JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000


Horário do Ferry


CARRERA 15K ATLÁNTICO BANCO MEDIOLANUM

Elías Salvador Domínguez y Esther Navarrete fueron los ganadores de 15K Atlántico Banco Mediolanum, la carrera que se disputó entre Oia y A Guarda con la participación de más de 800 atletas. El ganador se impuso en una apretada llegada a Javier Paredes, mientras la ganadora logró la victoria al superar con claridad a su compañera de equipo Sandra Mosquera. Antes de darse la salida se realizó un homenaje a María Ferreira, ciclista que falleció cuando descendía el Angliru y que había participado numerosas veces en la prueba. Otras 150 personas tomaron parte en una 'andaina popular'.

Elías Salvador y Javier Paredes se presentaron juntos en las inmediaciones del puerto de A Guarda. Ambos fueron los grandes protagonistas de la jornada atlética. Formaron parte de un grupo compuesto por los dos atletas junto Daniel Bargiela y Carlos Adán que dominaron la competición durante los seis primeros kilómetros. Se distanciaron de todos sus adversarios son un ritmo fuerte e intenso.

Todos ellos entraron a formar parte del grupo de favoritos.

Sin embargo, fue a partir de ese momento cuando se realizó la selección principal. Gonzalo Basconcelo tuvo que retirarse por molestias físicas y Carlos Adán fue perdiendo fuerza a medida que avanzaban los kilómetros. Elías Salvador realizó una valiente apuesta y trató de dejar atrás a su rival. Sin embargo, no lo logró. A falta de tres kilómetros ambos volvieron a compartir la primera posición. Un fuerte subida fue que le permitió a Javier Paredes alcanzar a su rival.

Los dos se presentaron en la llegada con opciones de victoria. Al lado de mar y con unos últimos metros con curvas, Elías Salvador, del Barceló Team, fue el más rápido y logró su primera victoria.

Invirtió un tiempo de 49 minutos y 36 segundos, considerado como uno de los mejores en toda la historia de la prueba. Cuatro segundos más tarde llegó Javier Paredes, del Burgas Atletismo Ourense. La tercera posición correspondió a Daniel Bargiela, del Bikila, que recuperó parte del tiempo que había perdido en los últimos kilómetros. El cuarto lugar fue para José Carlos Ferreira, del Car Marisqueiro, de A Guarda, y el quinto para Carlos Adán, del Adn Runners.

En la categoría femenina se impuso Esther Navarrete, del Adas Troinor, en una victoria cargada de simbolismo para ella. Ya está recuperada de la lesión que la mantuvo dos meses inactiva. En su gesta invirtió 55 minutos y 48 segundos. Era una de las favoritas y confirmó ese pronóstico desde el primer kilómetro. Aunque desveló que el trazado había sido "muy duro y exigente", logró una ventaja de casi un minuto sobre su compañera de equipo Sandra Mosquera. Ambos fueron la que dominaron la carrera y marcaron el ritmo. La tercera posición correspondió a Sofía Freaza, del Comesaña Sporting Club.

Diego Blanco se impuso a Martín Rodríguez y Daniel Fernández en la categoría promesas masculina. En la femenina, la ganador fue Ana Domínguez seguida por Belén Ballesta y Lucía Dorado. En la sénior masculina, el ganador fue Carlos Enrique Gutiérrez. Guillermo Pedrero fue segundo y Roberto Garrido ocupó la tercera posición.

La 15K Atlántico Mediolanum también rindió un emotivo homenaje a María Freiría, ciclista porriñesa que falleció hace una semanas cuando descendía el Angliru. Había participado en todas las ediciones de la prueba entre Oia y A Guarda. La prueba también sirvió para recaudar fondos para las ONG locales a través del programa Aproxima del Banco Mediolanum. Los ayuntamientos de Oia, O Rosal y A Guarda colaboraron con el evento, lo mismo que Coca Cola y Viajes Carrefour.

Municipio de A Guarda


A programación cultural de outono comeza da man de Pablo Díaz

O Concello de Tomiño inaugura a súa programación "Outono Cultural" co espectáculo e concerto infantil TIC TAC TOC que xa percorreu concellos como Santiago de Compostela cunha grande acollida

Pablo Díaz chega a Tomiño co seu espectáculo de música pensada para as pequenas e pequenos, pero tamén para os maiores. TIC TAC TOC é o nome do espectaculo co que a Concellería de Cultura e Servicios Sociais do Concello de Tomiño inaugura unha nova edición de programación cultural outonal.

O espectáculo presenta as cancións do último traballo de Pablo Díaz, e tamén percorre pezas de traballos anteriores. Nas palabras do artista, é moi importante que os nenos e nenas acudan a este tipo de concertos, pero tamén os seus pais e nais.

A obra percorreu gran parte de Galicia na pasada primaveira pasando por grandes concellos como o de Santiago de Compostela, onde acadou unha gran convotaria e éxito de público. Pablo Díaz foi merecedor de importantes premios como o Premio Anisia Miranda, Premio Martín Códax ou o Premio Frei Martín Sarmiento.

O Concerto terá lugar este sábado, 7 de outubro, ás 18:00h. no Auditorio de Goián e a entrada é de balde para nenos e nenas, e de 3€ para as persoas adultas.

A programación "Outono Cultural" continuará durante o mes de outubro e novembro cunha variada oferta de espectáculos do ámbito da música e do teatro e sendas exposicións no Mercado de Tomiño. A programación completa pódese consultar na web do Concello de Tomiño.

Máis información: tomino.gal/outono-cultural-2017/

Municipio de Tomiño


Tomiño levou a pleno a aprobación do programa municipal de baleirado de fosas sépticas

A medida busca ser unha facilidade económica para a poboación e xerar un impacto positivo no medio ambiente

O goberno local de Tomiño levou a pleno a aprobación dun programa de baleirado de fosas sépticas para aqueles fogares que, por estar ubicados en zonas do municipio onde ainda non se desenvolveu a rede de saneamento, conten con fosas sépticas ou pozos negros.

A medida ofrecerá á poboación unha alternativa bonificada para o baleirado de estas fosas, empregando para elo medios propios do concello. O programa permitirá ás persoas beneficiarias acceder ao servizo cunhas condicións económicas bonificadas, de xeito especial no referente ao primeiro baleirado anual da fosa. A bonificación será menor no caso do segundo baleirado e consecutivos, o que pretende tamén mellorar e optimizar o funcionamento destes sistemas de residuos.

Para acceder ao servizo as persoas interesadas deberán inscribir a súa fosa séptica nun novo rexistro municipal, que pretende recoller información das instalacións deste tipo que existen no territorio municipal, así como información das características das mesmas. Tal e como apunta a concelleira de medio ambiente, María Xosé Vázquez, este rexistro non ten vocación de control senon informativa e estatística, e permitirá no futuro desenvolver axudas orientadas á mellora destes sistemas de tratamento de residuos.

A medida responde ao compromiso que o goberno local ten coa xestión do saneamento municipal e a busca de alternativas intelixentes e sostibles para as zonas que non contan coa tradicional rede de saenamento pública.

Municipio de Tomiño


Tomiño participa na formación dunha topógrafa municipal de Mozambique

Tres xornadas para a cooperación técnica en urbanismo vincularán a Tomiño no programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Durante o mes de outubro dúas técnicas municipais de Cabo Verde e Mozambique visitarán Galicia dentro do programa Vacacións con Traballo para intercambiar experiencias nalgunhas das áreas nas que as profesionais están interesadas en formarse como saneamento, medio ambiente, planificación urbanística e estradas.

O Concello de Tomiño é entidade socia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que está integrado por 90 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Neste caso dase a volta ao Programa Vacación con traballo para recibir aos técnicos africanos para reforzar as capacidades dos municipios de países en desenvolvemento.

Dende onte e ata o venres, a topógrafa Ailina da Marta, da vila mozambicana de Mandlakazi, visita Tomiño para afondar na cooperación técnica formándose en temas como a xestión de obras e urbanismo municipal, xestión do catastro, instalacións municipais, verificación das obras particulares e municipais conforme ás estratexias de desenvolvemento territorial e saneamento, recollida de residuos, reciclaxe, compostaxe, etc.

Na súa primeira xornada de traballo Ailina destaca o impacto positivo que prevee que vai ter esta experiencia tanto na súa capacitación profesional persoal, como na implementación de novos xeitos de xestionar nas cámaras mozambiqueñas que forman parte da asociación de cámaras municipais á que ela pertenece. Valora o programa como unha poderosa ferramenta para detectar campos de mellora na xestión municipal, pero tamén para coñeces a cultura e o funcionamento político do noso país, moi diferente ao seu, según relata.

Unha vez remate a súa estancia en Tomiño percorrerá outros municipios como Burela, O Barco, A Guarda, Moaña, Narón, San Sadurniño e Valga. O 2 de novembro volverá a Mozambique, e unha vez alí presentará un informe pormenorizado da súa experiencia e coñecementos adquiridos durante a estancia, tanto no ámbito gubernamental de Mozambique como aos seus compañeiros técnicos das diferentes camaras municipais. Unha aposta pola cooperación internacional que, todo apunta, permitirá obter melloras e intercambio de coñecementos e experiencias aos países participantes.

Municipio de Tomiño


A Coral Centro Social, a Coral Ponte das Febres e a Coral San Telmo actuarán no Festival de Outono de Corais

Foi presentado na sala de reunións do Concello de Tui o Festival de Outono de Corais, que se celebrará o vindeiro mércores, 11 de outubro, ás 20h no Teatro Municipal de Tui no edificio da Área Panorámica.

Na presentación compareceron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; María José González, concelleira de Cultura; o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón; e representantes das tres corais que participarán no evento Marta Rodríguez, presidenta da Coral Ponte das Febres; José Manuel Martínez, presidente da Coral Centro Social de Tui; e Vicente Álvarez, tesoureiro da Coral San Telmo.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, puxo de manifesto o orgullo de contar no concello con tres corais e recoñeceu o seu labor no eido musical, pero tamén dende o punto de vista social ao facilitar a participación na vida pública de moitos veciños de Tui.

A concelleira de Cultura, María José González, aproveitou a presentación para explicar que este festival nace dun compromiso do Concello de Tui para dedicar un día do calendario de espectáculos do Teatro Municipal ás tres corais da cidade, que levaban tempo reclamando ese espazo para os seus concertos.

Pola súa parte, Marta Rodríguez, presidenta da Coral Ponte das Febres; José Manuel Martínez, presidente da Coral Centro Social de Tui; e Vicente Álvarez, tesoureiro da Coral San Telmo; quixeron agradecer a oportunidade que lles brinda o Concello de Tui de mostrar aos veciños da cidade o seu traballo nesta cita.

O festival dará comezo ás 20h coa Coral Centro Social de Tui, dirixida por Moisés Lorenzo Alonso. Esta coral conta na actualidade con 33 voces mixtas. Foi recuperada no ano 2001 despois de varios anos de inactividade, e dende entón teñen actuado na zona do Baixo Miño e na comarca de Vigo e participado en iniciativas coma os festivais de panxoliñas de Caixanova.

O seu repertorio será o seguinte:
1. Camariñas (popular)
2. La Aurora (arranxo Moisés Lorenzo)
3. Yo vendo unos ojos negros (Pablo Ara)
4. Chiquitita (arranxo Ángel Viro)
5. Aleluya (Leonard Cohen)

A Coral Polifónica Ponte das Febres comezou a súa andadura no ano 2002 con 20 compoñentes. Na actualidade está dirixida por Rafael Pérez Dopeso e conta con 40 coristas. Tamén teñen participado nos festivais de panxoliñas no Auditorio Caixanova de Vigo, amais do II Festival de Habaneras Deputación de Pontevedra.

O seu repertorio será o seguinte:
1. Como chove miudiño (Ángel Viro)
2. Homenaje a Rey Rivero (Víctor Mogueiras e José Iglesias)
3. Meu amor é mariñeiro (Fuxan os ventos)
4. Paloma mensajera (Ángel Viro)
5. O canteiro (Uxío Dávila e José Oliveira)

Por último actuará a Coral San Telmo, creada no 2015 por un grupo de antigos compoñentes da desaparecida Coral de la Santa Iglesia Catedral de Tui. O súa presentación en público foi en marzo de 2016, sendo xa dirixida naquel momento por Celso Diego Martínez. Na súa corta traxectoria actuou no festival de corais da semana cultural de San Bartolomeu e organizou o I Encontro de Corais da Eurocidade, amais de colaborar con distintas bandas e agrupacións musicais.

O seu repertorio será o seguinte:
1. Foliada de Compostela (tradicional galego)
2. La Capitana (Carlos Rubiera)
3. Te quiero (arranxo Liliana Cangiano)
4. Cançao do mar (arranxo Ramiro Lopes)
5. Sementeira (arranxo Xose A. Oliveira)

A Copa Galega de Andainas 25 Kms rematará en Tui

O domingo 22 de outubro realizarase a última das cinco probas de media distancia

Tui será a última sede dunha das probas do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza).

A recollida das acreditacións empezará ás 08.00 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 horas e a saída ás 09.00 horas.

O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara ós muíños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do Acordo. A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ó Pavillón da Macoca.

As inscricións aínda están abertas a través da páxina web www.xistra.org

Concello de Tui



ilMaquinario Teatro chega este sábado a Tui co espectáculo "Resaca"

A compañía representará a súa proposta máis persoal ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui

A programación do Outono no Teatro continúa este sábado ás 20.30h con "Resaca", da compañía ourensá ilMaquinario. Trátase do terceiro traballo dende que comezaron a súa andadura no ano 2012 e o máis persoal. Despois de dous espectáculos creados a partir de obras de autores estranxeiros, apostan pola creación colectiva e o teatro documental para reflexionar sobre a perda dun ser querido nun espectáculo que une danza, poesía e música en directo.

Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich interpretan a cinco amigos que despois da desaparición de Álex deciden lembralo a través de cadernos, fotos, música... Nesta proposta fálase de memoria e reflexión para entender o presente, pero tamén o futuro.

Tito Asorey é o director do espectáculo, amais do autor xunto a Ana Carreira, a escenografía corre a cargo de Montse Piñeiro e Laura Iturralde e da iluminación ocúpase José Manuel Faro "Coti". Todo discorre acompañado da música de Vadim Yukhneivich.

As entradas está á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes aos prezo de 6€ para o público en xeral e 4,5€ para público infantil e o que teña dereito aos descontos establecidos por desempregado, familia numerosa, estudante, xubilado ou socio da biblioteca tudense.

Il Maquinario Teatro presenta "Resaca"
Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 6 de outubro de 2017 ás 20.30h
Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o venres dende ás 19h no despacho de billetes
Prezos: 6€ para o público en xeral e 4,5€ con desconto

Concello de Tui



O XI Rally Cidade de Vigo visitará Tui este sábado 7 de outubro

Os participantes estacionarán no Paseo da Corredoira, para visitar a nosa cidade

Este sábado, 7 de outubro, a partir das 17.45 horas, preto de 40 coches clásicos participantes no XI Rally Cidade de Vigo, estacionarán no Paseo da Corredoira de Tui.

A proba, organizada pola Escudería Vigo Clásicos, contará con vehículos dunha antigüidade superior a 25 anos, sendo limitada a aqueles fabricados entre os anos 45 e 74, así como algúns permitidos entre os anos 75 e 80.

Entre eles, o rallie contará con coches como os MG A, Porsche 911, Porsche 356, Renault Alpine A110, Austin Cooper S, Sumbeam Alpine, Morgan 4/4 e Seat 600 Abarth.

Os participantes sairán ás 10.30 horas dende o Centro Comercial Gran Vía de Vigo, pasarán polo Concello de Tui e rematarán ás 19.45 horas, no Parador de Baiona.

Concello de Tui



Un percorrido nocturno polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas

Amais haberá percorridos temáticos os días 11, 12, 30 e 31 ás 20.15 h

As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Pasan a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día. Nestes percorridos darase a coñecer o amplo patrimonio que ten Tui ligado á presenza da comunidade xudía na cidade con visitas ao lugar onde se emprazaba a sinagoga na rúa Ordóñez, e á carnicería na rúa Entrefornos, entre outros.

Durante este mes de outubro programáronse amais catro visitas temáticas concretas a realizar os días 11, 12, 30 e 31 deste mes, saíndo todas ás 20.15h dende a praza da Inmaculada. Así o mércores 11 proponse un percorrido nocturno polo Burgo Premedieval, e o xoves 12 - festivo - pola cidade medieval. Mentres no remate do mes o luns 30 visitaranse os Sambenitos Inquisitoriais, pezas únicas en Europa que se custodian no Museo Diocesano, e o martes 31 farase un percorrido polos cárceres e outros lugares vinculados á presenza da Inquisición en Tui.

Cómpre lembrar que as visitas guiadas foron postas en marcha novamente este verán pola Concellería de Turismo do Concello de Tui co obxectivo de achegar o patrimonio e a historia tudense tanto aos propios veciños coma aos visitantes. O historiador Suso Vila é o encargado de guiar estes percorrido. Durante os meses estivais as visitas realizáronse con dúas proposta diarias de luns a venres e un percorrido vespertino nas fins de semana e festivos participando nas mesmas máis de 2.600 persoas. No outono e inverno apostase por visitas temáticas que comezan en outubro e continuarán no mes de novembro e decembro con outras propostas que se darán a coñecer proximamente.

Visita culturais gratuítas mes de outubro

Punto de Partida: Praza da Inmaculada

Horario:
" Venres, sábados e domingos ás 20.15h percorrido nocturno polo Barrio Xudeu

Visitas nocturnas especiais
" Mércores 11 de outubro ás 20.15 h Visita Burgo Premedieval
" Xoves 12 de outubro ás 20.15 h Visita Cidade Medieval
" Luns 30 de outubro ás 20.15 h Visita Sambenitos Inquisitoriais
" Martes 31 de outubro ás 20.15 h Visita Cárceres e Inquisición en Tui

Concello de Tui



A sala de exposicións da Área Panorámica acolle unha exposición de cadros ao óleo e arte con teas

A mostra con traballos de María Luísa Crespo e María Jesús Prieto pódese visitar de 10h a 14h e de 16h a 20h

Até o 23 de outubro pódese visitar na sala de exposicións do edificio da Área Panorámica unha mostra de cadros ao óleo e arte con teas. Trátase dunha mostra do traballo de María Luísa Crespo na parte de pintura e María Jesús Prieto na parte de traballos con tecidos ou patchwork que se pode visitar pola mañá de 10h a 14h e pola tarde de 16h a 20h.

Concello de Tui



Inicio das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui

Abrangue catro modalidades deportivas: patinaxe, fútbol, balonmán e piragüismo

As Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui desta temporada están xa en marcha ofertando catro modalidades deportivas, fútbol, patinaxe, balonmán e piragüismo.

A primeira das actividades que comezou onte mesmo é a de patinaxe, que este ano debido ao número de inscricións presentadas, se realizará unicamente os luns. Será no pavillón do CEIP de Rebordáns de 16.30 horas a 20.30 horas, en catro grupos divididos polo nivel dos participantes. Esta actividades será impartida este ano por monitores da Federación Galega de Patinaxe. O listado de participantes pódese consultar na casa do concello ou na web municipal www.concellotui.org.

As outras tres escolas deportivas póñense tamén en marcha esta semana, permanecendo aínda aberta a inscrición para as mesmas a través dos propios clubes deportivos. Así as clases de balonmán realizaranse os xoves de 16.00 a 17.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal, e as de fútbol, no campo de fútbol de Ribadelouro, os mércores e venres a partir das 18.00 horas. Mentres as escolas deportivas de piragüismo, dirixidas a nenos e nenas a partir dos 8 anos, son coordinadas polo Club Kayak Tudense e o Club Piragüismo Penedo, dado que ten una temporalidade distinta ao resto das actividades.

Concello de Tui



O Outono no Teatro contará con distintas propostas para toda a familia que inclúe dúas estreas

Esta mañá presentouse no Teatro Municipal a programación da Axenda Corredoira Cultural para os vindeiros meses

O Teatro Municipal acolleu esta mañá a presentación da programación cultural que se levará a cabo durante os meses de outubro novembro e decembro baixo o título "Outono no Teatro", e que dará comezo este mesmo venres.

No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Mº José González, así como o director da AGADIC, Jacobo Sutil. Amais a presentación contou con algúns representantes dos distintos espectáculos que forman parte desta programación.

Enrique Cabaleiro quixo destacar o apoio que se fai á cultura dende o Concello de Tui, que nesta ocasión presenta unha axenda bastante ambiciosa e cun gran traballo detrás para que a cidade cumpra co seu compromiso cultural e siga levando adiante propostas de calidade.

Esa aposta pola cultura pasa por formar parte da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia xestionada pola AGADIC. Así o resaltou o seu director, Jacobo Sutil, que aproveitou para destacar que Tui participa nesta rede case dende os seus inicios e que colabora amais en todos os programas que fan coas entidades locais.

Pola súa parte, María José González, concelleira de Cultura e Ensino, puxo de manifesto a importancia que se lle quere dar con esta programación á muller na sociedade e no mundo, reivindicando o seu papel. Así é que entre os títulos propostos se atopan algúns centrados en reivindicar aspectos como a muller no rural ou as mulleres e o primeiro matrimonio homosexual.

A primeira cita será este venres, 6 de outubro, con "Planeta Ardora", de Trompicallo, unha compañía con 20 anos de historia que celebra o seu aniversario con este espectáculo de teatro de monicreques pensado para todos os públicos, e que se estrea precisamente en Tui. En nome desta compañía estivo presente Emi Candal, da distribuidora Urdime, que resaltou o protagonismo da luz nun espectáculo cun texto formado tan só por 14 palabras.

A programación continúa este sábado, 7 de outubro, con Resaca da compañía ourensá Ilmaquinario. Melania Cruz, unha das actrices, explicou que este terceiro traballo é a proposta máis persoal dende que comezaron a súa andadura no 2012. Nel reflexionan sobre a perda dun ser querido nun espectáculo que une danza, poesía e música en directo.

Laura Villaverde, produtora e actriz de ArtesaCía, foi a encargada de presentar outra das estreas desta tempada no Teatro Municipal de Tui: "Chola a It Girl". Trátase dunha proposta que reivindica a muller rural indo máis aló do teatro e converténdose nun proxecto cultural con maiúsculas que conta coa súa propia webserie, un blog ou unha liña de moda. A cita será o venres 20 de outubro.

O 21 de outubro ao Teatro Municipal chegará o espectáculo de María Fumaça "Aire", o seu terceiro disco. Sobre esta proposta falou Manuel Sío, un dos seus integrantes e pai de Rui, o neno polo que se deron os primeiros pasos do proxecto.. Novamente contarán coa participación de moitos artistas profesionais nun acto para reivindicar e facer visible a diversidade.

O Outono no Teatro continuará con "Elisa e Marcela", de A Panadaría Teatro, e con "Outono", de Pistacatro, o 3 e 4 de novembro. A seguinte semana chegarán a Tui "Redondo", de Caramuxo Teatro, e "A nena que quería navegar", da man de Redrum. Para rematar o mes de novembro o 17 actuará a compañía Contraproducións co espectáculo "Nacidas Libres".

A programación remata o 22 de decembro co Concerto de Nadal e en representación deste último espectáculo estivo presente Rubén López, director do Conservatorio de Música Profesional e da Escola de Música de Tui e director artístico da Orquestra Sinfónica da cidade. Esta cita musical contará coa colaboración do Coro da Escola de Música de Valença como parte dun proxecto de futuro para crear o Coro e a Orquestra Sinfónica da Eurocidade.

Concello de Tui



Contacontos máxico para celebrar o Día da Biblioteca o 24 de outubro

Xirará entorno ao libro "Alicia no país das marabillas". É preciso inscribirse previamente ate o día 18

O próximo martes, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca, por este motivo a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá un contacontos dirixido ao público infantil para conmemorar esta efeméride.

Dende ás 17h, e durante aproximadamente dúas horas e cuarto, desenvolverase un contacontos a cargo de Chirlomirlo no que o Sombreireiro Tolo visitará a Biblioteca tudense na busca de Alicia. Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxe do conto "Alicia no país das marabillas" de Lewis Carrol. O espectáculo combinará maxia, a construción dun libro máxico cos asistentes e mesmo dalgúns dos monicreques do conto.

Dado o aforamento limitado da sala infantil - onde se vai celebrar a actividade - é preciso inscribirse previamente ata o 18 de outubro presencialmente na Biblioteca, no primeiro andar da Área Panorámica - entrada porta 5 - ; por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou no teléfono 617 49 81 03. A biblioteca tudense abre de luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 21h e os sábados de 9 a 13h.

Concello de Tui



Un erro nunha resolución da Xunta impide contratar a 4 persoas para Protección Civil en Tui

A concesión sinalaba 4 socorristas e non un coordinador e 3 peóns coma se solicitara. A non ampliación do prazo fixo que non se puidera realizar o proceso no tempo establecido

O Concello de Tui non poderá contratar a catro persoas para o servizo de Protección Civil ao non poder acceder a unha achega, por importe de 12 mil euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ante a imposibilidade de proceder á contratación no tempo marcado na resolución de concesión da subvención que era o pasado 15 de setembro. O problema xurdiu a raíz dun erro detectado na primeira resolución de concesión da axuda por parte da Consellería remitida ao concello de Tui onde figuraba coma persoal a contratar catro socorristas, cando a solicitude presentada polo Concello era para 1 coordinador e 3 peóns. Detectado o erro e comunicado á Xunta, enviouse unha nova resolución, con data de entrada o 11 de setembro no Concello, xa cos postos solicitados pero mantendo como prazo para realizar a contratación o 15 de setembro. A xunta denegou a solicitude de prórroga de inicio do contrato realizada o mesmo 11 de setembro "por non xustificar debidamente a excepcionalidade necesaria para o seu outorgamento" cando dende o concello na solicitude de prórroga se apuntaba a ampliación do prazo de xeito excepcional e debido a causas xustificadas - erro na denominación do posto de traballo - non imputable ao Concello de Tui.

Concello de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais