Horário do Ferry (de 17 a 22 de Julho)
O BNG pide explicacións de por que Camposancos non solicitou axudas para normalización lingüística
"A Entidade Local Menor de Camposancos perdeu a oportunidade dunha axuda de preto de 5.000 € paraactividades de normalización lingüística."
A vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos, Merchi Martínez, presentou un escrito solicitando explicacións de por que dita entidade non solicitou as axudas que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos e das entidades menores para normalización lingüística.
Trinta e catro concellos xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive e o propio concello de A Guarda beneficiáronse de axudas para dinamización e normalización lingüística as cales foron aprobados e concedidos pola deputación de Pontevedra. En concreto na comarca do Baixo Miño beneficiáronse os concellos de A Guarda, Oia e Tomiño.
"Non pode ser que perdamos estas ocasións de poñer a disposición dos veciños e veciñas de Camposancos actividades creativas en torno a nosa lingua. Non entendo ao Presidente da Entidade: ou non lle importa ou é un incompetente", comentou Merchi Martínez.
Entre outras actividades, Camposancos perdeu a oportunidade de campamentos de verán para menores de 14 a 16 anos, talleres de creación literaria, contacontos , arrolos para nenos de 0 a 3 anos... En definitiva, perdemos a oportunidade de actividades de creación, mantemento, promoción e desenvolvemento da lingua galega.
Dende o BNG considérase unha oportunidade perdida por parte dun presidente que sempre se anda queixando de falta de fondos para realizar actividades en Camposancos, polo que queda de manifesto a incompetencia dun presidente que non ten proxecto político para a Entidade Local Menor de Camposancos.
BNG de A Guarda
Inscricións abertas para a Andaina da Romaría de São João d'Arga
O martes 28 de agosto retomaranse as andainas organizadas polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha, coa Romaría de São João d'Arga.
Organizada pola Unión de Parroquias de Caminha e Vilarelho, co apoio da Cámara Municipal de Caminha, a andaina da romaría contará cun percorrido de 20km, cunha dificultade media-alta, dende Caminha ata Arga de São João, sita na Serra d'Arga. Este é o percorrido que facían os peregrinos na véspera da festa.
No camiño pasaremos polas parroquias de Vilarelho, Venade, Azevedo e Dem. Haberá pausas durante a ruta, para descansar e agrupar aos participantes. En Dem, a organización programou un descanso máis longo para un breve avituallamento e, ao final da andaina, os participantes poderán compartir o xantar que leven como marca a tradición.
A chegada ao mosteiro de Arga de São João está programada para as 19.00 horas. O autobús de regreso a Guarda agardará aos participantes en Santo Aginha (Arga de São João), a uns 2 km do mosteiro, sobre as 21.30 horas, polo que a chegada a localidade da Guarda está prevista a partir das 22.00 horas, despois de desfrutar da tradicional romaría de Sao Joao d'Arga.
Aquelas persoas interesadas en asistir a esta emblemática festa de Caminha deben inscribirse do 23 ao 27 de xullo na Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986 614 546, ou ben a través do enderezo electrónico turismo@aguarda.es. O traslado dos participantes realizarase en autocar se hai un mínimo de persoas inscritas.
Municipio de A Guarda
A Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición do Galifornia Beat
O xoves día 19 de xullo realizouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a Presentación ante os Medios de Comunicación da IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018 nas pistas deportivas e arredores no Porto da Guarda, cunha superficie total de 30,000 metros cuadrados.
No acto de presentación interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, así como representantes da Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento.
Para a Concelleira de Cultura, Elena Baz, o Galifornia é un evento que ben merece o apoio do Concello, non só pola gran cantidade de público asistente, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas.
O Alcalde da Guarda valorou positivamente o extenso programa desta cuarta edición e amosouse sorprendido pola ambición dos seus organizadores, con exhibicións que só chegan á Guarda a través deste evento, aproveitando para anunciar que dende o municipio se está apoiando a práctica do skate, e que xa se conta coa autorización de Portos de Galicia para que no vindeiro ano sexa unha realidade o proxecto para a nova pista de skate na zona da Atalaia do Porto, unha actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, xunto cunha ampliación do espazo xa existente, que será asumida con fondos propios, o que permitirá que para a edición 2019 o Galifornia teña un espazo novo, mellorado e con instalacións de moita calidade. Antonio Lomba tamén aproveitou esta presentación para anunciar que o pintado do Espigón Norte do Porto da Guarda iniciarase coincidindo coa celebración deste evento, engadindo unha mostra máis de arte urbano ao mesmo, unha actuación que será levada a cabo polos artistas locais Nuvi & Exfico.
En canto a programación desta cuarta edición Beatriz Fernández engadiu que este festival nace da necesidade do pobo dunha cultura multidisciplinar que conxuga verán, deporte, arte e música, contando cunha extensa programación de actividades coma sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.
No apartado musical o IV Galifornia Beat contará coas actuacións dos grupos Belgrado(Córdoba), Kings of the Beach(Vigo), Fuzzil(Portugal), Glitter & Litter(Pontevedra), Milhomes(A Guarda), Los Lombardi(Portonovo) e Crema(Gijón).
Destacou a organización do evento o WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais. Tamén o BikeTrial, con deportistas que virán dende Santiago de Compostela a competir ou o Open de S.K.A.T.E. onde os trucos e acrobacias serán os protagonistas. Coma novidade a "Batalla de Gallos" ou a Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos serán destinados a organización do evento.
Programación:
Venres 3
12:00h Apertura Food Trucks y Market Place
14:00h Skate libre
19:00h Best Trick
20:00h Batalla de gallos
21:00h Concertos e Afterparty
Sábado 4
10:00h-11:00h Inscricións Street Sub 16
11:00h Street Sub 16
12:00h WS Skateboard School
13:00h Concerto de sesión vermouth
14:00h-16:00h Inscricións
16:00h Open S.K.A.T.E.
17:00h Open Street
18:00h Exhibición Biketrial
18:30h Masterclass Break Dance
20:00h Open Mini Ramp/Concertos
22:00h Entrega de premios
Fin: Afterparty
Municipio de A Guarda
Fin de semana de propostas diversas para todas as idades na Guarda
A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades. Exposicións, exhibicións deportivas e de baile, torneo de baloncesto, concertos con Ardentía e Milladoiro, visitas guiadas ao Monte de Santa Trega ou a Festa do Avó, son algunhas das propostas para esta fin de semana na Guarda.
Programación por días:
Venres 20
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00h a inauguración da Exposición fotográfica "Así Somos", unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.
Ás 21:30h o Estadio Municipal da Sangriña da Guarda acolle a II edición da Mostra C.D. Baixo Miño, un evento deportivo con entrada de balde no que se realizarán exhibicións de judo, pilates, baile moderno e zumba.
Sábado 21
Na xornada do sábado día 21 de xullo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
Durante a mañá do sábado convidamos tamén a visitar no Centro Cultural a Exposición "Cambia de Perspectiva" de Pablo Lubians, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fora do habitual. Horario: de 10:00h a 13:00h.
Ás 20:30h a Agrupación Musical da Guarda organiza na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos unha Mostra musical aberta a todo o público.
Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda. O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.
Este sábado día 21 de xullo a partires das 22:30h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra. Nesta cuarta edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila guardesa, o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).
Durante a xornada do sábado realizaranse tres visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con visita ao castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).
Domingo 22
O Domingo terá lugar a carreira a pé DepoDesafío, un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega, alternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.
Na xornada do Domingo 22 de xullo o Porto da Guarda será o escenario para unha nova edición da Festa do Avó, que terá inicio ás 17:00h e contará con actuacións musicais e homenaxe aos maiores, evento organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda en colaboración co Concello da Guarda.
Tamén na xornada do Domingo o Auditorio de San Bieito acolle ás 20:00h a actuación de Baile Talent Latino, organizada por Studio 88, baixo a dirección de Josué Álvarez e presentado por Astrid Steinbrüggen, un espectáculo de danza e baile que porá o broche final a esta fin de semana de verán na vila da Guarda.
Durante a xornada do domingo teredes unha nova oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega con visitas guiadas, ás 11:30h con visita ao Castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).
Municipio de A Guarda
Este sábado celébrase na Guarda o Torneo 3x3 de Baloncesto
Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda.
Se desexas participar co teu equipo tan só tes que inscribirte a través do seguinte ligazón: www.formfy.com/form/1417318 , o prezo por equipo é de 20€ e en total establécense un máximo de 12 equipos para o torneo.
O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.
O torneo está organizado por Baixo Miño Basket e conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello da Guarda e casas comerciais.
Municipio de A Guarda
DepoDesafío chega ao Baixo Miño cunha carreira entre A Guarda, O Rosal e Tomiño
Este domingo día 22 de xullo celébrase unha carreira a pé enmarcada no programa DepoDesafío da Deputación de Pontevedra, que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega.
Nesta primeira proba os participantes terán un percorrido moi técnico pola senda do Miño, alnternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.
O prazo de inscrición para o "Depo Desafío" amplíase ata este venres 20 de xullo, ás 14:00 h. O novo período para recoller os dorsais será o venres 20 de xullo, de 9:00 a 14:00 h ou o mesmo día da proba nos puntos de información (para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar un documento oficial acreditativo).
Na práctica deportiva poñémonos retos para manter viva a ilusión e seguir adestrando ou facendo deporte. Non serve con facer algo fácil e accesible, o que nos motiva é tentar superar aquelas cousas que supoñen un desafío.
Non penses que cando acabas un reto xa está todo feito. Se che gusta o deporte e queres gozar del, sempre estarás a buscar desafíos para sentirte realizado como deportista e como persoa.
Por todo iso, a Deputación de Pontevedra, continuando co desenvolvemento do seu plan estratéxico, impulsa un novo formato de probas deportivas chamado "DepoDesafío", que combina a carreira, a bicicleta e a natación nun ciclo de 5 probas onde as e os participantes vivirán novas experiencias e emocións.
Ven e goza dun ambiente especial no que poderás visitar e coñecer os encantos da provincia de Pontevedra, xa que cada proba do "DepoDesafío" levarase a cabo nun lugar diferente da provincia.
Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que queiran experimentar novos desafíos, así que non o dubides e apúntate.
Como participo? Admitirase un máximo de 300 participantes e terá un custo de 30 euros por persoa. Isto inclúe a participación en todas as probas (para máis información ver o regulamento do "DepoDesafío"), aínda que tamén se pode participar nunha soa (ver o límite de prazas e o custo na parte do regulamento específico de cada proba).
Como me inscribo? Só tes que ser maior de 18 anos e que che gusten os retos. Inscríbete a través do noso servizo web na modalidade de desafío ou na de proba individual.
Como recollo o meu dorsal? Os dorsais recolleranse na Deputación de Pontevedra, no Servizo de Deportes. Para a modalidade individual recolleranse o mesmo día da proba nos puntos de información ata 30 minutos antes de que comece.
Municipio de A Guarda
Ardentía e Milladoiro actúan este sábado na Guarda en "Noites no Castelo"
Este sábado día 21 de xullo a partires das 22:30h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Nesta cuarta edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila guardesa, o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).
Ardentía
A actuación do grupo Ardentía está prevista para as 22:30h, este grupo de música galega será o encargado de inaugurar esta cuarta edición de noites no Castelo. Ardentía é un grupo de música tradicional galega nacido en 1990 na cidade de Vigo que incorpora instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta.
Milladoiro
Sobre as 23:30h da noite está prevista a actuación dun dos grupos máis importantes de Galicia, Milladoiro, cunha traxectoria de máis de 35 anos, subirán ao escenario de Noites no Castelo para rememorar as mellores cancións dos seus 20 traballos discográficos e as novidades de "Atlántico" o seu último disco editado este mesmo ano.
O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.
Municipio de A Guarda
A Guarda entrega os Premios de Educación 2018
O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña.
Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xoves, establecéndose un máximo de 20 premios consistentes en material informático: 12 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 8 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo.
Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.
No acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables, asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.
Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.
Premiados/as:
IES A SANGRIÑA:
2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.
4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.
CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.
CEIP A Sangriña:
6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.
Solanas:
6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.
Sinde:
6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.
Carmelitas:
6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
4º Primaria: Carlota Cividanez Berrecoso
Somascos:
6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
4º Primaria: Iria Sanz Berridy
Municipio de A Guarda
A Guarda acometerá obras de urbanización nun treito da Baixada a San Caetano
O Concello da Guarda acometerá nos vindeiros meses as obras da primeira fase da urbanización e mellora de servizos na Baixada a San Caetano, entre os números 2 e 12.
Durante o transcurso destas obras alternarase a execución do proxecto co uso da rúa na medida do posible para evitar o malestar entre os veciños.
Renovarase a rede de saneamento, facendo unha nova rede separada de pluviais e fecais, unha nova rede de abastecemento de auga e unha pre-instalación da rede de telecomunicación e da rede eléctrica soterrada.
Agardase que o transcurso das obras non se demore máis de 60 días dende o seu comezo.
Estas obras contan cun presuposto total de 222.839 € dos cales a primeira fase ascende a 57.867 € e será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
O martes día 17 de xullo de 2018, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, mantiveron unha reunión con máis dunha vintena de veciños de San Caetano para explicarlles os pormenores deste proxecto, que se executará en tres fases, sendo esta a primeira que se vai a levar a cabo.
Municipio de A Guarda
O Concello realiza obras de conservación no Monte Tetón e instala unha pasarela de acceso ao petroglifo de Portaxes
As actuacións, financiadas pola Deputación de Pontevedra, teñen un custe de 26.722,85 euros
O Concello de Tomiño está acometendo unhas obras de emellora no Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón. A actuación consiste fundamentalmente na reposición do material danado e na conservación e o mantemento do mobiliario existente nos petroglifos de Real Seco e Portaxes. Concretamente, substiturase o valado (cinexético e de madeira) e a sinaléctica informativa, deteriorados polo paso do tempo e polos incendios dos últimos anos. Respecto aos sinais, aproveitarase para incluír nos novos rótulos máis información que a que había ata agora.
Outra das principais novidades destas obras que o Concello comezou esta semana e que se espera que poidan estar rematadas a mediados de agosto é a instalación dunha pasarela de acceso ao petroglifo de Portaxes.
O custe destas actuacións é de 26.772,85 euros, financiadas na súa totalidade por unha subvención da Deputación de Pontevedra destinada á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural.
Situado na parroquia de Tebra, o Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón ofrece mostras de arte primitiva de gran relevancia europea. Os gravados prehistóricos agrúpanse en dúas estacións principais nos que se inclúen un repertorio iconográfico composto por cazoletas, formas cuadrangulares, figuras animais e humanas, e sobre todo as impresionantes combinacións de círculos concéntricos. Algunhas delas son das maiores de toda Europa.
O Concello de Tomiño, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a comunidade de montes de Tebra organiza todos os veráns visitas guiadas ao Monte Tetón. Este ano será o 23 de agosto e, coma sempre, o arqueólogo Xosé Lois VIlar, do IEM, será o encargado de explicar aos asistentes as marabillas deste ecoparque, unha das grandes xoias patrimoniais de Tomiño.
O Concello destina 60.000 euros a mellorar os centros educativos do municipio
As actuacións están acordadas coas ANPAS e coas direccións dos colexios
Coma cada verán, o goberno municipal de Tomiño reuniuse recentemente coas Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e cos equipos directivos dos centros educativos do municipio para valorar as melloras que necesitan os colexios antes do inicio do novo curso. Faranse actuacións na meirande parte de centros, pero este ano as melloras máis importantes levaranse a cabo no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, no CEIP Pedro Caselles Beltrán, no CEIP de Sobrada, no CEIP de Tebra, e nos CRA de Seixo, Carregal e Amorín. En total, o Concello invertirá ao redor de 60.000 euros.
Unha das actuacións máis destacadas levarase a cabo no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián. Concretamente, procederase a retirar uns almacéns que estaban deteriorados e en desuso, o que servirá para ampliar o patio escolar. Ademais, tamén se procederá ao pintado de todas as aulas de Educación Infantil.
Os CRA de Tomiño tamén gozarán de melloras considerables. No centro de Amorín, pintaranse todas as aulas, melloraranse os baños e toda a instalación eléctrica. No CRA de Carregal procederase ao pintado da fachada e no de Seixo xa se está levando a cabo o pintado de todas as aulas e baños, ademáis de cambiar o chan para instalar tarima flotante nalgunha das clases.
No CEIP de Sobrada acondicionarase un espacio no patio para os alumnos de infantil e no colexio de Tebra substituriase unha pista de asfalto por outra de formigón pulido. Pola súa parte, no CEIP de Caselles o Concello arranxará o sistema de calefacción do pavillón e no comedor instalarase un falso teito para solucionar os problemas acústicos.
Por último, na Escola Infantil de Tomiño cambiarase o panelado das paredes.
"O Concello ven a suplir a falta de investimento da Xunta de Galicia", asegura o concelleiro de Mantemento, Lois Vázquez.
O Concello iniciará a próxima semana obras de asfaltado en cinco camiños do municipio
Está previsto que as actuacións rematen a finais de setembro
A próxima semana arrancarán as obras de asfaltado en cinco camiños do municipio. Concretamente, as melloras chegarán ao camiño de Gavín, na parroquia de Forcadela; o que está situado entre Pazo e Barrantes, antes de chegar á capela de San Miguel; o camiño que comunica Barro con Pousadela, pola parte de enriba do parque de Lagarello; o sendeiro entre Bouzón e Piñeiro, onde ademáis nas últimas semanas a comunidade de augas da zona cambiou por completo as tuberías, e, por último, acometerase tamén o asfaltado do camiño da Costa, que comunica con San Benito e Vilar de Matos.
As obras foron adxudicadas a empresa Construcciones Fechi e se espera que rematen a finais do mes de setembro. Está previsto que arranquen nos próximos días, en canto se aprobé o proxecto do plan de seguridade e saúde. O custe das actuacións é de aproximadamente 120.000 euros. Para financiar as obras empregaranse fondos europeos e autonómicos.
O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campos, decidiu actuar nestes camiños porque actualmente están nunha situación precaria e necesitan dun asfaltado urxente. O sendeiro da Costa, por exemplo, estaba formigonado, polo que se decidiu que fora un dos elixidos, o que se aplicará una capa de rodadura de asfalto.
O Concello de Tomiño aposta por mellorar os camiños tanto do núcleo urbano como das parroquias, co fin de mellorar a seguridade vial para peatóns como para conductores.
Tomiño e Cerveira presentan unha nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo
Os dous proxectos ganadores contarán cunha financiación de 10.000 euros cada un
Tomiño e Vila Nova de Cerveira continúan dando pasos na súa aposta por compartir cada vez máis servizos, proxectos e iniciativas conxuntas. O salón de plenos do Concello acolleu onte a presentación dunha nova edición dos Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT). Á reunión asistiron vinte representantes de entidades e asociacións pertencentes a distintos eidos e procedentes dos dous municipios. O encontro, ao que asistiu a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Joao Fernández Brito, serviu para levar a cabo un intercambio de ideas entre a administración, a veciñanza e as asociacións e presentar iniciativas sobre posibles proxectos conxuntos.
Dende onte xa está aberto o proceso para a presentación de propostas. Os interesados poden presentar as súas iniciativas ata o 22 de outubro e as votacións celebraranse entre o 8 de novembro e o 16 de decembro. As persoas que queiran votar deberán ser maiores de idade e ser residentes en Tomiño ou en Vila Nova e Cerveira. As propostas poden ser presentadas conxuntamente por persoas ou asociacións de calquera dos dous Concellos. Os dous proxectos ganadores contarán cunha financiación de 10.000 euros cada un. Todo o o proceso de candidaturas e votacións levarase a cabo a través da páxina web http://participacerveiratomino.eu/ .
Dotado con 20.000 euros, o Orzamento Participativo Transfronteirizo é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do Miño. Xa nas edicións anteriores a participación superou todas as expectativas. E agora espérase que a veciñanza volva a involucrarse na presentación de proxectos que propoñan solucións a problemas comúns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.
O OPT é un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza a través de fondos FEDER da Unión Europea. A Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira impulsa tamén iniciativas como a valedora do pobo transfronteiriza e accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.
Preto de cen nenas e nenos disfrutan do campus de fútbol de Tomiño e aprenden sobre prevención de lesións e igualdade no deporte
As xornadas celébranse ata o 28 de xuño nos campos de fútbol de Carballa e do Regatiño (Goián)
Preto de cen nenas e nenas de entre 4 e 16 anos están a participar dende o pasado luns no campus de fútbol organizado polo Concello de Tomiño e que se celebra nos campos de fútbol da Carballa (Tomiño) e do Regatiño (Goián). Estas xornadas, que xa son un referente a nivel deportivo nos veráns da comarca do Baixo Miño, serven para que as rapazas e rapaces coñezan as tácticas e técnicas dun dos deportes con máis adeptos no municipio. O pasado martes recibiron a visita de Sara Tui, xogadora da primeira división femenina no clube Unión Deportiva Granadilla Tenerife Egatesa. A centrocampista galega entrenou xunto cos participantes no campus e ensinoulles algunhas das claves para triunfar no mundo do fútbol.
Pero o Concello de Tomiño considera que o campus ten que ir moito máis alá que aprender a xogar ao fútbol. Por iso programa unha serie de actividades para que as nenas e nenos fora do terreo d exogo. Unha charla sobre a igualdade no mundo do deporte, outra sobre a prevención de lesións e un obradoiro de primeiros auxilios, figuran entre as actividades programadas.
"Ademais de ensinarlles cousas relacionadas co fútbol, tamén queremos que aprendan sobre valores como a deportividade ou a igualdade", asegura o concelleiro de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso. A clausura do campus será o sábado 28 de xullo.
Na súa programación de verán, o Concello de Tomiño inclúe, ademáis do campus de fútbol, actividades de tenis, pádel, rugby, piragüismo, atletismo e balonmán.
O Concello e o Instituto de Estudos Miñoranos impulsan unha xeira de balde polas fortalezas de Tomiño
O percorrido partirá dende o Pazo-Torres dos Correa (Goián) e contará con dous intérpretes de lingua de signos
O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), en colaboración co Concello de Tomiño, organiza mañá xoves 19 de xullo unha nova xeira de verán, e xa van cinco. Nesta ocasión, tratará sobre arquitectura militar histórica e visitaranse as grandes fortalezas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. A saída será as 18.30 horas dende o Pazo-Torre dos Correa (Goián). Trátase dunha actividade de balde e non se precisa inscripción previa. Baixo a guía de Antonio Soliño, arquitecto e membro do IEM, os asistentes terán ocasión de ver e comentar a fortaleza de Goián, que pertenceu a linaxe dos Correa, familia da que conserva un escudo na fachada principal e que estivo moi ligada históricamente a Goián. Esta construcción é unha das mellores expresións arquitectónicas do barroco galego.
A xeira partirá dende a fortaleza de Goián pero abarcará moito máis . Os participantes camiñarán e falarán sobre o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo Medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén se falará sobre a Atalaia do Espírito Santo, o Forte de San Francisco de Lovelhe, o Forte das Chagas e o Castelo de Medos, intentando contextualizar cada contrucción no seu tempo.
O percorrido será de 3,4 kilómetros e se levará a cabo en aproximadamente tres horas. Na xeira estarán presentes dous intérpretes de lingua de signos para persoas xordas co obxectivo de que ninguén se perda esta xeira polas xoias da arquitectura militar de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Coma sempre, recomendase levar calzado e roupa cómodos.
O XXV Encontro dos Pobos encherá de música tradicional O Baixo Miño
O grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco organiza este festival que arranca o sábado en Tomiño e que tamén chegará a Oia, O Rosal e A Guarda
Unha nova edición do Encontro dos Pobos, e xa van 25, arranca este fin de semana en Tomiño. O grupo de bailes e gaitas guardés Do Lusco ó Fusco organiza o que xa se converteu nun dos festivais de música tradicional máis representativos do sur da provincia de Pontevedra. Nesta vixésimo quinta edición o público poderá disfrutar de balde das actuacións de grupos tanto locais como internacionais.
O festival arranca este sábado 21 de xullo na praza do Seixo (en caso de choiva trasladarase o auditorio de Goián), coas actuacións da Asociación Val de Piran, procedentes de Eslovenia, Do Lusco e Gusco, o grupo de baile tomiñés Virxe do Alivio e a agrupación folclórica a asturiana Cuelebre. O Domingo o XXV Encontro dos Pobos chega ás 20.30 horas a Viladesuso (Oia) da man Do Lusco ó Fusco e da agrupación eslovaca de Val de Piran, así como a actuación de diversas bandas de Oia, como Tralo Mosteiro e a Fiada de Viladesuso. Xa o martes 24 de xullo o auditorio de San Bieito de A Guarda (se o clima non o permite celebrarase no pavillón da Sangriña) acollerá as actuacións de agrupacións locais como Vento Mareiro, Xamaraina, Doxe nun ano ou Do Lusco ó Fusco, entre outras. O festival remata o mércores 25 de xullo ás 21.30 horas na praza do Calvario do Rosal (en caso de choiva será no auditorio) coas actuacións de Do Lusco ó Fusco, A Asociación Cultural de Lembranzas da Terra de Guillarei e a agrupación eslovaca mencionada.
Cinema de balde ao aire libre
A axenda de verán do Concello de Tomiño continúa a botar fume e este venres ás 22.30 horas na Praza do Seixo, no marco do cinema ao aire libre que se celebra no mes de xullo, proxectarase a película 'Una familia feliz', ideal para todos os públicos e para que os pais e nais acudan cos seus fillos. A película trata sobre a familia Wishbone, que está a pasar por un mal momento. Para mellorar as cousas van a un parque temático. Todo ía ben ata que una bruxa bótalles una maldición e os converte en diferentes monstros. Terán que demostrar que aínda sendo tan diferentes poden convertirse nunha gran familia.
As outras películas que se proxectaron os dous primeiros venres de xuño foron todo un éxito neste ciclo de cinema de balde foron todo un éxito, chegando a congregar a aproximadamente 500 persoas.
Unha empresa de novos emprendedores posibilita que o Internet de alta velocidade chegue ao rural de Tomiño e Tui
Ambos Concellos e as comunidades de montes facilitaron a instalación da tecnoloxía necesaria para que a inmensa maioría das vivendas de todas as parroquias poidan chegar ata 20 megas
Por fin. Despois de moitos anos sufrindo velocidades de Internet moi baixas e incluso inexistentes, todas as vivendas de Tomiño e Tui, incluidas a totalidade das súas parroquias e os núcleos máis rurais, xa teñen acceso a una rede de alta velocidade. Fibralar, empresa afincada na comarca do Baixo Miño e dirixida por emprendedores novos, xa finalizou a instalación dos nodos e repetidores en diversos puntos de ambos municipios para que a inmensa maioría das vivendas poidan acceder a un servizo de Internet de ata vinte megas.
Dous dos socios de Fibralar, Rafael Fernández e Marcos Figueiras, informaron onte dos pormenores da operación nunha reunión que mantiveron coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione e o rexedor de Tui, Carlos Vázquez Padín. Tamén estivo presente o presidente da comunidade de montes de Tomiño, Enrique Gándara. Ambos Concellos e os comuneiros tanto de Tomiño como de Barrantes deron todas as facilidades para extender a rede de Fibralar sen custe algún. "Quero destacar as facilidades e o desinterés económico das comunidades de montes para que a veciñanza poida ter por fin altas velocidades de Internet. Era una reclamación histórica", asegurou Antonio Tartaglione. A alcaldesa tamén quixo resaltar a importancia económica deste feito pois a mala calidade de Internet xa non será un problema para que as empresas se asenten en Tomiño.
Fibralar pon a disposición da veciñanza tarifas de entre seis a vinte megas. Ata agora, os núcleos rurais só podían conectarse a Internet a través de conexións por satélite ou ADSL de moi baixa calidade debido á distancia á que se atopaban os repetidores, e sempre a velocidades extremadamente reducidas.
Tomiño ratifica o seu rexeitamento ao glifosato
O pleno aproba por unanimidade e por segunda vez unha moción para evitar o uso do herbicida no termo municipal
Por segunda vez en menos de dous anos, o pleno de Tomiño aprobou por una moción para solicitar á Xunta que deixe de utilizar o herbicida tóxico glifosato nas estradas e camiños do municipio. Unha demanda que os vecinos veñen reclamando en repetidas ocasións e que o Concello incluso lle fixo chegar ao valedor do pobo. Coa chegada do bo tempo a vexetación medra e dan comezo os traballos de mantemento das beiras das estradas en Galicia. O glifosato é un dos herbicidas que se utilizan para evitar o crecemento da vexetación máis cercana ás estradas e camiños asfaltados, e tamén un dos máis cuestionados dados os múltiples estudos científicos que poñen en tela de xuizo a inocuidade deste compoñente para a saúde das persoas traballadoras, das persoas que residen nas zonas nas que se emprega, da flora e fauna, dos cauces de auga e do solo. "Existe moito malestar por parte da veciñanza. Non só de Tomiño, senon tamén de outros Concellos. A Xunta debería escoitar o que din os vecinos", asegura la alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Xa o 8 de setembro do 2016 o Concello de Tomiño aprobou unha moción na que xa se preveían medidas para evitar o uso deste químico no territorio municipal de Tomiño. Non obstante a concesionaria da Xunta de Galicia que leva a cabo estes traballos de mantemento, a pesar de que se lle fixo chegar a moción e oficio correspondente dende o Concello de Tomiño facendo solicitude expresa de non utilizar glifosato no termo municipal, fixo caso omiso da solicitude e procedeu a utilizar os produtos con glifosato durante a primavera, verán e outono.
No último pleno municipal aprobouse por unanimidade unha nova moción que ratifica a do 2016 e que reincide no rexeitamento do Concello de Tomiño da utilización do glifosato e preveé solicitar á maior brevidade tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Fomento o abandono inmediato do uso de herbicidas derivados do glifosato no seu termo municipal, así como outras medidas para eliminar o uso deste químico.
O Concello de Tomiño solicita á Xunta melloras na estrada PO-195 antes de asumir a súa titularidade
A principal demanda é a construción dunha glorieta na intersección coa PO-552 debido a alta densidade diaria de vehículos
A Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño asinaron un convenio para que a estrada autonómica PO-195, en Forcadela, pase a ser de titularidade municipal. Pero antes de facer efectivo este acordo, o goberno local solicita que a Xunta leve a cabo unha serie de melloras en termos de seguridade vial neste tramo. A Consellería de Infraestruturas levou a cabo varias medidas de calmado de tráfico, como a redución da velocidade de 50 a 40 quilómetros por hora e a instalación de dous lombos redutores de velocidade, entre outras actuacións. O Concello considera que estas medidas son insuficientes e reclama máis actuacións para mellorar a seguridade vial neste tramo conflitivo.
A principal demanda para que se complete a transferencia da PO-195 é a instalación dunha glorieta na intersección coa PO-552 que faga fronte a enorme densidade de tráfico que soporta este enlace, utilizado polos condutores procedentes de Tui para acceder ao centro urbano de Tomiño. A memoria de tráfico da Xunta de Galicia do ano pasado recolle que a a intensidade media diaria de vehículos no punto quilométrico 1+580 é de entre 10.000 e 15.000 vehículos procedentes de Tui.
O Concello tamén considera que é necesario reducir a velocidade pola zona de maior densidade de vivendas ata os 30 quilómetros por hora. O goberno municipal defende que esta rebaixa suporía tanto unha redución do número de atropelos como a gravidade dos mesmos. Nese senso, tamén se reclama a instalación de sete novos redutores físicos de velocidade e un novo paso de peóns sobreelevado. A súa instalación requírese nas zonas onde existe unha maior densidade de vivendas.
Nunha parte do vial, en sentido Tui, onde non existe beirarrúa, é necesario pavimentar algúns dos espazos que existen entre a calzada e as vivendas edificadas para lograr así unha zona de parada ou estacionamento accesible. Actualmente esta marxe atópase mal formigonada e chea de maleza.
Senda peonil
O Concello tamén reclama a execución dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho para continuar a beirarrúa existente na PO-195 para poder acceder á igrexa, ao parque ou ao torreiro. Unha actuación repetidamente solicitada polos veciños da zona. Os terreos necesarios para a execución de dita senda xa foron acadados polo Concello de Tomiño a través de actas de cesión desolo que os veciños propietarios das parcelas adxacentes á estrada realizaron de forma voluntaria e sen custo para a administración. Durante a execución da senda deberase prever a canalización soterrada das liñas eléctricas aéreas existentes, así como a de alumeado público, e incluso deixar prevista outra canalización para telecomunicacións ante a inminente implantación da fibra óptica.
Actualmente, a ausencia de beirarrúa nalgúns tramos obriga aos peóns a circular pola propia calzada, que ademais carece dunha beiravía o suficientemente grande para que o fagan dun xeito que non sexa perigoso.
IKFEM abre su sexta edición con un programa solidario con actividades de tarde y noche en el Paseo Fluvial de Tui
Habrá paseos en kayak, actividades infantiles, zona gastronómica, yoga y los conciertos de Najla Shami, Júlio Resende, Ghost Beast y Andrea González con música de Ludovico Einaudi
Eurociudad Tui-Valença, 18 de julio de 2018.
La sexta edición del International Keyboard Festival & Masterclass-IKFEM de la Eurociudad Tui-Valença arranca este viernes a orillas del Miño con una jornada inaugural donde la música de instrumentos de teclado convivirá con propuestas de ocio y la solidaridad con los afectados por la explosión pirotécnica de Paramos y Guillarei.
A partir de las 18.30 horas el Paseo Fluvial de Tui acogerá actividades infantiles, yoga, una zona de alquiler de kayaks (en el puerto deportivo de remo y piragüismo) y una zona gastronómica. Media hora más tarde, a las 19.00 horas, la artista Najla Shami abrirá la programación de conciertos con su espectáculo Latitudes (músicas de raíz) y a las 20.30 horas Andrea González -directora del festival- dará un concierto con música de Ludovico Einaudi.
A 21.30 horas Júlio Resende, el pianista del ganador de Eurovisión Salvador Sobral, presentará Amália, Fado & Further, un espectáculo basado en la improvisación sobre el fado y la obra de la gran diva portuguesa Amália Rodrigues. Finalmente, la jornada se cerrará con la actuación del grupo Ghost Beast (música electrónica y art-pop), que llegará a IKFEM con su trabajo, Winter's Horns.
Tras la espectacular inauguración de 2017, con un concierto simultáneo de 10 pianos en el Puente Internacional, IKFEM vuelve a elegir el entorno del río Miño para su jornada de apertura, que este año tiene un objetivo solidario: estará dedicada a los afectados por la explosión de material pirotécnico de Paramos y Guillarei (Tui), quienes participarán en la propia inauguración. También se colocarán urnas para recaudar donativos.
Women Sound
El lema de la sexta edición de IKFEM es Women Sound, que tiene el objetivo de visibilizar y reconocer el papel de compositoras e intérpretes femeninas. A lo largo de los 5 días que dura el festival se celebrarán conciertos de reconocidas artistas, sonarán repertorios de obras compuestas por mujeres y se desarrollarán actividades culturales de reflexión sobre la igualdad de género, entre otras actividades. En total, la programación de este año incluye 25 propuestas diferentes.
Tras la jornada inaugural del día 20 en el Paseo Fluvial de Tui, el sábado 21 los actos se trasladarán a la Plaza de la República de Valença. Allí actuarán los Teclistas de la Eurociudad (alumnado de los conservatorios de Tui y Valença), el pianista António Oliveira dará una charla-concierto titulada Diálogos de género, el grupo Touporroutou ofrecerá cuentacuentos musicales para el público infantil, los jóvenes talentos Dúo Xistra (flauta y acordeón) presentará el espectáculo Resonancias y Maria Ana Bobone ofrecerá un concierto de fado y piano a las 23.00 horas.
El domingo 22 la música volverá durante todo el día a la Plaza de la República, con la actuación de la Orquesta de Cámara de Lira, una charla-concierto en homenaje a la gallega Eugenia Osterberger a cargo de la soprano Susana de Lorenzo, la pianista Beatriz López Suevos y la investigadora Rosario Martínez. Asimismo, tendrán lugar los espectáculos de Talentos IKFEM, alumnos de las masterclasses que se celebran de forma paralela al festival, y Las danzas de la vida, un concierto a cuatro manos protagonizado por Andrea González & Daniel Pereira.
Encuentro de mujeres en la música con Isabel Pérez Dobarro
Ese mismo domingo se celebrará un encuentro de mujeres en la música, protagonizado por la reconocida concertista internacional y conferenciante Isabel Pérez Dobarro. Representante en la ONU de la organización UNSDSN en su sección de jóvenes, Isabel ha dado discursos y ponencias en la Asamblea General de la ONU, Parlamento Europeo, el Vaticano, Foro de Premios Nobel de la Paz y Universidad de Columbia, entre otros. Entre sus proyectos destacan Women in Music, donde colabora con la Filharmónica de Nueva York, y Arts Twenty Thirty, donde ha cooperado con artistas de la talla de Yo-Yo Ma.
En las dos últimas jornadas de festival, IKFEM volverá a Tui. Así, el lunes 23 se celebrará un concierto de órgano de Fernando Miguel Jalôto centrado en la música barroca femenina; mientras que el martes habrá dos actividades: un encuentro sobre emprendimiento cultural protagonizado por Cristina Pato y el espectáculo Desconcierto, de las artistas Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz.
Todos los conciertos tendrán entrada libre a excepción del espectáculo de Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz, cuya entrada tendrá un precio simbólico de 4 euros.
Jornada de clausura: Cristina Pato, Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez y Clara Muñiz
El martes por la mañana, la gaitera y pianista Cristina Pato compartirá su visión sobre el rol del artista en la sociedad actual en un encuentro de entrada libre que se desarrollará en la sede de la UNED de Tui (11.30h). En su intervención, titulada Trascendiendo disciplinas: el artista sostenible del siglo XXI, expondrá los diferentes proyectos en los que trabaja como artista independiente, como asesora de educación para el Silkroad de Yo-Yo Ma y como artista en residencia para universidades como Harvard.
El acto de cierre de la sexta edición de IKFEM estará protagonizado por la prestigiosa pianista Rosa Torres-Pardo (Premio Nacional de Música 2017), la cantaora Rocío Márquez y la actriz Clara Muñiz. Las tres artistas traerán por primera vez a Galicia Desconcierto, un encuentro entre poesía, escuela pianística española y cante jondo con un repertorio compuesto por obras de Granados, Albéniz, Falla, Turina, Federico García Lorca y Luis García Montero.
Este espectáculo se celebrará en el Teatro de Tui a partir de las 21.30 horas y cuenta con el patrocinio de la Fundación Segundo Gil Dávila. Las entradas tendrán un precio simbólico de 4 euros y se pondrán a la venta en taquilla una hora antes del espectáculo.
Sobre IKFEM
El Festival Internacional de Instrumentos de Teclado y Masterclass IKFEM fue creado por Andrea González en 2013 a través de Xuventudes Musicais de Tui con el objetivo de crear un espacio de enriquecimiento cultural y promoción de los nuevos talentos. Al mismo tiempo, pretende revalorizar los espacios del patrimonio cultural y natural de su entorno, convirtiéndose en un reclamo de turismo musical en la Eurociudad Tui-Valença.
El festival no sería posible sin el fundamental apoyo del Concello de Tui, Cámara Municipal de Valença, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Direção Regional de Cultura do Norte, Instituto Camões y Fundación Segundo Gil Dávila, así como de otros colaboradores y patrocinadores.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
IKFEM 2018: WOMEN SOUND
Un homenaje a la mujer compositora e intérprete española y portuguesa con instrumentos de teclado y variedad de estilos musicales.
20 DE JULIO: JORNADA INAUGURAL. PASEO FLUVIAL - TUI
18:30h. Zona yoga, zona infantil, zona kayak, zona foodtruck
19:00h. Najla Shami: Latitudes
20:30h. Andrea González: Ludovico Einaudi
21:30h. Júlio Resende: Amália, Fado & Further
23:00h. Ghost Beast: Winter´s Horns
21 DE JULIO: PLAZA DE LA REPÚBLICA (FORTALEZA) - VALENÇA
12:00h. Teclistas de la Eurocidade. Alumnado de los conservatorios de Tui y Valença
13:00h. António Oliveira: Diálogos de género (charla-concierto)
17:00h. Touporroutou: Cuentacuentos musical infantil
18:30h. Dúo Xistra: Resonancias
23.00h. Maria Ana Bobone: Piano & Fado
22 DE JULIO: PLAZA DE LA REPÚBLICA (FORTALEZA) - VALENÇA
12:00h. Orquesta de Cámara Lira: Miniaturas clásicas
13:00h. Susana de Lorenzo, Beatriz López-Suevos & Rosario Martínez:
Eugenia Osterberger (charla-concierto)
17:00h. Isabel Pérez Dobarro: Encuentro de mujeres en la música
18:30h. Talentos IKFEM: participantes de las masterclasses
23:00h. Andrea González & Daniel Pereira: Las danzas de la vida
23 DE JULIO. CATEDRAL - TUI
22:00h. Fernando M. Jalôto: Del claustro al salón. Música barroca para órgano en femenino
24 DE JULIO - TUI
11:30h. Cristina Pato: Trascendiendo disciplinas: el artista sostenible del siglo XXI
Encuentro abierto en la UNED
21:30h. Rosa Torres Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz: Desconcierto
Teatro de Tui
Conciertos con entrada libre hasta completar aforo a excepción del espectáculo de Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz, el cual tendrá una entrada a un precio simbólico de 4 euros. Las entradas podrán retirarse una hora antes en el teatro.
|