Horário do Ferry (de 13 a 18 de Novembro)
O grupo local "The Pretty Shirts" presenta o seu último disco cun concerto na Praza do Reló da Guarda
O vindeiro sábado día 24 de novembro ás 22:30h a Praza do Reló será no escenario do concerto de presentación do último traballo discográfico do grupo local "The Pretty Shirts" titulado "A Few Seconds". Este concerto conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda.
The Pretty Shirts é unha banda de rock and roll cru e directo que segue a premisa orixinal do garage-rock, gastando todas as enerxías sobre o escenario.
A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible
En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación "So Good To Be Right Here" recibindo unha moi boa resposta por parte do público.
En Xuño de 2014 publican un single de dous temas titulado "Ain't No Another Love Song" e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño estudios. O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda.
En outubro de 2018 presentan "A Few Seconds" da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.
Compoñentes:
Miguel Castro - Guitarra y coros
Miguel Domínguez Lomba - Voz
Manuel González - Percusión y coros
Álvaro Vázquez - Bajo
Artista: The Pretty Shirts
Título: A Few Seconds
Formato: 12" LP
Cat #: Clifford-130LP
Sello: Clifford Records
Fecha de lanzamiento: 11/10/2018
Tracklist:
1. My Girl
2. I Sink In The Mud
3. Big Muscles Little Brain
4. Madrid City Lights
5. Smoke
6. Can't Get Enough
7. A Few Seconds
8. Black Coffee
9. Memories
10. Train With No Brakes
11. What I Am
Videoclip de "My Girl" https://youtu.be/DxfWff0EIUY
Concello de A Guarda
A Guarda tínguese de negro contra as violencias
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se celebra cada ano o 25 de novembro.
Entre as actividades programadas para este ano destacan unha actuación poética-musical, unha barferencia, un concerto, unha campaña conxunta co comercio local, obradoiros nos centros educativos, e unha concentración pública na Praza do Reló.
A Guarda en Negro
As actividades arrancan coa implicación da meirande parte do comercio e empresas do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. Do 19 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc se vestirán de negro, os maniquís, os manteis dos restaurante ou mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestiranse de negro.
Porque consideramos que as empresas teñen o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!
O Concello da Guarda, acaba de sumarse ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.
O alumnado dos centros educativos participa en obradoiros contra a Violencia de Xénero
A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o "Proxecto Empatía", cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil dentro da campaña do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
A actuación inclúe obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas entre o alumnado. Así, por exemplo, as cativas e cativos poderán aprender a amosar os seus sentimentos, a resolver conflitos de forma pacífica e a valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano.
Con esta actuación, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, búscase informar, sensibilizar e concienciar sobre a magnitude do problema que supón a violencia de xénero, especialmente entre a mocidade, identificando a forma específica que adopta esta violencia nas súas relacións interpersoais e promovendo posturas de rexeitamento e denuncia activa ante ela, incidindo especialmente no uso axeitado que debe facerse das novas tecnoloxías.
Máis actividades
O mércores 21 de novembro ás 12:30h o Centro Cultural acollerá unha actuación lúdico-musical con perspectiva de xénero do grupo de teatro Chévere "I´ll be Watching You" II (Hei estar vixiándote II). Espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa.
Montse Fajardo estará o vindeiro 23 de novembro no Bar Benedictus da Guarda ás 20:30 dentro do ciclo de barferencias coa charla "Invisibles: falamos da violencia machista a través do relato das vítimas", que xirará entorno ao seu libro Invisibles, relatos do maltrato, que veu a luz en novembro do ano pasado. O libro aborda, a través de sete casos reais, as distintas caras da violencia machista, desde a máis evidente, a do maltrato físico, ata a violencia psicolóxica, intentando amosar como afecta ás crianzas da parella e denunciando as eivas que presentan as institucións á hora de prestar axuda ás vítimas.
O propio día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria.
Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra.
Concello de A Guarda
A Guarda convida a empresarios/as e comerciantes a participar na programación de "Comercio Innova Plus"
O Concello da Guarda inicia este mércores unha serie de actividades enmarcadas na Campaña "Comercio Innova Plus", encamiñadas a que o comercio coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.
Esta actividade constitúe a continuación do programa "Comercio innova", que rematou o pasado 27 de xuño e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.
Deste xeito o mércores día 14 de Novembro terá lugar na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda a primeira actividade sobre "Utilización Práctica de Instagram", en horario de 15:30h a 16:30h. Nesta sesión os participantes coñecerán e lle sacarán o máximo rendemento a Instagram, unha das redes sociais con maior aumento de usuarios no pasado ano e que aporta un novo xeito de promocionar produtos e negocios.
A segunda sesión terá lugar o xoves 15 de Novembro na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda en horario de 15:30h a 16:30h, onde os participantes coñecerán a "Utilización Práctica de Facebook", unha rede social amplamente empregada por usuarios particulares e empresas e que constitúe hoxe en día unha comunidade global de usuarios onde poder ofertar e promocionar os produtos e servizos das empresas.
Despois destas dúas sesións prácticas realizaranse 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se contará con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.
A primeira charla terá lugar o luns 26 de novembro en horario de 15:00h a 16:45h na Casa dos Alonsos, que baixo o título de "Conquistando clientes: Innovacións en comunicación e canles de venda" contará coa ponente María Regueiro Portos, Licenciada en C.C da Información e Executive Master en Dirección Comercial e Marketing, posúe experiencia de máis de 20 anos traballando para empresas como Coca-Cola, Citroën España ou Estrella Galicia.
A segunda charla realizarase na Casa dos Alonsos o luns 14 de xaneiro en horario de 15:00h a 16:45h e que versará sobre "Novas tendencias en deseño de espazos comerciais", nesta charla contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo. Responsable de Imaxe de Marca de Caramelo durante 8 anos.
O luns 21 de xaneiro terá lugar a charla sobre "Innovación no cara a cara co cliente", unha charla que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Neste caso a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, formadora e desde fai 4 anos ao fronte de Talentea, unha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.
Para rematar a programación de "Comercio Innova Plus" o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre "Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe" a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.
A campaña conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.
Concello de A Guarda
O GES da Guarda visita os centros educativos para realizar charlas informativas
Dende a pasada semana efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda veñen de iniciar o ciclo de charlas informativas co arranque do novo curso lectivo.
Estas charlas informativas teñen coma obxectivo que os rapaces e rapazas saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación.
Por outra banda, tamén este ano o GES da Guarda inicia nos centros educativos unha serie de xornadas adicadas aos primeiros auxilios, de cara a que o propio alumnado saiba como debe de actuar en caso de que algún compañeiro teña unha emerxencia de saúde ou se sinta indisposto. É de suma importancia atender nun primeiro momento e tamén saber como facelo dun xeito adecuado e correcto, minimizando os riscos para a saúde.
Estas actividades súmanse ás que se realizan anualmente en colaboración entre o GES da Guarda e os diferentes centros educativos da vila.
Concello de A Guarda
O BNG na Guarda reclamamáis implicación na loita contra a violencia machista
"Neste ano tan importante para o feminismo, foisecapaz de convocar unha folga laboral, de consumo e coidados o pasado 8 de marzo, temos que tentar dar un paso máis..,"
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción co motivo do "Día da Non Violencia de Xénero" co gallo do 25 de novembro.
O BNG insiste en que debemos examinar os ámbitos máis débiles que requiren actuacións inmediatas. Sentenzas como a da manada, evidencian moitas carencias nunha xustiza que segue sendo tremendamente patriarcal.
"É moi triste ver como o PP e PSOE se puxeron de perfil non apoiando a moción presentada polo BNG para declarar persoas non gratas aos da manada. Aínda temos moito que loitar para acabar coa violencia machista", sinala Bea Lomba, responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG.
Cada ano máis de 5.000 mulleres acoden aos xulgados galegos a poñer denuncias, e isto é so a punta do iceberg. Estimase que só un 20% dos casos chegan aos xulgados, polo que é fundamental avanzar na sensibilización social, e nese aspecto os concellos teñen un papel importante.
"Reclamamos melloras nun ámbito tan fundamental como da xustiza. A creación dunha Unidade específica de violencia machista que sexa a encargada de facer cumprir as leis contra a violencia de xénero, así como a formación de todo o persoal que intervén no proceso xudicial", comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda.
BNG de A Guarda
O BNG presenta unha moción sobre a tarifa eléctrica na Guarda
"O BNG pula pola creación dunha tarifa eléctrica galega, na condición de produtores, para abaratar a electricidade de todos os fogares e da industria e comercio"
O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción sobre o sector eléctrico na Galiza.
A moción solicita, entre outras, a inmediata redución do IVE da electricidade pasando do 21% ao 4%, así como a modificación da Lei do Sector eléctrico que permita a regulación dunha Tarifa Eléctrica Galega que beneficie á Galiza pola súa condición de nación produtora de enerxía eléctrica que permita o abaratamento da electricidade para consumos domésticos e empresariais.
No BNG defendemos que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos. Para iso é fundamental poñer fin a esta situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa para poder tomar as decisións referentes a todos os aspectos do desenvolvemento enerxético
"Con este modelo, mentres Estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galiza exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non poder permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada e a taxa de risco da pobreza incrementou nun 12,15% dende o 2009, e a Guarda non é allea a esta situación", comentou Anxo Baz portavoz municipal do BNG.
O BNG pula por unha tarifa eléctrica galega que abarate vía peaxes o prezo final da enerxías no noso país, que axudaría a democratizar o acceso para todas as persoas e, asemade, contribuiría a asentar o tecido industrial e económico do país.
BNG de A Guarda
A Ruta "Petiscos con Arte" regresa esta fin de semana á Guarda
O pasado martes día 13 de novembro o Centro Cultural da Guarda acolleu a presentación da Ruta "Petiscos con Arte" que terá comezo a vindeira fin de semana contando coa participación de 12 establecementos de hostalaría do municipio.
O evento organizado a través da Concellería de Turismo, chega este ano a unha nova edición, misturando a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos cun total de 12 petiscos diferentes e 12 exposicións de fotografía, pintura, escultura e ilustracións.
A Ruta "Petiscos con Arte" terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao simbólico prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, "montaditos", tostas, sushi, entre outros.
Tal e como manifestou na presentación desta ruta Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo da Guarda, a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, dinamizando o tecido de hostalaría do municipio nesta tempada post-estival cun valor engadido como é o arte, con exposicións para todos os gustos.
No acto de presentación estiveron presentes os hostaleiros participantes e unha representación dos artistas que participan nesta ruta coas súas obras, tamén se aproveitou para dar a coñecer o vídeo de promoción desta ruta, que xa se pode visualizar nas redes sociais municipais.
Cada participante que deguste un petisco recibirá unha papeleta que cumprimentará cos seus datos persoais e depositará na urna para entrar no sorteo. Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).
Concello de A Guarda
charlas-obradoiro sobre corresponsabilidade
A iniciativa ten como obxectivo rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais
O CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a 14de novembro, a charla-obradoiro titulada Corresponsabilidade e uso dos espazos e o tempo: os/as nenos/as poden e deben botar unha man na casa.
Esta é a primeira das tres charlas-obradoiro organizadas polo Concello de Oia dentro da iniciativa Obradoiros de Corresponsabilidade: Na casa, todos/as iguais que se está a desenvolver ao longo do mes de novembro. As vindeiras datas son:
-20 de novembro: Poñendo límites: relacións de igualdade e respecto entre pais/nais e os seus fillos e fillas. De 16.00 a 18.30 horas no CEIP Refoxos.
-29 de novembro: Educar en igualdade é cousa de todos/as: imitación e perpetuación dos roles tradicionais. De 16.00 a 18.30 horas no CEIP Mestre Manuel García.
As tres charlas-obradoiro están dirixidas ás familias do alumnado das escolas de Oia e tamén están abertas ao público en xeral (ata completar aforo).
Corresponsabilidade
A iniciativa Obradoiros de corresponsabilidade: Na casa, todos/as iguais ten como obxectivo xeral rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais e comezar a traballar no concepto de corresponsabilidade como marco de participación activa de todos os membros do núcleo familiar.
Ademais das tres charlas-obradoiro para familias, ao abeiro deste proxecto estanse a desenvolver sesións co alumnado e os equipos docentes de segundo ciclo de educación infantil e de primaria das dúas escolas de Oia, os CEIP Mestre Manuel García e Refoxos.
O proxecto conta cun investimento total de 4.836,37 euros e está financiado cunha achega do Concello de Oia e tamén a través dunha subvención para o fomento de igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero da Deputación de Pontevedra (Servizo de Igualdade).
Concello de Oia
Productores alemanes visitan Río Tollo para aprender del sector de la planta del Baixo Miño
Los 22 visitantes, procedentes de la región de Kleve, se interesaron por problemas comunes como el relevo generacional o las dificultades climatológicas
En Río Tollo abrimos las puertas de nuestros viveros al resto de Europa. En esta ocasión ha sido con la visita de un grupo de productores alemanes de planta de temporada y planta de exterior y jardinería, que han recorrido nuestras instalaciones para conocer de primera mano cómo funciona el sector en el Baixo Miño, una zona con unas particularidades y unas características climáticas que la hacen muy diferente de la región de Kleve, situada entre los ríos Rin y Mosa.
Durante su visita por distintos espacios del vivero, estos 22 productores profundizaron entre las similitudes y diferencias del modelo de negocio en ambos países, tanto en cuestiones de coste como de funcionamiento y de futuro, un futuro con cuestiones comunes como encontrar la fórmula para solucionar el problema del relevo generacional en el sector. También se interesaron por aspectos más técnicos y que a estos profesionales afectan de una forma más directa por el clima del país, como las diferencias de temperatura que sufren los cultivos, muy altas en verano y muy bajas en invierno, o las heladas.
Se trató de una visita amena en la que el buen tiempo acompañó para poder recorrer el vivero y disfrutar de los distintos cultivos que ofrece Río Tollo, que despertaron mucho interés entre los productores. El recorrido terminó con una valoración muy buena por parte de los visitantes, que fueron unánimes al destacar lo mucho aprendido durante el encuentro.
Un viaje cada dos años
Este grupo de productores alemanes realiza cada dos años un viaje de cinco días por distintos puntos de Europa para hacer contactos y para fomentar el intercambio de conocimientos entre entre ellos y entre los profesionales del sector de otros países. En esta ocasión, además de visitar Viveiros Río Tollo recorrerán distintos viveros de Portugal para empaparse de novedades y comparar ideas de producción.
Sin embargo, el objetivo de fondo de estos viajes es fomentar la convivencia entre los productores de la región de Kleve, generando confianza y lazos de unión para enfrentarse al mercado de forma unida. Por eso, a lo largo del año realizan otra serie de actividades conjuntas, como reuniones mensuales para abordar cuestiones como los nuevos problemas en el sector o la forma en la que enfrentarse a ellos y solucionarlos.
Os maiores de Tomiño reactívanse e aprenden a manter espertas as súas capacidades físicas e mentais
Esta nova edición do programa comezou o día 6 de novembro, con actividades destinadas a favorecer a estimulación cognitiva e a mobilidade, coma tamén as relacións sociais entre os participantes
Diminuír o risco de padecer enfermidades, manter un ton físico e cognitivo axeitado e participar de xeito activo na sociedade. Son os obxectivos principais do programa de maiores "Reactívate", un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño, co fin de promover as relacións sociais e a autonomía persoal entre os maiores de 60 anos.
Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre a poboación maior, ofrecendo "un completo plan de actividades que lles poidan resultar de interese á vez que útiles para a súa vida cotiá. O obxectivo destes obradoiros, cursos, saídas e actividades é axudarlles a seguir en activo, animalos a saír do seu fogar e a relacionarse con máis xente, tanto da súa idade como máis nova", explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez. Esta nova edición do programa comezou o día 6 de novembro, con máis de 20 persoas anotadas, e con variadas actividades pensadas para favorecer a estimulación cognitiva e a mobilidade, pero tamén, fomentar as relacións sociais entre as persoas maiores. O abano de propostas é amplo e diverso, con actividades para todos os gustos coas que o Concello tenta ir máis aló do habitual, no eido da terceira idade.
As sesións desenvólvense todos os martes e venres pola mañá no Centro Vontade, cun custe de 15 euro/mes.
Risoterapia, informática, ximnasia, pilates e manualidades, ademais de actividades coa comunidade (club de lectura, cinefórum ou roteiros saudables, etc.)., dan forma á axenda de traballo para este curso. Asemade, están programados obradoiros de expresión corporal, memoria, escritura creativa e xogos.
Varios profesionais especializados teñen ao seu cargo a aplicación do programa e o fan con moito acerto, a xulgar polos resultados. Eles son Bibiana Álvarez, educadora social e psicopedagoga, encargada da parte de estimulación cognitiva; Susana Seoane, de Cogami, encargada das actividades físicas, especialmente xerontoximnasia, e Daniel Ozores, da aula CeMIT do Concello, encargado de impartir informática e redes sociais. Xunto a eles, as monitoras Marta e Nelly completan o equipo.
No taller de estimulación cognitiva trabállanse a memoria, a atención, as funcións executivas, a orientación espacial e temporal, a linguaxe, e o cálculo. Faise dun xeito lúdico e de confianza, a través de exercizos e xogos. "A finalidade non é obter novos aprendizaxes, senón conservar aquelas capacidades que os usuarios aínda manteñen, retardando as enfermidades neuro dexenerativas, procurando a súa autonomía e logrando unha boa autoestima", explica Bibiana Álvarez.
"Fomentar e manter a mobilidade de todas as articulacións do corpo, traballar a coordinación dos membros superiores e inferiores, fomentar o rego sanguíneo mediante o movemento e mitigar as dores articulares propios da idade", son os principais obxectivos da responsable das actividades físicas. "O traballo que facemos vese reflectido nos usuarios nunha ganancia de elasticidade articular, de masa muscular, e de forza e resistencia a nivel da musculatura, así coma nunha maior capacidade respiratoria, equilibrio e estabilidade á hora de camiñar", comenta Susana Seoane.
Por último, no aprendizaxe do uso do ordenador, mestúranse actividades e xogos moi sinxelos, tentando reforzar tamén a comprensión lectora e escrita. "Facemos xogos de palabras encadeadas, ou que empecen por certa letra, que logo teñen que escribir nun procesador de textos, ou realizamos puzzles a través do navegador web, ca axuda do rato", indica Daniel Ozores.
Entre as persoas que asisten ao programa hai máis mulleres que homes e as idades van entre os 60 e os 90 anos. A maioría son persoas xubiladas ou pensionistas que non queren quedarse soas na casa nin perder o contacto ca sociedade.
Manterse ao día, retrasar o envellecemento a base de exercizos de memoria e físicos, axúdanlles a sentirse mellor e facer amizade entre eles. É o caso de Digna Núñez, Celia Gómez, Esperanza Silva, Consuelo Torres, Ana Fernández, José Pérez, Isabel Ramírez, José Antonio García e a súa nai, Angelita Álvarez, entre outros.
A maioría deles asegura que lles gusta facer de todo un pouco, aínda que hai varios que se quedan coa informática coma actividade preferida. Algúns ten ordenador na casa e practican o que aprenden en clase.
Seis novos proxectos sométense a votación da cidadanía de Tomiño e Cerveira, no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2019
Unha vintena de asociacións e entidades sen fins de lucro son as promotoras das novas iniciativas
A cidadanía pode votar os proxectos até o 16 de decembro, a través dun procedemento en liña
Concluído o proceso de remisión de propostas á 3ª edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño (OPT), un total de 18 entidades dos dous lados da fronteira, presentaron seis proxectos suxeitos a votación por parte das poboacións de Cerveira e Tomiño.
Tras celebrarse preto de 20 xuntanzas para explorar eventuais alianzas e desenvolver proxectos conxuntos, a dinámica entre asociacións galego-portuguesas tornouse intensa, a través do intercambio de coñecementos e do intercambio entre persoas e asociacións que comparten os mesmos intereses e obxectivos, pero que até o de agora non se coñecían.
A preparación das candidaturas implicou un bo número de encontros previos en diversos ámbitos, coma a educación, a cultura, a economía e a inclusión social, culminando coa presentación formal de seis proxectos executables durante 2019 no territorio común da Eurocidade Tomiño Cerveira.
O proceso de votación, aberto até o 16 de decembro, lévase a cabo a través da plataforma online http://participacerveiratomino.eu/
Coma nas dúas edicións anteriores, poden votar os residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, maiores de idade, sendo obrigatorio o voto por dous dos seis proxectos.
Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado en 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.
Lista de proxectos:
"Sostibilidade": ten como prioridade fomentar a mudanza de hábitos na conservación do medio ambiente. Os seus promotores son: Agrupación de Escolas de Vila Nova de Cerveira/ IES Antón Alonso Ríos/ CEIP Pintor Antonio Fernández/ CEIP de Barrantes.
"Pontes de Arte": procura identificar os artistas vinculados ao territorio común, inventariar e dixitalizar as obras públicas existentes en ambos municipios. Os seus promotores son: Fundación Bienal Arte de Cerveira/ Asociación Cultural Convento S. Paio/ Fundación Xoán Piñeiro/ Fundación Xavier Pousa / Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández.
"Actividades lúdico-educativas para vacacións activas e creativas": ten coma fin a organización de actividades de verán ao aire libre compartidas entre nenos e nenas de ambos os concellos, para ofrecer alternativas de conciliación laboral para as familias. Os promotores desta proposta son: Asociación de Pais do Centro Escolar da Vila/ Asociación de Pais do Centro Escolar Norte/ Mesa de ANPAS dos Centros Educativos de Tomiño.
"Actividades artísticas e medio-ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño": o fin é fomentar unha educación en valores, mediante visitas guiadas a unha granxa escola; actividades creativas con materiais de reciclaxe, etc. Os promotores son: Associação de Pais do Centro Escolar da Vila/ Asociación de Pais do Centro Escolar Norte/ Mesa de ANPAS dos Centros Educativos de Tomiño.
"AMIZ'ARTE Sen Fronteiras": busca favorecer a participación activa e inclusiva das persoas con discapacidade a través dun proxecto de arte comunitaria transfronteiriza. Ten como promotores: Delegación de Valença e de Monção da APPACDM de Viana do Castelo/ Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA)/ Asociación de Persoas con discapacidade (Vontade).
"Pensar o Corpo. Mover a Mente": pretende incentivar a poboación a practicar deporte, valorando a saúde física e mental, fomentando os costumes e os valores locais. Os seus promotores son: Club de Fitness de Cerveira (Asociación sen fins lucrativos)/ Asociación Sociocultural Senraia.
Tomiño prepárase para a celebración dunha serie de actos e actividades no marco da campaña "En Negro contra as Violencias 2018"
A 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo
O Concello de Tomiño súmase por segundo ano consecutivo, á campaña "En Negro contra as violencias 2018".
Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade, fóronse perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos. Esta forma de actuar responde ao obxectivo de lograr a maior implicación por parte de toda a cidadanía.
A alcaldesa do municipio, Sandra González, explica que o ano pasado, e este tamén "renovamos o noso compromiso con esta acción colectiva e transversal para a sensibilización social contra as violencias machistas, que implica a participación activa, baixo a coordinación do Concello, da poboación e do tecido económico e social", explicou a alcaldesa.
A 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo. Ademais, está previsto un acto oficial para a lectura do manifesto o día 23 de novembro ás 19.00 horas na Praza do Seixo.
Este ano compre destacar, coma o anterior, a participación de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou un grande interés.
Dende o seu inicio en 2015, esta campaña foise expandindo por toda Galicia, e hoxe son xa 85 concellos adheridos e 3 deputacións provinciais.
No 2017, a participación de establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos cubriron os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado especialmente pola deseñadora Uqui Permui, reflicten a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais foron durante días un espazo de denuncia. Este ano dende o Concello agárdase que a participación de todos e todas sexa tamén a maior posible.
Tomiño forma a quince persoas para traballar coma auxiliares de axuda no fogar
Cen horas de formación, 40 teóricas e 100 prácticas, servirán para capacitar a 14 mulleres e 1 home, que queren converterse en profesionais do sector
"Son moi agradecidos, ilumínanselle os ollos cando te ven, aínda que as veces non podes facer máis", comenta unha alumna
Polivalencia e versatilidade, traballo colaborativo e capacidade de negociación, son algunhas das aptitudes requiridas para desenvolverse con éxito coma auxiliar de axuda no fogar. Pero tamén son necesarias actitudes coma a escoita activa, a asertividade, a empatía, o respecto, a sinceridade e a calma. Así o transmite Elvira Somoza, traballadora social, aos seus alumnos e alumnas do curso de atención socio sanitaria impartido en Goián, polo Concello de Tomiño e a empresa Idades S.L. de forma conxunta.
Cen horas de formación, 40 teóricas e 100 eminentemente prácticas, servirán para capacitar a 15 persoas de Tomiño (14 mulleres e 1 home) que queren traballar no eido da axuda no fogar, con familias ou persoas que necesitan un auxiliar e cumpren os requisitos do programa de asistencia social.
A través dunha metodoloxía con dinámicas de grupo, traballo colaborativo, visionado de vídeos, etc., o alumnado pode coñecer mellor as situacións ás que pode enfrontarse nos domicilios. Neste sentido, "as instalacións das que dispón o Concello de Tomiño para a impartición da formación son moi favorecedoras, pois cada persoa pode dispor dun ordenador con acceso a internet, o que me axuda en moitos exercicios que propoño", explica a monitora. Ela cre, ademais, que para calquera empresa do sector, coma a que leva o Servizo de Axuda no Fogar en Tomiño (Idades S.L.) é moi importante poder contar co apoio dun Concello na posta en marcha de proxectos de formación, "pois non só mellora a competitividade dos profesionais, senón tamén a percepción de calidade do servizo, que teñen as persoas usuarias".
"A miña experiencia profesional na coordinación de programas de SAF axúdame, pero tamén o fan as 5 alumnas que xa traballan no SAF de Tomiño, xa que achegan as súas experiencias e as súas vivencias, e destas tamén se aprende, e moito", engade Elvira Somoza, e ao mesmo tempo indica que a selección do alumnado foi moi importante, xa que "todas as persoas están motivadas para a aprendizaxe, son moi participativas e saben captar o que é esencial para este traballo: a comunicación, fundamento e base de calquera relación persoal e social exitosa".
Entre esas persoas, cunha media de idade de 40 anos, está Nélida Alonso (51), que cansada de traballar en hostalaría durante dúas décadas, comezou a atender a persoas maiores ou dependentes , unha ocupación que lle cambiou a vida. "Son moi agradecidos, ilumínanselle os ollos cando te ven, aínda que as veces non podes facer máis", comenta.
Coma todos, está encantada coa profesora e pide xa un curso do nivel seguinte, para seguir aprendendo. Apóiana Andrea Costa (32), que vén do campo da automoción en Portugal, ou Ismael González (48), ex-camareiro e operario de automoción durante 20 anos, traballo que abandonou para buscar algo que lle enchera máis, e atopouno agora na axuda no fogar.
Até o 23 de novembro poderase optar a dous postos vacantes no mercado municipal de Goián
O Concello saca a licitación un posto para a venda de froitas e verduras e outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios
O Concello de Tomiño saca a licitación dous postos vacantes do Mercado de Goián. Un deles é para a venda de froitas e verduras e o outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios en xeral.
As bases que rexen a licitación dos postos, e nas que se inclúe a documentación que deben presentar as persoas interesadas en facerse cun deles, pódense consultar e descargar pinchando na icona "Perfil do Concello" do seguinte enderezo electrónico:
http://tomino.gal/perfil-do-contratante/
O prazo para presentar ofertas remata o 23 de novembro de 2018.
O Mercado de Goián, conta ademais con outros dous postos (un de carnicería e outro de venda de peixe), xa en proceso de adxudicación, e que se prevé estean abertos a finais de ano.
O Concello de Tui apoiará aos deportistas tudenses que compiten a nivel internacional
As solicitudes poderán presentarse unha vez publicadas as bases no BOP
O Concello de Tui convoca as bolsas para os deportistas tudenses, cuxas bases reguladoras serán publicadas a próxima semana no Boletín Oficial de Pontevedra. Este ano contarán cun orzamento de 10.000€. O seu obxectivo é facilitar aos deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de máis alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.
Para acceder a estas bolsas, será necesario ser deportista federado, estar empadroado no Concello de Tui e ter participado en competicións de carácter oficial e internacional, segundo o cadro de baremación das bases.
O prazo de presentación das solicitudes será de dez días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOP, entregando toda a documentación solicitada por rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui. A información das bases e os formularios de solicitude pódense recoller na mesma secretaría da casa do concello ou descargarlas na paxina web municipal tui.gal.
O goberno municipal levará de novo a pleno o plan de mellora do departamento de Urbanismo
O goberno municipal de Tui volverá levar ao pleno ordinario deste mes a proposta para realización dun plan de mellora do departamento de Urbanismo do Concello. Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de que esta proposta quedara sobre a mesa na sesión de outubro.
Indica que dende o goberno municipal entende que é fundamental ter un diagnóstico e posterior plan de mellora deste departamento. Búscase así diagnosticar a través de persoal experto esta área que ten gran complexidade xurídica e procedimental, para logo propor un plan de mellora. A pretensión do goberno municipal é encargar esta tarefa a unha empresa externa cun investimento de 16 mil euros.
No parecer do alcalde o departamento de Urbanismo leva anos tendo un "funcionamento deficiente" o que apunta está a ter consecuencias negativas ao dificultar as iniciativas dos emprendedores, das familias para obter licenzas para construír casas, para ter seguridade xurídica en todos os emprendementos". Avanza que mentres sexa alcalde insistirá na elaboración deste plan de mellora pleno tras pleno.
O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos mediante unha empresa pública
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.
O rexedor apunta a que realiza esta petición de acordo co artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, para "paliar os danos ocasionados" na explosión ocorrida o 23 de maio, apuntando para esta contratación a razón de "eficacia e dada a insuficiencia de medios municipais para dar axeitada satisfacción" ás necesidades existentes. Tamén da conta de que "a través da encomenda de xestión é como mellor se podería satisfacer a urxencia que existe para a realización destes traballos.
Na misiva o alcalde de Tui lembra as cartas anteriores enviadas á ministra despois da catástrofe do 23 de maio en Paramos, e ao proxecto de desentullo que o 10 de setembro entregou una subdelegación do Goberno.
A realización de obradoiros entre o alumnado de 3º e 4º da ESO abre a campaña do 25N en Tui
Os acto culminarán o domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto
O Concello de Tui vai conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de actividades que culminarán ese domingo coa lectura dun manifesto.
O Servizo de Prevención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui está a realizar ao longo deste mes unha serie de obradoiros no que participan 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, no IES Indalecio Pérez Tizón e no Colexio Maristas Santa María. O obxectivo é abordar a prevención da violencia de xénero dende a adolescencia, sentando así as bases para erradicar esta lacra social.
Amais o venres 23, sábado 24 e domingo 25 o edificio da Área Panorámica vaise iluminar de lila simbolizando así a loita contra a violencia contra a muller.
Tamén durante a semana do 19 ao 25 de novembro levarase a cabo dende o Concello de Tui o reparto de información, carteis, trípticos da campaña "Fronte a violencia de xénero só cabe unha reposta, sen ningún xénero de dúbida. Non" promovida pola Xunta de Galicia.
Dende onte mesmo nas fachadas da casa do concello está colgada unha pancartas cun gran lazo lila e o texto "25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a muller".
As actividades culminarán o propio domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto por parte do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.
|