CAMINHO DE SANTIAGO: MUNICÍPIOS PORTUGUESES E ESPANHÓIS
EMPENHADOS NA PROMOÇÃO DO CAMINHO PORTUGUÊS DA COSTA

Os Municípios portugueses e espanhóis estão empenhados na promoção e dinamização do Caminho Português da Costa - Caminho de Santiago, e já criaram as sinergias para que essa promoção se adeque às exigências do peregrino do século XXI. Estas foram algumas das conclusões retiradas das II Jornadas do Caminho Português da Costa, que decorreram no dia 4, no Centro Cultural de A Guarda (Espanha).
Destas jornadas fizeram parte várias comunicações cuja temática foram as peregrinações no Caminho Português da Costa, designadamente 'O porquê das peregrinações'; 'Peregrinos viajantes no território' e 'Travessias fluviais'. É de referir que esta última comunicação, a cargo de Alberto Antunes Abreu, decorreu em representação do Município de Caminha, Vila Nova de Cerveira e Valença. Decorreram ainda duas visitas guiadas ao Monte de Santa Tecla e ao Mosteiro de Oia e uma mesa redonda designada de "Caminho Português da Costa: Presente e Futuro".
No final das jornadas os vencedores do I Concurso Internacional de Fotografia do Caminho Português da Costa receberam os respetivos prémios e ainda foi inaugurada a exposição com os trabalhos selecionados nos municípios portugueses e galegos. Paulo Pereira, vereador com o pelouro do turismo, recebeu em nome de Jorge Meira, o segundo prémio do I Concurso Internacional de Fotografia do Caminho Português da Costa.
As Jornadas são uma das iniciativas que integram as ações de promoção e de dinamização do Caminho Português da Costa que os vários municípios portugueses (do Porto até Valença) e galegos (A Guarda, O Rosal, Nígran, Baiona, Oia) estão a desenvolver.
Câmara Municipal de Caminha
|
II CONCURSO ESCOLAR PARA EL DISEÑO DE UN SELLO DE CORREOS
"UN SELLO PARA A GUARDA"

La Sociedade Filatélica Guardesa convoca a todos los niños/as de los centros escolares de A Guarda, en edades comprendidas entre los 6 y 13 años, a participar en un concurso de dibujo, donde deberán expresar gráficamente como ven, en esta ocasión, tratándose del centenario de la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, el monte Santa Tecla, a través de la historia, naturaleza, cultura etc. El plazo para la entrega de trabajos finaliza el día 11 de mayo.
Los dibujos obligatoriamente tendrán que ser realizados en los horarios de los centros escolares. El Jurado otorgará, un 1º, 2º y 3º entre todos los participantes, además el dibujo ganador servirá para ilustrar un sello postal de correos, que se presentara en el mes de octubre durante los días de la Exposición Exfimiño que se celebrara en el Recreo Artístico Guardes. En un acto conmemorable de dicha exposición se hará la entrega de los premiados.
Más información y bases del Concurso en http://filateliaguardesa.blogspot.com/
|
A ALCALDESA DE TOMIÑO RECIBE DA MAN DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRIATLON E PENTATLON O PREMIO Á EXCELENCIA DEPORTIVA

A entrega tivo lugar o pasado sábado 4 de febreiro no marco da Gala do Deporte que se celebrou en Narón.
A Alcaldesa de Tomiño recibiu o pasado sábado 4 de febreiro o premio á excelencia deportiva. A entrega tivo lugar no marco da Gala do Deporte Galego que se celebrou no auditorio municipal de Narón.
O presidente da Federación Galega de Triatlon e Pentatlon fixo entrega da estatuilla que premiaba ao Concello de Tomiño polo súa promoción dos valores do deporte e da cultural. Os membros do xurado da Federación Galega de Triatlon e Pentatlon quixeron distinguir ao Concello de Tomiño polo seu apoio ao deporte e en concreto ao triatlon. Con este premio a Federación recoñece a laboura do Concello de Tomiño nestes cinco anos co Triatlon da Amizade. Os outorgantes do distintivo resaltaban a posta en valor do deporte e da cultura por parte do Concello de Tomiño, nun evento transfronteirizo que leva por emblema a Ponte da Amizade.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comentaba que "o concello de Tomiño quere compartir este premio coa Câmara de Vila Nova de Cerveira coorganizadora deste evento e adicarlle o premio ás ducias de voluntarios e voluntarias e organizadores que participan cada ano nesta proba. O Concello quere reseñar especialmente a figura e a colaboración de Benito Guerreiro que ten sido un pilar fundamental na realización desta proba transfronteiriza no Concello de Tomiño."
INVERTIRASE 252.065,31 EUROS EN SANEAMENTO NO CONCELLO DE TOMIÑO
Estas inversións en saneamento responden a modificación do anterior proxecto de "ampliación do edificio da Casa da Cultura".
Ademáis, reformase a Casa da Cultura cunha inversión de 156.191, 73 euros.
Esta semana saiu publicado no BOP a aprobación de dous proxectos de saneamento e unha reforma da casa da cultura de Tomiño resultado da modificación do anterior proxecto de "ampliación do edificio da Casa da Cultura", que o goberno muncipal decidira sustituir por fondos en saneamento.
O pasado mes de setembro a xunta local de goberno en consenso con tódolos grupos municipais solicitara a Deputación Provincial un troco na subvención concedida para a ampliación e reforma da casa da cultura con cargo ao plan de investimentos da deputación do ano 2009-2010. Este troco supuñan dous proxectos de saneamento e unha reducción na inversión da casa da cultura, eliminando as pretensións de ampliación da casa da cultura e limitandoo a unha reforma e mellora das instalacións existentes..
A inversión total en saneamento supón 252.065,31 euros dos cales, 102.222,05 irán para a rede de saneamento no núcleo do Hospital na parroquia de Santa María de Tomiño e 149.843,26 para a ampliación da rede de saneamento en Vilardematos-Forcadela. O proxecto de reforma da casa da cultura, por tanto quedará cun orzamento de 156.191,73 euros.
O goberno local de Tomiño entendeu que en momentos de crise como a actual e ante a reducción de ingresos nas administracións locais, era preciso racionalizar este investimento o cal lle trasmitiron ao presidente da Deputación, D. Rafael Louzán, durante a a súa visita a Tomiño do 20 de setembro.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, falou que "por responsabilidade o Concello non podía permitirse, nos tempos que corren, executar unha obra de ampliación da casa da cultura habendo outras necesidades como poden ser o saneamento".
"ACORDOS EN FAMILIA", O PRIMEIRO OBRADOIRO DA PROGRAMACIÓN DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO 2012

O taller forma parte dun traballo interdisciplinar integrado no Programa de Educación Familiar.
O Concello de Tomiño organiza un obradoiro para familias no marco da Escola Municipal de Nais e Pais. Trátase dun programa de educación familiar organizado en tres sesións de hora e media. O programa leva por nome "acordos en familia con adolescentes" e iniciouse o pasado venres día 3 de febreiro.
A programación deste ano xorde co fin de dar resposta ás demandas detectadas no eido familiar e como parte dun traballo interdisciplinar que xa leva funcionando dende hai varios anos en colaboración co IES de Tomiño. Así que, os restantes obradoiros que este ano se impartirán na Escola de Nais e Pais xirarán en torno aos "acordos en familia".
Esta Escola está integrada dentro do Programa de Educación Familliar e pretende ser un recurso de apoio ás familias para que poidan desenvolver axeitadamente as funcións educativas e socializadoras así como superar as situacións de necesidade e risco social. O traballo é interdisciplinar porque se entrena en habilidades e estratexias para mellorar o clima familiar coas nais e pais dende os obradoiros e, paralelamente, trabállase dende o IES nun obradoiro con adolescentes para procurar unha maior efectivadade na intervención. Deste xeito créase unha rede de recursos que permite superar os desaxustes propios da adolescencia e favorecer a comunicación.
O traballo destos obradoiros dirixidos ás familias corre a cargo do psicólogo clínico Manuel Lloves Moratinos. O seu traballo que comezou o pasado venres estivo dirixido a 25 familias do municipio. A concelleira de Benestar, Cristina Martínez, fixo a presentación do primeiro obradoiro onde reseñou a "importancia da adolescencia na configuración dos cidadáns sen que esta esté asociada a connotacións negativas. A adolescencia é un período evolutivo complexo que debemos promover por que sexa harmónico e positivo".
|
Este mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.
As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.
A finalidade destes obradoiros é a de traballar directamente co alumnado para dotalos de habilidades que lles fagan mellorar a xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
Asociación Érguete Baixo Miño
|
Este sábado ALDASA AMFIV vs CAI Zaragoza en Tui
Pertence á Liga de Baloncesto en cadeira de rodas de División de Honra
Este sábado, 11 de febreiro, ás 19.30 horas, vaise disputar no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui o partido pertencente á Liga de baloncesto en cadeira de rodas de División de Honra, entre os equipos do Aldasa Amfiv e o CAI Zaragoza.
Será unha oportunidade para poder gozar en Tui dun acontecemento deportivo de primeira liña, dun deporte que aglutina importantes valores, como o afán de superación, a integración de colectivos de discapacitados e sobre todo o ensino do traballo en equipo.
A entrada é de balde.
Os oficios e as labores tradicionais a escena con O Fiadeiro
Esta asociación folclórica presenta o sábado o espectáculo "Esta noite hai unha fia"

Os oficios e as labores tradicionais son as protagonistas do espectáculo "Esta noite hai unha fia" que este sábado, ás oito e media da tarde, o grupo O Fiadeiro vai levar a escena no Teatro Municipal de Tui
"Esta noite hai unha fia" é un espectáculo de dúas horas de duración, no que ao longo de trece escenas se debullan pezas de música e baile tomando como fío argumental os cantos propios dos oficios tradicionais galegos. Cada unha destas escenas parte coa escenificación dun oficio ou labor, seguida das músicas e bailes da mesma área xeográfica.
Este espectáculo foi ideado por Miguel Souto e reúne a cincuenta artistas entre músicos (dirixidos por Rafael Crespo), pandereteiras e pandereteiros (seccións a cargo de Javier Feijoó Chisco) e bailadores (baixo a dirección do propio Souto). Amais cada baile conta cun vestiario diferente (baixo a dirección de Begoña Martínez, encargada de vestiario e de estudo e recuperación de traxes e vestimenta tradicional).
"Esta noite é unha fia" é froito do traballo de campo desenvolvido dende 1996 polos membros da Asociación Cultural Folclórica "O Fiadeiro", por toda Galicia. Entre os oficios e labores recollidas nesta montaxe está o de mineiro, músico, pedreiro, castañeiras, fiandeiras... ou o labor de ser nai. Pero tamén reflicte os días de festa coas treboadas e os cantos de Reis. O resultado é un espectáculo para todos os públicos e todas as idades que fará disfrutar da música e baile tradicionais galegos.
As entradas para este espectáculo están xa á venda, ata o sábado ás 13h, na web www.culturatui.info, ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.
|
O FESTIVAL PLAY-DOC PRESENTA A
MORPHINE NUN ÚNICO CONCERTO EN ESPAÑA
– A mítica banda norteamericana ofrecerá un concerto en exclusiva o vindeiro 24 de
marzo con motivo da celebración da oitava edición do Festival Internacional de
Documentais de Tui
Unha vez máis, a música en directo complementará a proposta
cinematográfica do festival galego. A combinación de película máis concerto é xa todo un clásico en
Play-Doc e unha das actividades que máis expectativas xera dentro da súa programación. Desta
volta, e acompañando a un documental que conta a súa historia, Morphine, unha das bandas máis
revolucionarias dos 90, ofrecerá un concerto único en España.
Formada en 1989 en Massachussets por Mark Sandman e Dana Colley, Morphine irrompeu en
plena era do grunge cunha proposta absolutamente orixinal: un baixo de dúas cordas tocado como
unha slide guitar, un saxo barítono e unha batería. Esta insólita e sobria combinación instrumental
concibiu un son único e sensual que elevou a Morphine ao status de banda de culto nos EUA e en
Europa, deixando unha pegada imborralle na historia do rock. A mestura de blues, rock e jazz deu
lugar a un novo estilo musical, acuñado por eles mesmos como 'low rock'.
Morphine acadou innumerables éxitos con cancións como ‘Cure for Pain’, ‘Early to bed’, ‘Buena’
ou a trepidante ‘Honey White’, colleitando continuas louvanzas por parte da crítica. En 1999 e
pouco despois da gravación do seu cuarto álbum 'Like Swimming', o carismático líder, vocalista,
baixista e compositor Mark Sandman morría traxicamente durante un concerto en Italia, deixando
ao mundo da música terriblemente conmocionado.
Para o seu concerto en Play-Doc a formación virá acompañada de Jeremy Lyons para presentar o
seu novo disco ‘Members of Morphine and Jeremy Lyons’, unha homenaxe ao legado de Morphine,
no que reinterpretan os seus grandes temas, así como novas creacións con sons máis próximos á
psicodelia-rock e ao blues do delta del Mississippi.
Morphine actuará o sábado 24 de marzo na Sala Metropol de Tui.
|
O BNG de Tui presenta no rexistro do concello unha moción para declarar o 24 de febreiro día de Rosalía de Castro
O BNG de Tui desexa resaltar a figura de Rosalía de Castro como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas.
A súa obra, amplamente coñecida é un retrato do pobo galego, da súa lingua, da súa cultura e goza dunha total actualidade sendo recoñecida Rosalía como unha das máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. O seu libro Cantares Gallegos, foi o primeiro escrito integramente no noso idioma e supuxo o inicio da restauración do seu uso escrito e o final de séculos de silencio e esquecemento.
Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Por todo isto o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicitou no rexistro do 8 de febreiro de 2012 que o Pleno da Corporación Municipal adopte os seguintes acordos:
1. Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello.
2. Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura.
3. Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.
|
 |
|
|