|
Comunicado sobre o mercadillo semana en Tui
No Concello de Tui celébrase desde hai anos un mercadillo semanal, todos os xoves, situado en diferentes rúas do municipio. Non existe previsión de iniciar os trámites para outro mercado, polo momento, en ningunha outra localización.
Ao mercado semanal dos xoves faltaron nas últimas semanas un 40% dos vendedores autorizados. Como todos os anos, abriuse o prazo para solicitar a renovación dos postos, que se manterá aberto até febreiro. Os postos, cuxa renovación non se produza en prazo, procederase á súa licitación pública, en cumprimento da normativa.
Desde a concellaría de Servizos Sociais tívose que prestar unha atención especifica durante os últimos dias a varias familias empadroadas no municipio, ás que se lles axudou con alimentos e produtos non perecedoiros porque, por motivos persoais e alleos ao Concello, non ocuparon os seus postos no mercado.
Os posibles conflitos que poidan derivarse a outros niveis exceden a competencia da administración municipal cuxo único obxectivo é e será velar polo cumprimento da legalidade. Apelamos e instamos a calquera veciño que considere que as súas liberdades como cidadáns dun Estado de Dereito póidanse ver ameazadas a que utilice os medios legais que ofrece a xustiza.
O Trilho de Cavacadoiro celebrase este sábado 8 de novembro, dentro do programa de Andainas Saudables da Eurocidade
Este sábado, 8 de novembro, terá lugar unha nova andaina do programa de Andainas Saudables da Eurocidade, organizada pola Eurocidade Tui-Valença. Nesta ocasión será o Trilho de Cavacadoiro, que percorrerá a freguesía de Boivão.
A distancia do trilho será de ao redor 14 de quilómetros, cunha duración aproximada de seis horas, sendo a dificultade do percorrido moderado.
O punto de saída será na Igrexa Matriz de Boivão, na freguesía de Boivão, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.
A empresa "FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE será a responsable de construír o novo Centro de Saúde de Tui
A empresa "FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE" será a responsable de construír o novo Centro de Saúde de Tui. O prazo de execución do proxecto é de 14 meses e orzamento acada os 4.111.243,62€ IVE incluído. Así aparece publicado no día de hoxe, 5 novembro, no perfil do contratante da Xunta de Galicia.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da a coñecer a publicación da adxudicación do Centro de Saúde de Tui, saíndo así ao paso das declaracións do Partido Socialista que sinalou nos últimos días que adxudicataria da construción era a empresa "Cofely" implicada nunha trama de presunta corrupción. O alcalde insiste en que a construción correrá a cargo de "FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE" unha empresa que afirmaba comezará as obras o antes posible xa que lembraba que deben estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2014.
Moisés Rodríguez lembrou que o novo Centro de Saúde de Tui é unha obra de interese xeral, demandada por todos os tudenses, e a máis importante dos últimos anos na cidade. Agarda que as obras comecen o antes posible, tras a concesión da licencia por parte da Xunta Local de Goberno a pasada semana.
92 pilotos competirán este sábado no I Rallie da Eurocidade Tui-Valença
Un total de 92 van competir esta sábado no I Rallie da Eurocidade Tui-Valença organizado polo Escudería Dona Urraca coa colaboración do Concello de Tui, da Cámara Municipal de Valença e co apoio de distintas casas comerciais.
O mundo dos rallies será o protagonista deportivo da fin de semana recuperando así a tradición que neste tipo de probas existe tanto en Tui coma en Valença.
A presentación do I Rallie da Eurocidade tivo lugar este mediodía no Parador de Turismo de Tui coa presenza o alcalde de Tui, o presidente da Cámara de Valença, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, xunto ao vereador de Desporto de Valença e o presidente e responsable técnico da Escudería Dona Urraca.
O venres dende ás 17.30h no entorno da Piscina Municipal de Valença terán lugar as verificacións técnicas do coches participantes que logo se achegarán ata a Praza da República. O parque pechado quedará instalado na rúa Compostela en Tui. O sábado, dende primeira hora da mañá, os pilotos participantes, entre os que estarán Manuel Senra e Amador Vidal, así coma o local Pedro Tapia, terán que completar os 236 quilómetros de que consta o rallie, 94 deles serán cronometrados. Serán un total de catro tramos dous deles en Valença e dous en Tui.
Na presentación deste I Rallie da Eurocidade o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosouse convencido de que esta proba se converterá nun dos rallies máis importantes de Galicia e de España. Aseguraba tamén o rexedor tudense que "a Eurocidade sairá fortalecida co importante movemento económico que se vai xerar". Tivo palabras tamén Moisés Rodríguez para destacar o traballo realizado pola Escudería Dona Urraca na organización desta competición.
Mentres o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, salientaba o entusiasmo que está proba está crear, indicado que é "a primeira incursión da Eurocidade no deporte do motor". Afirmaba amais que traballando de xeito conxunto pódese organizar un evento de referencia no mundo dos rallies.
O presidente da Escudería Dona Urraca, Marcos Romero, explicou coma o Rallie de Regulariedade celebrado en San Telmo en Tui serviu de test para a organización deste Rallie da Eurocidade que unirá Tui e Valença entorno ao mundo do motor. Fernando Fernández, director técnico do Rallie, salientou o ben estruturada que está a proba, e fixo un chamamento ao público a colaborar coa organización colocándose en sitios altos e seguros para presenciar o paso dos pilotos.
O presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacou o importante nivel de afeccionados ao mundo do motor tanto en Portugal coma en Galicia, e aproveitou para facer entrega de sendos agasallos ao alcalde de Tui e ao presidente da Cámara de Valença polo seu apoio a este rallie.
Esta competición é puntuable para o Campionato Galego de Rallies sobre asfalto, e para a Copa Galicia de Rallies, amais establécese un Trofeo de Gañadores.
A Radio Municipal de Tui é a emisora oficial do I Rallie da Eurocidade.
O tudense Gustavo Rodríguez proclamouse Campión de España de Longa Distancia

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez proclamouse Campión de España de Longa Distancia esta pasada fin de semana en Arrecife (Lanzarote), tras completar a distancias de 3 quilometros de natación, 120 quilómetros en bicicleta e 30 quilómetros de carrera a pé.
Gustavo Rodríguez, que milita nas filas do Club Cidade de Lugo fluvial, e que recentemente acadaba a medalla de bronce no Campionato de Europa de Media Distancia, rematou o Campionato de España cun tempo de 6:19:18, por diante de Nicholas Ward que fixo 6:24:50 e de Paul Santos que rematou a proba en 6:35:48.
O Concello de Tui felicita a Gustavo Rodríguez pola consecución deste Campionato de España de Triatlón de Longa Distancia, e por una tempada chea de éxitos, tanto nacionais como internacionais.
|