|
A Oficina de Turismo de Oia acolle a mostra fotográfica Memorias da telleira
A actividade enmárcase dentro da programación lúdico-cultural do Festival do Rei Sol
A Oficina de Turismo de Oia acolle ata final de mes a mostra de fotografías antigas Memorias da telleira, unha selección de imaxes dos anos 50 e 60 do século XX que ilustran como era o traballo dos cabaqueiros. A mostra pode visitarse de mércores a domingo de 10.00 a 17.30 horas, ata o próximo día 30 de setembro.
As fotografías proceden da colección particular de Pepe Buraco, veciño do Rosal, que traballou como telleiro durante 13 anos, e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso. Nelas aparecen veciños de Oia que traballaron en telleiras de diversas zonas de Galicia e España.
Esta actividade enmárcase dentro da programación da terceira edición do Festival do Rei Sol, que ofreceu unha decena de actividades lúdico-culturais entre o 14 e o 16 de setembro. Entre elas, unha conferencia onde o propio Pepe Buraco falou sobre a vida e traballo dos cabaqueiros e das súas familias e concretou as distintas telleiras que se teñen localizado no concello de Oia, unhas 13 segundo indicou durante o seu relatorio.
Balance do Festival do Rei Sol
Máis de 200 persoas teñen asistido ás distintas propostas lúdico-culturais programadas durante os tres días que durou o Festival do Rei Sol. Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios, espectáculos de teatro e narración oral, unha contemplación do solpor desde o castro de Cano dos Mouros e a exposición de fotografía -que se pode visitar ata final de mes- foron as actividades desta edición.
O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros, na parroquia de Viladesuso (Oia). Partindo desta historia, esta cita cultural pretende servir como elemento para revalorizar o patrimonio local -especialmente o inmaterial-- e concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións.
O evento, organizado pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvolveuse coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua e Pontegal) e de diversos colectivos locais como a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación de Veciños de Viladesuso.
Horário do Ferry (de 18 a 23 de Setembro)
Descoberta salina romana na costa
Como resultado da instalação de uma ecovia entre A Guarda e Camposancos em 2015, e por acção do mar, foram postos a descoberto os restos de uma salina, que se presume serem do período romano.
Projecto transfronteiriço
A Câmara de A Guarda realizou no passado dia 17, na Casa dos Alonsos, uma apresentação das sondagens já realizadas no Seixal, avançando com os projectos que tem em mente e que gostaria de ver estendidos a toda a costa, desde Baiona até Oya, na parte galega, e Moledo, Vila Praia de Âncora e Âncora, na parte portuguesa, tornando dessa forma este estudo, catalogação e divulgação num projecto transfronteiriço, "unindo toda a costa", referiu Xavier Crespo.
Xavier Crespo, vereador com a área da cultura e património do Concelho de A Guarda, destacou que os donos das bouças de Camposancos (Armona) e do Seixal, "não deixaram que este legado se perdesse", disponibilizando os seus terrenos para que se realizassem prospecções.
O autarca galego considerou esta aposta cultural, um "projecto integral", prevendo várias intervenções que permitirão entre o final deste ano e o de 2019, "conhecer melhor a dimensão das salinas", graças à disponibilização de verbas (75.000€) da Conselharia do Mar e com o apoio logístico do Município de A Guarda.
"Prospecção sistemática de toda a costa"
Este projecto denominado "A Guarda, Mar e Sal" permitirá investigar as "paisagens do sal na antiguidade" e a sua envolvente, referiu Brais Currás, natural de Moaña e Professor da Universidade de Coimbra, permitindo desta forma "entendermos melhor o desenvolvimento da Foz do Rio Minho e de toda a costa". Estas declarações foram proferidas no decorrer da apresentação do projecto, presidida por Montserrat Magallanes, vice-presidente da autarquia guardesa, perante a impossibilidade da presença do presidente António Lomba, a quem acabara de falecer um familiar.
"Potenciar o desenvolvimento cultural e económico local"
Brais Currás admitiu que ainda não sabiam muito sobre as salinas, quer as pré-históricas, quer as da época romana, mas existem já "sinergias" entre universidades portuguesas e galegas, bem como de outras entidades públicas, que permitirão "um estudo rigoroso das salinas a fim de avaliar o seu valor". A confirmar-se a importâncias destes achados arqueológicos, este académico garantiu que a sua divulgação "permitirá potenciar o desenvolvimento económico e cultural local", a exemplo do que sucede com o Castro do Tegra, acentuou.
Estudar e documentar a planimetria, identificar o sub-solo de modo a avaliar a sua extensão, detectar a linha de costa que "não é constante", acentuou, e analisar a ligação das salinas com o mar, encontram-se igualmente nas intenções dos investigadores, apoiados pelas universidades de Vigo, Santiago e Corunha e seus alunos que também se integrarão nos trabalhos de campo.
A ANABAM (Associação Naturalista Baixo Minho), de A Guarda, aderirá a este projecto que prevê já em 2019 estar na posse de um guia arqueológico e de uma página na Internet com a finalidade de divulgar estas descobertas que se assumem como uma aposta de "desenvolvimento económico e cultural sustentado", atendendo a que os investigadores lançam um desafio aos pescadores e confrarias, no sentido de voltarem a produzir sal nas suas costas, completou Brais Currás.
Mais 300 m2 de escavações
Mar Cortegoso, responsável pelas escavações, embrenhada no trabalho de campo realizado nos últimos três anos, assinalou que procederam já à limpeza e musealização das salinas junto da ecovia, tendo analisado as estruturas e voltado a tapar, pretendendo agora avançar com mais escavações numa área de 200/300 m2, mais a norte.
O Grupo de Acção Pesqueira Local apresentou um vídeo de divulgação das potencialidades do mar e de toda a costa desde Cangas até A Guarda.
"Causou-me impacto"
Esta apresentação foi encerrada por Monteserrat Magallanes, tendo agradecido a "colaboração de muita gente", o que tornou possível este projecto que "me causou impacto, quando me disseram onde tinham encontrado as salinas e fui lá ver".
"É uma honra ter guardeses desta qualidade"
A concelheira do Município de A Guarda frisou que este projecto "deve ser valorizado para as gerações futuras", apelando ao empenhamento e colaboração das escolas (Sangriña, p. e.), Entidade Menor de Camposancos, confrarias de pescadores e palangreiros, Deputação de Pontevedra e ANABAM, terminando a suas palavras, assegurando "ser uma honra ter guardeses desta qualidade".
O Concello da Guarda solicita o aumento das visitas das unidades móbiles da ITV para vehículos agrícolas
O Concello da Guarda vén de remitir unha carta á empresa Supervisión y Control, S.A. empresa encargada dos desprazamentos das unidades móbiles para as inspeccións técnicas de vehículos, solicitando o aumento da frecuencia das visitas destas unidades para a realización das inspeccións técnicas aos vehículos agrícolas existentes no municipio.
Esta solicitude realízase ante a demanda constatada, sendo precisa unha maior frecuencia das visitas para facilitar aos propietarios de vehículos agrícolas a realización da inspección técnica dos seus vehículos.
Dende o Concello da Guarda agárdase que se teña en conta esta solicitude para evitar desprazamentos innecesarios ante as poucas alternativas existentes.
O Conservatorio de Música da Guarda inicia o novo curso cubrindo a totalidade das prazas ofertadas
O pasado luns día 17 de setembro tivo lugar o inicio do novo curso no Conservatorio de Música da Guarda, un ano especial polo aumento de matriculacións, quedando cubertas a totalidade das prazas ofertadas nos diferentes grupos, coma Percusión, frauta travesera, clarinete, saxofón, gaita, violín, viola, piano, guitarra clásica e eléctrica, trompeta, trompa, trombón e tuba.
Entre as novidades deste novo curso destaca a posta en marcha da materia de Percusión, cubríndose tamén a totalidade das prazas ofertadas, a incorporación dun novo profesor para linguaxe musical ou a formación dun Coro, que contará coa participación de todos os alumnos do Conservatorio.
Tamén este ano os alumnos do curso de gaita terán a oportunidade de optar a clases en conxunto, a diferenza de outros anos en que só ofertábanse clases individuais.
José Antonio Soutelo Muñoz, Director do Conservatorio de Música da Guarda, valora o inicio deste curso coma un dos mellores, non só polo éxito de matriculacións, senón pola cantidade de novidades e ampliación de servizos, o que pon en valor este espazo cultural na vila da Guarda e que promoverá ter unha boa "canteira" de rapaces e rapazas cunha formación musical sólida e variada.
Dende a Concellería de Cultura, Elena Baz destaca o esforzo realizado dende o Concello para o mantemento do Conservatorio, ampliando a oferta de servizos, engadindo que "apostar pola música é apostar por un bo futuro para os rapaces e rapazas, inculcando valores positivos coma o traballo en equipo, a responsabilidade, a disciplina, entre outros".
Municipio de A Guarda
O Plan DepoRemse permitirá na Guarda a mellora da mobilidade e seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta
Esta semana a Deputación de Pontevedra ven de anunciar os proxectos que se van beneficiar do Plan bianual 2018/2019 de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais, DepoRemse, do cal o Concello da Guarda vai ser beneficiario a través da mellora da mobilidade e seguridade no entorno das rúas Vigo e Celta.
No entorno destas rúas A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos coma o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón Municipal, o IES A Sangriña, o CEIP A Sangriña, o Estadio Municipal da Sangriña, lugares que son frecuentados por milleiros de persoas, na súa maioría rapaces e rapazas, para asistir a estes equipamentos.
Coa posta en marcha deste proxecto se pretende mellorar estes desprazamentos peonís, mellorando a seguridade dos usuarios, peóns e tamén a circulación de vehículos, coa construción dunha glorieta no coñecido coma "cruce dos bechos".
As obras realizaranse na Rúa Vigo, dende o enlace coa PO-552 ata as proximidades do Pavillón Municipal e en parte Rúa Celta, sendo esta actuación unha primeira fase, que se pretende ampliar en futuros proxectos para dar continuidade á humanización da totalidade destas dúas rúas.
O Proxecto de mellora da mobilidade e seguridade no entorno da rúa Vigo e Celta, conta cun orzamento de 588.235,29 euros, dos cales 500.000 apórtaos a Deputación de Pontevedra e 88.235€ o Concello da Guarda.
Todos os proxectos aprobados, tal e como informou a presidenta da institución provincial, correspóndense con obras completas que melloran a calidade de vida da veciñanza, dan cumprimento á normativa vixente sobre seguridade viaria, foron aprobados polo órgano competente do concello e contan con terreos de titularidade municipal. Ademais, para a valoración de todos eles, tamén se tiveron en conta criterios como a poboación, a extensión da rede viaria municipal, a densidade de poboación e a calidade e madurez dos proxectos, sendo o proxecto presentado pola Guarda, un dos que acadou as mellores puntuacións.
Municipio de A Guarda
Rematan as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño en Camposancos
A pasada semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, consistente na reposición dunha parte da pasarela de acceso á praia, reparación doutro tramo e colocación dun novo tramo ata a zona de aparcamento, conectando estes dous espazos.
A nova pasarela está construída en madeira, contando cun ancho de 1.60 metros e unha lonxitude de 96 metros, unindo o aparcamento e a Praia do Muíño, o areal de maior afluencia na Guarda durante a tempada estival, e tamén unha zona frecuentada ao longo do ano por numerosas persoas para realizar paseos e exercicio físico.
Estas obras de mellora realízanse grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se reparte en dúas anualidades 2018 e 2019 cun investimento total de 24,161,10€ IVE incluído.
Municipio de A Guarda
Últimos días de inscrición para o proxecto de turismo sustentable "Protura" na Guarda
A Guarda acolle a partires de outubro un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turístico, con formación mixta, a distancia e presencial. O prazo de inscricións aínda aberto e quedan prazas libres para novas inscricións.
Información e inscricións no 886 210 725 ou protura@depo.gal
Obxectivos
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, achegando estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.
Resumo do proxecto
O proxecto está destinado a aquelas empresarias e empresarios turísticos do contorno da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e en acceder a este interesante nicho de mercado. Resultará de utilidade para o persoal que oriente o seu traballo cara a este segmento da industria turística.
O proxecto pretende informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.
Impartiranse 8 tipos de accións, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:
Turismo rural sustentable
Capacitar as empresarias e empresarios e o persoal do sector turístico en relación ás técnicas de xestión nas que se basean os principios do turismo sustentable. Das 6 accións formativas recollidas neste punto, 2 correspóndense coa modalidade a distancia a través dunha plataforma de teleformación e as 4 restantes con formación mixta, combinando a teleformación coa modalidade presencial.
Temática:
1.Concepto de sustentabilidade
2.Impactos do turismo. Turismo e medio ambiente
3.A sustentabilidade no sector turístico
4.A xestión de empresas turísticas. Claves e características do turismo sustentable
5.Axudas e subvencións. Acreditacións. Aspectos legais
6.Características socioeconómicas das zonas obxectivo (formación a distancia)
7.Potencial endóxeno dos recursos das zonas obxectivo e identificación dos produtos máis relevantes desas zonas (formación a distancia)
8.Exemplos de boas prácticas de sustentabilidade
Asesorías de turismo sustentable
Son accións específicas de apoio ao persoal encamiñadas a mellorar a súa situación no mercado de traballo en temas ambientais. Os asesoramentos compóñense de 2 tipos de accións e lévanse a cabo de forma individual e personalizada, cunha parte presencial e outra a distancia (xa sexa vía telefónica ou vía correo-e), nas que a cada persoa asesorada se lle abre un expediente onde figuran os seus datos persoais, o problema ou cuestión exposta e un plan de actuación que recolle a solución achegada.
Contido das asesorías:
1.Características socioeconómicas da zona
2.Valorización do potencial endóxeno dos recursos da zona
3.Identificación dos produtos máis relevantes da zona
4.Lexislación actual vixente, axudas e subvencións dispoñibles
5.Xestión das empresas turísticas
Máis información: https://www.depo.gal/protura
Municipio de A Guarda
Deporte, festas, romaría, exposición e visitas guiadas son os pratos fortes desta fin de semana na Guarda
Nova fin de semana cunha ampla oferta de actividades no Concello da Guarda, por unha banda as Festas das Mercedes, que nesta edición celebran o seu centenario, contará coa XXXI Festa da Zorza, concursos de repostería e tortillas, así coma numerosas actuacións musicais e noites de verbenas. Tamén salientar a inauguración da Exposición das Marcas dos Mariñeiros este sábado ás 19:00h na Casa dos Alonsos, a Romaría de Santa Trega o vindeiro Domingo ou a celebración da proba deportiva conxuntamente con Caminha "Grande Trail Serra d´Arga".
Venres 21 de setembro:
Na programación do Centenario das Festas das Mercedes, destacan na xornada deste venres, a XXXI Festa da Zorza a partires das 18:00h da tarde coa animación do grupo de gaitas A Boalleira, fin de festa co DJ Guille e unha gran queimada popular.
Tamén este venres día 21 de setembro celebrarase a proba Grande Trail Serra D´Arga Sunset, cunha distancia de 13km, os participantes realizarán a travesía no transbordador Ferry Boat ata A Guarda ás 19:30h, para saír ás 20:00h dende a marxe galega do Río Miño e percorrer os 13km da proba polo Monte Santa Trega, onde os participantes gozarán das especiais e singulares vistas cun "sunset" ou solpor máxico.
Sábado 22 de setembro:
Na programación do Centenario das Festas das Mercedes, destacan na xornada deste sábado, a partires das 17:00h, o concurso degustación de repostería e tortillas, seguido dunha gran verbena a partires das 21:00h coa orquestra La Torre e o grupo Ritmo Latino.
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda inaugúrase este sábado día 22 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda. Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizarase unha tertulia, dirixida por Agustín Ferreira Lourenzo. A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.
Na xornada do sábado 22 de setembro terá lugar a proba Grande Trail Serra D´Arga Aventura, cun total de 80 km e que terá saída dende A Guarda ás 7:00h da mañá, cun percorrido polo Monte de Santa Trega e continuará por terras de Caminha. A entrega de premios realizarase ás 18:30h en Dem(Caminha).
Domingo 23 de setembro:
Na programación do Centenario das Festas das Mercedes, destacan na xornada deste domingo, ás 10:00h pasarrúas a cargo do Trebón dos Xidos, ás 17:00h actuación do Rancho Folclórico Os Camponeses Minhotos de Cerdal(Valença do Minho), e ás 21:00h verbena na zona da fontebieita coas orquestras Olympus e o grupo Magical.
Enmarcado na Romaría de Santa Trega, dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá e ás 11:00h Sermón e Solemne Procesión.
Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.
Durante a xornada deste domingo non se realizarán as visitas guiadas por mor da celebración da Romaría de Santa Trega.
Luns 24 de setembro:
Na programación do Centenario das Festas das Mercedes, destacan na xornada deste Luns(festivo local), de 17:00h a 19:00h xornada de xogos tradicionais e deporte na rúa para todas as idades na Praza dos Seixiños e a partires das 19:30h actuación do grupo folk Pelepau e tirada de fogos de luces para rematar a festa.
Municipio de A Guarda
O Grande Trail Serra D´Arga chega esta fin de semana á Guarda
Esta fin de semana celébrase o evento deportivo Grande Trail Serra D´Arga 2018, unha proba que este ano cruza a fronteira dende Caminha para desenvolver parte do seu programa no Concello da Guarda e no Monte de Santa Trega.
O vindeiro venres día 21 de setembro celebrarase a proba GTSA Sunset, cunha distancia de 13km, os participantes realizarán a travesía no transbordador Ferry Boat ata A Guarda ás 17:30h, para saír ás 20:00h dende a marxe galega do Río Miño e percorrer os 13km da proba polo Monte Santa Trega, onde os participantes gozarán das especiais e singulares vistas cun "sunset" ou solpor máxico.
Na parte final desta proba realizarase unha travesía en kayak ata o Centro de Caminha atravesando o Río Miño.
Na xornada do sábado 22 de setembro terá lugar a proba Grande Trail Serra D´Arga Aventura, cun total de 80 km e que terá saída dende A Guarda ás 7:00h da mañá, cun percorrido polo Monte de Santa Trega e continuará por terras de Caminha. A entrega de premios realizarase ás 18:30h en Dem(Caminha).
A programación de actividades do Grande Trail Serra D´Arga realizarase do seguinte xeito:
PROGRAMA 2018
21 de setembro (sexta-feira)
16h00 - Abertura do secretariado nos Paços do Concelho de Caminha
18h30 - Travessia do Rio Minho em Ferry Boat
19h00 - Partida do GTSA Sunset 13 Km
21h30 - Entrega de prémios GTSA Sunset (centro da vila de Caminha)
22h00 - Encerramento do secretariado
22 setembro (sábado)
05h30 - Concentração dos atletas GTSA Aventura 80Km no centro de Caminha
06h00 - Partida GTSA Aventura 80Km
07h00 - Abertura do secretariado em Dem
09h00 - Início da prova Ultra Trail 53km e encerramento do secretariado
10h30 - Partida GTSA KM Vertical em Estorãos
15h00 - Abertura do secretariado em Dem
16h00 - Partida GTSA Kids (Dem)
17h30 - Entrega de prémios em Dem (GTSA Aventura 80 Km, GTSA Ultra Trail 53 km e GTSA Vertical)
22h00 - Fim das atividades
23 setembro (domingo)
09h00 - Partida Trail Longo 33 km
10h00 - Partida Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km em S. Lourenço da Montaria
10h10 - Partida da Caminhada 7 km
11h30 - Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Curto 14 km (S. Lourenço da Montaria)
11h50 - Chegada prevista dos primeiros atletas do Trail Longo 21 km e Trail Longo 33 km (S. Lourenço da Montaria)
15h00 - Cerimónia de entrega de prémios Trail Longo 33 km, Trail Longo 21 km e Trail Curto 14 km S. Lourenço da Montaria)
*As horas do programa anterior están en horario de Portugal, +1:00h en España.
Municipio de A Guarda
Novos cursos de informática este outono na Aula Cemit da Guarda
A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades este outono, e ademais de xeito gratuíto.
As inscricións están abertas, sen límite de prazo, no Concello e no Centro Cultural(1º andar), o inicio dos cursos será o vindeiro 1 de outubro.
Durante os meses de outubro e novembro realizaranse diferentes cursos básicos para coñecer o manexo do ordenador, internet, navegador e e-mail, editor de texto Writer, smartphones e cursos para rapaces sobre edición de textos para traballos escolares.
Cursos de Outubro e Novembro
- Manexo dun ordenador: Curso básico para persoas que non teñen experiencia en informática.
- Internet, navegador e e-mail: Curso básico para os primeiros pasos navegando en internet, traballar co e-mail e levar a cabo xestións online (compras, DNI-e, rexistros, etc).
- Editor de texto Writer: Crear e editar documentos.
- Smartphones: Manexo e utilidades.
- Curso para rapaces/as: Curso de edición de textos para elaborar traballos.
HORARIOS OUTONO 2018
Horario para os meses de Outubro e Novembro
Manexo do ordenador Luns e Venres 16:30 - 18:00
Internet Martes 16:30 - 18:00
Writer Sábados 10:30 - 12:00
Smartphone 30/10 - 27/11 16:30 - 18:00
Nen@s Xoves 16:30 - 18:00
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Municipio de A Guarda
A Guarda acolle este domingo a Romaría de Santa Trega
O vindeiro domingo día 23 de setembro A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.
Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá e ás 11:00h Sermón e Solemne Procesión.
Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.
A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.
Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o noso patrimonio, sinal de identidade do noso pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega.
Municipio de A Guarda
Inauguración Exposición "Marcas de Pescadores Póvoa de Varzím e A Guarda"
O vindeiro sábado día 22 de setembro ás 19:00h realizarase na Casa dos Alonsos a inauguración da Exposición "Marcas de Pescadores Póvoa de Varzím e A Guarda"
Acto: Inauguración da Exposición "Marcas de Pescadores Póvoa de Varzím e A Guarda"
Día: Sábado 22 de setembro de 2018
Hora: 19:00h
Lugar: Casa dos Alonsos
Interveñen:
" Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda
" Joaquín Cadilla, Presidente da Asociación Piueiro
" Luís Diamantino Carvalho Batista, Vicepresidente da Cámara de Póvoa de Varzim
" Celso Fariñas, Secretario da Asociación Piueiro
" Agustín Ferreira Lourenzo, Coordinador da tertulia
Municipio de A Guarda
Novo horario de inverno no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz
A partires desta fin de semana modifícanse os horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de inverno.
O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h os sábados, domingos e festivos.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: "Xentes do mar", "Lendas de mar", "Mulleres do mar" e "Tesouros vivos".
Centro de Interpretación
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
"1 € adulto
"0,50 € menores de 14 anos
"Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
Municipio de A Guarda
A Guarda liquidou o exercicio 2017 cun remanente positivo de tesourería
O Concello da Guarda ven de aprobar o decreto da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2017 cun saldo moi favorable para as arcas municipais, grazas a o esforzo levado a cabo dende as diferentes concellerías, que supuxo un remanente favorable de tesourería para gastos xerais de 1,212,490,24€, o departamento de Facenda destaca que é o dato máis elevado da serie histórica.
A liquidación de contas do 2017 amosan un resultado orzamentario positivo de 2,419,859,90€ e o cumprimento por parte do Concello da regra do gasto, do criterio de estabilidade e tamén do cumprimento do equilibrio orzamentario.
Este remanente favorable vai permitir, entre outras actuacións, a futura compra do campo de Fínola, ao carón da Alameda da Guarda.
O Concello da Guarda ingresou no exercicio 2017 un total de 7,368,784,56€, sendo o gasto total para este exercicio de 6,957,314,19€.
Período medio de pago a provedores
Outro dato salientable é o período medio de pago a provedores, no segundo trimestre de 2018 o período medio de pago a provedores se sitúa nos 12,35 días, moi por debaixo doutros concellos e da media autonómica de 33 días a media da administración central de 46 días.
Débeda cos bancos
En canto á débeda cos bancos, o Concello da Guarda conta cun endebedamento excepcional, moi inferior aos de anos anteriores. O equipo de goberno leva anos facendo un esforzo, adoptando medidas en canto ao control do gasto, racionalización e eficiencia, recordando que no ano 2006, o endebedamento cos bancos foi de 2,150,606,64€, chegando no exercicio do 2017 a un endebedamento histórico de 0€, xunto con esta cifra de endebedamento 0€ podemos salientar tamén de que así como o endebedamento con provedores no ano 2006 situábase en 2,238,488,47€, a data de 31 de decembro de 2017 o Concello da Guarda tiña unha débeda con provedores de 436.509,47€.
Municipio de A Guarda
Curso gratuíto de Soldadura con electrodo revestido e TIG
A mediados de outubro iniciarase un Curso de Soldadura con electrodo revestido e TIG de carácter gratuíto e con prácticas en empresas, exclusivamente adicado a persoas desempregadas e co que se acada un certificado de profesionalidade.
Para poder optar a esta formación é preciso estar apuntado como demandante de emprego na oficina de emprego de Tui e contar coa titulación de ESO.
Esta formación, con dous cursos dispoñibles, conta cun total de 758 horas, repartidas nun total de 7 meses e que se impartirá en horario de mañá de 9:00h a 13:00h, para un dos cursos e de 15:0h a 20:30h para o outro curso.
Máis información no teléfono: 986 62 3110 (Cerrajería Gándara - Tomiño)
Municipio de A Guarda
Veciños da Guarda e Caminha participaron este sábado na Ruta da Cova Moura
Continúan as andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda e que terán lugar entre os meses de setembro e novembro co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.
A primeira andaina, desta nova sesión celebrouse o pasado sábado día 15 de setembro, onde os participantes percorreron a Ruta da Cova Moura nas terras portuguesas de Monçao cunha distancia total de preto de 20 km.
Esta ruta guiada recorre as sendas e parroquias de Monçao. Os asistentes coñeceron praias fluviais como a de Sendin, onde transcorre o río Gadanha, que ofrece unha paisaxe de gran valor.
Ademais de muíños, pontes medievais e moita natureza con pequenos sendeiros entre prados, viñas, penedos e piñeirais. Tamén se coñeceu o Palacio de Berjoeira, clasificado como Munumento Nacional dende o ano 1910, de estilo neoclásico, foi construído en 1834.
O 20 de novembro celebrarase a segunda saída, na que os participantes poderán realizar unha andaina duns 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira. A andaina será de ascenso desde Leiro, onde antes de iniciar a ascensión de case 500m. de desnivel os asistentes recorrerán unha parte do río e do pobo. A Pena Corneira é unha gran roca ou penedo, situada no alto do monte, e amosase como un gran miradoiro sobre a comarca do Ribeiro. O seu bosque, de gran extensión, está catalogado como espazo natural de Galicia xa que está formado por árbores autóctonos. Outros atractivos da ruta son o conxunto de hórreos de Paredes e as igrexas románicas de Leiro, Lebosende e Serantes.
O peche do calendario deste ano 2018 terá como protagonista as terras veciñas rosaleiras coa ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón o vindeiro 10 de novembro. Os Muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico, xa mencionados en documentos do século XVII. Recorrido de gran beleza con excelente panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño. Tamén se coñecerá a Capela na véspera da celebración de San Martiño e pechará o calendario de Andainas 2018.
Municipio de A Guarda
Río Tollo llega a los 1,5 millones de esquejes de uno de sus productos estrella, la camelia
Durante tres meses se trabaja en la poda, selección y multiplicación de distintas variedades de esta planta, buscando siempre la calidad y la excelencia
Una media de 30.000 unidades de camelia al día durante casi tres meses, alrededor de 1,5 millones solo en esta temporada. Son las cifras que maneja Viveiros Río Tollo, que cada año perfecciona las técnicas de poda, selección y multiplicación para convertirse en uno de los mayores productores de esta planta de Europa. Desde que empezaron su actividad en el año 2000, trabajadoras y trabajadores han ido ganando experiencia para una tarea que se realiza íntegramente de forma manual y que cuida cada paso para conseguir el mejor producto, desde la búsqueda de "unas especificaciones muy precisas en cada rama que se corta" hasta la selección y preparación para el plantado.
Desde sus inicios hace casi 20 años hasta ahora, Río Tollo ha pasado de ir de jardín en jardín buscando las mejores camelias para hacer sus esquejes a tener sus propia selección de plantas madre. A lo largo de estos años ha ido desarrollando una colección propia seleccionada con más de 200 variedades de camelia, entre las que se incluyen 4 variedades nuevas obtenidas en nuestros campos de ensayo. Unos años de experiencia y mejora en la producción propia de camelia liderados por Dña. María Soledad Rodríguez, responsable del desarrollo de una de las plantas estrella de Río Tollo.
Empezarán a llegar al mercado en 2021
Desde mediados de junio a septiembre, Río Tollo se convierte en un hervidero de trabajadores y trabajadoras preparando las futuras plantas de camelia. Tras seleccionar y cortar los brotes de primavera y verano de sus plantas madre, las futuras camelias se llevan a unas instalaciones tecnificadas con control climático y riego automático.
Se trata de un trabajo a largo plazo: desde que se poda hasta que se empieza a vender pasan un mínimo de 3 años. Así, las plantas que se están podando esta temporada no empezarán a salir al mercado hasta 2021 en su litraje pequeño.
Una tarea fundamental que se repite cada temporada y que genera "una cadena que no se puede romper" para tener cada año nuevas camelias, una de las pocas plantas ornamentales capaces de burlar el frío y de llenar los jardines de colores en pleno invierno.
Como productor, Viveiros Río Tollo multiplica las distintas variedades de camelia con las que trabaja, descartando algunas y experimentando con otras nuevas, buscando destacar propiedades como el olor, la resistencia, la fuerza, el color… de la planta. En definitiva, investigando siempre en pro de la novedad, la originalidad, la diferenciación y el perfeccionamiento.
Es esa búsqueda de la excelencia y la apuesta por la innovación la que lleva a este productor a planificar distintas cantidades de multiplicación dependiendo de la variedad de camelia de la que se trate. Y es que Viveiros Río Tollo despunta precisamente por su esfuerzo constante y su fuerte inversión en I+D+i, que se completa con su colaboración con centros tecnológicos, científicos y empresas de los cinco continentes así como con viajes por todo el mundo para conocer nuevas técnicas y nuevos productos.
Trinta "barbeiros solidarios" amosarán a súa arte este domingo en Tomiño
Dende as 11:00 ata as 18:00 horas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen para peitear, cortar o pelo, afeitar, amañar a barba, etc. por tan só 6 euros por servizo
Por segundo ano consecutivo, os "Barbeiros Solidarios", voltan á Praza do Seixo de Tomiño, onde o vindeiro domingo, celebrarán unha xornada de traballo en beneficio da asociación de persoas con discapacidade "Vontade".
Unha trintena de profesionais da perruquería e barbería de toda España, achegaranse a vila para levar a cabo unha gran labor social; dende as 11:00 ata as 18:00 horas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen para peitear, cortar o pelo, afeitar, amañar a barba, etc. por tan só 6 euros por servizo.
Este mediodía, presentaron a actividade en rolda de prensa a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente de Vontade, Miguel Pazo e Anahíl González, do Espazo Vip peluquer@s, organizador do encontro.
Tanto a alcaldesa, coma o presidente de Vontade, agradeceron a labor da perruqueira Anahíl González, dos seus compañeiros de profesión, que chegarán de diferentes provincias españolas e galegas, costeándose eles mesmos os gastos de desprazamento e manutención.
A primeira edición, celebrada no mes de outubro do ano pasado, contou co apoio masivo da poboación de Tomiño e arredores, chegándose a atender a 325 persoas. Os organizadores esperan repetir o éxito acadado.
A xornada amenizarase con música en directo, coa Argonat Band e, para os máis cativos, haberá inchables e xogos tradicionais.
Este é un acto organizado por Espazo Vip peluquer@s no que contan coa colaboración do Concello de Tomiño, Hotel Nova Colina, Medavita, Casaita, Mahou, Tomipan Flor y Nata, entre outros.
Inspección técnica de vehículos agrícolas o día 8 de outubro en Tomiño
O luns 8 de outubro próximo, unha unidade móbil de maquinaria agrícola trasladarase a Tomiño para levar a cabo unha inspección técnica periódica de vehículos agrícolas (sen carga).
A devandita inspección realizarase na zona empresarial Gabín-Forcadela en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.
Para solicitar cita previa é necesario chamar ao 902 309 000, ou ben, entrar na páxina web: www.sycitv.com.
Tomiño celebra o seu cuarto BioMercado con alimentos saudables e produtos ecolóxicos
O domingo 30 de setembro, a Praza do Seixo acollerá varias decenas de postos chegados desde diferentes puntos de Galicia e España
A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro, a cuarta edición do BioMercado, na moitos postos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias.
O Biomercado vén deste xeito a consolidarse coma un evento anual que ten coma finalidade pór en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade.
A programación iniciarase pola mañá coa apertura dos postos ás 11.00, e ao longo do día (até as 21.00) desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e formativas; obradoiros relacionados coa cociña e a gastronomía, como a elaboración de doces, extracción de mel e comida vegana. Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas sobre diferentes temas biosaudables, ou actividades lúdicas con música en directo, xogos e unha ampla oferta de degustación gastronómica.
Todas as propostas terán lugar na praza do Seixo, dentro do mercado municipal ou na Casa do Concello.
Unha trintena de mozos e mozas de Tomiño procuran ideas para innovar e emprender
Hoxe comezaron as xornadas de emprego destinadas á mocidade. Xente reimaxinando xunta o territorio, analizando as tendencias do mundo rural para inspirarse e crear ideas de proxectos.
Máis de 30 persoas, a maioría novas, comezaron hoxe as "XORNADAS DE EMPREGO E INNOVACIÓN COLABORATIVA", organizadas polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
A actividade, que se estenderá até o vindeiro venres, foi presentada pola técnica municipal Elisabet Pérez de Santiago, quen deu paso aos formadores, Laura Gutiérrez e Ángel Álvarez, da axencia Brain-Co (Brain Connectors), axencia especializada en economía colaborativa.
Segundo explicaron as persoas formadoras, a metodoloxía da actividade será eminentemente práctica e de traballo en equipo, dúas bazas que, sumadas á autenticidade das ideas e a motivación persoal, axudarán ás participantes a redondear os seus proxectos e planificar a posta en marcha dos mesmos.
Estas xornadas, de balde, están destinadas á mocidade de Tomiño e Vila Nova de Cerveira en particular. Destinadas a persoas que desexen ser axentes activos no terriotrio a través de proxectos emprendedores, sociais e/ou culturais, persoas que procuren novas oportunidades para os retos locais, xente emprendedora que desexe repensar o seu negocio, persoas empregadas que precisen adquirir capacidades para afrontar os novos retos do mercado laboral ou desempregadas que necesiten reciclarse.
"A idea é a de conectar ideas e persoas, na procura de solucións innovadoras para desenvolver marcas, produtos, servizos ou ferramentas relevantes para o crecemento dun negocio asociado ao mundo rural, a través da innovación e a creatividade", explicou Ángel Álvarez, dando exemplos prácticos e consellos relevantes á hora de decidir que facer no campo laboral.
Até o vindeiro venres, as persoas participantes, traballarán en diferentes módulos (análise das tendencias no mundo rural; novas formas de relación e colaboración entre empresas; espazos de traballo colaborativos; innovación centrada nas persoas; novos modelos de financiamento alternativo; novas ferramentas na busca de emprego, e unha sesión entre empresas e persoas desempregadas, co obxectivo de formar unha bolsa de emprego).
Tomiño formará auxiliares socio-sanitarios para ampliar o Servizo de Axuda no Fogar
. O Concello organiza en colaboración coa empresa Idades S.L. un curso teórico- práctico de auxiliar socio-sanitario, comprometéndose esta última a contratar polo menos, o 40% dos participantes
. A acción formativa, de 140h de duración, realizarase durante os meses de outubro e novembro, e estará dirixida tanto a persoas desempregadas, como a traballadoras en activo e familiares de dependentes
Tomiño ten na actualidade 34 auxiliares de axuda no fogar que atenden unha media de 100 persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal. Ante a previsión de que a Xunta de Galicia aumente 900 horas máis para usuarios/as con dependencia, co que a demanda de man de obra, será moito maior, o Concello de Tomiño organiza un curso gratuíto para formarse coma auxiliar socio-sanitaria/o, e poder ampliar logo o Servizo de Axuda no Fogar.
Trátase dunha acción formativa, de balde e cun compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes, denominado "O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional", e organizado en colaboración coa empresa "Idades S.L.", especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria.
O curso, dunha duración de 140h, foi presentado o pasado venres no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González; a concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez e dous representantes da empresa Idades, Esteban Feteira (responsable principal) e Paula Morais (coordinadora).
A alcaldesa de Tomiño salientou a disposición do Concello a continuar organizando accións formativas deste tipo, xa que ao mesmo tempo que ofrecen unha formación especializada, dan resposta á demanda actual en diferentes sectores do mercado laboral.
O curso realizarase en Tomiño durante os meses de outubro e novembro deste ano, e estará dirixido tanto a persoas desempregadas, como a traballadoras en activo; familiares de dependentes ou persoas interesadas en formarse para poder traballar logo no sector da atención socio-sanitaria.
Paula Morais indicou que das 140 horas totais, 100 adicaranse á realización de prácticas, acompañando a un traballador/a con experiencia. As clases teórico-prácticas estarán a cargo dunha traballadora social e docente experta en atención socio-sanitaria.
As persoas interesadas deberán estar en posesión do Título de Graduado Escolar e o número de prazas dispoñibles é de 15.
O prazo de inscrición estará aberto desde o día 17 ao 21 de setembro. As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum ao seguinte enderezo electrónico: ana.sanchez@concellotomino.gal , indicando no asunto CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA.
" Duración: 140h (40h teóricas, 100 prácticas)
" Datas: Parte teórica: do 8 ao 29 de outubro 2018 os luns, mércores e venres de 16:30h a 20:30h. Prácticas (non remuneradas): do 5 ao 30 de novembro de 2018
" Centro: Escola Obradoiro O Regatiño, Goián (Tomiño).
Tomiño distingue á artista visual gañadora da XX Bienal de Cerveira
A videoperformance "Figuras decorativas", de Verónica Vicente, pasará a formar parte da colección da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e poderá visitarse até o día 23 deste mes
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada da concelleira de Cultura, Cristina Martínez, recibiron onte no Concello, a Verónica Vicente, a artista visual tomiñesa, que se fixo cun dos primeiros premios de adquisición da XX Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira.
A alcaldesa felicitou a Verónica polo seu excelente traballo, ofrecéndose a poñela en contacto con outros artistas da vila e colaborar para a difusión da súa obra. "Eu sempre digo que en Tomiño estamos rodeados de talento, e este é un exemplo máis; queremos potenciar e acompañar aos nosos artistas, pondo en valor o seu traballo", explicou a rexedora.
Verónica Vicente, pola súa banda, agradeceu o recoñecemento do Concello e confesou estar sorprendida polo premio que lle concedeu a Bienal de Cerveira, aínda que non é a primeira vez que se presenta a este xa famoso certame.
A súa videoperformance "Figuras decorativas" pasará a formar parte deste modo, da colección permanente da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, e poderase visitar até o 23 de setembro na localidade fronteiriza (http://bienaldecerveira.org/xx-bienal/).
Verónica Vicente naceu en Tomiño en 1988. Licénciase en Belas Artes na Universidade de Vigo. Realizou un máster en Arte, Museología e Crítica Contemporáneas, na Universidade de Santiago de Compostela, e outro de Fotografía en EFTI, en Madrid.
Recibiu o primeiro premio no I Concurso Internacional de Fotografía de Escultura "Un Museo Imaxinario da Escultura", do Museo Nacional de Escultura, así coma o premio "Novos Valores 2011", na modalidade de fotografía, da Deputación de Pontevedra.
Agora vén de recibir un dos premios de adquisición da XX Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira; un proxecto que cumpre 40 años, sendo a bienal máis antiga de Portugal.
A súa obra formou parte de exposicións colectivas no Auditorio de Galicia, de Santiago de Compostela; no Pazo da Cultura e no Sexto Edifico do Museo de Pontevedra; no CENIMA de Foz, Lugo; no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, no Espazo OFF de EFTI e no Círculo de Belas Artes de Madrid.
Tamén levou a súa producción artística a Arts Santa Mónica, de Barcelona; Musée deas Beaux-Arts, de Angers (Francia); Museo San Juan de Deus, de Camagüey (Cuba), e formou parte de feiras e bienais como a IX Feira de Arte Contemporánea de Arévalo (Ávila), a XI Bienal Pintor Laxeiro de Lalín (Pontevedra), ou a 17ª edición da Bienal de Cerveria.
O seu traballo tenta reflexionar sobre a identidade do individuo e a capacidade de adaptarse a unha sociedade limitada por todo tipo de patróns.
Utilizando indistintamente a performance como a fotografía, Verónica Vicente traslada a reflexión sobre a identidade, do ámbito privado ao público, e a súa investigación artística céntrase en observar a capacidade socializadora que ten o home, e alertar sobre os perigos de perder a verdadeira identidade nese proceso.
A Área Panorámica tínguese de morado co gallo do Día Mundial do Alzheimer
A Área Panorámica de Tui tinguiuse esta noite de morado sumándose así o Concello de Tui á celebración do Día Mundial do Alzheimer coa iluminación deste emblemático edificio.
O Concello de Tui responde así á solicitude neste senso feita dende AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia. Na campaña deste ano, tanto a Federación Alzhéimer Galicia como as asociacións que a integran poñen o aceno na importancia dunha maior conciencia social da enfermidade que involucre a todos os eidos da sociedade. Así, a través da campaña "Ela non se acordará, e ti?", queren facer máis visibles aqueles aspectos que consideran que tanto as administracións públicas como a sociedade en xeral deben axudar a recoñecer para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia e da súa familia.
Cómpre lembrar que AFAGA conta na antiga Escola de Chans en Randufe co Centro Comarcal de Atención ao Alzheimer do Baixo Miño onde desenvolven obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.
O palco da música de Tui recuperará a cor branca orixinal tras a obras de rehabilitación
Os diferentes estudos realizados e a documentación gráfica da época apuntan a esta tonalidade tras a súa construción
O Palco da Música no Paseo da Corredoira recuperará a cor branca coa que se pintou inicialmente no século XIX tras o proceso de rehabilitación que comezou a semana pasada. O obxectivo despois de múltiples estudios con diversas técnicas e documentación é que volva lucir unha imaxe o máis similar a que tiña tras a súa construción.
De forma previa ao inicio a semana pasada dos traballos de conservación, leváronse a cabo diferentes estudos e análises para diagnosticar cales eran os axentes, procesos e formas de alteración que afectaban á estrutura metálica do palco e así determinar unha proposta de tratamento. Entre esas probas constan as diferentes catas estratigráficas que foron sometidas ao microscopio electrónico de barrido e determinaron a existencia dunha sucesión de capas pictóricas nas que a primeira e máis abondosa é a cor branca, algo que tamén testemuña a documentación gráfica histórica.
Con esta conclusión nas análises e revisión de diferente material fotográfico de época, o criterio a adoptar é o de procurar unha solución que se aproxime á imaxe orixinal que tiña esta construción, empregando a máxima da mínima intervención, preservando todo elemento orixinal presente e empregando no posible materiais e técnicas reversibles. Deste xeito aplicarase unha pintura esmaltada branca (RAL 1013) a toda a estrutura metálica, matizando en gris algúns dos elementos ornamentais e a cuberta.
As análises tamén determinaron que entre as formas de alteración máis importantes estaban presentes xeralmente o hidróxido ferroso e hidróxido férrico. Trátase de procesos de mineralización que á vista xeran as cores tan típicas da corrosión férrica en tons pardovermellos ou ocres.
A observación ao microscopio electrónico de barrido tamén confirma que o metal é un aceiro do tipo de fundición gris, unha aliaxe de ferro cun contido en carbono entre o 2 e 4,5% e con cantidades variables de silicio, manganeso, fósforo e xofre. O aceiro do palco de Tui posúe maioritariamente matriz ferrítica e carbono en forma de grafito, cunha textura típica laminar.
As diferentes técnicas analíticas que se empregaron, realizadas por Gonzalo Buceta Bruneti e Teresa Rivas Brea, foron difracción de raios X, para identificar fases minerais; fluorescencia de raios X, para obter a composición química elemental, e a análise morfolóxica e composicional mediante microscopia electrónica de barrido-SEM.
O Concello de Tui propón unha nova rebaixa de impostos, en concreto pretende recortar o IBI e o IAE
Con esta medida se pretende rebaixar o impacto da revisión e aumento do valor catastral fixados polo estado. O Concello xa aprobara no seu momento a supresión do imposto da plusvalía
O Grupo de goberno do Concello de Tui , vai promover unha nova rebaixa de impostos de competencia municipal , en concreto se trata do IBI ( Imposto de Bens Inmobles) e do IAE (Imposto de Actividades Económicas). Para o que proporá unha modificación das ordenanzas fiscais que os regulan
No caso do IBI o goberno propón a redución da taxa do IBI Rústico do 0,31 % actual ata o 0,30, situándoo deste xeito no mínimo que permite a lei de facendas locais. En canto o IBI urbano a proposta do equipo de goberno é rebaixalo do 0,52 ao 0,49 o que significa unha baixada do 5,76%
Esta medida ten coma obxectivo diminuír o impacto na economía dos veciños da regularización catastral e a conseguinte suba do valor catastral fixados polo estado.
Tamén se pretende modificara Baixa o IAE , neste caso baixando a taxa de localización do 0´8 ao 0´7 para empresas situadas en polígonos e ata o 0´6 para o resto das empresas. Esta medida permitirá as empresas situadas no termo municipal un aforro nos cartos destinados a impostos, podendo destinalos a outros fins empresariais
A estas dúas baixadas impositivas hai que sumar a supresión do imposto da plusvalía outra medida tomada polo goberno local no remate do 2017, por entender , tal como declarara no seu día Carlos Vázquez Padín, que se trata dun imposto "inxusto xa que actúa coma un segundo imposto de sucesións e doazóns" apuntando que se cobraba incluso naqueles casos onde hai unha desvalorización da propiedade.
O goberno a través do seu alcalde Carlos Vázquez Padín reafirma deste xeito a súa intención de facer de Tui un municipio que se caracterice por evitar a represión fiscal e por rebaixar o máximo posible os impostos de carácter municipal
|