JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Atlético Guardés dispón do Pavillón de As Travesas de Vigo para os partidos que ten que afrontar como campión de Liga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves ó rexedor de A Guarda, Antonio Lomba, para acordar a cesión do Pavillón de As Travesas ó Atlético Guardés, que ven de gañar a Liga feminina de balonmán e disputará a Supercopa contra o Rocasa Gran Canaria.

O alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes vigués, Manuel Fernández, recibiron este xoves ó alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, xunto co presidente do clube de balonmán feminino Mecalia Atlético Guardés, José Antonio Silva, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro.

Os rexedores municipais acordaron a cesión por parte do Concello de Vigo do Pavillón de As Travesas, cun aforo de preto de 4.000 persoas, para a celebración dos partidos que o equipo de balonmán guardés ten que afrontar como campión da Liga Loterías.

O rexedor da cidade olívica amosou total disposición a colaborar coas demandas plantexadas por Antonio Lomba e o presidente do clube, de xeito que o conxunto guardés dispón das instalacións para a celebración do partido da Supercopa de España no caso de que éste se celebre en Galicia. O campionato, que terá lugar o primeiro fin de semana de setembro, enfrontará ás campionas de Liga co Rocasa Gran Canaria, vixente campión da Copa da Raíña.

De ser necesario, o clube tamén poderá contar coas instalacións do Pavillón para a celebración da fase previa da Liga de Campións a nivel europeo, na que se enfrontrarán ó Thüringer HC alemán no segundo fin de semana de setembro.

O alcalde de A Guarda, que mostrou a súa gratitude pola dispoñibilidade do rexedor vigués, aproveitou para agradecer a Caballero a cesión do autobús descuberto, que serviu ás campionas para a celebración do título de Liga o pasado mes de maio.

Municipio de A Guarda


O Alcalde e a Concelleira de Turismo izan as bandeiras dando comezo a temporada de verán nas praias da Guarda

A 27 de xuño tivo lugar o acto de izamento das Bandeiras Azuis nas praias de Area Grande e O Muíño coas que se marca o comezo da temporada de verán nestas dúas praias recoñecidas da Guarda.

Ata a praia do Muíño desprazáronse o Alcalde, Antonio Lomba, e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e xunto cos socorristas izaron os dous distintivos cos que conta esta praia emblemática do río Miño, Bandeira Azul e Ecoplaya.

Estes distintivos son un recoñecemento ao traballo realizado para manter e mellorar a calidade en canto ás augas de baño, á información e educación ambiental, á xestión ambiental e seguridade, así como os servizos e instalacións. Polo que dende hoxe as dúas praias con bandeiras azuis: a praia de Area Grande e a do Muíño contarán con servizo de socorrismo ata o mes de setembro. Ademais estos areais están unidos polo sendeiro azul, ruta de 6 km que ofrece un paisaxe de gran beleza natural entre a desembocadura do río e o océano Atlántico.

Para poder manter os estándares de calidade, as praias da vila tiveron unha completa posta a punto nos últimos meses, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual. Esta limpeza é moito máis custosa pero con criterios de sostibilidade medioambiental. O sistema levan empregándose nos últimos anos e consiste na acumulación de lixo en montes ou en sacos, segundo o tamaño dos fragmentos, para que logo un tractor fixera o traslado ata o punto de recollida do camión. En ningún caso se utilizan sistemas mecánicos de rastrillado da area. Con isto se conseguiu un uso da praia e do seu entorno no que a xente pode gozar da natureza.

Municipio de A Guarda


O goberno municipal de Tui peonaliza definitivamente a zona de intramuros no conxunto histórico de Tui

Esta medida marcará un punto de inflexión nesta zona propiciando a súa conservación, posta en valor e promoción

A zona de intramuros do conxunto historico de Tui é peonil de forma permanente todos os días da semana. O equipo de goberno de Tui vén de aplicar o Plan de Peonalización de xeito definitivo tras unha primeira fase experimental que se levou a cabo ao longo de catro fins de semana. Esta medida marcará un punto de inflexión na conservación, posta en valor e promoción desta zona da cidade declarada Ben de Interese Cultural no ano 1968, e que atesoura un importante valor cultural e patrimonial. Este espazo recupérase agora novamente para os peóns e coma punto de encontro para os veciños. Ao tempo a retirada da mesma dos vehículos diminuirá a contaminación ambiental, e reforzará as súa habitabilidade, e as súas posibilidades turísticas e comerciais.

De agora en diante, todos os días, o acceso en vehículos á zona de intramuros limitarase a residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais, para labores de carga e descarga cun máximo de estacionamento de quince minutos. Amais as zonas verdes - situadas na rúa Ordóñez, Bispo Lago, Cantón de Diomedes, Piñeiro, Martínez Padín dende o cruzamento co Arrabal ata a Avenida de Portugal, e o Paseo Fluvial, serán para aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE). Dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a respectar as zonas verdes, ao tempo que se advirte que coa entrada en vigor definitiva da peonalización comezaranse a impor as sancións recollidas na Ordenanza Reguladora. No caso de rexistrarse algunha incidencia no acceso por parte dos vehículos autorizados estes poden comunicala á Policía Local no 986 60 36 77.

Coa peonalización definitiva nas próximas semanas, e contando sempre coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, acometeranse unha serie de melloras no conxunto histórico coma a instalación de mobiliario urbano - papeleiras e bancos - e a retirada de bolardos ou sinais de tráfico existentes en distintas rúas que ao ser peonís deixan de ter unha función.

Concello de Tui



O Concello de Tui recibe unha pértega para tratar os niños de vespa velutina

O Concello de Tui recibiu esta mañá por parte da Xunta de Galicia unha pértega para tratar os niños de vespa velutina, xunto a todos os mecanismos necesarios para a súa manipulación. Trátase dunha pértega que pode acadar os 27 metros de altura adaptada para o tratamento dos niños con veleno. Para poder utilizar este mecanismo tamén se recibiron os traxes de protección e o resto do equipamento.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, resaltou que deste xeito os traballadores municipais contarán cos medios precisos para loitar contra esta especie de vespa de orixe asiática. O concello asumirá os gastos da compra do veleno.

Concello de Tui



O Paseo da Corredoira será peonil os sábados e domingos nos meses de xullo e agosto

Dende mañá sábado 1 de xullo o Paseo da Corredoira, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais pasará a ser peonil dende o sábados ás 00h ata os domingos ás 23.59h durante os meses de xullo e agosto. Deste xeito na época estival búscase ofrecer aos cidadáns e visitantes un espazo de paseo, de convivencia, no que amais os nenos poderán xogar, e disfrutar ao aire libre.

Concello de Tui



O Concello de Tui recibe unha pértega para tratar os niños de vespa velutina

O Concello de Tui recibiu esta mañá por parte da Xunta de Galicia unha pértega para tratar os niños de vespa velutina, xunto a todos os mecanismos necesarios para a súa manipulación. Trátase dunha pértega que pode acadar os 27 metros de altura adaptada para o tratamento dos niños con veleno. Para poder utilizar este mecanismo tamén se recibiron os traxes de protección e o resto do equipamento.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, resaltou que deste xeito os traballadores municipais contarán cos medios precisos para loitar contra esta especie de vespa de orixe asiática. O concello asumirá os gastos da compra do veleno.

Concello de Tui



O Concello de Tui mellorará o camiño que une as parroquias de Guillarei e Paramos con acceso ao Monte das Penizas

O Concello de Tui vai mellorar a pavimentación do camiño rural que une as parroquias de Guillarei e Paramos con acceso ao Monte das Penizas. O investimento ascenderá a preto de 60 mil euros dos que 50 mil son aportados pola Xunta de Galicia a abeiro de Plan Marco, Plan de mellora de camiños municipais 2017 -2018.

Segundo o proxecto a actuación a realizar será a pavimentación do vial que da acceso ao monte das Penizas e une as parroquias de Guillarei e Paramos, homoxeneizando o pavimento e mellorando a seguridade vial nunha superficie de 2905 m2.

Concello de Tui



Ata o 5 de xullo pódense presentar as solicitudes para o proceso selectivo de Intérprete do Patrimonio Turístico

Ata o mércores 5 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a contratación laboral a tempo parcial dunha persoa coma Intérprete do Patrimonio Turístico. O contrato terá dunha duración máxima de 6 meses rematando coma máximo o 31 de decembro de 2017. As funcións a realizar son a promoción do patrimonio turístico, a difusión para a conservación do patrimonio turístico, histórico e natural; a planificación e deseño de roteiros do patrimonio, así coma a comunicación do significado do legado turístico, histórico e natural.

Os aspirantes deben estar en posesión do título de ciclo formativo de grao superior, FP II ou equivalente. Deberán presentar ata o 5 de xullo o modelo de solicitude e documentación requirida no rexistro de entrada da casa do concello de 9 a 14h, ou noutros rexistros contemplados na Lei de Procedemento Administrativo, debendo nese caso enviar copia da solicitude por fax ao 986 60 41 48.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios da casa do concello, na sede electrónica e na web www.concellotui.org.

Concello de Tui



Rafael Yebra e Arno Borkamp impartirán a II Aula Internacional de Saxofón no conservatorio de Tui

Será do 10 ao 13 de xullo. Están programados dous concertos o luns 10 e o xoves 13 na igrexa de San Domingos

O Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá do 10 ao 13 de xullo a II Aula Internacional de Saxofón. Esta actividade está organizada polo propio e a Asociación Fray Rosendo Salvado. Os profesores este ano serán Rafael Yebra do CMUS Superior de Vigo e Arno Borkamp do CMUS Superior de Amsterdam.

De forma paralela a actividade docente están previsto dous concertos dirixidos ao público en xeral na igrexa de San Domingos. O luns 10 ás 20.30h actuarán Rafael Yebra e Arno Borkamp e o xoves 13, tamén ás 20.30h, os alumnos participantes nesta II Aula Internacional de Saxofón. En ambos casos a entrada será de balde até completar o aforamento. Amais o martes 11 de 16 a 20h na biblioteca do Conservatorio poderá visitarse unha exposición de saxofóns da marca Selmer e material Vandoren a cargo de Mafer Música.

Esta II Aula Aberta de Saxofón está patrocinada polo Concello de Tui e conta coa colaboración de Metais Faíscas, Anpa Mestre Martínez Pose, Programal Vending, Ópera Prima, Mafer Música e a Deputación de Pontevedra.

Concello de Tui




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais