JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Guarda inviste case 6000€ na Gardería Municipal

O Concello da Guarda acometerá a vindeira semana as obras de reposición e adecuación do pavimento do parque infantil exterior da Gardería Municipal sita na Rúa Rosal na zona das Solanas, unha actuación que consistirá na retirada da lousa existente e a instalación dunha nova superficie de caucho proxectado contínuo SBR para unha maior seguridade e desfrute dos nenos deste espazo.

Na xornada deste xoves o Concelleiro de Obras, Miguel Español e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, visitaron estas instalacións para comprobar "insitu" o lugar onde se realizarán estes traballos.

Segundo amosaron os concelleiros na súa visita, estas obras repercutirán na calidade do servizo que se oferta dende a Gardería municipal, así como na seguridade para os nenos e nenas que a empregan, sendo esta unha demanda dos pais e nais, que queda deste xeito resolta.

O Concello da Guarda investirá nestas obras un total de 5,880,60€, asumidos con fondos propios.

Municipio de A Guarda


A Guarda da a benvida a setembro nunha fin de semana con actividades para todos os públicos

A Guarda preparase para unha fin de semana con exposicións, actividades deportivas, visitas guiadas e concertos para visitantes e veciñanza nesta fin de semana na que se da a benvida ao mes de setembro.

Programación por días

Venres 31 de agosto:

A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía "Raíces Celtas en la Amazonía venezolana", da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h .

Sábado 1 de setembro:

Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra "Raíces celtas en la Amazonía venezolana" da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h.

Na xornada do sábado celebrase o X Torneo da Cachiza na Gándara que, enmarcado nas Festas das Mercedes, terá inicio a partires das 16:00h baixo a organización da Asociación de Veciños e Propietarios "O Percamino".

Ás 21:00h a Praza da Guía acolle a IX edición do "Serán da Guía", un evento musical que terá lugar a partires das 21:30h e que contará coas actuacións de varios grupos de pandereteiras da Guarda e da Comarca.

Domingo 2 de setembro:

Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

Municipio de A Guarda


A Guarda ofrece visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Santa Trega ata finais de setembro

Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Durante o mes de setembro as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferentes percorridos.

Polo tanto, as fins de semana ata finais de agosto, agás o día 23, que pola celebración do Día de Santa Trega non se realizará visita, poderase coñecer o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

Durante os meses de xullo e agosto máis de 1400 persoas participaron nas visitas guiadas realizadas, que contaron cun gran éxito de afluencia, persoas de multitude de nacionalidades distintas, atraídas polo grande interese patrimonial deste espazo, así como pola riqueza arqueolóxica do Monte Santa Trega e as súas indiscutibles vistas panorámicas e paisaxes con encanto.

Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas ás 12:30 h e ás 17:00 h do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT. Dende alí, as e os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e continuarán coa visita a ermida de Santa Trega para despois baixar polo sendeiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega onde se explicarán os contidos arqueolóxicos deste espazo escavado. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.

Ademais ás 11:30 ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas unicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.

Municipio de A Guarda


O GES da Guarda atendeu case un milleiro de incidencias entre os meses de agosto de 2017 e 2018

O GES da Guarda ven de publicar o informe de atención de emerxencias e operativos entre os meses de agosto de 2017 e 2018, cun total de 952 incidencias atendidas.

Entre as incidencias máis frecuentes destacan os accidentes, seguido de operativos por animais, xestións medioambientais, incendios urbanos e forestais, incidencias relacionadas coa circulación, operativos varios, riscos, salvamento e rescate, sanitarios e de seguridade.

A formación dos 12 efectivos que forman parte do GES da Guarda é unha parte primordial para realizar unha atención adecuada no momento de incidencias reais, por este motivo participan activamente ao longo do ano en simulacros de emerxencias xunto con outros equipos de emerxencias como o helicóptero Pesca 1 do servizo de gardacostas e tamén realizan charlas e xornadas de emerxencias en diferentes centros educativos do Concello da Guarda, participación en eventos acuáticos coma travesías a nado, entre outros.

Na actualidade unha das intervencións que máis se demandan pola poboación son as que teñen que ver coa retirada de niños de vespa velutina nas proximidades das vivendas, dando prioridade aos que se rexistran nos núcleos urbanos e zonas habitadas, realizando case a total retirada dos que dos que se teñen coñecemento no municipio.

Neste período de actuación destacaron os incendios forestais, que causaron graves danos na nosa Comarca e onde o GES da Guarda interviu nos 4 Concellos aos que da cobertura (A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia) e ademais colaborou co GES do Valmiñor nos incendios rexistrados en outubro do ano pasado en Baiona e Gondomar.

Na explosión do almacén clandestino de elementos de pirotecnia en Tui, O GES da Guarda foi solicitado polo CAE 112-Galicia para colaborar na intervención, que se realizou de forma conxunta con outros grupos operativos movilizados na zona.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Emerxencias, ven de investir neste período máis de 8000€ en EPI´S e material variado para o GES da Guarda, centrando estas inversións en material que repercuta na seguridade dos seus efectivos e nas prestacións dun servizo de calidade nas súas intervencións, coma guantes especiais, equipos ignífugos, protectores térmicos, luminarias, traxes, etc.

Proximamente o GES da Guarda contará cun equipo de comunicacións intracraneal, que lles permitirá comunicarse entre os efectivos desprazados a unha intervención, facilitando unha mellor coordinación entre eles en situacións de emerxencias.

Municipio de A Guarda


Esgotadas as citas para a renovación do DNI na Guarda ata 2019

Xa non quedan citas dispoñibles no noso concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) ata o primeiro trimestre de 2019.

A partir do mes de decembro informarase da apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e marzo, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo. Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Municipio de A Guarda


A Guarda divulga o traballo das súas asociacións

O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Deporte, organiza a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento no cal as protagonistas son asociacións e entidades de diversa índole que forman parte do amplo tecido asociativo existente do municipio.

Este ano a cita terá lugar o sábado 15 de setembro a partires das 10:30h na Alameda da Guarda. Neste espazo as asociacións guardesas darán a coñecer os seus atractivos aos asistentes, cunha ampla programación de actividades que contará con actuacións en directo, obradoiros, xogos, demostracións... sempre levados a cabo polas propias entidades.

Deste xeito o baile, a música, o fútbol, o hockey, a pintura, a convivencia e o coñecemento de toda a dinamización que temos na nosa contorna, congregaranse nun día aberto á participación de todo o mundo e no que as asociacións se implican para amosar o seu traballo.

O programa de actividades está xa a piques de pecharse e anunciarase en próximas datas, contamos con todos e todas para participar nun día festivo e reivindicativo.

Asociacións da Guarda: Unimos forzas!!!

Municipio de A Guarda


Vive o Camiño trae á Guarda a Magín Blanco e Najla Shami

O vindeiro Martes día 4 de setembro de 2018 a Praza do Reló de A Guarda acollerá as actuacións de Magín Blanco e Najla Shami, enmarcadas no programa Vive o Camiño 2018 do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021.

A programación de Vive o Camiño é una proposta escénica, musical, divulgativa e expositiva que pretende dinamizar e por en valor os Camiños Portugués e Portugués da Costa, con activardes dirixidas ao público de todas as idades, tanto á veciñanza coma aos peregrinos e visitantes dos concellos.

O evento dará comezo ás 20:00h coa actuación de Magín Blanco, que presentará o seu novo espectáculo musical "Camiño" onde conflúen música, teatro, contos e poemas de destacados escritores galegos.

Ás 21:00h terá lugar a actuación de Najla Shami, unha cantora e compositora que creceu entre Galicia e Kwait e que traerá á Guarda un espectáculo cunha selección dun repertorio moi especial fusionando músicas de diferentes lugares acompañada por dous multinstrumentistas brasileiros: Sérgio Tannus e Maurício Caruso. Música galega con carácter étnico, combinación fresca e singular.

Municipio de A Guarda


Inicio das obras de ampliación e construción dun skatepark no Porto da Guarda

Este luns día 27 de agosto iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona deportiva e de ocio infantil.

Ata o lugar trasladáronse o Alcalde da Guarda, acompañado da Concelleira de Turismo, o Concelleiro de Vías e Obras e o Concelleiro de Deportes, para visitar o arranque das obras e supervisar os traballos que alí se realizarán nos vindeiros días.

Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

O proxecto inclúe a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a actual pista multiusos e albergar o novo skatepark, que contará cun "bowl" e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46m x 18,20m.

Municipio de A Guarda


Tomiño e Cerveira comparten actividades deportivas

A iniciativa social e os servizos compartidos entre os dous concellos fomentan a práctica deportiva para todas as persoas

Sobre as 19.30 horas, o xurado (composto por recoñecidos artistas da zona) fixo público o seu fallo, nun pequeno acto presidido pola alcaldesa Sandra González, que salientou a consolidación do certame nos seis anos que leva celebrándose e agradeceu a asistencia e esforzo dos artistas, nun día de calor coma o de onte. Ao mesmo tempo, subliñou a posibilidade de contemplar os 37 traballos nas exposición que terán lugar no Centro Goianés (do 21 ao 28 de agosto) e no Mercado Municipal, a partir do día 29. As obras poranse á venda na súa maioría, o que posibilita mercar unha obra de arte por prezos razoables.

Concello de Tomiño


Tomiño e Cerveira comparten actividades de deporte e lecer

A iniciativa social e os servizos compartidos entre os dous concellos fomentan a práctica deportiva para todas as persoas

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, organizan un programa de actividades deportivas gratuítas conxuntas, dentro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), que se desenvolverá en equipamentos municipais ata finais do ano 2019. Haberá sesións para maiores de 55 anos os martes e xoves ás 10 de mañá, e xogos de iniciación á natación para nenas e nenos de 3 a 12 anos acompañados de familiares, o primeiro sábado de cada mes (19h, hora galega) na piscina de Vila Nova de Cerveira.

Asemade, programaranse clases de pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns en distintas parroquias de Tomiño. As persoas interesadas poden inscribirse online nas páxinas webs municipais de Tomiño e Cerveira, ou directamente no Concello.

Paralelamente, o río Miño protagonizou en xullo un dos proxectos gañadores da pasada edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. A "Asociación Vontade" de persoas con discapacidade de Tomiño organizou durante todo o mes actividades náuticas de turismo e deporte inclusivo desde o pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza. O proxecto, promovido conxuntamente coa Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, terá continuidade neste outono, coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous municipios.

A cooperación transfronteiriza foi moi positivamente valorada por case o 95% dos habitantes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira nunha enquisa realizada a finais de 2017, na que destacan as opinións favorables a compartir servizos como a piscina, as iniciativas de dinamización económica ou as actividades de intercambio entre escolares.

As actividades de deporte náutico complementarase no curso 2018-2019 cuns obradoiros artísticos para alumnado de primaria e secundaria, impulsados polas ANPAs de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia, outro dos proxectos gañadores en 2018 no Orzamento Participativo Transfronteirizo que xa ten aberta nova convocatoria, e é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Concello de Tomiño


Adrián Millán Figueroa proclámase campión de tiro con arco na liga galega 3D de bosque

Dende a Concellería de Deportes fan chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e polo seu esforzo constante

Adrián Millán Figueroa é un mozo tomiñés que dende hai un par de anos compite a nivel galego na modalidade deportiva de tiro con arco Sub/14, cos mellores resultados. Neste verán participou na 3ª tirada da liga galega 3D de bosque, que se celebrou na comarca coruñesa de Oza-Cesures, o pasado 28 de xullo, proclamándose campión, ao obter 291 puntos; 27 máis que o segundo concursante.

No que vai de ano resultou xa 1º clasificado en As Somozas (A Coruña) no CAMPIONATO GALEGO DE SALA; 1º clasificado en Valadouro (Lugo) no TROFEO FEDERACION XUNTA DE GALICIA, ao aire libre; 1º clasificado en SILLEDA, na categoría BOSQUE 3D; e 1º clasificado en A Devesa (Pontevedra), no CAMPIONATO GALEGO AO AIRE LIBRE.

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, o concelleiro Ismael Troncoso quere facer chegar os seus parabéns a Adrián, polos seus logros e polo seu esforzo e constante afán de superación, que lle permiten estar hoxe entre os primeiros arqueiros galegos da súa categoría.

Concello de Tomiño


Tomiño retira con medios propios medio centenar de niños de vespa asiática nos últimos dous meses

O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar os numerosos niños, con persoal municipal e voluntarios de Protección Civil

Un verán máis, o Concello de Tomiño ten que facer fronte aos numerosos casos de niños de vespa velutina localizados no municipio.

Aínda que este verán os niños comezaron a verse máis tarde que no ano anterior, lévanse atendidos xa medio centenar de casos, coa particularidade de que neste verán se detectou un maior número de niños en edificacións, tanto do núcleo urbano, coma das parroquias, mentres que en anos anteriores, a maioría formábase nas árbores.

O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar esta cantidade de niños, utilizando persoal municipal e de Protección Civil; unha grúa e outra maquinaria dispoñible, tendo incluso que adquirir traxes especiais para esta tarefas, pértegas con bomba e produtos para a eliminación dos niños, cun desembolso importante para as arcas municipais.

A veciñanza continúa demandando a axuda do Concello, polo que a actividade é permanente. De feito, Tomiño é un dos municipios galegos que figuran entre os máis afectados por este insecto invasor, que ameaza as cólmenas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador das abellas. Dáse o caso de moitos veciños e veciñas que chaman ao Concello por ter vespas na súa finca sen ter localizado o correspondente niño, o que fai moi difícil a devandita localización e conseguinte eliminación.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica que A Consellería de Medio Rural solicitou nun primeiro momento, a colaboración do ente municipal, desentendéndose logo de toda responsabilidade. "O noso concello é un dos que ante a inactividade da Xunta de Galicia, ten que enfrontarse en solitario a este problema, cada vez máis preocupante, e seguimos botando en falta que o goberno galego asuma as súas responsabilidades", comenta a rexedora, lembrando que este insecto invasor, é un grande inimigo non so das abellas, senón tamén doutras especies de insectos polinizadores, poñendo en perigo a diversidade de especies e a produción agraria; un sector fundamental na economía de Tomiño.

Segundo a alcaldesa, a situación actual foi comunicada á Xunta de Galicia, sen que até o momento, esta se fixera cargo da eliminación dos niños, nin alo menos, dos gastos ocasionados polos traballos.

Concello de Tomiño


Recepción do Concello de Tui a Carlota González e o Club Remo RRK Regensburg de Alemania

O club adestrará en Tui dende o 2 ata o 9 de setembro

O próximo luns, 3 de setembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial á remeira do Club Remo do Miño, Carlota González, pola súa participación na competición internacional da Copa da Xuventude, na que acadou dúas medallas, unha de prata e unha de bronce. Así mesmo, a recepción será tamén ao club alemán RRK Regensburg que, polo irmandade co Club Remo do Miño, estará concentrado no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui, adestrando no río Miño, dende o 2 ata o 9 de setembro.

Na recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes de Tui, Eduardo Freiría, acompañados do resto do equipo de goberno, o presidente do Club Remo do Miño, José Luis Méndez, así como Carlota González e os integrantes do Club RRK Regensburg.

Concello de Tui


Tui celebra do 2 ao 8 de setembro as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

O concello solicitará formalmente a súa inclusión na Red de Juderías de España

Este domingo, 2 de setembro, comezan as X Xornadas da Cultura Xudía en Tui que se van celebrar até o sábado 8 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que hai na cidade. Este mediodía na casa do concello tivo lugar a presentación deste programa por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador tudense, Suso Vila.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanzou nesta presentación que no mes de setembro se presentará á Rede de Juderías de España, a solicitude formal da inclusión de Tui neste colectivo. O proxecto que está a redactar o historiador tudense Suso Vila, recollendo os distintos aspecto requiridos pola Rede de Juderías, será levado previamente a pleno para a súa aprobación. Carlos Vázquez Padín indicaba que o legado xudeu de Tui é moi singular abranguendo aspectos culturais, gastronómicos e patrimoniais, polo que amosaba o seu convencemento en que poderá ser un polo de atracción turística e de investimento.

O concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, apuntou que sería de gran interese para Tui contactar con todas comunidades sefardís europeas e aproveitar así as posibilidades que xorden da presenza xudía en Tui.

Suso Vila, historiador tudense, indicou que Tui leva dez anos celebrando estas Xornadas Europeas da Cultura Xudía, nos que se ten posto en valor todo o patrimonio ligado á presenza xudía na cidade. Indicaba que é fundamental seguir con este traballo porque "Tui é un referente a nivel patrimonial en Galicia".

O martes 4, mércores 5 e xoves 6, tendo en conta o lema de "Storytelling" co que se celebran este ano os Días Europeos da Cultura Xudea, a actividade centrarase nas redes sociais municipais para dar a coñecer as historias de Francisco Sánchez, o filósofo de Tui; a prisión de Antonio Saravia; e as viaxes de Baltasar de Araujo.

O próximo sábado, 8 de setembro, terá lugar na igrexa de San Domingo o concerto de música sefardí a cargo Ana Alcaide

O domingo, 9 de setembro, ás 13h cunha visita aos Sambenitos, pezas únicas en Europa que se conservan en Tui, baixo o título de "Os nomes da historia". Está programada outra visita o venres 7 ás 20h á xudería medieval.

Concello de Tui


Sábado a Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu terceiro concerto na rúa deste verán

Será no Paseo da Corredoira as 21:30h

Este sábado as 21:30h a Banda de Música Popular de Tui ofrece no Paseo da Corredoira o seu terceiro concerto dos tres previstos no Ciclo de Concertos de Verán na rúa. Unha vez mais o repertorio que interpretarán estará composto por clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.

Este será o último concerto que a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá este verán dentro do programa "Concertos de Verán na Rúa" e no que actuaron xa en dúas ocasión anteriores , todas elas no paseo da Corredoira e con importante éxito de público.

Concello de Tui


Festival de historia Arraianos esta fin de semana en Tui

A apertura do festival e do mercado medieval será o venres, as 20.00h, continuarán cun teatro medieval na zona do mercado e ceas de taberna, na praza da Fromista para a que hai que reservar praza. Rematará a primeira noite con Noite de Donzela as 23:30h na Praza de San Fernando.

O sábado as 12:00h abrirá o Mercado Medieval e dúas sesión de teatro medieval as 12:30h e 17:30h, ambas na zona do mercado. As 18:30h haberá a conquista do Miño, as 20:00h cortexo medieval e as 21:00h voda medieval. Para a noite hai dúas alternativas, "noite das curuxas" ou festival medieval zombie.

O domingo abre cunha conferencia baixo o título "O Tui do S. XV", as 13:00h, 17:00 e 19:00h haberá teatro medieval e as 18:00h e 19:30h visita teatralizada " A toma Irmandiña de Tui". O festival rematará con "Noite do Escudeiro" na praza de San Fernando.

O conselleiro de cultura, Eduardo Freiría, e o alcalde, Carlos Vázquez Padín destacaban na presentación esta mañá a importancia deste festival xa que pon en valor o conxunto histórico de Tui e mostraban o seu apoio dende o Concello a iniciativas deste tipo.

Concello de Tui


Presentouse a 28 de agosto o número cinco da revista Castellum Tyde

Presentouse a 28 de agosto o número 5 da revista Castelum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.

O presidente do Instituto de estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembraba na presentación deste número que cada revista vai dedicada a un persoeiro de relevancia no estudio da historia de Tui e da comarca. O primeiro número foi dedicado a Aquilino González Santiso o que fora presidente e fundador do Instituto, o segundo a Eliseo Alonso, o terceiro ao sacerdote historiador, Jesús Gómez Sobrino, o cuarto o mestre historiador, Pedro Díaz Álvarez e este quinto a Francico Ávila y La Cueva. Precisamente a revista recolle un amplo artigo de Clodio González Pérez, baixo o título "Francisco Ávila y La Cueva o gran historiador de Tui e do seu bispado".

Ademais neste número se recollen traballos de Ernesto Iglesias Alemeida sobre a muralla medieval tudense, de Margarita Vázquez Corval sobre a arte románica, de Xoan Martínez Tamuxe sobre a inquisición no Baixo Miño, de Xavier Añoveros sobre Francisco Rodríguez Caballero, primer alcalde constitucional de Tui, "la imagen artística de la frontera Tui- Valença", firmado por Suso Vila, e outros traballos de Miguel Ángel González, Avelino Bouzón e Carlos Pérez Fonterosa.

Javier Añoveros remarcaba a necesidade de que unha cidade como Tui conte cunha publicación cultural, e aseguraba que esta revista de estudos tudenses cumpre ese obxectivo. O concelleiro de cultura Eduardo Freiría, presente tamén neste acto, expresaba a necesidade de publicar traballos de divulgación histórica pero que sexan accesibles para o público en xeral máis aló do especialistas.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, se congratulaba pola publicación da revista e agradecía o traballo dos fundadores do Instuituto e da actual Xunta Directiva. Ofrecía tamén o apoio do concello para seguir adiante coa súa edición.

Nos cinco número de Castellum Tyde téñense publicado un total de 52 artigos que ocupan máis de 1.000 páxinas, todos centrados na historia de Tui e o Baixo Miño.

O Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui distribuirá a publicación por distintas entidades e bibliotecas ademáis de reservar algúns exemplares que estarán a disposición dos interesados no concello.

Concello de Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais