JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (de 9 a 14 Janeiro)


A Guarda conta con catro pistas de petanca

A intervención realizada no antigo campo de fútbol do Codesal permitiu dotar a este espazo de campos de deporte de praia tales como fútbol, balonmán e volei ademais de catro pistas de petanca, unha delas accesible a persoas con mobilidade reducida. Trátase dun deporte minoritario na localidade pero que grazas ao labor divulgativo realizado por Andrés Mirás, conta xa cun importante número de afeccionados. A actuación foi financiada polo Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos e completarase proximamente coa instalación de bancos e plantación dalgunhas árbores no entorno.

Municipio de A Guarda


O Concello da Guarda e o IES A Sangriña asinan un convenio para a utilización do pavillón escolar

O pasado mes de decembro o Director do IES A Sangriña, Carlos Alonso Rey e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asinaron un convenio de colaboración para a utilización do pavillón de deportes en horario extraescolar. Desta maneira poderán desenvolverse nel eventos que organice directamente o Concello ou os que impulsen as asociacións deportivas locais inscritas no rexistro municipal de asociacións, fóra do horario lectivo. O Concello comprométese a colaborar no mantemento e dotación de equipamento deportivo destas instalacións que estará tamén a disposición do alumnado do centro.

Municipio de A Guarda


Torneo de Nadal de Fútbol

O equipo alevín do Spórting Guardés e o benxamín das Escolas Deportivas de Ourense (EDO) proclamáronse vencedores do Trofeo de Nadal Concello da Guarda.

O pasado día 30 de decembro no campo municipal da Sangriña disputouse o Trofeo de Nadal organizado polo Sp. Guardés no que se inscribiron 14 equipos de fútbol do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo e Ourense. Na categoría benxamín o equipo pertencente ás Escolas Deportivas de Ourense derrotou na final a UD Ribera mentres que en categoría alevín o Sporting Guardés proclamouse vencedor tras superar ó equipo de Ourense na tanda de penaltis. O Sp. Guardés distribuirá entre distintas asociacións da localidade ó redor de 100 kg de alimentos recollidos durante o torneo.

Municipio de A Guarda


Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia xa teñen novo clube de baloncesto, o Baixo Miño Basket

O vindeiro Domingo 07 de xaneiro ás 10:00 horas terá lugar a presentación oficial do Clube, coincidindo coa organización do VII Torneo de Nadal de Baloncesto "Vila da Guarda".

Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia teñen o seu primeiro Clube de baloncesto conxunto, o Baixo Miño Basket. Unha das novidades máis importantes deste novo equipo é que é o primeiro formado por nenas e nenos dos diferentes concellos, fomentando valores e habilidades como o traballo en equipo, respecto e cooperación, convivencia ou compañeirismo entre outros.

Este novo Club deportivo darase a coñecer cun torneo de presentación que terá lugar o vindeiro domingo 7 de xaneiro no pavillón do IES A Sangriña, en A Guarda, onde se darán cita os xogadores e xogadoras dun equipo co que se pretende crear canteira e impulsar a práctica do deporte entre a mocidade da zona.

Arredor de 30 rapaces e rapazas da comarca de entre 13 e 17 anos de idade comezarán con ganas novamente os seus adestramentos este 2018, o que sen dúbida suporá unha oportunidade para mellorar de xeito integral e fortalecer a aposta polo deporte de base.

Se queres unirte a nos, manda un email a club.baloncesto.bmb@gmail.com ou watsapp ó 696729755 e nos poñeremos en contacto contigo.

Municipio de A Guarda


Tomiño celebra o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia

Entre as 20 demandas recollidas no campamento urbano de verán, os integrantes do consello decidiron dar prioridade á petición de máis cine ao aire libre, máis acampadas e arranxos nos parques

Tomiño segue a dar pasos adiante para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos. Nese camiño, Tomiño vén de celebrar o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia, no que participaron 7 mozos e mozas, aínda que hai máis persoas interesadas que se irán incorporando nas vindeiras reunións.

Neste primeiro encontro, os participantes revisaron as máis de 20 demandas recollidas durante o campamento urbano de verán e acordaron tratar como prioritarias tres peticións concretas. Por un lado, a posta en marcha de máis actividades de cine ao aire libre, incluso contemplando a posibilidade da creación dun cinema. Por outra banda, os mozos e mozas reclamaban que se fixeran máis acampadas e que se amplíe a máis cursos a actividade de Turonia, un campamento urbano con distintas actividades e saídas para coñecer os municipio.

Por último, o Consello da Infancia e da Adolescencia acordou tamén realizar charlas sobre bullyng, machismo, consumo de drogas e LGTBI e dar prioridade aos arranxos dos parques públicos e ao cambio do chan da pista de skate de Goián que "non é axeitado". A acta recolle que "cando se planifique a realización das obras é bo ter en conta a opinión e demanda de adolescentes que coñecen as características necesarias para un uso óptimo".

A vindeira reunión establecerase para o mes de xaneiro, o mércores 17 (18.00 h) ou o sábado 20 (17.00 horas) en función de en que data poida participar o maior número de asistentes posibles, xa que neste primeiro encontro houbo moitos mozos e mozas que non puideron acudir por incompatibilidade horaria. Será nese próximo consello no que se decida a organización e se valoren os contidos do regulamento interno.

Municipio de Tomiño


O futbolista tomiñés Diego Silva, premio Xogador Cinco Estrelas Mahou da primeira volta

O concelleiro de deportes, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente o gran papel que está a desempeñar o xogador do Coruxo FC

O futbolista tomiñés Diego Silva vén de recibir o premio ao Xogador Cinco Estrelas da primeira volta, un certame impulsado por Mahou a través do que os afeccionados elixiron ao xogador do Coruxo FC como mellor deportista do seu equipo durante a primeira metade da temporada.

O responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente a Silva polo gran papel que está a desempeñar no eido do deporte, recoñecemento que agora lle chega a través dun premio nacional. O concelleiro subliña que "é un orgullo para Tomiño ter un xogador con esta proxección deportiva".

O xogador tomiñés, de 31 anos e un dos máximos goleadores do seu equipo no que vai de temporada, chegou ao Coruxo FC este verán procedente do Choco para reforzar o ataque do club. Esta é a súa segunda etapa vestindo a camiseta verde, xa que militara no equipo de O Vao na tempada 2008/2009, en Terceira División.

Municipio de Tomiño


Tomiño convoca dúas prazas de funcionario interino temporal para o programa da Axenda de Cooperación Transfronteiriza

Publicado no BOP as bases para a selección dun técnico e dun auxiliar administrativo dentro do plan INTERREG VA POCTEP

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra vén de publicar as bases para a convocatoria de dúas prazas como funcionario interino en execución de programas de carácter temporal para cubrir as necesidades de persoal xurdidas no marco da Axenda de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e que busca implicar á poboación de ambos os dous municipios na procura de solucións para necesidades comúns.

Nesta ocasión, faise unha convocatoria pública para a provisión dunha praza de Técnico e dunha praza de Auxiliar Administrativo con carácter urxente e esencial. Na selección de persoal do Técnico buscarase a unha persoa con Diplomatura, Grao universitario ou equivalente para desenvolver a xestión administrativa e contable do proxecto, tramitar os expedientes de actividades e accións do proxecto ata o final da súa execución, elaborar informes regulamentarios e documentos do proxecto e memorias, redactar e presentar xustificacións técnicas e económicas, así como organizar accións de difusión dos resultados dos proxectos.

Pola súa banda, os requisitos para acceder á praza de Auxiliar Administrativo é ser graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. Neste caso as funcións serán a de realizar tarefas administrativas relacionadas co proxecto, xustificar gastos relativos ás execucións das actividades e accións derivadas, xestionar o arquivo documental, facer seguimento da web informativa da UE relacionada co financiamento ou introducir datos nas plataformas virtuais relacionadas coa iniciativa, entre outras.

Todas as persoas interesadas poderán participar na convocatoria entregando o impreso oficial correspondente no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño engadindo como documentación a fotocopia do DNI ou análogo, copia da titulación esixida para acceder ao posto e relación dos méritos que aleguen.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Unha vez rematado publicarase unha listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos e, tras cinco días para posibles reclamacións, publicarase no Taboleiro de Edictos do concello e na páxina web a resolución definitiva da lista provisional e a composición da Comisión de Valoración que se encargará da selección de persoal.

Pode consultarse toda a información en http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/01/02/2017052279.

Municipio de Tomiño


As imaxes do certame de fotografía Viaxando, expostas na entrada do concello de Tomiño

O primeiro premio foi para o tomiñés Daniel Álvarez, que gañou coa proposta 'Namorados no Interrail'

A exposición do certame de fotografía Viaxando pode visitarse nas dependencias do Concello de Tomiño. Durante uns días a entrada do concello acolle as máis de 20 imaxes presentadas para a XI edición deste concurso realizado entre as oficinas de información xuvenil de Tomiño, O Rosal, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar e O Porriño, así como o Espazo Xove de Tui.

Un lugar destacado ten a fotografía gañadora, 'Namorados no Interrail', unha proposta do tomiñés Daniel Álvarez Fonterosa, coa que acadou a tablet correspondente ao primeiro premio do certame. Este veciño de Amorín e voluntario no concello de Tomiño, presentou a sñua fotografía no Espazo Xove de Tui.

As persoas interesadas en visitar a exposición poden facelo na entrada do concello de Tomiño de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas. A mostra visitará o resto dos municipios organizadores durante os vindeiros meses.

Municipio de Tomiño


A concello de Tomiño da o seu máis sentido pésame polo pasamento do pintor Mario Rodríguez

O artista tomiñés, que falecía este luns, fixo importantes achegas á cultura e memoria histórica de Galicia

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e todo o goberno local quere trasladar o seu más sentido pésame a familiares e amigos do pintor tomiñés Mario Rodríguez, personaxe senlleiro do municipio que falecía este luns. O artista, nado en Figueiró hai 86 anos, foi homenaxeado nas últimas Festas do Alivio do concello en recoñecemento ás súas achegas á cultura e memoria histórica de Galicia.

Para a rexidora o pintor era "un exemplo" a seguir e o seu falecemento do pintor deixará un importante baleiro na vida cotiá tomiñes. "Quedámonos co teu compromiso, co teu republicanismo, coa memoria que teimudo pelexabas para que se mantivera viva, coas historias de Bos Aires, de Londres, de Paquiño e Isaura...", salienta González.

O pintor naceu en Figueiró o 24 marzo 1931, no seo dunha familia republicana, que tras o golpe militar de 1936 sufríu de xeito directo a cruel represión do réxime franquista. O seu pai, Francisco Rodríguez Otero, de profesión practicante e figura política do movemento agrarista, foi fusilado nos comezos da guerra civil. A súa nai, Isaura Gómez Pérez, padeceu a represión polo seu compromiso coa causa republicana como escritora e como viúva de fusilado. Foi exiliado en Bos Aires, e acollido pola intelectualidade galega. Tamén estivo varios anos en Londres e foi recoñecido pola súa arte en distintos países.

Municipio de Tomiño



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais