www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O CONCELLO DA GUARDA PRESENTA A AXENDA DE ACTIVIDADES PARA ESTE VERÁN

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Elena Baz e o Concelleiro de Deporte, Javier Crespo González, presentaron este venres ás 12h a Axenda de Actividades do Verán na Casa dos Alonsos.

Esta axenda recolle a programación de actividades organizada polo Concello da Guarda, en colaboración con distintas asociacións locais, para a vila na época estival. En primeiro lugar a Concelleira de Cultura fixo un repaso polas principais festas que se celebrarán dende o mes de xuño ata o de setembro, e polas citas culturais máis salientables que amenizarán o verán guardés.

Entre a programación cultural atopamos unha gran diversidade de actividades, concertos e actuacións con todo tipo de música, dende o folk, pasando polo rock e polas diversas orquestras. Destaca "Noites no Castelo" que consistirá na proxección da película Crebinsky e no concerto da Banda Crebinsky no Castelo de Santa Cruz ás 21h o 9 de xullo. Dentro do programa "Cultura no Camiño" tamén se organiza o espectáculo para toda a familia "Peterpunk e o neno imperdible", o día 25 de xullo ás 20h no Auditorio de San Benito e o concerto de "De Vacas" o 26 de agosto ás 22h na Praza do Reló.

Ademais a Casa dos Alonsos acollerá importantes exposicións como a "Exposición do Traxe Galego", do 24 de xuño ao 10 de xullo e "Camiños da Imaxe", mostra sobre Joaquín García Portela, "Costiña", pioneiro da filmografía guardesa.

Despois, o alcalde da Guarda explicou cales serán as principais citas gastronómicas e, como non podía ser doutro xeito, salientou á Festa da Langosta como "a festa de referencia da Guarda", a máis coñecida e recoñecida por toda Galicia. Tamén quixo anunciar a volta, 9 anos despois, da Festa do Peixe Espada que se recupera e celebrará a 13ª edición os días 30 e 31 de xullo.

Por último, o Concelleiro de Deporte deu a coñecer os eventos deportivos da vila, que na súa maioría coinciden coas datas das principais festas. Xa este mes de xuño se celebra o Campionato de Fútbol "Festas Virxe do Carme". Para o vindeiro mes se organizan diferentes actividades como a 21ª Travesía a Nado, o dous de xullo; o Campamento Deportivo de Verán, do 4 ao 13 de xullo ou o Torneo de Volley Praia, o 16 e 17 de xuño, entre outras.

Presentouse deste xeito unha completa axenda sociocultural que a Guarda ofrece aos veciños, veciñas e a todos os turísticas que desexen coñecer á vila durante a época estival, con catro meses cheos de actividades e festas para todos os gustos que fan desta unha axenda referente para toda a comarca.

Concello A Guarda



ACIGU Y FEBAN CONVOCAN DOS CURSOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ESTE MES DE JUNIO

Febam y ACIGU CCA ante la demanda generada por la campaña estival convocan dos acciones formativas para conseguir el título de manipulador de alimentos, formación oficial que permite trabajar en todos los procesos que requieran manipulación de alimentos: hostelería, alimentación, pescado, panadería, almacenes, etc.

Los cursos de Manipulador de Alimentos se realizan el día 10 de Junio, viernes, en Tui, sede de Febam, de 5 a 8 de la tarde en A Guarda, sede de Acigu CCA de 17 a 20 horas, y el martes 22 en A Guarda, sede de Acigu CCA también de 17 a 20 horas. Esta formación va dirigida a todo el público, habiendo descuentos para grupos y asociados. La matricula se realiza en los teléfonos 674 342 397 - 986 605 084 - 986 611 743, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.

ebam y ACIGU CCA



PECHE DA PROGRAMACIÓN DE CONTACONTOS CO ESPECTÁCULO "LOBO BOBO"

Dende que dera comezo o pasado mes de outubro, a programación de Contacontos promovida dende o Concello da Guarda leva realizado unha vez ao mes na Biblioteca Municipal unha lectura de contos e unha actividade complementaria.

Ante a proximidade da época estival e para rematar esta tempada, nesta ocasión terá lugar a representación do espectáculo "Lobo Bobo" o sábado día 11 de xuño ás 11,30h no Salón de Actos da Biblioteca.

O espectáculo, que porá o broche final á tempada, consiste na teatralización de contos a cargo da compañía Elefante Elegante. Nesta actuación dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos, Gonçalo Guerreiro mestura os contos de toda a vida coa poesía, a música e o humor que se unen para dar un resultado único. Trátase dun espectáculo interactivo que seguro fará as delicias de toda a familia.

Dende o concello da Guarda convídase a todos os veciños e veciñas a asistir ao espectáculo e desfrutar do peche da programación de contacontos na vila.

Concello A Guarda



ÚLTIMO DÍA DA CAMPAÑA DE ENTREGA DUN RECEITARIO NA PRAZA DE ABASTOS DA GUARDA

Este sábado, día 11 de xullo, remata a Campaña de entrega dun Receitario que foi impulsada polo concello da Guarda, en colaboración cos praceiros e praceiras da localidade, durante as últimas semanas tres semanas.

A campaña deu comezo o pasado 27 de maio como actividade complementaria á "Quere o teu mercado", iniciativa creada pola Xunta de Galicia con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado.

Dende ese día 27 de maio e ata o sábado día 11, todos os que mercan algún produto na Praza de Abastos reciben dúas receitas cada fin de semana, unha o venres e outra o sábado. O Receitario se comporá dun total de 6 receitas para ser elaboradas con produto local e de tempada, que se completarán coa última entregada ós que merquen na Praza de Abastos este sábado.

Agradécese a todos os veciños e veciñas a boa acollida que tivo a iniciativa. Ademais dende o Concello da Guarda anímase a que acudan este sábado para completar o Receitario no día do peche dunha campaña que buscaba dinamizar e poñer no foco de atención a labor dos mercados locais.

Concello A Guarda



ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS CITAS PARA RENOVAR O DNI DE SETEMBRO A DECEMBRO NA GUARDA

O concello da Guarda informa que todos os que o desexen poderán pedir, a partir do mércores 15 de xuño a súa cita para a renovación do DNI nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro na Guarda.

A próxima semana queda aberto, por tanto, o prazo para solicitar as citas para as renovacións que se realizarán a partir de setembro, xa que non se farán nos meses de xullo e agosto.

O horario para pedir as citas é de 9 ás 13h. E poden pedirse tanto de forma presencial no Concello como chamando ao número de teléfono 986 61 00 00

Concello A Guarda



3ª EDICIÓN DO CONCURSO "IMAXES CON FONDO"

O concello da Guarda, como socio colaborador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quere animar a todos os guardeses e guardesas a participar na terceira edición do Concurso de fotografía e vídeo "Imaxes con fondo" que este organiza.

O obxectivo desta iniciativa é crear conciencia crítica á vez que se contribúe a crear unha cidadanía global que defenda os Dereitos Humanos. Para isto todo o que o desexe poderá presentar fotografías ou vídeos que inviten á reflexión.

Neste terceiro ano a temática é a Interculturalidade. Así, os traballos fotográficos e audiovisuais presentados deberán poñer en valor aspectos positivos da mestura entre nacionalidades e culturas, denunciar a discriminación, promover o respecto, desmontar estereotipos, amosar accións a favor dos migrantes e refuxiados, etc.

O concurso está aberto a todos os que queiran presentarse de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento en Galicia. Hai dúas seccións, unha de fotografía e outra de vídeo para as dúas categorías de idades. Estas son a categoría xuvenil, dos 14 ós 17 anos e a adulta, de 18 en adiante. Os premios son:

"Para a categoría xuvenil:
1º Premio: Cámara de fotografía/vídeo.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Premio: Lote de películas de temática social.

"Para a categoría de persoas adultas:
1º Premio. Viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico/audiovisual.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Premio: Lote de películas de temática social.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 15 de outubro para presentar as obras e demais documentos requiridos nas bases a través do enderezoimaxesconfondo@gmail.com. Para máis información poden contactar no mesmo correo electrónico ou no teléfono 986 843 436.

Concello A Guarda



NOVA ANDAINA "ECOTUR" CAMINHA- AGUARDA- O ROSAL

Este sábado, día 11 de xuño, realizarase unha nova andaina "Ecotur" que partirá dende Caminha, pasando polo concello da Guarda, para rematar no Rosal.

Esta actividade, que está organizada pola Asociación do Val do Miño Transfronteirizo "Uniminho", terá unha distancia máxima de 14 quilómetros, e unha duración aproximada de 5 horas e media.

A andaina terá como punto de partida en Caminha a Mata Nacional do Camarido, xunto ao Parque de Campismo, dende onde se sairá cara ás 9 horas da mañá.

Está previsto que para o almorzo se realice un picnic que custaría uns 5 euros, se o tempo acompaña. En caso contrario, a alternativa será comer nun restaurante cun menú de 8 euros que inclúe sopa, prato principal, bebida, sobremesa e café. A isto habería que engadirlle 1 euro polo transporte no Ferry.

O límite máximo de participantes é de 45 prazas e todos aqueles que que queiran participar deben realizar a inscrición nesta web http://tecpro.com.pt/uniminho/inscricoes-caminhadas-transfronteiricas-2016/. Ao facer a reserva débese indicar se, en caso de facer mal tempo, tamén estarían interesados tendo en conta que habería que pagar o prezo do restaurante.

Anímase a todos os veciños e veciñas da Guarda que desexen pasar un sábado facendo deporte nunha preciosa contorna natural e paisaxística a que aproveiten esta oportunidade.

Concello A Guarda



Recepción no concello da Guarda ao alumnado guardés campión do Rally matemático europeo celebrado en Toulouse

Os alumnos e alumnas da Guarda que resultaron campións do Rally matemático Europeo celebrado na cidade francesa de Toulouse foron recibidos este martes 7 de xuño no Salón de Plenos do Concello da Guarda.

Alí o alumnado gañador e o profesorado do departamento de matemáticas foi felicitado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e pola Concelleira de Educación, Elena Baz. Os rapaces e rapazas, de 1º e 4ª da ESO do IES A Sangriña da Guarda, conseguiron impoñerse a competidores de toda Europa na final europea do Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2016 que se celebrou na Universidade Paul Sabatier de Toulouse o pasado 13 de maio.

No transcurso do acto os profesores salientaron que algúns dos seus compañeiros o fixeron igual de ben no campionato, pero que só podía pasar á final un grupo por categoría de cada centro educativo.

O alcalde e a concelleira quixeron recoñecer a estes sobresaíntes alumnos pola súa dedicación e polo logro acadado. Tamén destacaron o bo facer a nivel educativo na localidade, xa que durante tres anos consecutivos os alumnos e alumnas do IES A Sangriña levan acadado a elite matemática europea. Ademais o alcalde, profesor de profesión, amosou a súa ledicia por recibir ao brillante futuro da vila e bromeou cos alumnos, a moitos dos cales coñece ben das aulas.

Pola súa parte os profesores agradeceron ao alcalde e á concelleira a axuda e o apoio recibido dende o concello da Guarda que fixo posible acudir á competición e aseguraron que o vindeiro ano volverían ao campionato, de seguro para colleitar moitos máis éxitos.

Concello A Guarda

Finalizou a Escola de Familias "Pais e Nais"

O día 6 de xuño, finalizou a Escola de Familias organizada polo IES A Sangriña dentro do programa PROA en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) e o programa de Educación Familiar do Concello da Guarda.

A Escola de Familias da Guarda, que xa leva funcionando dende o ano 2010, levouse a cabo todos os luns dende o 2 de maio ata o 6 de xuño. Os 6 obradoiros tiveron lugar nas dependencias do CIM en horario de 20:15-21:45.

A asistencia variou entre 15-20 participantes, todos moi involucrados e activos ao longo das sesións. A primeira sesión titulouse: "Si eles están ben, vós tamén estades ben", falando sobre a influencia e o impacto do estado dos fillos e fillas nas nais e pais. A segunda levou o título: "Eles están ben, se ti estás ben", para tratar da importancia do autocoidado en cada proxenitor para o benestar dos menores. A seguinte: "Eles están ben, se vós estades ben", levou a reflexión sobre a relación de parella e outras persoas da familia que inflúen na educación e coidado dos fillos e fillas, como por exemplo as avoas e os avós. No cuarto obradoiro tratamos da influencia da escola. E no quinto sobre a amizade e as súas repercusións. Finalmente pechamos o ciclo compartindo acerca dos valores importantes e como promovelos nas nosas familias.

Os/as asistentes quedaron moi contentos e agradecidos polos temas tratados, pedindo a continuidade deste tipo de obradoiros que ven como moi útiles e necesarios para mellorar as dinámicas familiares e a relación coas súas fillas e fillos.

Desde o IES A Sangriña e o Concello da Guarda queremos dar as gracias a todas as persoas participantes polo interese mostrado e pola súa constante participación ao longo de todas as sesións.

Concello A Guarda





Curso de graffiti para a mocidade guardesa dentro do programa da Deputación de Pontevedra "Depo Rúarte"

O concello da Guarda acollerá o vindeiro mes de xullo un curso de graffiti como parte do programa "Depo Rúarte" organizado dende a Deputación de Pontevedra.

Esta iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. O curso conta con prazas limitadas, polo que a orde para cubrir as prazas será a seguinte:

-Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda.

-Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade.

-Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.

O prazo de realización do curso será do 18 ó 29 de xullo en horario de mañá. Todos os que desexen anotarse a esta actividade terán como prazo de inscrición do 28 de xuño ao 12 de xullo na oficina da OMIX do Concello da Guarda.

Para inscribirse terán que achegar un formulario de solicitude, que poden recoller na OMIX ou descargar na web http://www.depo.es/; unha fotocopia do DNI e o empadroamento.

O concello quere animarte a que deixes a túa pegada na vila cunha actividade na que se pintará un muro nunha ubicación ó aire libre para desfrutar das alternativas culturais que ofrecen os meses estivais.

Concello A Guarda



Aberto o prazo para a presentación de instancias para unha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda

No día 7 de xuño, queda aberto o prazo para a presentación de instancias para o proceso selectivo para unha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda.

Tras a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo para recibir as instancias será de 10 días hábiles a partir do 7 de xuño.

A esta praza laboral temporal só se poderán presentar as persoas que estean en posesión da seguinte titulación: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información ou asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a de turismo ou equivalente homologado. Ademais deberán ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos de idade e estar desempregado/a.

Todos os interesados nesta praza, que consta dunha xornada de 40 horas semanais con contrato ata o 15 de setembro, deberán achegar xunto á solicitude unha copia do DNI compulsada, a declaración responsable, copia compulsada do título ou recibo do depósito do título, copia compulsada da tarxeta de demandante de emprego en vigor e s o desexan copia compulsada do CELGA 4 (que os eximiría de realizar a proba de galego).

Concello A Guarda

Tui acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

Do 4 ao 8 de xullo as instalacións deportivas municipais Álvarez Durán acollerán o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Tui e o Tyde. Vai dirixido a rapaces e rapazas entre os 4 e os 16 anos que se poden inscribir ata o 1 de xullo ao través da web www.fundacioncelta.com. O prezo por participante é de 130 euros, salvo para os xogadores do Tyde F.C. que aboarán 115 euros. As clases de luns a xoves serán de 10 a 14h e o venres de 10 a 18h, incluíndo o xantar e a festa fin de campus á que poderán asistir tamén as familias.

Esta mañá foi presentado o Campus na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e o responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García.

Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, destacou que para o Concello é unha honra poder contar con esta colaboración co Celta e o Tyde, ao tempo que salientou a oportunidade que o Campus representa para mellorar as condicións técnicas do participantes.

Elías Vieiro, presidente do Tyde F.C., explicou que o ano pasado na primeira edición desta actividade en Tui contaron con 25 participantes, cifra que agardan superar este ano xa que é unha oportunidade para rapaces e rapazas de chegar mellor preparados e formados ao comezo da nova temporada.

O director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, destacou que cada participante recibirá unha equipación, e agradeceu a colaboración tanto do Concello coma do Tyde, que fan que se sintan en Tui coma na casa. O responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García, foi o encargado de dar os detalles técnicos explicando que haberá catro áreas nas que traballarán os cinco días do Campus: coordinación e psicomotricidade, técnico-táctico, multideporte e competicións individuais e colectiva. O mércores amais avanzaba que terán algunha sorpresa.

Concello de Tui





Terceiro Torneo de Kaiak Polo o domingo 12 na lagoa de Caldelas

A sección de Kayak Polo do Club Piragüismo Penedo homenaxeará a David Fernández "Michi"

Este domingo, 12 de xuño, celebrarase o terceiro trofeo da XXIII Liga Galega de Kaiak Polo, nas categorías sénior, sub21 e damas, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. Disputarase na lagoa de Caldelas, dende as 09.00 ata as 18.00 horas.

Un total de nove equipos procedentes de toda Galicia enfrontaranse ao longo do día nas distintas categorías. Os equipos participantes son o Rodeira de Cangas sénior e sub21, Umia de Caldas de Reis, Copacabana de Ferrol sénior e sub21, Combarro de Pontevedra, Xuvenil de As Pontes (Coruña), Arcos de Valdevez (Portugal) e o propio club organizador, Club Penedo feminino de Caldelas.

Neste campionato homenaxearase a David Fernández "Michi", irmán dunha das xogadoras do Club Penedo, falecido a semana pasada no río Miño.

Concello de Tui



Tui participa ata o domingo en Festur, Feira de Festas de Interese Turístico, en Silleda

O Concello de Tui está presente dende o dia nove e até o domingo en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, que celebra a súa terceira edición en Silleda coincidindo coa 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Tui participa ao ter as súas festas patronais na honra a San Telmo declaradas de interese turístico galego.

Con posto propio duns 10 metros cadrados promociónanse os atractivos turísticos da cidade dende o río Miño ao Monte Aloia e o conxunto histórico, xunto á gastronomía, a cultura, o deporte... Fotografías de gran tamaño dunha vista da cidade dende Valença, da cruz do Monte Aloia, da Catedral e ou das rúas empedradas do conxunto histórico reclaman a atención do visitante. Folletos turísticos, información da oferta hostaleira e de restauración, ou do Camiño Portugués de Santiago achegan aos que pasen pola feira as claves para visitar Tui.

Concello de Tui



Ata o venres 17 pódense presentar as solicitudes para realizar as fogueiras de San Xoán

Débese contar cunha póliza de responsabilidade civil, e as fogueiras situaranse coma mínimo a 20 metros das vivendas.

O Concello de Tui informa que ata o venres 17 de xuño está aberto o prazo para solicitar a autorización para a realización de Fogueiras de San Xoán. Os interesados deben cubrir o impreso normalizado, dispoñible na secretaría do concello ou na web municipal, e presentalo por rexistro de entrada xunto á documentación requirida (póliza de responsabilidade civil e plano de situación da fogueira).

No impreso farase constar o lugar exacto da fogueira, detallando a parroquia, aldea, rúa, tendo en conta que non se poderán realizar en terreos de natureza forestal ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume. Amais debe respectarse unha distancia mínima de 20 metros entre a fogueira e as vivendas, vehículos de tracción mecánica, depósitos de combustible ou almacén de substancias especialmente inflamables.

As fogueiras realizaranse en buracos e terase a man mangueiras, extintores ou auga, e nas mesmas non se poderán queimar nin rodas nin plásticos. É preciso amais contar cunha caixa de primeiros auxilios e póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150 mil euros. Unha vez rematada a celebración a fogueira debe quedar completamente enterrada.

Concello de Tui



O 31 de xullo celebrarase a I Cronoescalada ao Monte Aloia

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez gravou a subida como apoio á proba deportiva Be Legend Bike Series

O domingo 31 de xullo celebrarse a I Cronoescalada ao Monte Aloia que forma parte da "Be Legend Bike Series 2016". Este campionato está composto por tres probas en formato cronoescalada, que se realizarán ascendendo ao Monte Aloia en Tui, o 31 de xullo, ao Monte Xiabre de Vilagarcía de Arousa, o 28 de agosto, e ao Mirador da Curota, na Pobra de Caramiñal, o día 2 de outubro. As inscricións poden realizarse xa a través de páxina web www.belegend.es

Para promocionar esta I Cronoescalada ao Monte Aloia o triatleta tudense Gustavo Rodríguez realizou a subida ao Monte Aloia para facer a gravación do percorrido. Tras participar o pasado sábado no Campionato do Mundo de Duatlón, Gustavo Rodríguez está apoiando esta proba deportiva, que agarda reunir en Tui aos mellores escaladores da zona. A gravación realizada será subida á rede, a través dun coñecido portal especializado en ciclismo, para que todos os ciclistas interesados poidan dende casa e cun rodillo, competir contra o campión tudense, nunha espectacular ascensión ao Monte Aloia.

Concello de Tui



O Contencioso Administrativo falla a favor do Concello de Tui na concesión do título para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra fallou a favor do Concello de Tui e da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Rebordáns no recurso presentado pola Asociación de Veciños de Rebordáns e Manuel Goberna Caride, pola concesión do título habilitante para a legación da ampliación do cemiterio da parroquia de Rebordáns por parte do Concello de Tui en Xunta Local de Goberno do 9 de xuño de 2015.

A xuíza no fallo da sentenza inadmite o recurso presentado pola Asociación de Veciños por este acordo da Xunta Local de Goberno, e desestima o interposto por Manuel Goberna Caride, que naquel momento exercía coma presidente do colectivo veciñal. Ao tempo impón as costas do xuízo causadas tanto ao Concello coma á Comunidade de Montes, ata un máximo de 600 euros, a cargo da Asociación de Veciños e do particular. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os feitos remóntanse á xullo de 2011 cando José Manuel Sousa Sousa presentou escrito para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns, alegando a Asociación de Veciños que non era presidente da mesma nin tiña documento acreditativo para exercer esta representación. A xuiza estima que aínda que dende o Concello non se requiriu documentación acreditativa da representación este defecto non é invalidante do proceso seguido no Concello. Posteriormente a Comunidade de Montes asume a promoción deste expediente, sendo a propietaria dos terreos onde se levou a cabo a ampliación do camposanto

Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica. A xuíza estima que na demanda "non existe unha defensa do interese urbanístico, senón que existe unha disputa dentro da Asociación de Veciños" e apunta que a tramitación do expediente administrativo foi "impecable".

Concello de Tui



O Concello de Tui realiza melloras no mobiliario urbano

Estanse a acometer tarefas de limpeza en parques infantís das parroquias e pequenas reparacións

Persoal municipal realiza estes días tarefas de mantemento e limpeza en todo o termo municipal co obxectivo de manter a limpeza e ornato na cidade. Estas actuación súmanse aos pequenos cambios en materia de tráfico para mellorar a circulación na cidade.

Así por unha banda operarios municipais acometen o pintado das farolas do casco urbano tudense tras proceder á limpeza das mesmas de carteis e anuncios. Deste xeito apóstase por manter o ornato na cidade para o que se solicita a colaboración cidadá. Compre lembrar que a ordenanza municipal de Limpeza e Ornato Público contempla sancións económicas pola colocación de carteis ou anuncios fóra dos lugares establecidos.

Por outra parte dende o Concello estase a realizar estes días a reposición de papeleiras en diversos lugares do casco urbano que foran retiradas ao estar en mal estado, e tras a súa reparación ou renovación volven ser instaladas.

No mesmo ámbito nos últimos días estanse a realizar labores de limpeza e desbroce nos parques infantís das parroquias tudenses. En concreto tense actuado no parque infantil situado xunto a antigo cuartel en Caldelas, no da Ponderosa en Rebordáns, no do Regueiro en Areas, no da Barca e nos de Circos e do Anxo, en Pazos de Reis. Tamén se mellorou o acceso ao parque infantil no Paseo Fluvial, e operarios municipais acondicionaron xa nos últimos días as instalacións das piscinas municipais ante a súa próxima apertura na época estival. Tamén se teñen realizado pequenas reparacións na madeira da Ponte das Febres, en Ribadelouro, punto sinalado do paso de peregrinos. Amais téñense mellorado rexillas de desaugue nos xardíns ou na rúa Olímpicos Tudense, entre outros puntos, amais da reposición de sinais en mal estado.

A travesía da rúa Rosa Bahamonde pasa a ser dirección prohibida, e non se pode estacionar en parte da rúa Coengo Valiño

Por outra parte en materia de tráfico se teñen realizado pequenos cambios. Así a prolongación da rúa Rosa Bahamonde pasa a ser dirección prohibida salvo para a Policía Local, de tal xeito que os vehículos que circulen pola rúa Rosa Bahamonde terán que facer stop e xirar cara a esquerda en dirección á rúa Augusto González Besada. Para facilitar este xiro recortouse a esquina da intersección coa rúa Foxo e elimináronse os bolardos que había instalados.

Tamén nas últimas semanas estableceuse a prohibición de estacionamento na rúa Coengo Valiño dende o novo aparcamento habilitado neste vial ata o pavillón de deportes, para facilitar o tráfico nesta zona.

Concello de Tui



O Concello de Tui entrega a catro clubs tudenses o material subvencionado pola Deputación de Pontevedra

O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, entregou o material subvencionado aos catro clubs tudenses que o solicitaron no seu día á Deputación de Pontevedra.

Así o Club Deportivo Ribadelouro, o Club Deportivo Caldelas, A Quinta de Tui Fútbol Sala e a Escudería Doña Urraca, recibiron diferentes materiais: balóns, esteras, picas, conos, bandas elásticas, etc.

O Concello de Tui agradece á Deputación de Pontevedra o apoio brindado aos clubs deportivos da provincia, neste caso co aporte de material deportivo necesario para o desenvolvemento da súa actividade. Anima a todos os clubs a seguir solicitando estas axudas nos próximos anos.

Concello de Tui



O Conservatorio e a Escola de Música promoven o programa "Pon música na túa vida" para facilitar a elección de instrumento aos nenos de 7 a 10 anos

Contan coa colaboración dos centros educativos. Impartirán clases gratuítas a finais de mes de ata tres instrumentos

O Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música de Tui, en colaboración cos centros educativos tudenses, promoven o programa "Pon música na túa vida". Vai dirixido a nenas e nenos con idades entre os 7 e os 10 anos interesados na música. Co mesmo búscase facilitarlles a elección dun instrumento cando se matriculen nun destes centros de estudos musicais facilitándolles experimenta cos instrumentos antes de decantarse por un deles. Así os días 28, 29 e 30 deste mes de xuño en horario de mañá asistirán a clases de instrumentos, ata un máximo de 3 da súa elección. Esta é unha actividade totalmente gratuíta. Os nenos interesados deben cubrir o formulario nos seus centro de ensino ou nas oficina do Conservatorio.

Concello de Tui



Este domingo celébrase a V Eurocidade 10

A saída e a meta estará no Paseo da Corredoira de Tui. Os máis de 400 participantes que se agardan completarán 10 quilómetros entre Tui e Valença

Máis de 400 persoas son as que se agardan que participen este domingo na V Eurocidade 10, unha proba deportiva organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. Serán dez quilómetros de percorrido por Tui e Valença, sendo un evento único nas súas características xa que percorre dúas cidades, dous países e atravesa unha ponte internacional, amais de atravesar o conxunto histórico tudense e a fortaleza valenciana.

A presentación desta proba tivo lugar esta mañá na casa do concello de Tui por parte do concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, vareador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez.

Laureano Alonso sinalou como esta proba é especial para el xa que o ano pasado foi á primeira a que asistiu xa coma concelleiro de Deportes. Expuxo coma este evento contribúe a dinamizar as dúas cidades e dalas a coñecer, e convidou ao público a presenciar a carreira.

O vereador de Desporto de Valença, José Monte, destacou o simbolismo desta proba que atravesa a vella ponte internacional e desexou que volva ser un éxito coma en edicións anteriores.

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, fixo fincapé no privilexio que terán os participantes de correr por dous países e por zonas monumentais. E salientou o espírito solidario deste evento xa que por unha banda encargaron os trofeos á asociación Avelaíña, e por outra 1€ de cada inscrición doarano ao SOS Tomiño-Baixo Miño.

Entre as novidades deste ano está o establecemento de premios en metálico de 150€ € para o primeiro e a primeira clasificados absolutos, 100 € para o segundo e a segunda e 50 € para o terceiro e a terceira. Amais haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría tanto masculina coma feminina, e coma novidade tamén para os tres primeiros da Eurocidade homes e mulleres.

O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, 8 de xuño, ás 23:59h a través de Championchipnorte. O prezo é de 4€, máis 1€ de aluguer do chip.

A saída e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira. O percorrido irá pola rúa Augusto González Besada, Martínez Padín, Avenida de Portugal, cruzará a vella ponte internacional para facer un percorrido polo perímetro interior e polo exterior da muralla de Valença, regresará a Tui cruzando de novo a ponte, para pola beira do Miño achegarse ata os xardíns e rematar de novo na Corredoira.

Concello de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais