CURSO "VENDA NO PEQUENO COMERCIO"
PARA DESEMPREGADOS/AS
 |
Convocamos un Curso de Venda en Pequeno Comercio que vai dirixido a persoas sen emprego e con perfil profesional ou intereses dentro do ámbito do comercio. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 380 h.
O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 16 de outubro en horario de 08:30 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.
Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar -Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rosal.
As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. Remata o prazo o venres día 11 de outubro.
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org
Proxecto "EMPRÉGATE:
QUÍTALLE PARTIDO AS TÚAS IDEAS"
Emprégate: quítalle partido as túas ideas é un proxecto que organiza a Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar - Dción. Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove e o Concello de A Guarda.
Trátase dun proxecto encamiñado a favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa finalidade de materializalas exitosamente.
As partes das que consta o proxecto son as seguintes:
- Taller "Descubrindo as miñas potencialidades" onde nos embarcaremos durante dous días na creación de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.
- Seminario "Alternativas empresariais: aspectos legais" terá lugar nunha xornada consistente en orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e sobre axudas, subvencións e financiamento.
- Exposición "Compartindo experiencias" será unha xornada participativa de presentación de experiencias de persoas emprendedoras
- Workshops "Fai realidade a túa idea" en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e a portando coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples as ideas que na cabeza parecen complexas.
As actividades realizaranse no local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde.
Do 20 de setembro ao 7 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para participar na iniciativa.
Podes descargar o tríptico informativo e a folla de inscrición en www.erguete.org
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org
Exfimiño 2013

Del 11 al 13 de octubre en los salones del Recreo Artístico Guardes se llevara a cabo XXVII EXFIMIÑO 2013. Siguiendo con el homenaje a los fundadores de la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, este año corresponde al último miembro de la primera Junta Directiva, D. Constantino Candaira González, con motivo del centenario de las Fiestas del Monte, a él se le debe la idea y propuesta de crear dicha fiesta.
Contamos con la colaboración de correos, al concedernos un nuevo matasellos especial para conmemorar la efeméride y un sello del Monte Santa Tecla. La inauguración que será el viernes 11 de octubre a las 8 de la tarde estará presente la nieta de Constantino Candeira, Dña Pilar Candiera F. de Araoz y el historiador guardes d. Joaquín Miguel Villa nos contara la interesante historia de este industrial guardes de adopción.
En Esta ocasión la Comisaria de la muestra es Dña Marta Verde Rodríguez que ha conseguido reunir 30 colecciones de toda Galicia, a destacar 4 de ellas que son de niños de 10 a 13 años de Ourense.
Lista de Expositores:
Sociedad Filatélica y Numismática Guardesa ……… La Sociedade Filatélica e N. Guardesa
unida a la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla.
Infomaxe ……………………………………………. Centenario de la Fiesta del Monte
Sociedad Filatélica y Numismática Guardesa ……… Cajas de cerillas
Mª Teresa Castro Martínez …………………………. Calendarios de bolsillo
Marina Rodríguez Alfonso …………………………. Calendarios de bolsillo (Billetes del
Mundo y Flores de jardín)
Expositores juveniles
Alicia Rodríguez Suárez ……………………………. A volar
Jocabed Fernández González ……………………….. Amigos de todo el mundo
Abraham Rodríguez González ……………………… Ludo
Jerónimo González Fernández ……………………… Moviéndonos en cuatro ruedas
Historia postal
Andrés García Pascual ……………………………… Prefilatelia de Galicia: marcas de abono
José Mª García Carreira …………………………….. Historia postal española 1936-1946
J. Ángel Gándara Rodríguez ………………………… Historia postal de La Guardia
Tradicional
Marcelino Portela Lorenzo ………………………….. 1º y 2º Centenario de España
Matasellos conmemorativos
Jorge Martínez Baz …………………………………. Matasellos primer día de Europa CEPT
Luciano Lomba Vicente ……………………………. Matasellos conmemorativos de A Guarda
Temática
Miguel Martínez Pérez ……………………………… Faros y otras ayudas a la navegación
Cristina Domínguez Rotea …………………………. La vela a través de la historia
Almudena Tabeada Lago …………………………... El perro siempre útil
Luciano Lomba Vicente ……………………………. Del monasterio rural a la catedral urbana
Jorge Martínez Baz ………………………………… Ese desconocido principio
Marta Verde Rodríguez ……………………………. Belleza y cosmética natural
José Mª García Carreira …………………………… La censura postal en Estados Unidos
durante la Segunda Guerra Mundial
Alfonso Dorado Senrra ……………………………. El vino
J. Ángel Gándara Rodríguez ……………………… Colón, rumbo a las Indias
Beatriz González Abel …………………………… Las siete letras de mi tierra
Mª Elisa Abad Suárez ……………………………. A raíña que chegou de Oriente
Joaquín Silva Martínez …………………………... Papeles con historia
Clase abierta
Manuel Martínez Martínez ……………………….. Vino: denominación de origen
Luciano Lomba Vicente …………………………… Enteros postales y aerogramas ilustrados
de España
Marta Verde Rodríguez ……………………………. Diccionario Filatélico
PLAY-DOC ABRE LA CONVOCATORIA
PARA PARTICIPAR EN SU DÉCIMA EDICIÓN
- Quienes deseen formar parte de la selección de 2014 del Festival Internacional de
Documentales de Tui deberán enviar sus trabajos antes del 30 de noviembre de 2013
Play-Doc Festival Internacional de Documentales de Tui enciende
motores, para su edición de 2014, con la apertura de la convocatoria para los cineastas que deseen
participar en el certamen. La sección oficial a concurso pretende dar a conocer un cine esencial y de
difícil acceso a un público heterogéneo, que crece cada año en número de espectadores. Otro de los
elementos identitarios de la programación es su especial atención a los documentales musicales, con
conciertos incluidos, y las retrospectivas realizadas a autores de prestigio.
A esta participación se suman, a lo largo de nueve ediciones, importantes realizadores como Albert
Maysles, Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Audrius Stonys, Marcel Lozinski, Victor
Kossakovsky o Jay Rosenblatt; que colocaron a Tui en el mapa internacional de los certámenes de
cine de no ficción.
Play-Doc también apuesta por nuevas vías de distribución, a través de su canal de televisión
interactivo Play-Doc TV, desde el que se puede acceder a títulos vistos en el festival. El talento es,
además, un valor fundamental para sus organizadores. Esto queda patente en Play-Doc Workshops,
una serie de talleres que exploran nuevas vías de producción y formación orientadas al desarrollo de
proyectos cinematográficos. Estas iniciativas son también el alma del festival, que ha seguido
apoyando y aumentando la oferta de cursos, en unas últimas ediciones marcadas por la austeridad
presupuestaria que atraviesa todo el sector cultural en nuestro país.
Con todo, la organización del festival abre, un año más, la convocatoria para participar en una
nueva edición de Play-Doc. La convocatoria está dirigida a todos aquellos realizadores y/o
productoras que posean los derechos de las obras que inscriban, siendo la convocatoria para
películas documentales de cualquier duración, temática y nacionalidad, producidas después del 1 de
enero de 2013.
Todos aquellos interesados en participar deberán presentar sus trabajos antes del 30 de noviembre
de 2013.
O ALCALDE DE TUI, MOISES RODRIGUEZ, TOMA POSESIÓN COMO NOVO DEPUTADO PROVINCIAL

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, tomou posesión a 27/9 no inicio do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra como novo deputado provincial pola comarca do Baixo Miño na Corporación provincial.
Desta forma o rexedor tudense se incorpora ao organismo provincial coa finalidade de representar aos concellos do Baixo Miño e aos seus cidadáns para, segundo refire, lograr una maior calidade nos servizos públicos e especialmente o desenvolvemento de políticas a prol dos sectores afectados pola crise asi como para afondar na cooperación transfronteiriza, unha ferramenta de grande transcendencia para esta comarca miñota.
Os grupos de sete asociación actúan mañá sábado no Festival de Playbacks no Teatro Municipal
Sete grupos de asociacións culturais de Tui van actuar mañá sábado no Festival de Playbacks que se vai celebrar no Teatro Municipal a partir das 19h. A entrada será libre.
O grupos participantes pertencen ás asociacións culturais San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, O Mosteiro de Pexegueiro e Xuntanza de Randufe. Interpretarán temas de Pitbull, Jennifer López, Spice Girls ou Rihanna. Cada un dos grupos actuará 15 minutos. As portas abrirán ás 18.45h.
O ALCALDE VISITA AS INSTALACIÓN DO SOS TOMIÑO - BAIXO MIÑO EN TUI

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que SOS Tomiño - Baixo Miño ten no edificio da antiga alfándega tudense.
No decurso desta visita os directivos e voluntarios desta agrupación social informáronlle ao rexedor tudense da inmediata posta en funcionamento destas instalación onde proporcionarán alimentos básicos ás familias con necesidades destes subministros alimentarios.
Todos os luns e xoves de 11 a 13 horas os voluntarios desta asociación atenderan no edificio da antiga alfándega de Tui e informarán a todas aquelas persoas interesadas na actividade desta asociación.
Os membros de SOS Tomiño - Baixo Miño agradeceron ao Concello de Tui a súa colaboración con este proxecto, ofrecendo un local para desenvolver este labor e os medios materiais necesarios.
O alcalde tudense valorou moi positivamente este labor que dende agora a asociación "SOS Tomiño - Baixo Miño" emprende na nosa cidade e que reforzará o traballo que tanto o Concello como outros colectivos tudenses desenvolven neste ámbito. Un labor imprescindible neste tempos de crise polos que atravesamos. Asemade Moisés Rodríguez resaltou o importante grupo de voluntarios tudenses que se teñen involucrado neste proxecto de tanta importancia social ao tempo que expresou o seu agradecemento a todos os voluntarios polo seu altruísmo.
ESTE DOMINGO 6 DE OUTUBRO ACTIVIDADES NO CONXUNTO HISTÓRICO: FESTA NO PRACER

Con artesanía, gastronomía, música e actividades para rapaces
Baixo o lema "Festa no Pracer: vive o conxunto histórico" o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organiza este domingo unha serie de actividades que van ter lugar nas prazas do Pracer, a Armada, a Estrela e San Telmo.
Esta mañá tiña lugar a presentación da programación no Concello de Tui presidida polo alcalde, Moisés Rodríguez, acompañado polo concelleiro do Conxunto Histórico e Rehabilitación, Nicolás Lorenzo, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e a concelleira de Parques e Xardíns, Olga Montes.
O alcalde Moisés Rodríguez salientaba a importancia desta festa que ten coma principal obxectivo dinamizar o conxunto histórico tudense para revitalizar as súas prazas co fin de que a poboación as coñeza. Así mesmo aproveitaba para anunciar a peonalización da zona monumental que comezará de forma case inmediata, feito que favorecerá indiscutiblemente ao turismo da localidade.
O concelleiro Nicolás Montes agradecía a colaboración de todos os veciños, hosteleiros e artesáns que participan e fan posible a celebración desta festa. Co programa previsto engadía que se van descubrir as nosas prazas e ao tempo se apoia ao pequeno comercio, agradecendo a colaboración dos establecemento que nestes momentos complicados fan un esforzo e suman sinerxías, salientando que o importante é dar vida ao conxunto histórico. Vanesa Rodríguez, concelleira de cultura, referíase á Festa do Pracer coma unha festa de todos, unha festa de todo o concello.
Esta actividade da continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de "Festa no Placer" o Concello de Tui impulsa esta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense.
Ao longo da xornada, de 11,15 a 14.30h e de 17 a 21,00h, haberá postos de artesanía na Praza do Pracer con mostra de cestería, tecido, oleiría, trapillo, bixutería, e palilleiras. Amais na Praza da Armada haberá unha mostra do traballo dos telleiros do Rosal.
A música estará presente con pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos locais e cun concerto de música folk a cargo do grupo de percusión Odaiko ás 19,30 horas e que conta co patrocinio de Agadic.
A gastronomía será outra das propostas do programa que manterá prezos populares con postos na praza da Estrela a cargo de Monumental, A Muralla, Jaqueivi, A Adega, Viños e Tapas e Remesal , contando coa participación como establecemento convidado do Parador de Turismo "San Telmo".
Os nenos tamén teñen o seu momento nesta xornada coa actuación de "Kotemalabar" cun espectáculo de circo a partir das 18,00 horas na Praza de San Telmo.
Ás seis e media da tarde terá lugar unha visita guiada polo conxunto histórico tudense que comezará na Praza da Armada.
Co programa previsto engadía que se van descubrir as nosas prazas e ao tempo se apoia ao pequeno comercio, agradecendo a colaboración dos establecemento que nestes momentos complicados fan esforzo e suman sinerxías, salientando que o importante é dar vida ao conxunto histórico
Domingo 6 de outubro - PROGRAMA
Prazas do Pracer, Estrela, Armada e San Telmo
11,15 h. (Praza do Pracer e da Armada)
Inauguración e entrega premios concurso de balcóns
Pasarrúas por grupo de gaitas "San Xoán" de Paramos
Exhibición dos telleiros do Rosal ao longo do día
Apertura dos postos de artesáns na Praza do Pracer (de 11,15 a 14,30 e de 17,00 a 20,30 h)
12,30 h. (Praza da Estrela)
Gastronomía coa participación dos seguintes establecementos "Monumental", "A muralla", "Jaqueivi", "A Adega", "Viños e tapas", "Pizzeria Di Marco" e "Remesal". Convidado: Parador "San Telmo"
17,00 h.
Pasarrúas polo grupo folclórico "Santa Columba" de Ribadelouro
17,30 h. (Praza de San Telmo)
Espectáculo "Cirkote Teatro & Circo de rúa" con Kote Malabar.
18,00 h.
Pasarrúas polo grupo de baile "Refaixos e Polainas" de Baldráns
18,30 h.
Visita guiada polo conxunto histórico. Inicio Praza da Armada.
19,30 h. (Praza do Pracer)
Concerto de Odaiko Percusión Group. Patrocina Agadic.
Organiza: Concellería de Conxunto Histórico e Concellería de Cultura do Concello de Tui
A OFICINA DE TURISMO DE TUI RECIBE 5.633 CONSULTAS NO MES DE SETEMBRO
Un total 5.633 visitantes achegáronse á Oficina Municipal de Turismo de Tui o pasado mes de setembro. As boas temperaturas que persistiron neste mes propiciaron a continuidade de turistas na nosa cidade, dos cales, máis de 3.800 procedían doutras localidades do territorio español. Por comunidades autónomas Madrid encabeza a lista cun total de 810 visitantes, seguida dos provenientes da propia comunidade galega, Andalucía e Castela e León.
En canto aos turistas estranxeiros estes sumaron un total de 1.764. Os nosos veciños portugueses mantéñense os primeiros coma en meses anteriores. Aos lusos séguenlles os alemáns (291), franceses (142) e británicos(107). Cómpre salientar que máis da metade dos turistas estranxeiros estaban a realizar o Camiño Portugués cara a Santiago.
O número total de peregrinos que visitaron a Oficina Municipal de Turismo foi de 1.278, dos cales, 985 eran estranxeiros. A meirande parte dos camiñantes de fóra das nosas fronteiras proviñeron de Portugal, seguidos de Alemaña, Irlanda e Reino Unido, coa presenza, en menor medida, de visitantes de todos os recunchos do mundo coma Sudáfrica, Xapón, Eslovaquia ou Rusia . En canto aos peregrinos nacionais (293) os galegos sitúanse á cabeza, seguidos de Madrid, Comunidade Valenciana e Cataluña.
Para calcular o número de visitantes que se achegaron ata a Tui compre multiplicar, cando menos por cinco, pois moitas consultas son de pequenos grupos familiares ou de amigos e os grupos organizados non acoden á Oficina Municipal de Turismo pois xa traen os seus propios guías e recursos informativos.
A Oficina Municipal de Turismo de Tui segue a prestar os seus servizos na Praza de San Fernando de luns a venres de 10h a 20h e sábados, domingos e festivos de 10:30h a 14:30h e de 15:30h a 19:30h.
LUISA BABARRO OYERO GAÑADORA DA SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS DO CONXUNTO HISTÓRICO

Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns
Na pasada semana tivo lugar a reunión do xurado encargado da valoración das candidaturas presentadas ao segundo concurso de decoración de balcóns e ventás do conxunto histórico de Tui acordando que ao abeiro do establecido nas bases deste concurso sobre os criterios a valorar, especialmente a continuidade da decoración ao longo do ano e a dificultade do seu coidado e tratamento e logo de analizar os traballos presentados ao concurso foi acordado por unanimidade o seguinte fallo:
- O primeiro premio para Luisa Babarro Oyero, na rúa Ordoñez, que recibirá diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€
- O segundo premio é para Ana Belén Rodríguez Domínguez, na Praza da Armada, que recibirá diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€
- O terceiro premio é concedido a Concepción Díaz Comesaña, na Travesía do Foxo, que recibirá diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€.
Amais estableceuse un Premio Especial ao mellor establecemento de hostalería para valorar a contribución dos establecementos comerciais que foi concedido a Julián Ramírez Sánchez de Jaqueivy, que recibirá diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.
Os premios serán entregados no vindeiro domingo 6 de outubro no decurso do acto de inauguración da "Festa no Placer: vive o conxunto histórico".
Esta iniciativa, convocada por vez primeira no ano 2012, xorde como unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame "preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor".
Este concurso está promovido polas concellerías do Conxunto Histórico e de Parques e Xardíns, coa colaboración das florerías tudenses "La Flor" e "Rita" e a "Fototeca".
Doce espectáculos integran a oferta do Teatro Municipal ata final de ano

Haberá teatro, música e maxia tanto para público infantil como para público adulto
Doce espectáculos conforman a programación de outono-inverno no Teatro Municipal de Tui que comezará este venres, 4 de outubro, e rematará o 27 de decembro. O teatro, a música e a maxia centran a proposta que vai dirixida tanto a nenos coma a adultos.
A compañía Malasombra será este venres a encargada de abrir esta programación pondo en escena a obra "Misión Sapiens (operación comedia)" dirixida a público adulto. O 24 de outubro será a Companhía Teatro de Braga quen represente no escenario do Teatro Municipal "Concerto à la carte" dentro do circuíto Troco x Troco, un circuíto que tamén achegará ata a Tui a Seiva Trupe con "Adivinhe quem vem para rezar" o 22 de novembro. E pechando as propostas de teatro para público adulto o 8 de novembro será a quenda de Talía Teatro con "O método Grönholm" e o 16 de novembro Carlos Blanco repasará dez anos de monólogos en "Carlos Blanco, ao vivo (de momento)".
Para público infantil o primeiro espectáculo programado será o 11 de outubro con La Canica e a obra "El gallo de las veletas". A quen sucederá Eme2 con "O príncipe e o parrulo" o 9 de novembro. E o 20 de decembro Elefante Elegante volve a Tui nesta ocasión con "Aurora".
A música correrá a cargo de Os Cempés que presentarán en concerto o seu traballo "Tentemozo" o 18 de outubro. A Nena e o Grilo ofrecerán un concerto infantil o 15 de novembro, e o 27 de decembro celebrarase o Concerto de Fin de ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral da S.I. Catedral.
Por último o espectáculo de maxia titulado "Don Gelati no teatro" será levado a escena por Dani García o 13 de decembro.
Toda a información sobre esta programación pódese consultar na Axenda Cultural Corredoira e na web www.culturatui.info. Nesta web están á venda ás entradas para os espectáculos dende unha semana antes da súa celebración.
O Concello de Tui, ao través da Concellería de Cultura, segue apostando por unha programación estable e de calidade, continuando coa liña de traballo que desenvolve dende hai anos, que conta cunha excelente resposta por parte do público. Así o confirman as cifras que sitúan a Tui nos primeiros postos de media de espectadores na Rede de Teatro e Auditorios de Galicia.
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA DEPUTACIÓN PARA O FINANCIMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, asinou hai uns días en Pontevedra -xunto con outros alcaldes da provincia- un convenio coa Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento de servizos sociais comunitarios municipais nos concellos de menos de 20.000 habitantes
En virtude desta achega da Deputación se promove o Servizo de Atención no Fogar, co cal se facilita que as persoas maiores, con certo grao de dependencia ou con necesidades especiais de apoio, poidan seguir residindo no seu fogar; poténciase tamén a súa autonomía persoal e prevéñense situacións de dependencia ou exclusión social, mellorando a súa calidade de vida.
Así mesmo, con esta dotación económica finánciase o persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios, con perfil complementario ao do traballador social, para dispoñer dun servizo adecuado ás necesidades concretas da súa poboación;
Tras a sinatura do acordo o concello recibirá de forma inmediata un adianto do 35% da cantidade que lle corresponde; unha vez remitida a documentación xustificativa correspondente recibirá a cantidade restante.
Tanto o presidente da Deputación como o alcalde de Tui valoraron os servizos sociais municipais como "a primeira porta á que poden chamar os que máis o precisan" e "teñen tamén unha función proactiva na detección de posibles problemas entre a poboación á que dan cobertura".
O rexedor tudense valora esta achega económica da Deputación Provincial que posibilita o financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais por parte do Concello de Tui, contribuíndo a promover unha maior calidade de vida dos nosos veciños.
APASADA FIN DE SEMANA A CIDADE DE TUI REVIVIU A ACHEGA DE XUDEUS E CONVERSOS

A pesares da chuvia máis de cen persoas participaron nas visitas programadas
Esta fin de semana tivo lugar na cidade de Tui unha nova edición da "Xornada Europea da Cultura Xudía" con catro visitas guiadas ao longos destes días que abordaron a visita ás diversas testemuñas que se conservan no conxunto histórico tudense sobre a presenza de xudeus e conversos. As malas condicións meteorolóxicas non impediron que as xornadas se desenvolvesen aínda que con menor afluencia que en edicións anteriores. Con todo máis dun centenar de persoas participaron nestes itinerarios ao longo da fin de semana.
O programa das visitas abrangueu as seguintes:
" Venres 27: Visita guiada nocturna: "Convivencia e Inquisición" ás 21,00 horas. Inicio na "Porta da Pía", visitando os locais dalgunhas das antigas cadeas eclesiásticas, a menorá do calustro catedralicio e diversas rúas do casco antigo tudense,
" Sábado 28: Visita guiada polo Tui xudeu: 12,00 h. Inicio no barrio da Sarabia (Fonte Riomuiños) para coñecer o lugar onde está documentado o cemiterio xudeu tudense. A abondosa chuvia impediu a súa realización.
" Domingo 29: 12,00 h.: Visita guiada polo Tui xudeu. Inicio Adro norte da Catedral, que comprendeu á visita ás colección museísticas da Catedral e a diversos enclaves do conxunto histórico relacionados coa presenza xudía en Tui.
" Domingo 29: 18,30 h.: Visita polo Tui de Francisco Sánchez. Inicio na Praza de San Fernando, centrándose esta visita na época dos conversos, cuxo principal expoñente foi o médico e filósofo Francisco Sánchez; dada as condicións climáticas houbo de reducirse o ámbito a visitar á catedral de Tui e Museo Diocesano.
Tamén nas xornadas do mércores e venres máis dun centenar de alumnos do Ceip nº 2 de Tui participaron nas visitas guiadas á colección de Sambenitos da Catedral tudense complementada cun breve itinerario polas rúas do conxunto monumental.
Ata o 15 de outubro a Sala Municipal de Exposicións acolle a exposición: "Sefarad en Oriente, la diáspora sefardí en los Balcanes y Mediterráneo Oriental", organizada polo Centro Sefarad-Israel e que ofrece un interesante documento sobre estas comunidades sefardís de orixe hispana.
A iniciativa desta Xornada foi lanzada en 1996 no Departamento Bas-Rhin (Alsacia, Francia), pola Axencia de Desenvolvemento Turístico de Bas-Rhin, conxuntamente con B'nai B'rith Hirschler de Estrasburgo, baixo a fórmula de "Portas Abertas". Á vista do gran éxito obtido, ano tras ano se foi repetindo e ampliando xeograficamente. A partir de 1999 la Xornada se estende por toda Francia, Alemania, España, Italia e Suiza. En 2000, once novos países contribuíron ao auxe europeo de esta iniciativa, convertida xa en Xornada Europea de la Cultura Xudía.
En 2004 creouse a Asociación Europea para a Preservación e Promoción do Patrimonio e da Cultura Xudeus (AEPJ), para coordinar o proxecto a nivel europeo. O evento foi adquirindo cada ano unha dimensión europea máis importante, tanto polo número crecente de países participantes, como pola crecente afluencia do público. En 2012 case 170.000 persoas participaron en más de 800 actividades organizadas en 24 países europeos.
O obxectivo principal deste evento é ofrecer ao gran público a posibilidade de descubrir o patrimonio histórico xudeu (sinagogas, cemiterios, baños rituais, etc.) e as tradicións xudías, e tamén promover e contribuír á conservación, do patrimonio xudeu como parte integral do patrimonio cultural de Europa.
|