JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (de 27 de Novembro a 2 de Dezembro)


A Guarda realiza o sorteo de premios da Ruta "Petiscos con Arte"

A pasada fin de semana finalizaba a Ruta Gastronómica "Petiscos con Arte", un evento que conxugou a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos, chegando a servirse máis de 2.000 petiscos entre os 12 establecementos participantes.

A variedade gastronómica ofertada foi un "pulo" extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría, contando con petiscos moi variados ao igual que as exposicións, con fotografías, pinturas, esculturas e ilustracións.

A segunda edición da Ruta Petiscos con Arte contou con veciños da Guarda e dos arredores que gozaron dos petiscos e das exposicións que cada local ofreceu durante as dúas fins de semana que durou a ruta. Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta a pesar do mal tempo da última fin de semana.

Para premiar aos participantes que gozaron da ruta, organizouse un sorteo de 5 lotes de viño Albariño da Adega Gran Novás, da D.O. do Rosal. Este xoves día 29 de novembro tivo lugar o sorteo entre todos aqueles que depositaron nas urnas as participacións resultando agraciados/as:

1. Karen Stewart (depositado no Perro Verde)
2. Luis (depositado na Cafetería MArbella)
3. Patricia Lira (depositado no Terra Verde)
4. Dennis A. (depositado no Restaurante Xantar)
5. Patricia Rodríguez (depositado no Cangrexal)

Como peche a este ruta gastronómica haberá un pequeno acto de entrega de premios o vindeiro martes 4 de decembro ás 12.00h, onde se fará a entrega dos lotes de vino aos premiados coa presenza do alcalde e a concelleira de turismo.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de Turismos na Guarda

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA do 03/12/2018 ao 05/12/2018 e do 10/12/2018 ao 17/12/2018 na Estación de Servizo San Roque (A Guarda).

O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

17/12/2018 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda entrega detectores de fume aos maiores de 65 anos

O Concello da Guarda a través da Concellería de Emerxencias pon a disposición dos maiores de 65 anos do municipio un detector de fume para a súa vivenda.

Segundo explicou o concelleiro de Emerxencias, Miguel Español, un total de 200 destes aparellos repartiranse preferiblemente entre os maiores de 65 anos que vivan sos, para evitar situacións de risco de incendio e detectar de xeito rápido os fumes no interior das vivendas. O reparto realizarase a través do Concello e en colaboración con colectivos que traballan na vila con persoas maiores.

Este aparello, que funciona con baterías de 9v, ten un mantemento mínimo, colócase de xeito moi sinxelo e ven acompañado dunha guía e consellos onde se explica de xeito moi fácil como hai que colocalos.

As persoas interesadas en obter este aparato de detección de fume deberán dirixirse as oficinas municipais de luns a venres en horario de 9.00h a 14.00h para facer a súa petición ou chamando ao 986 61 0000. Realizarase un listado entre todos os solicitantes para despois facerlles a entrega.

A entrega destes detectores é froito dun convenio coa Axencia Galega de Emerxencias, dentro do programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal e baixo os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional "unha Maneira de facer Europa".

Concello de A Guarda


A Guarda nomea como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro

O pasado sábado día 24 de novembro celebrouse un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.

Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda.

Neste senso porpúxose a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio.

En palabras do alcalde, Antonio Lomba, "este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético."

Nun pleno moi emotivo, os diferentes portavoces dos partidos políticos con representación municipal fixeron as súas quendas de intervención para dar pé á votación e posterior palabras de agradecemento por parte dos familiares de Xosé Carlos Gómez Alfaro, presentes neste acto: a súa viuva, o seu fillo e a súa nai.

O Alcalde da Guarda foi o encargado de entregarlle un ramo de rosas, o pin de ouro do Concello da Guarda e o diploma de fillo adoptivo. Posteriormente foi Joaquín Cadilla o encargado de dar lectura a uns poemas de Xosé Carlos Gómez Alfaro, recollidos nun libriño editado por Infomaxe e o Concello da Guarda, especialmente para esta ocasión.

Concello de A Guarda


A Guarda acolle ata o 7 de decembro a Exposición de Pinturas "Músicas da Terra"

O pasado venres día 23 de novembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da Exposición de Pintura "Músicas da Terra" do artista pontevedrés Álvaro Novegil "Alvarellos".

No acto de inauguración, ao que asistiron preto de medio cento de persoas, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, amosou a súa satisfacción por poder contar na Guarda con esta interesante e vistosa exposición de pinturas, convidando a todos e todas a que visiten esta exposición.

Despois dunhas verbas de benvida contouse cunha pequena actuación do Zanfonista e luthier, Carlos do Viso, quen fixo as ledicias dos asistentes coa súa zanfona e as súas melodías.

Esta exposición recolle unha obra plástica de Alvaro Novegil, un artista de formación autodidacta que se inspirou nos pintores galegos expresionistas -contemporáneos e do século pasado-.

Alvarellos plasma na súa obra, a forza das súas cores en fusión coas melodías que interpreta coa súa gaita. Amante da nosa música, gaiteiro e investigador folclorista no eido do toque pechado das Rías Baixas, imprime nos seus cuadros a elegancia e o señorío dos nosos bailes e a ledicia melódica da nosa música tradicional, Música da Terra.

A exposición de "Músicas da Terra" ven a amosar na Guarda unha homenaxe a os Gaiteiros, tanto nas súas formacións máis tradicionais -cuartetos- como tamén solistas ou tríos. Fai unha homenaxe aos gaiteiros de principios do século XIX -Perfecto Feijoo, Xoán Tilve, Manuel Villanueva- con esas gaitas tumbales e bordón de chión, temperando con xeito tradicional.

Merece un especial apartado tamén, os zanfonistas, tomando ese instrumento, gran descoñecido na Nosa música dende a idade media: A Zanfona. En "Músicas da Terra" se representan varias obras adicadas aos zanfonistas, algunha delas con tintes de abstracción.

A exposición se pode visitar no Centro Cultural da Guarda en horario de Luns a Venres de 10-13 17:20 S 10-13 ata o 7 de decembro

Concello de A Guarda


Axenda de Natal

A maxia do Nadal chega á A Guarda do 5 de decembro ao 6 de Xaneiro

O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes.

Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

A programación de actividades arrancan xa o venres 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reló, dende as 20:00h contarase con animación de rúa a cargo de Barafunda cos espectáculos "A xogar cos Trasnos" e "Lolo Globotolo". "A xogar cos Trasnos" é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e moita diversión. "Lolo Globotolo" é o pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos, un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público sentirase parte integrante do espectáculo, ideal para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

Tamén o 5 de decembro publicarase na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicarase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os días 10(en horario de 20:30 a 22:30h) e 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende o mércores 12 de decembro 11 asociacións e colectivos da vila encargaranse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade "Decora o teu Nadal", unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acollerá un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

O Domingo 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89.

O Xoves 20 de decembro ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario do Concerto de Nadal do Conservatorio no que se contará coas actuacións do Coro do Conservatorio, actuacións musicais dos alumnos de grao elemental, da Banda de Iniciación e da Agrupación Musical da Guarda.

O Venres 21 de decembro a partires das 20:30h o Centro Cultural da Guarda acollerá o Concerto de Nadal de Pandereteiras, unha cita coa música máis tradicional onde cada grupo tocará unha peza tradicional e unha panxoliña ou cantar de Reis. Contarase coas actuacións de grupos da Guarda como Carainas, Coiro Vello, Paliqueiras, Tambaluca, Pandereteiras do Lusco ó Fusco, Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, Caramuxiñas e Arghaceiras do Muño.

O Sábado 22 de Decembro a Charanga "Vaia Panda" será a encargada de animar e dinamizar as rúas da Guarda de 11:00h a 13:00h, momento en que moitos veciños aproveitan para facer as compras de Nadal.

Tamén na xornada do 22 de decembro, ás 11:30h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha sesión de "Contos Contados" adicada ao Nadal, onde nenos, nenas e familias contarán os tradicionais contos dos avós, ademais de participar nun obradoiro para decorar a árbore de Nadal da Biblioteca.

Xa pola tarde, ás 17:30h deste sábado día 22, o Centro Cultural será o escenario da proxección de Cinema infantil "Coco", a historia dun neno que quere ser músico, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

O domingo 23 de decembro a Igrexa Parroquial acolle dende as 17:00h o tradicional Concerto de Panxoliñas no día previo á noite de Nadal, un evento musical que contará nesta edición coa actuación da Coral Polifónica da Guarda, o Grupo Antorcha, o Coro Infantil dos PP. Somascos, o Coro Arpegios Cantábile e a Coral da Terceira Idade.

O Mércores 26 de decembro a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil "Decora o teu Concello" no que nenos e nenas da vila participarán na decoración de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

O Xoves 27 de decembro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo "Do Lusco ó Fusco" de 11:00h a 13:00h, unha maneira de dinamizar e incentivar as compras na vila, ademais contarase con chocolate quente de balde para todos os que visiten o Mercado da Praza de Abastos da localidade.

Xa pola tarde do xoves 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle a sesión de teatro "Tristán" a cargo da compañía Elegante Elefante, as entradas estarán dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural. "Tristán" é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos e os personaxes falan nunha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Tamén o xoves 27 de decembro a Cafetería Alameda acolle ás 20:30h a segunda Barferencia de Inverno 2018, onde contarase coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falarán sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos dous participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto "A Guarda, Mar de Sal".

O venres 28 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión "Route 66" de Teatro-Clown musical para adultos da Compañía Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban e Carlos Sante. Inicio ás 21:00h, recollida previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.

Para o sábado día 29 de decembro, a Charanga "Vaia Panda" será a encargada da amenización musical das rúas da vila entre as 11:00h e as 13:00h.

Tamén o sábado 29 de decembro ás 12:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario dunha visita moi especial para os nenos nesta tempada de Nadal, "O Apalpador". Neste espectáculo, para público familiar a partires dos 3 anos, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. Retirada previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural.

Xa no mes de Xaneiro o Mércores día 2 a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil "Decora a túa casa" no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo "Do Lusco ó Fusco" de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

O xoves 3 pola tarde o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de "Capitán Calzoncillos" ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Concello de A Guarda


A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda 4 de decembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro martes día 4 de decembro.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural o venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00 horas

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
" Non esquezas traer o seu DNI.
" Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas
" Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Concello de A Guarda


Tomiño celebra a segunda reunión sobre turismo transfronteirizo para deseñar unhas xornadas no marco da eurocidade

As sesións están dinamizadas pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, e Vigo, e contan coa colaboración do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

O 27 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Tomiño celebrouse a segunda reunión do grupo de traballo sobre turismo transfronteirizo que xunta técnicos, empresas e entidades da Eurocidade Cerveira-Tomiño, propiciando o contacto entre diferentes actores turísticos para tratar as distintas problemáticas do sector baixo un enfoque transfronteirizo, buscando avanzar nun diagnóstico común en termos de relevancia, potencialidades e necesidades do turismo no territorio.

A proposta enmárcase na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, cofinanciada ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e persegue, entre outros obxectivos, promover un maior coñecemento sobre o sector do turismo local e dinamizar o potencial económico da Eurocidade.

O grupo de traballo, constituído o pasado 30 de outubro, pretende desenvolver unha axenda de coñecemento, divulgación e promoción da competitividade do sector turismo coa intención de definir o programa dunhas Xornadas de Turismo a celebrar a comezos do 2019 en Vila Nova de Cerveira. Ata agora teñen participado máis de 30 persoas en representación do empresariado local; asociacións cívicas, comerciais e culturais, ademais de técnicos municipais de turismo, desenvolvemento local e cooperación transfronteiriza. Asistiron tamén a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, e os responsables de Turismo e Promoción económica no goberno municipal de Tomiño, Fátima Rodríguez e Antonio Tartaglione, respectivamente.

As sesións están dinamizadas pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER), constituída polas universidades da Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro e Vigo, e contan coa colaboración do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

Concello de Tomiño


O Concello de Tomiño organiza un curso de 'Caixeira/o - Repoñedora/or' de 40 horas de duración

As persoas interesadas poden anotarse dende hoxe e até o día 3 de decembro, enviando un correo electrónico

O Concello de Tomiño organiza, a través do Servizo de Orientación Laboral, un curso de "Caixeira/o - Repoñedora/or" de 40 horas de duración, 30 delas prácticas (non remuneradas).

A acción formativa, sen custe para os participantes e 15 prazas dispoñibles, comezará o día 10 de decembro próximo. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 28 de novembro, e remata o 3 de decembro ás 13.00 horas.

As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ( a ana.sanchez@tomino.gal, indicando no asunto do correo: CURSO DE CAIXEIRA/O - REPOÑEDORA/OR), no que consten os seus datos: nome a apelidos, DNI, enderezo completo (con localidade e provincia), teléfono, data de nacemento, nivel de estudos e enderezo electrónico.

A parte teórica desenvolverase os días 10 e 11 de decembro, de 9.30 a 14.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 11 de decembro en supermercados do Baixo Miño e (posiblemente) algún de Vigo.

O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, será a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Coma requisitos do mesmo, pídese que as persoas anotadas estean, preferentemente, empadroadas en Tomiño e en paro. Asemade, valorarase estar en posesión do Título da ESO, mais non é obrigatorio.

Concello de Tomiño


Tomiño es a partir de 29/11 Cidade Amiga da Infancia

O acto oficial de recoñecemento celebrouse na cidade de Oviedo

Para el 2º tema, te mando estas fotos de la entrega de los trofeos de los campeones absolutos del campeonato gallego inclusivo, organizado por el Club Sen Amarras en colaboración con Asociación Vontade.

Los científicos sitúan el 16 de julio de 1945, fecha de la detonación de la primera bomba atómica, como el nacimiento del fenómeno denominado "La gran aceleración", una nueva época en la escala de los tiempos geológicos marcada por el impacto de la humanidad en el ámbito planetario que recibe el nombre de Antropoceno.

El 27 de noviembre de 2018, la entrega de los reconocimientos Ciudades Amigas de la Infancia a casi 200 municipios en Oviedo bien podría suponer el principio de una nueva época en el ámbito de las políticas de infancia. Una época marcada por la aceleración en la implantación del programa, que crece de 170 a 274 gobiernos locales en todo el territorio español. Un día que será recordado por ser el primero en que más de un 41% de los niños y niñas en España (más de tres millones) vivirá oficialmente en localidades donde los gobiernos locales se comprometen, dentro de su gestión, a poner los derechos la infancia en el centro de su actividad pública.

"Hoy es un día muy importante porque se reconocen cosas muy pero que muy interesantes que a veces no se ven y que creemos que es esencial visibilizar: las políticas de infancia", han señalado Ana y Nerea. Pertenecientes al grupo de participación adolescente de La Corredoría, estas dos chicas de 14 años ya participaron seis meses atrás, en la misma ciudad y junto a más de 200 compañeros y compañeras, en la elaboración del Manifiesto de Oviedo. En este documento, construido con "palabras de hormigón, no de porcelana", los jóvenes revindicaban la necesidad de que sus propuestas y opiniones fueran atendidas y, en la medida de lo posible, implementadas por los ayuntamientos.

"Para nosotras, la participación es imprescindible para poder mejorar este mundo. Por esto estamos aquí hoy, porque participar implica crear, generar, producir cambios, hacer propuestas, ofrecer ideas, y sentimos mucho orgullo por todos los niños, niñas y adolescentes que con sus acciones y reflexiones aportan todo lo que está en sus manos para que los espacios públicos sean lugares de disfrute, encuentro y participación", han añadido las chicas.

Capital de los derechos de infancia

En la ceremonia de entrega de los VIII Reconocimientos Ciudades Amigas de la Infancia, celebrada en el Palacio de Exposiciones y Congresos de Oviedo ante un aforo de 500 personas, se ha premiado por primera vez a 114 gobiernos locales, otros 80 han renovado su compromiso por la infancia y 25 proyectos han recibido el reconocimiento de Buenas Prácticas en Derechos de Infancia y Política Municipal.

En presencia de los representantes de las entidades aliadas de la iniciativa -el Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), el Instituto Universitario de Necesidades y Derechos de la Infancia y la Adolescencia (IUNDIA), y UNICEF Comité Español-, más de 200 gobiernos locales han visto recompensado el esfuerzo realizado para situar las políticas de infancia en el centro de su gestión.

La entrega de estos reconocimientos es la culminación de un largo proceso de preparación, que en algunos casos se prolonga durante años, poniendo en valor el "compromiso político con la infancia a medio y largo plazo y el camino de transformación real emprendido por y con los niños y niñas", en palabras del presidente de UNICEF Comité Español, Gustavo Suárez Pertierra.

Pero no es el final del camino. Los premiados inician ahora un periodo de cuatro años que les compromete a llevar a cabo las acciones, dotadas de recursos, previstas en sus planes locales de infancia y a escuchar las opiniones de los niños y niñas que conforman sus consejos locales de participación infantil y adolescente en todos los temas que les afectan. Las políticas de infancia representan "un ejemplo de transversalidad en la gestión municipal. Nuestros niños y niñas deben estar presentes no solo en el área social, sino también en las iniciativas de participación, por supuesto en la programación cultural y además en todo lo referente a la igualdad de género y las acciones destinadas a lograr un municipio más sostenible", ha explicado el alcalde de Oviedo, Wenceslao López, anfitrión de un evento que consolida este año a la ciudad asturiana como capital de los derechos de infancia.

Oviedo 2018 tampoco es un paso más. Con un incremento de más del 60% en el número de miembros, la red de Ciudades Amigas de la Infancia bien podría estar ante un punto de inflexión en un camino que aspira a llegar a toda la geografía política española.

"La implementación de la Convención sobre los Derechos del Niño es un deber de todas las administraciones del Estado y por ello nuestra aspiración y vocación es que todos los municipios de este país apuesten por cumplirla", ha señalado Suárez Pertierra. Ese momento está hoy un poco más cerca. Con permiso del Antropoceno.

El Reconocimiento "Ciudad Amiga de la Infancia" es una distinción que otorga UNICEF Comité Español, junto con sus aliados (Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, la Federación Española de Municipios y Provincias y el IUNDIA), para poner en valor el compromiso y el esfuerzo que realizan los ayuntamientos, mancomunidades y otros Gobiernos Locales, junto con sus aliados, a fin de incorporar a la infancia y adolescencia en el centro de su agenda política. De esta forma, una ciudad o comunidad reconocida es aquella donde las voces, las necesidades, las prioridades y los derechos de los niños y niñas constituyen una parte integral de las políticas, los programas y las decisiones públicas.

Obtener el Reconocimiento Ciudad Amiga de la Infancia es el inicio de un proceso de aprendizaje y mejora continua para desarrollar, conjuntamente con los diversos actores sociales, las políticas e iniciativas locales que favorezcan la aplicación real de la Convención sobre los Derechos del Niño.
" Este reconocimiento tiene una validez de cuatro años. La próxima cita para que los municipios renueven o presenten una nueva candidatura es en 2019-2020.
" Los gobiernos locales reconocidos en esta convocatoria han sido:
" Reconocidos por primera vez
" Gobiernos Locales que han renovado con categoría de excelencia
" Gobiernos Locales que han renovado

Concello de Tomiño


TOMIÑO APROBA AS BASES PARA A CABALGATA DE REIS 2019

Concello de Tomiño


600 escolares de Tomiño inícianse na práctica do remo

A través do proxecto 'Náutica para todas as persoas', promovido pola Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño. Foi unha das iniciativas gañadoras do OPT 2018

Achegar á mocidade ao río ao tempo que se fomenta a actividade deportiva, o lecer inclusivo e saudable e a unidade transfronteiriza. Estes son os obxectivos do proxecto 'Náutica para todas as persoas', unha iniciativa promovida pola Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira (ADCJC) e Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño e unha das propostas gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

Este proxecto vén de rematar a súa segunda fase, na que 600 alumnos e alumnas de cinco centros de educación primaria (CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Pedro Caselles Beltrán CEIP de Sobrada e CEIP Plurilingüe de Tebra) e do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño iniciáronse na práctica do remo durante os meses de outubro e novembro.

A proposta busca a divulgación da actividade física e a promoción entre a mocidade de ambas beiras do Miño do remo como un deporte completo, polo que tras este primeiro contacto co alumnado dos centros educativos tomiñeses esta iniciativa desembarcará en Cerveira e achegará este deporte a outros 600 estudantes de entre 8 e 18 anos.

Para esta actividade, a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira leva ergómetros (simuladores de remo) aos centros educativos para que os alumnos e alumnas poidan experimentar este deporte en presenza dun monitor especializado.

Torneo da Amizade

A actividade rematará coa celebración a vindeira primavera do 'Torneo da Amizade', unha competición na que participarán os tres mellores alumnos e alumnas de Cerveira e de Tomiño por idade e xénero, elixidos tras unha fase clasificatoria previa.

Na primeira fase deste proxecto, a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade organizou durante os meses de xullo e setembro actividades de turismo e deporte inclusivo con xornadas de navegación que tiveron como punto de partida o pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, nas que participaron 200 persoas con mobilidade reducida.

Vota no OPT 2019

O Orzamento Participativo Transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea. Nestes intres están abertas as votacións para a edición de 2019, nas que toda a cidadanía de Cerveira e Tomiño poderá elixir ata o vindeiro 16 de decembro aquelas dúas iniciativas que máis lles gusten entre as seis presentadas a esta edición do OPT. Os dous proxectos máis votados pola veciñanza serán os que se desenvolvan ao longo do vindeiro ano.

Concello de Tomiño


A Área Panorámica tínguese de vermello co gallo do Día Mundial da loita contra o SIDA

O Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui leva a cabo varias accións de información e concienciación da enfermidade

O Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do día mundial da loita contra o SIDA que se celebra este sábado, 1 de decembro, iluminará o edificio da Área Panorámica de vermello e colgará unha pancarta na fachada, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA.

Dentro deste campaña o Concello de Tui vai desenvolver obradoiros nos institutos tudenses co obxectivo de promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.

Ademais, o Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos pubs de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade. Todos aqueles locais que queiran ter este material informativo poderá solicitalo nos servizos sociais do Concello.

Concello de Tui


Dous camelios e un cactus existentes nas propiedades afectadas pola apertura da rúa Ourense foron plantados nos xardíns de Troncoso

Onte, 29, procedeuse á retirada de dous camelios de grandes dimensións e lonxevidade, un deles centenario, ademais dun cactus sudamericano, das propiedades lindeiras á rúa Ourense que están a ser demolidas para a apertura da rúa que conectará con Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín,

Estes dous camelios e o cactus sudamericado foron plantados nos xardíns de Troncoso, conservando así estes dous exemplares nun novo emprazamento nunha actuación promovida pola concellería de Patrimonio e Medio Ambiente que permite ampliar o patrimonio botánico municipal.

Concello de Tui


Comeza a demolición da cuberta da nave da rúa Camilo José Cela

A cuberta sufrira graves desperfectos nos últimos anos e será necesario un proxecto para a súa reconstrución

No día de hoxe comezaron as obras de desmontaxe e demolición da cuberta da nave situada na rúa Camilo José Cela a carón do edificio da futura sede dos xulgados de Tui.

O tellado desta edificación xa sufrira algúns desprendementos e ameazaba con virse abaixo na súa totalidade.

A obra conta coa autorización de Patrimonio e posteriormente será preciso un proxeto para a reconstrución integral da cuberta.

Esta obra estaba contemplada no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do ano 2016 e tras diversas modificacións solicitadas pola Direccion Xeral de Patrimonio se procede agora a súa realización.

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais