www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

A Guarda

PP ainda não definiu candidato para liderar lista às eleições municipais

Após Fany Iglesias ter evidenciado a sua disponibilidade para se recandidatar às próximas eleições municipais, as quais perdeu há quatro anos, o Partido Popular encontra-se a analisar outras alternativas, como é o caso de Conchi Ortega, uma empresária, gerente de Espaderos guardeses

Tomiño

PSOE opta por uma psicóloga clínica

Mónica Hermida, psicóloga clínica, especialista em legislação laboral e gestão de pessoal, foi escolhida pelos militantes locais para encabeçar a lista do PSOE-PSG às eleições autárquicas de Maio.


I Cimeira do Ambiente reúne em Vigo governos de Portugal e da Galiza

O Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP, AECT) organiza a I Cimeira da Euroregião, em Vigo, pelas 11h (hora local) do dia 10 de março, na sede do GNP, AECT- (Edifício CETMAR - Rua Eduardo Cabello, S/N).

A proteção da paisagem, as infraestruturas hidráulicas, a reserva da Biosfera transfronteiriça Gêres-Xurês e o troço internacional do rio Minho são os temas prioritários desta Cimeira da Euroregião, dedicado ao setor do Ambiente. O objetivo é construir uma agenda comum aos dois lados da fronteira a executar a curto-prazo que diretamente beneficie a população da Galiza e do Norte de Portugal.

Nesta primeira Cimeira da Euroregião, o Governo Português far-se-á representar pelos Secretários de Estado do Ambiente, e do Ordenamento do Território e Conservação da Natureza, e o Governo da Galiza pela Conselleria de Medio Ambiente, Território e Infraestruturas. Está, igualmente, prevista a presença do Presidente e Vice-Presidentes da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) e da Comunidade de Trabalho GNP, representantes da Agência Portuguesa do Ambiente e do Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, o Diretor das Relações Externas e com a EU da Xunta da Galiza e o Responsável pela Cooperação Transfronteiriça da CCDR-N. O Secretariado da Cimeira está a cargo do GNP, AECT.

O Emprego e a Proteção Civil serão os temas das próximas Cimeiras que o GNP, AECT pretende promover, ainda no corrente ano, na Euroregião Galicia - Norte de Portugal.

Rosário Costa


"A forza do feminismo"

O BNG do Baixo Miño chama a participar na manifestación unitaria do feminismo galego o vindeiro domingo 8 de marzo.

Os nacionalistas denuncian que o machismo está absolutamente normalizado, sufrindo as mulleres a desigualdade e a opresión do sistema que dia a dia se transmite facendonos crer que non hai vontade colectiva para mudar esta situación.

Dende o Bloque Nacionalista deféndese unha sociedade solidaria cara á igualdade, e, para iso é precísase do feminismo para seguir facendo camiño.

Así pois, co lema "a forza do feminismo", chamamos ás veciñas e veciños do Baixo Miño a participar na mobilización unitaria do feminismo galego, este sábado ás 12h. dende a estación do tren de Compostela.

BNG


A COMUNIDADE EDUCATIVA DA GUARDA SOLICITA QUE SE ATENDAN NECESIDADES DOS COLEXIOS

Non se pode negar o evidente. E evidente é que o grupo de goberno deste concello, para garantir o mantemento dos colexios de primaria e as unitarias, destina dende o 2008 en exclusiva un traballador que, en perfecta sintonía coas direccións dos centros, se encarga de levar a cabo os arranxos e de manter en perfecto estado as instalacións.

Tamén é evidente que o concello, dende que está este grupo de goberno, multiplicou por tres o orzamento municipal que se adica a educación. Evidente é que mesmo organizamos, con moito éxito por certo, os cursos de preparación para a obtención do graduado escolar sen ningunha colaboración, nestes últimos anos, da Consellería de Educación.

Tamén é evidente que, dando por boas as cifras da Consellería, se dos 700.000 euros que din que gastaron na Guarda dende o 2009, lles restamos a inversión de 371.000 euros no Instituto (aí o Concello non ten competencia algunha) e o que custou poñerlle a cuberta o Sinde ( arrincada por un temporal) a cantidade queda reducida a pouco máis de 200.000 euros en 6 anos, cantidade certamente cativa.

Evidente e notorio foi o compromiso adquirido polo Xefe Territorial de cambiar a estrutura e o tellado do patio cuberto do CEIP A Sangriña. Anpa e Equipo Directivo saben ben deste compromiso. Estaban presentes cando o adquiriu.

Cada administración debe facerlle fronte as súas responsabilidades e cos seus medios. Non é culpa deste concello que a Consellería de Educación sufrira un recorte tan importante nas súas partidas. En todo caso iso denota a importancia que esta Xunta lle da ó ensino público. Certamente hai un novo plan provincial de investimentos, pero será o grupo de goberno quen decida a que necesidades vai destinado. Porque cada pau ten que aguantar a súa vela, e poñerlle unha nova cuberta ó pavillón de Solanas, facer o novo cuberto da Sangriña, etc. son competencia estricta da Consellería.

As demandas de arranxos e cumprimento dos compromisos adquiridos polo Xefe Provincial parten da comunidade educativa a través do Consellos Escolares. O Concello actúa como portavoz destas demandas. Non queremos entrar nun cruce de acusacións, simplemente temos a pretensión de que se atendan as necesidades dos centros educativos que son competencia da Consellería de Educación.

Antonio Lomba Baz
Concelleiro de Educación do Concello da Guarda..

Municipio de A Guarda


O BNG insta a Xunta e ao Concello da Guarda a mellorar as instalacións dos centros educativos

Produce vergoña allea ver as dúas institucións pelexando en lugar de asumir as responsabilidades que lles corresponden.

O Bloque Nacionalista Galego ve con asombro como a Xunta de Galiza e o Concello da Guarda se encerellan nunha pelexa absurda pola situación dos centros educativos da Guarda, cando tanto unha coma outro teñen responsabilidades directas no mal estado dalgunhas instalacións educativas do concello.

O BNG considera esta liorta un espectáculo lamentábel máis propio da busca de rendibilidades políticas a curto prazo que da intención de mellorar as condicións dos centros educativos da localidade.

Os representantes do BNG no Concello reclamáronlle ao grupo de goberno municipal do PSOE que solucione o pésimo estado da contorna do CEIP Manuel Rodríguez Sinde.

Poñendo especial atención no oco deixado por unha grúa, que afecta ao patio do centro, sen esquecerse da deficiente urbanización da rúa cun firme irregular, beirarrúas sen rematar así como a falta de limpeza na zona, sen que se fixese nada ao respecto. Por isto é que nos molesta especialmente o desleixo da Concellalía de educación, que ata o momento non se preocupou de asumir as súas responsabilidades e solucionar os problemas anteditos.

Para o BNG é imprescindíbel que as institucións colaboren na mellora das infraestruturas educativas, por seren que deben ser sempre consideradas unha prioridade por mor da súa importância, pois ofrecen un servizo absolutamente necesario par o pobo. Polo que instan a Consellería de Educación e ao Concello da Guarda, nomeadamente a Concellalía de Educación, a asumir as súas responsabilidades, a achegar posturas e a coidar como é preciso as nosas instalacións educativas.

BNG


IKFEM, elixido polo Ministerio de Cultura de España para a Mostra Espanha 2015

O Festival Internacional de Teclado da Eurocidade Tui-Valença, IKFEM, foi seleccionado para formar parte da programación da Mostra Espanha 2015, evento que se celebra con periodicidade bienal como resultado dun compromiso iniciado en 2009 desde o entón Ministerio de Cultura de España para ofrecer ao público portugués un amplo repertorio de acontecementos representativos da cultura e do patrimonio español.

O pasado xoves 26 de febreiro a Subdirección General de Promoción de la Cultura del Ministerio de España, representado polo seu director Emilio Vilanova e Feliciano Novoa, oficializou a invitación ao festival tras manter unha reunión coa directora de IKFEM, Andrea González, e con representantes da Eurocidade, aproveitando para visitar os espazos onde se realizarán as distintas actividades.

IKFEM, con tan so dúas edicións ás costas, chamou a atención non só pola súa programación de alta calidade senón tamén polo "seu compromiso coa cultura española e portuguesa, empregando a música coma nexo entre estas dúas culturas no marco estratéxico da Eurocidade". No mes de xullo o IKFEM celebrará a súa terceira edición, reservando un día da súa programación para a Mostra Espanha que terá lugar no Outono.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosa a súa satisfacción pola elección do IKFEM para Mostra Espanha, ao tempo que felicita aos seus organizadores polo traballo desenvolvido ata o momento neste festival.

Municipio de Tui


O Concello de Tui convoca trece prazas de carácter temporal para distintos servizos municipais

Os interesados teñen ata o 18 de marzo para presentar as súas solicitudes

O Concello de Tui abre mañá o prazo para presentar as solicitudes para acceder a unha das trece prazas de traballo temporal que convoca para distintos servizos municipais. Os interesados poden consultar as bases completas de cada praza no taboleiro de anuncios do Concello ou na web www.concellotui.org. Teñen ata o próximo 18 de marzo para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada do Concello. En todos os casos a duración máxima do contrato será ata o 31 de decembro deste ano.

Por unha banda convócanse cinco prazas de auxiliares administrativos a tempo completo para os departamentos de urbanismo, intervención, biblioteca e secretaría. Tamén se convoca unha praza de auxiliar administrativo a tempo parcial con 20 horas semanais para a biblioteca.

Esta convocatoria de prazas contempla tamén a contratación dun operario de mantemento electricista, un operario para o cemiterio municipal, un peón operario para o Punto Limpo e un encargado de mantemento do Pavillón Municipal. Por outra parte ábrese tamén o prazo para que presenten as súas solicitudes os interesados en acceder a unha praza de Traballador/a Social e para dous Auxiliares da Policía Local.

Municipio de Tui


Xornada de portas abertas mañá xoves na Escola Infantil Galiña Azul de Tui

O prazo de solicitude de matrícula está aberto ata o 23 de marzo

A 5 de marzo, hubo unha xornada de portas aberta na Escola Infantil Galiña Azul de Tui dirixida ás familias interesadas en coñecer as instalación do centro e resolver dúbidas con respecto ao proceso de matrícula para o curso 2015/16. O próximo 12 de marzo volverá realizarse unha xornada similar para que as familias poidan visitar a escola.

Os país de nenos de 0 a 3 anos interesados en matricular aos seus fillos para o próximo curso escolar teñen ata o 23 de marzo para presentar a súa solicitude no modelo normalizado que poden recoller na propia escola ou descargar da web do Consorcio (www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es). No caso das nenas e nenos que nazan fóra de prazo poderán presentar igualmente a súa solicitude na escola no tempo antes da publicación das listaxes provisionais.

Municipio de Tui


O concello de Tui e a Cámara de Valença presentaron esta mañá o calendario de actividades deportivas da Eurocidade para o ano 2015

Dezanove probas deportivas organizadas pola Eurocidade para este 2015 compoñen o calendario, que contarán coa participación de máis de sete mil deportistas

O Concello de Tui e a Cámara de Valença presentaron o calendario das citas deportivas organizadas conxuntamente no ámbito da Eurocidade para este ano 2015, nun acto onde estaban presentes os concelleiros de Deportes das dúas cidades, José Monte e Antonio Castro e no que estiveron acompañados polo tenente de alcalde do Concello de Tui, José Ángel Villaverde e o representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Un vídeo onde se recollían imaxes de todos os deportes que están presentes nesta programación abriu esta presentación para posteriormente dar paso aos concelleiros, que estaban presentes no acto e que tiveron palabras de lembranza e agradecemento para Eduardo Sousa, recentemente falecido, e colaborador habitual en probas deportivas da Eurocidade.

O calendario recolle un total de 19 probas, nas que podemos atopar modalidades deportivas do máis variado desde as andainas, que este ano serán un total de 17, ata a aviación deportiva, cun festival aéreo para o que están por concretar as datas pero que se celebrará moi probablemente no mes de agosto. A lista complétase con moitos outros deportes, nalgúns casos en probas xa consolidadas no calendario deportivo, e noutros que se realizan por primeira vez, o listado completo e o seguinte: IV Circuíto de 17 Andainas/Trilhos Saudables a celebrar entre os meses de febreiro a decembro, IV Eurocidade BTT no mes de Marzo, tamén en marzo I Torneo Eurocidade de Baloncesto, Xa no mes de maio disputarase a primeira edición da Big Ride Eurocidade e nese mesmo mes o II Rallie Eurocidade

En xuño celebrarase a IV Eurocidade 10 e o I Torneo de Judo, no mes de xullo o II Campionato Ibérico de Kung-Fu. Xa en plena temporada estival, agosto acollerá o IV Trofeo de Balonmán e a II Eurocidade Cup, torneo de fútbol que enfrontará o Valenciano e o Tyde FC, ademais do I Festival de Parapente en setembro chegarán a V Travesía a nado, o IV Torneo de Fútbol e o II Torneo Eurocidade de Hoquei a Patíns, volvera tamén neste mes o II Campionato de Tenis da Eurocidade.

Xa na parte final do ano o protagonismo será para o fútbol-sala coa celebración da Liga de Fútbol Sala Saudable 2015/2016, e o II Torneo de Baile deportivo e xa en decembro celebrarase o IV Trofeo Eurocidade de Natación.

Queda por determinar a data de celebración do I festival Aéreo da Eurocidade, aínda que o mes máis probable para a súa realización é o de agosto

Un total de 23 clubs participarán na organización de cada un dos eventos, ademais da Cámara de Valença e o Concello de Tui, e entidades como a Cruz Vermella Portuguesa , a GNR, os bombeiros Voluntarios, Policía Local de Tui, Garda Civil, Protección Civil de Tui e Radio Municipal. Agárdase unha participación de máis de sete mil deportistas no total das dezanove probas prevista ao longo do ano neste calendario deportivo da Eurocidade.

Municipio de Tui


Nuria Domínguez proclamouse campioa do Mundo de Remoergómetro

No mesmo campionato Jesús Álvarez foi subcampión do Mundo

Esta pasada fin de semana celebrouse en Boston o Campionato do Mundo de Remoergómetro, onde os remeiros tudenses tiveron unha excelente actuación.

Así, a deportista tudense, Nuria Dominguez acadou a medalla de ouro, proclamándose Campioa do Mundo de Remoergómetro na súa categoría. Con este novo título, Nuria amplía o seu palmarés, demostrando que a súa idade segue sendo unha das mellores remeiras do mundo e a mellor na historia do remo español.

Neste campionato, o tamén tudense Jesús Álvarez, acadou a medalla de prata, proclamándose subcampión do Mundo de Remoergómetro. Para Jesús éste resultado e o récord mundial de remoergómetro en peso lixeiro acadado fai varias semanas son a confirmación do seu gran estado de forma neste ano preolímpico tan importante.

O Concello de Tui felicita a Nuria Domínguez e Jesús Álvarez polos excelentes resultados acadados neste Campionato do Mundo, animándolos a seguir adestrando co obxectivo de entrar nos equipos nacionais de cara aos Xogos Olímpicos de Rio 2016.

Municipio de Tui



Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais