JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (de 20 a 25 de Novembro)


A ruta dos Muíños do Folón e do Picón pechou o calendario de andainas 2018 entre A Guarda e Caminha

As andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño remataron na xornada do pasado sábado día 17 de novembro coa Ruta dos Muíños do Folón e do Picón.

O peche do calendario deste ano 2018 realizouse nas terras veciñas rosaleiras coa ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón. Os Muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico, xa mencionados en documentos do século XVII. Recorrido de gran beleza con excelente panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño. Tamén se coñeceu a Capela na véspera da celebración de San Martiño.

Concello de A Guarda


La parroquia guardesa de Salcidos lanza su segundo "crowfunding de aldea"

Los vecinos de Salcidos siguen empeñados en recuperar su pasado cercano y preparan ya la segunda parte del libro "Salcidos en Branco e Negro", que a pesar de saber que va a ser difícil superar el éxito de la primera edición, no quieren dejar pasar la oportunidad de aumentar su patrimonio cultural con la edición de un nuevo volumen, que, salvo algunas novedades, guardará muchas semejanzas, en formato y temática, con el anterior.

A pesar de que este año contaban con otras posibilidades de financiación, este democrático grupo voto las opciones y volvió a decidir que el sistema utilizado para sufragar los gastos del mismo sea el "crowdfunding de aldea", que es como ellos mismos han bautizado a la reserva anticipada del libro con la compra de vales, un sistema que además de ser muy efectivo en la primera edición, ha sido ejemplo para otras muchas asociaciones que están lanzando sistemas de financiación similares para sus publicaciones, lo que sin duda tiene que enorgullecer a los salcidenses.

Las novedades de este segundo volumen son varias, aunque intentando mantener la misma filosofía de priorizar las imágenes sobre el texto, pero en este caso, con la inestimable ayuda de grandes recuperadores de la historia local guardesa, han querido rescatar la historia de algunos salcidenses de pro, para que sus historias pervivan en la memoria cultural de la parroquia. Se trata de biografías cortas de vecinos e incluso algún visitante asiduo que recogen aspectos de grandes salcidenses que merecen un hueco en la memoria de todos. Además, también habrá mejoras en la calidad de los materiales, mejorando el gramaje de la portada y cambiando el pegado por el cosido en la 192 hojas que contiene esta obra, lo que sin duda mejorará la calidad del libro, y, sobre todo, su durabilidad.

Las mejoras en la obra han traído consigo un aumento de los costes de edición de este volumen, sin embargo el coste del libro, para todos aquellos que han cedido fotos para este proyecto durante los más de 6 años que lleva activo, podrán adquirir los vales al mismo precio que la edición anterior, 2 libros a 10 euros, lo que es sin duda un precio simbólico para la calidad de la obra, y, que dependiendo del número de ejemplares de la tirada, puede estar por debajo de los costes del mismo, lo que se intentará compensar con los vales disponibles para todos los vecinos, cediran o no fotos, que pueden adquirirse en diferentes establecimientos de la localidad: Peluquería Gustavo no Coruto, Estanco Altamar, Cafetería del Recreo Artístico Guardés, Cruceiro Pinto en Salcidos y Agrícola Agro Jade en Pintán, al precio de Vales de 1 libro a 7,5 euro, también en este caso un precio muy bajo y que simplemente pretende cubrir los costes de producción y a la vez premiar a aquellos que participan con sus imágenes en este proyecto. Los vales estarán disponibles hasta principios de diciembre y el libro, a pesar de que en principio pensaban tenerlo en Navidades, han optado ya por retrasarlo a enero, ante la falta de tiempo para hacer un trabajo en condiciones.

A pesar de que se dice que "segundas partes nunca fueron buenas" los vecinos de Salcidos han hecho un esfuerzo para superarse y conseguir volver a poner a su parroquia como ejemplo de superación y de conservación de su patrimonio, algo que seguro conseguirán.

Salcidos


A Guarda convida á cidadanía a participar nunha concentración contra as violencias este domingo

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza este ano varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.

As actividades arrancaron esta semana cunha gran implicación por parte do comercio, hostalaría e empresas en xeral do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, unha campaña que se está a visualizar tamén a través das redes sociais do municipio(Facebook, Twitter e Instagram) baixo o hashtag #AGuardaenNegro.

As tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc. vestíronse de negro ao longo desta semana, os maniquís, os manteis dos restaurante e mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestíronse de negro.

Este domingo día 25 de novembro faise un chamamento público á participación da cidadanía para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a todos e todas a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria.

Para acadar este fin pedimos á xente que acuda ata a Praza do Reló que acuda con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra.

Concello de A Guarda


Máis de 1200 petiscos servidos confirman o éxito da Ruta "Petiscos con Arte" na Guarda

A Ruta "Petiscos con Arte" finaliza xa esta fin de semana despois de servirse máis de 1.200 petiscos na pasada fin de semana entre os 12 establecementos participantes.

O evento organizado a través da Concellería de Turismo, mistura a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos cun total de 12 petiscos diferentes e 12 exposicións de temática variada: fotografía, pintura, escultura e ilustracións.

Os hostaleiros participantes serviron un aproximado de 100 petiscos cada un na primeira fin de semana e o balance xeral desta campaña é moi positivo, cunha boa afluencia de comensais, que aproveitaron para gozar da oferta gastronómica, á vez que admiraron as 12 exposicións que se poden ver en cada local.

A Ruta "Petiscos con Arte" está aberta o venres e sábado en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.

Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertan un petisco ao simbólico prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, "montaditos", tostas, sushi, entre outros.

Segundo manifestou Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo da Guarda, a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, dinamizando o tecido de hostalaría do municipio nesta tempada post-estival cun valor engadido como é o arte, con exposicións para todos os gustos.

Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo de 5 lotes de viño da Adega colaboradora Gran Novás. Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).

Concello de A Guarda


A Guarda contará este Nadal cunha pista de xeo e unha ampla programación de actividades

O Concello da Guarda deu a coñecer onte, nunha reunión co sector do comercio e da hostalaría do municipio, as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2018.

A reunión, que se celebrou no salón de plenos e que contou coa asistencia de máis dunha trintena de comerciantes, hostaleiros e representantes de asociacións e colectivos empresariais da vila, estivo encabezada pola Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e o Alcade da Guarda, Antonio Lomba.

Montserrat Magallanes quixo aproveitar esta ocasión para recordar aos presentes a forte aposta que dende o Concello da Guarda se está a realizar para dinamizar e promover o comercio e hostalaría, sectores fundamentais para o tecido económico da Guarda e que se distinguen pola súa calidade, a súa diversidade e variedade de servizos. Destacou Montserrat Magallanes que A Guarda é un dos municipios con maior densidade comercial de Pontevedra, o que repercute moi positivamente, xerando recursos, riqueza e emprego.

A Concelleira de Comercio recordou as campañas de dinamización comercial e de mobilidade que se están levando a cabo ao longo do ano para promover e incentivar o consumo no comercio local, mellorando tamén a profesionalización do sector con iniciativas de formación para os praceiros ou comerciantes a través de cursos e actuacións máis específicas coma Comercio Innova ou Comercio Innova Plus, a Feira de Emprego Tecnoimaxín, etc.

Tanto o Alcalde coma a Concelleira de Comercio quixeron dar a noraboa ao comercio da vila polo embelecemento dos seus locais comerciais, con novas incorporacións e locais remodelados, así como a súa participación na recente campaña contra a violencia de xénero "A Guarda en Negro - Contra as Violencias".

Destacouse tamén nesta reunión a Campaña de Mobilidade "A Guarda todo moi Preto", onde se sortearon un cento de carros de compra a través dos clientes da Praza de Abastos e tamén se distribuíron entre os comercios os trípticos Metrominuto, con informacións de interese sobre o casco urbano da vila, cos tempos medios para desprazarse entre os principais puntos da Guarda, información que se debe por en valor para sacarlle o máximo partido e crear sinerxias.

Máis de 13.000 peregrinos en 2018

Montserrat Magallanes recordou o forte pulo que ten arestora o Camiño Portugués da Costa, con máis de 13.000 peregrinos rexistrados no que vai de ano, unha publicidade internacional moi importante para A Guarda que o comercio e a hostalaría debe e ten que saber aproveitar.

Pista de xeo para o Nadal 2018

En canto á Programación de Nadal, o Alcalde da Guarda anunciou que este ano A Guarda contará cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 18 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019. Para a súa promoción a través das empresas locais, todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, terán un desconto especial por adquirir estas entradas de xeito anticipado, tamén se poderán mercar "in situ" unha vez estea instalada a Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As entradas estarán dispoñibles xa dende este mércores día 21 de novembro. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer á Guarda unha Pista de Xeo, polo que piden a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se poda repetir en vindeiras edicións.

Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.

Ademais da Pista de Xeo A Guarda contará este Nadal con moitas máis actividades e diversión para toda a familia con dúas sesións de teatro para adultos, dúas sesións de cinema infantil, visita do apalpador, catro días de música nas rúas do pobo, campaña de "Decora o teu Nadal" coa colaboración de 10 asociacións, chocolatada na Praza de Abastos, Cabalgata de Reis Magos, Festival de Panxoliñas, dous Concertos de Nadal, Bebeteca e Contos Contados de Nadal na Biblioteca, entre outras actividades.

Concello de A Guarda


A Guarda mellora a seguridade peonil cunha nova iluminación nos pasos de peóns

O Concello da Guarda ven de instalar un total de 28 focos led nos pasos de de peóns do casco urbano do municipio para mellorar a seguridade vial ao facer máis visibles para os condutores estes espazos diminuíndo o risco de accidentes.

Esta actuación levase a cabo con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e está enmarcada dentro das accións de mellora da seguridade vial que se están executando dende o concello.

Nesta mesma liña estanse a tomar medidas de calmado de tráfico en distintas zonas coa limitación de velocidade máxima a 30 km/h, e a instalacións de pasos de peóns sobreelevados e lombos para a redución da velocidade dos vehículos. Mesmo se contemplan actuacións integrais como a que se executará na rúa Vigo nos próximos meses na que ademais das medidas comentadas incluirá unha rotonda entre a rúa Bechos e a rúa Vigo.

Concello de A Guarda


O V Trail do Trega contará con máis de 400 participantes

A Guarda acolle este domingo día 25 de novembro a quinta edición do evento deportivo "Trail do Trega", que este ano contará con dúas modalidades de competición, a proba "Mergelina 10k" e "Castros Celtas 18k", cun desnivel acumulado de cada unha delas de 650 e 1100 metros respectivamente, ademáis dunha andaina.

O evento foi presentado este martes na Casa dos Alonso da Guarda, contando coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Deportes, Xavier Crespo e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

O Alcalde da Guarda destacou que este tipo de probas consitúen hoxe en día un importante pulo deportivo, contando con moita implicación e participación, contando no monte Santa Trega, cun espazo natural incomparable para a práctica deste deporte.

Pola súa banda Xavier Crespo destacou que esta é a quinta edición dun evento que se consolida no calendario anual deste tipo de probas deportivas, que esperta gran interese e no que participan un bo número de persoas, una proba que conta co apoio do Concello, cunha aposta decidida polo deporte.

Serafín Acevedo, responsable da empresa organizadora Qualité Sports deu a coñecer o máis destacado desta quinta edición, que contará coa participación de máis de 400 persoas, 100 das cales son de nacionalidade portuguesa, que se fai un recoñecemento e conmemoración ao día contra a violencia de xénero e que contaráse coa presenza de importantes atletas participantes no Campionato Galego de Trial e mesmo na Copa do Mundo de Trial.

Sobre a proba

A liña de meta e chegada terá lugar na Alameda da Guarda, sendo a saída da Andaina ás 9:30h, do Trial "Castros Celtas 18k" ás 10:00h e do"Mergelina 10k" ás 10:30h.

A proba "Mergelina 10k" fai referencia ao poboado castrexo de Mergelina, que se ven de por en valor recentemente coas obras de consolidación deste xacemento arqueolóxico, nesta modalidade os deportistas terán unha proba máis enfocada a novatos, cun percorrido de 10km de distancia, ideal para iniciarse no mundo do Trail.

A proba "Castos Celtas 18k" contempla un percorrido cun total de 18km de distancia onde os atletas participantes terán que avanzar cun percorrido moito máis técnico para deportistas máis experimentados.

A maiores realizarase unha andaina non competitiva de 12km de distancia para todos aqueles que desexen desfrutar das paisaxes e sendeiros do Monte Santa Trega, percorrido de dificultade fácil e para todos os públicos.

O prazo de inscricións para a "Mergelina 10k", "Castos Celtas 18k" e para a andaina, está aberto ata este mércores a través da páxina web oficial do evento www.traildotrega.com

Todos os participantes terán un agasallo oficial da proba, e contarán con diferentes postos de avituallamento no percorrido, así como un final.

Esta proba está organizada por Qualité Sport en colaboración co Concello da Guarda, e as Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos.

Concello de A Guarda


A Guarda nomeará como fillo adoptivo a Xosé Carlos Gómez Alfaro

O vindeiro sábado día 24 de novembro de 2018 terá lugar ás 12:00h do mediodía un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.

Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda.

Neste senso proponse a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio.

En palabras do alcalde, Antonio Lomba, "este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético."

Concello de A Guarda


As obras de mellora da mobilidade da Rúa Concepción Arenal na Guarda avanzan a bo ritmo

Na xornada deste luns día 19 de novembro de 2018 a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; deputada de Emprego Montse Magallanes; así coma representantes da corporación municipal e do equipo técnico da Deputación e da empresa, visitaron as obras de mellora do espazo público e da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal da Guarda.

O Alcalde da Guarda manifestou o seu agradecemento a Carmela Silva e á Deputación de Pontevedra por permitir que a vila da Guarda conte proximamente cun máis espazos urbanos que dean prioridade aos peóns fronte aos vehículos. Esta obra está enmarcada dentro da estratexia de mobilidade 3.0 posta en marcha dende a institución provincial. Durante a súa intervención mencionou a urxente necesidade de que a Xunta de Galicia poña en marcha o proxecto para dotar dun acceso sur ao Porto da Guarda, o que permitirá vertebrar axeitadamente o tráfico de vehículos de entrada e saída da zona portuaria e limitará considerablemente a circulación por Concepción Arenal.

As obras da rúa Concepción Arenal arrancaron o pasado 10 de setembro despois de realizarse diversas reunións e encontros informativos cos colectivos empresariais e veciñais para informar de como se ía realizar esta obra, tan necesaria para o noso pobo e que consistirá na humanización integral desta céntrica rúa, que pasará a ser de titularidade municipal tralo remate das obras.

Dende o Concello da Guarda trabállase man a man coa empresa que leva a cabo os traballos para que as molestias e incomodidades deste tipo de intervencións sexan as mínimas posibles, recordando aos veciños e veciñas que se teñen algunha dúbida poden contactar no 986 610000 ou acudir ao Concello para solicitar información. O proxecto está tamén accesible no portal da transparencia da sede electrónica municipal para a súa consulta online: www.aguarda.es

Na visita, o persoal técnico da Deputación explicou que as obras en Concepción Arenal abranguen unha zona de actuación son 570 metros lineais e duns 8.500 metros cadrados. Nestes momentos estanse a mellorar os servizos urbanos, soterrando as novas canalizacións de saneamento, pluviais, abastecemento e realizando as acometidas aos edificios, e posteriormente será a quenda da reforma en superficie.

O obxectivo fundamental da actuación é a recuperación do espazo público, eliminando barreiras arquitectónicas, e creando unha zona de convivencia entre os tránsitos peonís e de vehículos nunha plataforma única con diferentes materiais e texturas: lousas ecogranito, formigonado en cor grafito e lousado de pedra. Tamén se crearán zonas de estancia con bancos, zonas verdes e alcorques xunto cunha nova iluminación cálida en diferentes ambientes "para que a xente de A Guarda poida saír e vivir a rúa, darlle vida", explicou a directora de obra, que subliñou que a actuación rematará no prazo previsto, na primavera de 2019.

O asesor de mobilidade provincial, Jesús Fole, destacou a importancia de que a veciñanza de A Guarda teña memoria do que era a rúa e as prazas antes da reforma e do que vai ser. "Antes tiñamos un cruce con demasiados coches estacionados, con demasiado pavimento asfáltico só para o vehículo e vai cambiar completamente. Esta é unha aposta importantísima", dixo.

Durante o transcurso desta primeira fase a baixada ao Porto da Guarda realizase pola Rúa Pacífico Rodríguez e Rúa Ireira e a subida pola Rúa Enrique María Sexto, unha vez que avancen as obras cara a zona de San Bieito, habilitarase a circulación de vehículos lixeiros pola vía de servizo do paseo marítimo, accedéndose a esta dende a zona da Atalaia e tamén habilitarase a dobre circulación con semáforos de obra pola saída sur do porto, na zona da depuradora.

En calquera caso a circulación libre de vehículos non se abrirá definitivamente ata o remate da obra. Durante as obras poderán circular residentes, usuarios de garaxes e servizos polas zonas habilitadas pola empresa na medida sexa posible e que as circunstancias das obras así o permitan.

Durante o transcurso da obra os desvíos de tráfico rodado estarán sinalizados e habilitaranse zonas para a circulación peonil. A circulación de persoas estará habilitada para tódolos locais e vivendas durante toda a obra, así coma o dobre sentido de circulación na rúa Ourense e na totalidade da rúa Coruña para enlazar a rúa Manuel Álvarez coa entrada ou saída da Guarda.

A parada dos autobuses de ATSA está situada na rúa Rosalía de Castro fronte ao Centro Cultural e parada de taxis está situada na rúa Domínguez Fontela.

Para compensar os estacionamentos de Concepción Arenal e Avelino Vicente habilitouse a ampliación de estacionamentos en Manuel Álvarez, unha nova zona de estacionamento na rúa Coruña e adecentáronse os estacionamentos da finca de Fínola e a Eléctrica.

O Proxecto de recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na Rúa Concepción Arenal, EP 3402 de acceso ao Porto da Guarda conta cun orzamento total de 1.598.755,98€ financiados grazas a un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda.

Concello de A Guarda


Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal

A Actividade desenvolverase os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro dentro da Semana Cultural de Mougás

O Concello de Oia vén de abrir a inscrición para un obradoiro de creación de xoguetes tradicionais no Nadal, que se celebrará dentro da Semana Cultural que desenvolve a Asociación Veciñal de Mougás

Dirixido a persoas de entre 6 e 99 anos, trátase dun obradoiro interxeracional no que poden participar membros da familia de distintas idades. A actividade está organizada polo Concello de Oia dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

As sesións se desenvolverán no Centro Cultural de Mougás os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no rexistro do Concello. O prazo remata o próximo 30 de novembro.

Concello de Oia


A historia de "Elisa e Marcela" chega a Tomiño este domingo da man da compañía teatral “A Panadaría”

A sesión, que se fai coincidir co Día contra a violencia de Xénero, comezará ás 18.00h no Auditorio de Goián

Chega unha das citas máis agardadas da axenda cultural de outono: a obra teatral da compañía A Panadaría, "Elisa e Marcela".

Este domingo, 25 de novembro, Día contra a violencia de Xénero, porase en escena no Auditorio de Goián (18.00h) esta singular peza teatral (coproducción co Centro Dramático Galego), na que se relata a historia, con pinceladas de humor, música e gran traballo de actrices, de dúas mulleres galegas namoradas a principios do século XX.

A obra céntrase na historia de ELISA Sánchez Loriga e MARCELA Gracia Ibeas, dúas mestras, que se casaron pola Igrexa en A Coruña no ano 1901. Para logralo, unha delas tivo que adoptar unha identidade masculina. A unión matrimonial, homosexual, foi a primeira do Estado Español, realizándose cen anos antes de que a lei permitira o casamento entre persoas do mesmo sexo.

A cineasta Isabel Coixet realizou unha película sobre a historia destas dous mulleres galegas, que se estreará o ano que vén. ESTE DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, PODEREMOS COÑECER A SÚA HISTORIA, levada ao teatro ÁS 18.00H, NO AUDITORIO DE GOIÁN. Prezo: 3€ (venda de entradas dende unha hora antes na taquilla).

Concello de Tomiño


A DEPUTACIÓN ELIXE TOMIÑO PARA CELEBRAR A GALA COA QUE REMATA O ANO DA LINGUA

Terá lugar o sábado 8 de decembro ás 20h e a entrada será de balde previa retirada de convites

O cartaz, netamente feminino, inclúe as actuacións de Andrea Pousa, A banda da loba, Leilía e Rebeca Santos, unha performance da poeta Tamara Andrés, e será presentada pola actriz Isabel Risco

Tamén se programa unha sesión matinal, que terá lugar na praza do Seixo, con Blues do País e o Concerto Punkinfantil Seguindo coa súa de filosofía de descentralizar os actos principais e realizalos en diferentes puntos da provincia, o departamento de Cultura e Lingua da Deputación elixiu Tomiño para celebrar a Gala coa que remata o Ano da Lingua. Así o anunciaron esta mañá a alcaldesa da localidade, Sandra González, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, nun acto no que estiveron acompañados pola artista tomiñesa Andrea Pousa. "Nesta política de descentralizar os actos importantes que ten a Deputación, estamos moi agradecidas que se elixira Tomiño para a celebración desta gala porque, a pesares de estar nunha esquina do mapa provincial, temos un auditorio coas condicións técnicas suficientes para acollela" manifestou Sandra González. Hai que lembrar que a primeira Gala, a correspondente ao Ano Castelao no ano 2016, se celebrara en Pontevedra, e que a segunda, a do Ano do Patrimonio no ano 2017, tivera lugar en Cangas.

A alcaldesa asegurou que "esta Gala é importante para a cultura do noso país e da nosa provincia porque pon en valor o noso idioma" e neste sentido agradeceu á Deputación "o seu compromiso coa lingua e a sensibilidade para promovela". Por último, tamén anunciou que desde o Concello se fará toda a difusión posible para encher o Auditorio de Goián "e celebrar a lingua de todas as maneiras, cantándoa, teatralizándoa, ou poetizándoa". A alcaldesa facía así referencia ás diferentes disciplinas artísticas que estarán presentes nesta cita. "Introducimos diferentes disciplinas e diferentes estilos tamén para visibilizar todo o traballo realizado desde os campos que formaron parte da programación do Ano da Lingua" asegurou Xosé Leal ao respecto. O deputado lembrou que esta Gala segue a mesma liña de compromiso coa defensa e posta en valor da cultura e da lingua galegas que se leva realizando desde o inicio do mandato, e con máis incidencia se cabe neste Ano da Lingua. Un compromiso que se quere exemplificar, desde o departamento de Cultura e Lingua, ofrecéndolle ao público a oportunidade de gozar dun programa conformado por artistas que á súa vez tamén destacan na súa traxectoria profesional polo seu compromiso co idioma e a cultura do país, e que son recoñecidas polo seu traballo neste eido.

Precisamente o deputado nacionalista quixo poñer o foco en que o cartaz desta edición "é totalmente feminino, para recoñecer de xeito visible o traballo que están facendo as mulleres no eido da música, que sempre o fixeron pero que non sempre se visibiliza o suficiente". Así, a imaxe gráfica do cartaz é obra da deseñadora pontevedresa, Ana Seoane, e inclúe as actuacións musicais da coñecida artista tomiñesa Andrea Pousa, e de formacións de primeira orde no panorama musical galego actual como son A banda da loba e Leilía. Tamén contará co espectáculo aéreo de Rebeca Santos, cunha performance realizada ad hoc para este evento pola poeta Tamara Andrés, e será presentada pola actriz Isabel Risco. Andrea Pousa, que tamén estivo esta mañá na presentación da Gala no Concello de Tomiño, asegurou que "é un luxo compartir cartaz con este pedazo de compañeiras" e amosou o seu agradecemento por ter a oportunidade de poder participar nunha Gala destas características e ademais no seu concello. Andrea Pousa coincidiu con alcaldesa en augurar que, con este cartaz, o 8 de decembro o Auditorio de Goián terá un cheo absoluto de público.

Ademais da Gala en si, que terá lugar no Auditorio de Goián ás 20h do 8 de decembro, ese mesmo día tamén se programan dúas actuacións en horario de mañá. Están previstas para as 12h na praza do Seixo -en caso de choiva trasladaranse ao Mercado- e consistirán no Concerto Punkinfantil, para público infantil e familiar, e nunha actuación de Blues do País, nunha sesión vermú.

A entrada para asistir á Gala será gratuíta previa retirada de convites, e a comezos da semana que vén farase público onde se porán a disposición do público e que número poderá retirar cada persoa.

Concello de Tomiño


Exposición 'Re(i)xas. Mulleres baixo o terror franquista'. No mercado municipal de Tomiño

A 21 de novembro, chegou ao MERCADO DE TOMIÑO a exposición 'Re(i)xas. Mulleres baixo o terror franquista', a historia de 172 mulleres da provincia represaliadas durante a ditadura franquista. Unha mostra de balde, organizada pola Deputación Provincial, coa colaboración do Concello.

A exposición estará aberta até o día 9 de decembro, no primeiro andar do mercado, nos horarios habituais de atención ao público.

Comezaron as obras de apertura da rúa Ourense

A demolición dos inmobles existentes centra os primeiros traballos.

Esta semana comezaron as obras para a apertura da rúa Ourense, un proxecto longamente demandado pola cidadanía ao longo das últimas décadas que poderá ser unha realidade no primeiro trimestre de 2019.

As obras foron adxudicadas polo Concello de Tui á empresa Narom S.L. por importe 220.582,77€, e teñen un prazo de execución de 3 meses. Os primeiros traballos que se están a executar consisten no baleirado dos inmobles, e a retirada do amianto, un labor este último para o que foi precisa a autorización por parte do ISGA. Esta mesma tarde pechouse ao tráfico o calexón existente entre a rúa Ourense e a rúa Colón, permitíndose polo momento o tránsito peonil.

De forma previa ao inicio das obras no pleno de abril aprobouse a consignación orzamentaria para a execución destas obras. E en xaneiro o Concello aboou o importe das indemnizacións, un total de 638.875,27€, aos tres propietarios dos inmobles e dous arrendatarios de locais comerciais afectados pola apertura da rúa, e se fixeron efectivas as actas de ocupación dos terreos.

Unha vez finalizadas as obras o tránsito entre a rúa Ourense, Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín regularase mediante dunha glorieta que dará fluidez ao tráfico nestes viarios.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicaba que "por fin, comezaron unhas obras longamente demandadas". Nese senso apuntada que a execución deste proxecto é "moi importante para reconfiguración urbana de Tui".

Concello de Tui


A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019, no Teatro Municipal de Tui

Coma novidade este ano ábrese a proposta de candidatos para os distintos galardóns ata o 12 de decembro

O venres 22 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Municipal celebrarase a VII Gala do Deporte Tudense na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

A Gala tamén contempla homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa no ano 2018.

Coma novidade nesta edición o Concello de Tui brinda a oportunidade de que os propios tudenses poidan propor candidatos para ser recoñecidos nas distintas categorías. Así ata o mércores 12 de decembro está aberto o prazo de presentación de candidaturas a través do enderezo deportes@concellotui.org. Débese enviar a proposta para algunha das categorías establecidas, xunto ao currículo deportivo correspondentes ao ano 2018 da persoa, entidade ou club proposto.

O xurado desta sétima edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, exdirectivo e exresponsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Marisa Giraldez, deportista de varias modalidades deportivas e presidenta do Club Bádminton Tui, Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, e Eduardo Freiría, concelleiro delegado de deportes de Tui.

Concello de Tui


O Concello de Tui solicitará á Dirección General de Arquitectura a rehabilitación do Teatro Principal

O alcalde solicitou unha entrevista co seu titular para abordar esta posibilidade tras formalizar a compra do inmoble este mes

Co obxectivo de estudar a posibilidade de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo do Ministerio de Fomento asuma a rehabilitación do Teatro Principal o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de solicitarlle unha entrevista ao seu titular Francisco Javier Martín Ramiro.

Na carta enviada ao director xeral o rexedor tudense expón que dende o pasado 13 de novembro o Teatro Principal é xa propiedade do Concello de Tui. Deste xeito cúmprese un dos requisitos - ser de titularidade municipal - poder acometer calquera tipo de actuación no inmoble.

No documento remitido á Dirección General de Arquitectura lémbrase a importancia do Teatro Principal, que data de 1884, acollendo multitude de actividades artísticas, culturais e sociais, entre as que destacan os I Xogos Florais de Galicia celebrados no mesmo en 1891, sendo o primeiro acto celebrado integramente en galego. Apúntase tamén ao emprazamento do Teatro dentro do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, BIC. Nese senso indícase que rehabilitación do inmoble "incidiría de modo moi especial na dinamización do Conxunto Histórico de Tui" xa que abriría novos espazos de uso público para a cidadanía, ao tempo que se recuperaría un "dos seus edificios máis emblemáticos e cargados de historia".

O alcalde de Tui amosa amais a disposición do Concello para financiar o equipamento escénico.

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais