participativo Transfronteirizo

Os proxectos 'Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil' e 'Actividades lúdico-educativas para unhas vacacións activas e creativas' recadaron a maioría dos 800 votos contabilizados

A terceira edición do OPT quedou marcada por conseguir unha maior mobilización de entidades parceiras

Tras preto de 20 reunións para explorar eventuais alianzas ou a posibilidade de desenvolver proxectos conxuntos, a dinámica entre as asociacións galegas e portuguesas volveuse intensa a través dun intercambio de coñecementos e dun reparto de intereses e obxectivos que rematou coa presentación de seis propostas por 18 entidades de ambos os dous lados da fronteira.

Rematado o período de votación, xa se coñecen os dous proxectos vencedores do OPT 2019 que executaranse o vindeiro ano e que teñen como denominador común o intercambio de nenos e nenas en accións lúdico-pedagóxicas e que están promovidos polas mesmas entidades: a Asociación de Pais do Centro Escolar da Vila, a Asociación de Pais do Centro Escolar do Norte e a Mesa de Anpas dos Centros Educativos de Tomiño.

Unha das propostas vencedoras foi 'Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño', unha iniciativa dirixida a un máximo de 300 nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos coa que se busca fomentar a educación en valores e a sensibilización na ecoloxía mediante a vivencia e o contacto co medio rural, visitas guiadas a unha granxa escola, actividades creativas con materiais de refugallo...

A segunda proposta elixida por ambas as dúas poboacións veciñas titúlase 'Actividades lúdico-educativas para unhas vacacións activas e creativas', a executar entre xullo e agosto do próximo ano e na que participarán ata 100 nenos. Un dos obxectivos deste proxecto consiste en ofertar alternativas de conciliación profesional para familias e de atención a nenos e nenas ao terminar o período escolar, a través de iniciativas de lecer ao aire libre nas vacacións de verán.

A pesar de non acabar sendo elixidas, as restantes catro propostas ('Pensar o Corpo. Mover a Mente'; 'Sostibilidade'; 'Pontes de Arte' e 'AMIZ'ARTE Sen Fronteiras') son reveladoras das ganas das diversas entidades participantes e das sinerxías que poden vir a ser constituídas no futuro en prol da potenciación deste territorio común.

En total rexistráronse arredor de 800 votos, un número de participación que non pode ser medido de forma transversal entre as distintas edicións, xa que cada ano a metodoloxía de implicación da poboación é distinta. No OPT 2019 foron eliminadas as tres áreas temáticas, permitindo un maior envolvemento e diálogo entre as asociacións e entidades, para despois poñer un límite de dous votos obrigatorios por persoa. Tras a divulgación de resultados, o Comité de Xestión Estratéxica Cerveira-Tomiño vai reunir información e proceder á avaliación de todo o proceso de cara a preparar xa a cuarta edición.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza de Cerveira e Tomiño na procura de solucións conxuntas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Concello de Tomiño


A zona de cero de Paramos poderá estar libre de entullo en primavera de aprobarse por vía de emerxencia a execución dos traballos

O proxecto reformado, que ascende a 1.091.000€, será levado ao pleno ordinario do día 27 para a súa adxudicación

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o proxecto reformado de desentullo da zona de Paramos que abranguerá unha superficie de 25 mil metros cadrados e ten un orzamento de 1.091.665,44€.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, expuxo os pormenores do documento xunto ao redactor do proxecto, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, e o concelleiro de seguridade, Antonio Castro.

O rexedor tudense explicou na súa intervención que, ante o desleixo do goberno central, o Concello non pode deixar no desamparo aos veciños de Paramos, tras catro meses da declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, e cando ten sido imposible, despois de múltiples intentos, obter da subdelegación do goberno ou do Ministerio tan sequera un indicio claro de que se estaba traballando, por parte do goberno central, para poder avanzar no desentullo.

Engadiu que tras o acordo plenario do pasado mes de novembro para que o Concello asumira o desentullo por vía de emerxencia, solicitou os informes pertinentes a secretaría e intervención, que os emitiron con carácter desfavorable, pero deixando aberta a posibilidade de que se un técnico municipal informase sobre a grave perigosidade da situación podería ter cabida a vía de emerxencia. Explicou tamén que o Concello é a única das catro administracións - Estado, Xunta, Deputación e Concello - que non pode optar pola encomenda de xestión para realizar o desentullo, sendo a única opción facer unha adxudicación directa vía de emerxencia.

O arquitecto municipal, Pablo Rivas, explicou ante os medios que no seu informe sinala que "representa un perigo inminente" a presenza de amianto no entullo que hai na zona, a situación de inestabilidade de tres segundas plantas con risco de desplome, e a situación dos muros que dan aos viarios públicos. Mentres Francisco Valle, autor do proxecto, explicou que nesta reforma do documento se está falar dunha terceira parte do importe do proxecto inicial, presentado en setembro, que ascendía a tres millóns de euros. Precisaba que se contempla a clasificación do entullo para ser tratado por unha empresa clasificadora, a actuación nas segundas plantas con risco, e nos muros cara aos viais municipais. Nese senso o alcalde, Carlos Vázquez Padín, apuntou que o proxecto inicial era "de máximos", xa que incluía a reconstrución dos muros, a substitución dos de formigón por pedra país, entre outras actuacións.

Afirmou amais Carlos Vázquez Padín que "este proxecto desbloqueará a reconstrución das casas" sinalando que "con esta operación volvemos arrancar" para que todo poida volver á normalidade. Porén recoñecía que quedan algúns flecos nos que teñen que seguir traballando. Tamén de cara á reconstrución quixo destacar a importancia da Disposición Adicional da Lei do Solo aprobada pola Xunta, tras solicitalo o Concello, que entrará en vigor en xaneiro e que posibilitará a reconstrución das casas que estaban fóra de ordenación.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, informou amais que ao pleno ordinario da corporación municipal, que se celebrará o próximo xoves, 27 de decembro, levarase a aprobación da vía de emerxencia para a execución do desentullo, a adxudicación da obra, habilitar o crédito preciso e solicitar ao goberno central que asuma o importe do desentullo. Tamén quixo precisar que aínda que a obra podería ser adxudicada polo alcalde directamente, entende que "ao tratarse do maior gasto da historia de Tui os cidadáns teñen que ter a garantía de que se axustou ao máximo". Precisamente hoxe recibiron xa no concello seis orzamentos, de seis das nove empresas as que solicitaron oferta para realizar o desentullo, que agora serán estudados. De aprobarse en pleno o próximo día 27, tramitaranse os permisos precisos, coma a solicitude ao ISSGA para a retirada do amianto, e os traballos poderían comezar na primeira quincena de xaneiro. O prazo de execución é de dous meses polo que o rexedor tudense calcula que a 1 de abril podería comezar xa a reconstrución das casas. Nese senso apuntou que o equipo urbanístico de Paramos entre xaneiro e febreiro terá informadas as solicitudes de licenzas presentadas, para que así poidan comezar as obras de seguido.

Concello de Tui


Hoxe comezou a entrega dos carnés aos vendedoras ambulantes do mercado semanal

Un total de 157 vendedores teñen toda a documentación ao día para exercer a actividade os xoves

O concello de Tui comezou hoxe a entrega dos carnés aos vendedores ambulantes que acoden semanalmente ao mercado que se celebra os xoves na cidade. Este é un novo paso dado no traballo de regularización do mercado dos xoves que se está dando dende o Concello.

O novo carné, correspondente ao ano 2018, no que figura o nome, DNI, situación do posto, sector…entre outros datos, garante que o vendedor está ao día nas súas obrigas tributarias co concello no pago das taxas correspondentes. Precisamente a posta ao día do cobro destas taxas iniciada a comezos de ano supuxo unha recadación de case 14 mil euros ata o mes de maio. A comezos de ano terán que satisfacer as cotas do novo trimestre polo que se lles renovará o carné xa con data de 2019.

A entrega de carnés, un total de 157, segundo explicaba a concelleira do Mercado Mila González, completarase o próximo xoves. Dende entón todos os vendedores deberán ter nun lugar visible do posto este documento, un feito que facilitará ao tempo aos axentes da Policía Local o control do mercado. Todo aquel que non posúa ao carné significará que non está ao día no pago da taxas ou documentación requirida, polo que non poderá exercer a venda ambulante en Tui ata regularizar a súa situación.

Mila González explica amais coma este proceso de regularización dos postos do mercado foi un proceso longo e minucioso, que garante así que todos os vendedores exercen a súa actividade nas mesmas condicións, e non se rexistran casos de competencia desleal. Por outra parte informa tamén que dende o Concello se continua a traballar no cambio de emprazamento do Mercado Semanal dos xoves, sobre a proposta de trasladalo cara a prolongación da rúa Casal Aboy, evitando así o peche de varias rúas do centro urbano.

A edil agradecer tamén a colaboración da Concellería de Seguridade na posta a dispor dos dos axentes da Policía Local para levar a cabo este labor de control, de suma importancia.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, considera que o traballo co mercado do xoves que se ten levado a cabo por parte da concelleira Mila González é un exemplo de excelencia na xestión, hoxe o mercado está organizado, están todos os que son, son todos os que están e todos deben estar ao día nos pagamentos.

Concello de Tui


Entregado no Concello o proxecto reformado para acometer o desentullo

Despois do informe emitido o venres pasado por Pablo Rivas, o arquitecto municipal asignado polo Concello de Tui a atender aos afectados da explosión de Paramos, no que este entendía que unha parte dos traballos inicialmente por parte representaba perigosidade e por tanto requiría actuación inmediata da administración, en particular o desentullo completo da totalidade da zona, para garantir a ausencia de partículas de amianto, a demolición da planta superior de tres edificacións en perigo de colapso e a estrutura e a consolidación dos muros que delimitan viario público para evitar posibles desprendementos dos seus elementos que poidan producir danos aos transeúntes.

Francisco Valle, o proxectista que xa realizara o proxecto anterior de desentullo modificouno para adaptarse ao informe do arquitecto municipal. O proxecto modificado foi enviado a nove empresas especializadas para que oferten co obxectivo de adxudicar a execución no pleno do 27 de decembro.

O venres 21 de decembro, o proxectista, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, xunto co alcalde, Carlos Vázquez Padín informarán sobre o alcance do proxecto á dirección da Plataforma de afectados e posteriormente ofrecerán unha roda de prensa para aclarar todos os pormenores.

Concello de Tui


Música, visita do Apalpador, actividades infantís e a Cabalgata Internacionais de Reis na programación de Nadal en Tui

Dende o luns poderase visitar unha exposición sobre o enxeñeiro Rafael Areses co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural

Música, actividades infantís, a visita do Apalpador, unha exposición sobre o enxeñeiro Rafael Areses e a Cabalgata Internacional de Reis conforman a programación de Nadal que a partir de mañá continua no Concello de Tui. As actividades previstas dan continuidade ás celebradas xa dende comezos de mes.

Mañá a cita estará no Teatro Municipal de Tui, onde se agarda cheo total para asistir ao Concerto de Nadal que a partir das 21h ofrecerán a Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal. As derradeiras cen entradas poranse á venda mañá dende ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.

Nunha semana, o venres 28 de decembro, tamén ás 21h no Teatro Municipal de Tui celebrarase o Concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral San Telmo.

Os nenos e nenas poderán disfrutar os días 24, 26, 27, 28, e 31 de decembro, e o 2,3 e 4 de xaneiro de 10 a 13h dos Obradoiros Infantís que con carácter gratuíto, e un máximo de 50 prazas diarias, se van celebrar na Sala Xacobeo da Área Panorámica. O obxectivo é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de Nadal e ao tempo brindar aos cativos unha alternativa de lecer durante estas datas. Non é preciso inscrición previa.

Amais dende o luns 24 ata o venres 4 de xaneiro na Área Panorámica poderá visitarse unha exposición sobre o enxeñeiro Rafael Areses, organizada co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural. Coa mesmo búscase recoñecer a figura e o papel desempeñado polo enxeñeiro Rafael Areses como gran impulsor deste espazo natural.

Amais este sábado, 22 de decembro, ás 12h estará na praza da Inmaculada o Apalpador dentro do programa Nadal en Galego da Deputación de Pontevedra. O Apalpador e a Apalpadora que estarán en Tui traerán música e landras aos cativos e cativas. En concreto chegarán acompañados dun músico e de sobres con landras preparados pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro onde explican como plantar un carballo.

A programación de Nadal pecharase coa Cabalgata Internacional de Reis que se celebrará o sábado, 5 de xaneiro, dende Valença ata Tui.

Concello de Tui


A Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal ofrecen o Concerto de Nadal

Será no Teatro Municipal este venres ás 21h.

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 21 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal.

O Coro Mistura Vocal, formado por corenta cantores do sur de provincia de Pontevedra e dirixido pola tudense Aloia Martínez, será o encargado da primeira parte do concerto. Dende a súa formación en 2014 teñen realizado diferentes actuacións amais de acudido a diversos festivais e certames. No seu haber contan co primeiro premio do "Concurso Nacional de Corales Antonio José" celebrado en Burgos en outubro de 2017, onde tamén se fixeron co premio do público.

Intepretarán:
" "The Seal Lullaby" - E. Whitacre
" "Heroes, pugnate viri fortissimi" - Jacobus Gallus
" "Cantigas Galegas" - Julio Domínguez
" "Didn´t my lord deliver daniel" - Carl Haywood
" "Duérmete que viene preguntando" - Tradicional Cántabra con arranxos de Javier Busto

A segunda parte do concerto correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se presentou hai tres anos neste concerto de Nadal. Esta integrada por preto de cincuenta alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Comezarán intepretando bandas sonoras de películas, nalgúns dos temas coa colaboración do Coro Mistura Vocal, e rematarán con temas propios do Nadal. Está dirixido por Luís Caballero. O programa será o seguinte:
" O pianista sobre o oce?ano - E. Morricone
o Cinema Paradiso - E. Morricone
o A misio?n (Oboe de Gabriel) - E. Morricone
o Saharan dream - E. Morricone
o Piratas do caribe - K. Badelt
o Tema de Xogo de Tronos - R. Djawadi
o Forrest Gump - A. Silvestri
o Tema da lista de Schindler - J. Williams
o Indiana Jones (Raiders March) - J. Williams
o Let it snow - J. Styne (Interpretado polo coro e a orquestra)
o Danubio Azul - J. Strauss
o Marcha Radetzky - J. Strauss

As entradas para o Concerto de Nadal están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais