www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

EDICIÓN - "QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!"

Xornadas para Mellorar as Habilidades Profesionais

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca a 2ª Edición do Taller denominado "Queres Traballar? Axudámosche!!" para mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo.

Ten como obxectivo aumentar a cualificación profesional para facilitar e conseguir a inserción laboral utilizando unha metodoloxía individualizada. O programa está organizado en catro módulos e os participantes poderán participar naquel que máis lles interese, aínda que se da prioridade ás persoas que se inscriban no taller completo.

Nesta ocasión, dividimos o taller en dúas partes: unha convócase durante este mes de xuño e a segunda parte impartirase despois do verán. O calendario e os contidos organízanse do seguinte xeito:

I.- Currículum Vitae Eficaz e "Marca Persoal"
Días 22 e 26 de xuño de 9 a 14 h.
II.- Automotivación
Día 24 de xuño de 9 a 14 h.
III.- Entrevistas de Traballo: como enfrentarse a elas
Días 29 de xuño e 1 de xullo de 16 a 21 h.
IV.- Búsqueda de Emprego por Internet e Oportunidades de negocio na Rede
Día 3 xullo de 9 a 14 h.

As prazas para participar son limitadas baixo rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición remata o xoves 18 de xuño.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir un formulario que se atopa en www.erguete.org e tamén enviar o Currículum Vitae a emprego@erguete.org.

Esta actividade será impartida nas instalacións da Asociación Érguete Baixo Miño e para o desenvolvemento da mesma conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

Para máis información e inscricións en www.erguete.org. Tamén directamente na Asociación Érguete Baixo Miño situada na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail emprego@erguete.org

Érguete Baixo Miño


O LUNS ÁBRESE A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DO VERÁN-DEPORTIVO ORGANIZADO POLO CONCELLO DA GUARDA

A concellería de Deportes do Concello da Guarda abre o luns, día 8 de xuño, o prazo de inscrición para participar nas actividades do “Verán-Deportivo” que se realizará do 6 o 17 de xullo na localidade. Os destinatarios das actividades son todos os nenos e nenas de entre 8 a 16 anos.

O “Verán-Deportivo” ofrece actividades moi diversas en horario de mañá de 9,30 a 13,30 horas. Entre os deportes que os rapaces e rapazas poderán practicar encóntrase a vela, kayac, piscina, remo, hockey sobre patíns e outros deportes na praia.

As instalacións onde se practicarán cada unha das actividades serán a praia de Lamiña, o Club Robaleira, Club A Lagua ou O Codesal.

Estas actividades nacen có obxectivo de dinamizar o tempo libre dos rapaces e as rapazas e fomentar a práctica dalgún deporte. Ademais o Concello busca ofrecer diferentes deportes os nenos e nenas e mostrar os clubes onde poder practicalos na vila.

Todos aqueles interesados en inscribirse poden dirixirse directamente ó Concello ou pórse en contacto a través da dirección deporte@aguarda.es. Para a inscrición será necesario presentar a fotocopia do DNI dos pais ou titores, do neno ou nena interesado/a, a tarxeta sanitaria do rapaz ou rapaza e a autorización firmada.

As prazas son limitadas polo que a lista se creará por orde de inscrición. O prezo por praza é de 100 euros e teñen de límite para anotarse ata o 29 de xuño.

Concello de A Guarda


ALFOMBRAS FLORAIS A GUARDA - 2015

Decenas de mulleres, algún home, e tamén mozos e mozas, levan traballando máis dun mes para conseguir lucir unhas fermosas alfombras de flores nas rúas da Guarda durante a festa do Santísimo, que se celebra este fin de semana.

Garaxes, salóns das casa ou locais comerciais baleiros, todo serve como espazo onde escoller e agrupar todas as follas e flores que se precisan para decorar metros e metros de rúa.

Desde moi cedo pola mañá nalgúns casos, dende as tres da tarde noutros, e tamén pola noite, xúntanse nos locais multitude de mulleres para ir escollendo as follas e flores que precisan para crear os seus debuxos. “Nós estamos tanto pola mañá como pola noite, o único que facemos é unha parada ben corta para comer. Necesitamos o tempo xa que a festa é dentro de pouco”, afirma unha das mulleres que traballa nun local instalado na rúa Ignacio Sobrino.

Pola súa banda, outro grupo situado na mesma rúa conta que elas só traballan pola tarde pero que teñen moitas mans a axudar. “Nos temos dous sitios onde nos xuntamos e podemos chegar a ser unhas trinta mulleres. O noso horario vai dende as tres da tarde ata máis ou menos as nove”, conta unha delas mentres desfai as follas verdes. Nesta agrupación contan ademais cunhas mans moi especiais, as de Ignacia Cadilla, a muller máis lonxeva da localidade que, ós seus 105 anos, aínda axuda a facer as alfombras para a festa. “De cabeza está perfecta e lle gusta participar”, conta a súa filla.

A maior parte dos grupos levan máis de trinta anos participando nas alfombras. “Temos fotografías de moitos anos, a verdade é que temos feito alfombras moi bonitas”, conta unha das mulleres que traballa para formar parte do debuxo que cubrirá a rúa Concepción Arenal, mentres mostra algunha desas instantáneas. “Nós a primeira alfombra a fixemos no ano 80, mira que xa pasou tempo... levamos traballados moitos anos”, conta outra das señoras que traballa para conseguir unha bonita alfombra na céntrica Praza do Reló.

Aínda que é moito traballo e moito tempo, as mulleres intentan que as horas pasen de unha forma entretida. “A verdade é que nós o pasamos ben. Falamos, contámonos cousas... e de paso traballamos”, afirman no local situado na rúa Enrique María Sesto.

En todos os espazos o que comparten é o mesmo medo: o relevo xeracional. “A verdade é que non sei se cando nós xa non esteamos isto se fará... agora o que temos que dar é as gracias os mozos e as mozas que nos axudan a colocar as flores no chan, porque nós iso xa non podemos”, conta unha muller que traballa para adornar unha das rúas da Guarda.

Mentres se achega a data da festa -as alfombras confecciónanse na noite do sábado día 6 ó domingo 7- as caixas acumúlanse nos baixos e as mulleres continúan coas súas tarefas.

Concello de A Guarda


“TAPEARTE” PRESENTA UNHA GRAN VARIEDADE E MOITA CALIDADE NAS TAPAS DOS DEZANOVE LOCAIS PARTICIPANTES

A ruta de tapas comeza dia 4 e alóngase ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa celebración da festa do Santísimo e as alfombras florais e San Antonio.

Presentouse na Casa dos Alonsos a terceira edición da ruta “Tapearte” na que participan un total de dezanove locais, entre restaurantes, bocaterías e xamonerías. Neste evento, que se desenrolará dende hoxe xoves día catro, ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras e San Antonio, ofrécense tapas moi variadas e de gran calidade a un prezo de dous euros. Os horarios para probar estas elaboracións son de 12 a 13,30 horas pola mañá, e de 19 a 21 horas pola tarde.

Os restaurantes que participan nesta iniciativa son “Arruaz”, “Bahía”, “Bitadorna”, “Brisamar”, “Casa do Outeiro”, “Gaviota”, “La Pizzicata”, “O Cangrexal”, “O Paseo”, “O Roxo”, “Xantar”, “Xeito” e “Trasmallo”. Ademais tamén ofrecen as súas receitas nas bocaterías “Brétema” e “Marbella”, na xamonería “Avenida”, o hotel “El Molino”, o Aparthotel “Marouco” e na tapería “Vaite Vindo”. Entre as tapas que se ofrecen hai moita variedade, así os comensais poden escoller entre, por exemplo, unhas filloas recheas, brochetas de produtos de mar, salpicón, ou tapas baseadas en ternera galega ou chipiróns.

Entre todas as persoas que se animen a probar algunha das tapas da ruta se sorteará un fin de semana para dúas persoas no Parador de Tui, e outros dous fines de semana no Hotel Molino e no Aprtahotel Marouco, da Guarda.

Na presentación, na que estiveron presentes o alcalde José Manuel Domíminguez Freitas, a Concelleira de Turismo Montserrat Magallanes e a maior parte dos hosteleiros, destacouse a calidade das tapas. “Nesta terceira edición de “Tapearte” se volve a por en valor a gran variedade nas receitas e os bos produtos utilizados”, dixo a Concelleira de Turismo. Ademais, Montserrat Magallanes, resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis.

Concello de A Guarda


ESTE SÁBADO CELÉBRASE NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA UN FESTIVAL BENÉFICO PARA LOITAR CONTRA A FAME

Este sábado, día 6 de xuño, celébrase no Centro Cultural da Guarda un festival benéfico promovido pola ONG “Manos Unidas” en colaboración co Concello, baixo o lema “Todos unidos contra a fame no mundo con música e baile”.

No evento, que comeza as 20,30 horas, actuará a escola de danza “Bambalina” de Vigo, o grupo de acordeóns “Lembranzas”, do Rosal, un cuarteto de clarinetes do conservatorio de Tui e o grupo de pandereteiras infantil “Caraina”. Ademais contarán coa actuación da escola de baile “Xamaraina” e cun recital de poesía da man de Iria Sanz, Blanca Martínes, Rafael López e Oliva María González.

A entrada ó espectáculo é gratuíta pero no interior a organización venderá unhas rifas coas que os presentes poderán conseguir diferentes agasallos ó término de tódalas actuacións.

Espérase que sexan moitas as persoas que acudan a este evento benéfico para loitar contra a fame.

Concello de A Guarda


A PRAZA DE ABASTOS VIVE UNHA XORNADA FESTIVA CONMEMORANDO O DÍA EUROPEO DO MERCADO

O pasado sábado día 30 de maio conmemorouse na Praza de Abastos da Guarda o Día Europeo do Mercado cun showcooking e un reparto de agasallos entre os usuarios da praza. O sábado sempre é un día moi animado no mercado guardés e esta celebración fixo que aínda máis xente se animase a mercar os produtos de primeira calidade que ofrece esta praza.

A campaña “Come o Mar” promovido por “Mar Galaica” organizou, en colaboración co Concello da Guarda, un showcooking no que dous cociñeiros mostraron ós máis de vinte participantes na actividade, a maneira de preparar uns mexillóns con fabas e unha tempura de cabala. Os cociñeiros mostraron cada un dos pasos das receitas feitas e deixaron probar o resultado final ó público.

Por outra banda, a Xunta de Galicia, como fixo no resto de prazas da comunidade galega, repartiu diferentes agasallos entre os usuarios dos postos da Guarda. Así, ademais de mercar pescados, carnes e verduras de gran calidade, os veciños e veciñas da localidade, levaron as súas casas bolsas, caramelos ou globos conmemorativos do Día Europeo do Mercado.

Concello de A Guarda


O BNG-AA de Tui avanza na negociación dun programa común de goberno para o Concello

En aras á transparencia coa que o BNG-AA de Tui quer levar o proceso de diálogo aberto tras o 24M, facemos saber á opinión pública que no dia de onte, 1 de Xuño, mantivemos unha reunión con representantes do PSdeG-PSOE de Tui, onde se avanzou na negociación dun programa común de goberno para o Concello, sen que se entrase a debater en ningún momento reparto de responsabilidades ou áreas de goberno. Na próxima semana está prevista unha nova reunión entre ambas delegacións, da que daremos cumprida conta unha vez realizada.

BNG-AA de Tui


O Concello de Tui e a Axencia de Turismo de Galicia asinan un convenio para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

O Concello de Tui contratará a unha persoa durante os meses de xullo, agosto e setembro

O Concello de Tui e a Axencia de Turismo de Galicia asinan un convenio de colaboración para o apoio á contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística, durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Municipio de Tui


Os campamentos de verán do Concello de Tui acadan un total de 225 solicitudes

Venres 5 de xuño abrirase o prazo de pagamento da taxa

O proceso de inscrición dos Campamentos de Verán Tui 2015 pechou o pasado martes, cun total de 225 solicitudes para as diferentes quendas dispoñibles do mes de xullo e agosto.

Todos os nenos e nenas foron admitidos nas quendas solicitadas, polo tanto, tal e como indican as condicións xerais dos campamentos, dende mañá venres 5 ata o día 17 de xuño deberá facerse o pagamento da taxa establecida, que ó igual que nos últimos anos é de 30,56€ por cada quenda e neno/a.

Para facer este abono, todos os/as inscritos/as deberán pasar polo departamento de tesourería do Concello de Tui e recoller o recibo correspondente á súa inscrición.

Lembrar que a primeira quenda comezará o día 1 de xullo, a partir das 9h horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Municipio de Tui


Presentación do Campus de Verán da Fundación do Celta de Vigo en Tui

O Campus do Celta de Vigo realizarase nas instalacións do Club Tyde F.C. do 27 ao 31 de xullo, en horario de 9h a 14h

Os nenos que se inscriban antes do 6 de xuño, recibirán unha camiseta do Celta como agasallo.

Nos vindeiros días o Celta de Vigo fará unha xornada gratuíta de portas abertas para presentar o Campus

Hoxe, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, realizouse a presentación do Campus de Verán da Fundación do Celta de Vigo en Tui, que se desenvolverá do 27 ao 31 de xullo, en horario de mañá, nas instalacións deportivas municipais "Álvarez Durán" do noso concello. Os nenos e nenas que se inscriban no Campus antes do 6 de xuño, recibirán unha camiseta do Celta de regalo.

Neste acto estiveron presentes o alcalde en funcións de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente do Tyde F.C., Elías Vieiro, o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e Alejandro Abalde, coordinador do Campus.

Moisés Rodríguez, alcalde en funcións do Concello de Tui, quixo destacar a alegría de presentar este Campus, xa que neles se fomentan valores tan importantes como o traballo en equipo e mailo esforzo. Agradeceu que se faga este evento en Tui, e está convencido de que tras este Campus virán outros eventos semellantes.

Deseguida falou Alejandro Abalde, coordinador do Campus. Explicou que o Campus de Verán do Celta de Vigo está dirixido a nenos e nenas de entre 4 a 16 anos. Cada grupo de idade, de 15 nenos aproximadamente, traballará diferentes áreas coma a técnico- táctica, a coordinativa, unha lúdica e outra competitiva, impartidas polos adestradores do Celta de Vigo. Trátase dunha boa oportunidade para que os cativos poidan desfrutar, de primeira man, dun adestramento baseado na metodoloxía do Club.

A continuación tivo a palabra Germán Arteta, director da Fundación do Celta de Vigo. Quixo agradecer ao Concello de Tui, ao seu alcalde e ao Club Tyde, xa que grazas á súa axuda puideron facer na cidade o primeiro Campus do Celta de Vigo. Esta actividade, ademais de potenciar as habilidades deportivas, propicia entre os rapaces a solidariedade, a igualdade e a capacidade de sacrificio.

Elías Vieiro, presidente do Tyde F.C. explicou que lle fixo moita ilusión recibir este Campus, xa que lle emociona traballar con nenos. Apuntou que no Campus, que se desenvolverá nas instalacións do Tyde, traballarán tanto adestradores do Celta de Vigo coma coordinadores e monitores do Club que preside.

Os nenos e nenas participantes, ademais de perfeccionar e traballar áreas coma a coordinación ou a táctica, desfrutarán de actividades lúdicas. Todos os participantes serán obsequiados cunha equipación oficial do Celta de Vigo, e os que o fagan antes do remate desta semana, ata o día 6 de xuño, levarán unha camiseta a maiores.

O prezo do Campus é de 130 euros para o público en xeral e de 115 euros para os xogadores do Tyde, os membros da Fundación do Celta de Vigo e subscritores do R.C. Celta. As inscricións poden efectuarse na páxina web da Fundación do Celta de Vigo: www.fundacioncelta.com ou na sede do Tyde.

Tanto dende a Fundación do Celta de Vigo coma dende o Club Tyde explicaron que nestes días vindeiros se fará unha xornada gratuíta de portas abertas, para que os cativos poidan ter un primeiro contacto co Campus.

Municipio de Tui


Este sábado 6 de xuño o Concello de Tui acolle a saída do III Tríatlon do Concello de Porriño

A proba de natación sairá dende a praia da Marina de Tui ás cinco da tarde

Este sábado 6 de xuño, o Concello de Tui volverá a acoller a saída do III Tríatlon Concello de Porriño, que nesta terceira edición contará con máis de 300 triatletas.

Ás 17h horas darase a saída da proba de natación dende a praia da Marina de Tui, ao carón da Comandancia de Marina, onde os deportistas realizarán o percorrido de 750 metros nadando polo río Miño.

O aparcadoiro do Club Náutico San Telmo albergará a zona de transición entre a natación e o sector de bicicleta, percorrendo os ciclistas as rúas Antero Rubín, Canónigo Valiño, Rúa Calzada, Rúa Arrayal, San Bartolomé, Rúa Loureiro, Camiño de Barros e Senda de Barros, para cruzar a antiga Nacional 550, e dirixirse hacia Porriño pola estrada PO342 sentido Ribadelouro, que dende as 17.00 horas quedarán pechadas ao tráfico. Os ciclistas percorrerán un total de 20,2 quilómetros ata Porriño.

Por último, o sector de carreira realizarase integramente en Porriño, realizando os participantes un percorrido de 5 quilómetros.

O Concello de Tui agradece a colaboración dos voluntarios dos clubes tudenses, da Policía Local de Tui, da Comandancia de Marina de Tui, dos Bombeiros Voluntarios de Valença e da Cruz Vermelha de Valença, no seu traballo de velar pola seguridade dos participantes tanto no río como na estrada. Así como pide colaboración aos veciños e veciñas das rúas por onde discorre a proba, dado que o circuito permanecerá pechado entre as 17h e as 18.15 horas.

Municipio de Tui



Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais