INICIO DE TRES TALLERES DE PREVENCIÓN NO I.E.S. A SANGRIÑA
A partir deste martes a Asociación Érguete Baixo Miño inicia diversos Talleres de prevención no IES A Sangriña de A Guarda dirixidos a mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º, 3º da ESO e 1º, 2º de PCPI, sumando un total de 183 participantes.
Os talleres a realizar son:
o Taller de Comunicación e Habilidades Sociais - 1º ESO
o Taller de Consumo e Valores - 3º ESO
o Taller Non pasa nada, pasa algo? - 1º e 2º PCPI
Nestas actividades, impartidas por unha Educadora e Traballadora Sociais da Asociación, contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as -sumando un total 50 horas de intervención directa. Grazas á permanente colaboración por parte do IES A Sangriña podemos realizar estas actividades así coma a colaboración da Consellería de Sanidade -Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
A finalidade destes talleres son adestrar en diferentes habilidades proporcionando ao alumnado un maior afianzamento da súa personalidade e unha mellor xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.
|
Exposição "Mulheres Maias Unidas, Queremos Ensinar, Queremos Aprender
Encontra-se no Centro Cultural de A Guarda a exposição "Mulheres Maias Unidas, Queremos Ensinar, Queremos Aprender".
Está patente até 3 de Fevereiro.
|
ÁBACO ENTREGOU OS PREMIOS ESPECIAIS DE
"SORPRESAS DO NADAL"

`Ábaco´ fixo entrega na mañá de hoxe dos 4 premios especiais da campaña "Sorpresas do Nadal". Os gañadores dos 3 cheques-compra e da estancia dunha noite no Talaso Atlántico acudiron á sede de `ábaco´ para recoller os seus premios tras participar na campaña co rexistro dos códigos e na que se repartiron un total de 3.000 € en premios.
Estes premios especiais sorteáronse entre os códigos rexistrados que non tiveron premio directo, para así dar oportunidade a toda a clientela dos establecementos participantes de optares aos premios.
Os premiados manifestaron o seu agradecemento á labor da asociación así como a de tódolos locais que participaron na campaña e nos que agora van poder canxear os seus cheques-compra entre establecementos de moda, deportivos, hosteleiros, de productos de parafarmacia e imaxe persoal, fotografía, moblerías, etc…
Dende esta asociación só nos queda agradecer a colaboración de locais e clientes para levar a cabo esta iniciativa que tan boa acollida tivo e que desexamos poida volver a repetirse en futuras campañas de promoción do comercio.
|
Aguas de Mondariz apoya la carrera deportiva de Manu Garrido
El triple campeón del Mundo firmó hace unos días el convenio de colaboración con la firma gallega

El deportista tudense Manuel Garrido ha sumado en los últimos días un nuevo apoyo en su carrera deportiva. El tres veces campeón del Mundo en c1 Sub 23 en la modalidad de Maratón contará esta temporada con el patrocinio de Aguas de Mondariz.
De esta forma la firma gallega quiere mostrar su apoyo a este laureado deportista miembro del Club Kayak Tudense. Aguas de Mondariz, dentro de su apuesta por el respecto por el medio ambiente colaborará con un deporte que está en pleno contacto con la naturaleza, premiando así el esfuerzo, tesón y constancia de este deportista.
Manuel Garrido se iniciará en esta temporada 2012 en la categoría absoluta donde hará doblete ya que apostará tanto por la competición en pista como en maratón. Su objetivos en las próximas competiciones son estar en lo más alto del podio, repitiendo presencia tanto en Campeonatos de España como del Mundo. En otoño buscará revalidar, en la categoría senior, el título Mundial que ha conquistado ya tres veces en la sub 23. A más largo plazo la ilusión del canoista tudense es poder competir en unos Juegos Olímpicos, mirando con optimismo a Brasil 2016.
En la actualidad Manu Garrido realiza sus entrenamientos a diario en las instalaciones del Club Kayak Tudense, en Centro Interfederado de Remo y Piragüismo, así como en aguas del río Miño. Ser un número un en este deporte exige entrenamientos diarios, esfuerzo, compromiso y dedicación. El piragüismo es la gran pasión de este tudense que ha llevado el nombre de Tui a lo más alto de podios nacionales e internacionales.
En la nueva temporada que está a punto de comenzar volverá a palear con fuerza para conquistar nuevos títulos, esta vez no lo hará sólo sino con el apoyo de sus patrocinadores como es el caso de Aguas de Mondariz.
|
O ALCALDE DE TUI MEMBRO DO CONSELLO DIRECTOR DE UNIMIÑO
 |
O alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, vén de incorporarse recentemente como novo membro do Consello Director de Unimiño, en representación dos concellos do sur de Pontevedra. Unimiño ou Asociación do Val do Miño Tranfronteirizo é un agrupamento de cooperación de carácter transfronteirizo constituído pola Comunidade Intermunicipal Vale do Minho de Portugal e a Deputación Provincial de Pontevedra.
"Facer dos concellos do río Miño unha referencia a nivel europeo, no desenvolvemento local a través da cooperación, pública e privada, da valorización dos recursos naturais e culturais propios deste espazo territorial, da promoción da vocación turística do territorio, da utilización intensiva das tecnoloxías de información e da innovación como catalizadores dos procesos de desenvolvemento" son as principais finalidades desta agrupación de cooperación.
O territorio de intervención de Uniminho forma parte da Euro-Rexión Norte de Portugal/Galicia e comprende 21 municipios: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira, que integran a Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho e Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui xunto á Deputación Provincial de Pontevedra como organismo integrador destes concellos galegos.
A designación de Moisés Rodríguez Pérez como novo membro do Comité Executivo de Unimiño testemuña o importante papel que o municipio tudense xoga no proceso de integración e cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal. Unimiño está traballando nos últimos tempos na elaboración de propostas de cooperación e integración.
Así hai unhas semanas entregouse na Xunta de Galicia un informe sobre a "Rede de Referenciação em Serviços de Saúde no Vale do Minho Transfronteiriço" elaborado no ámbito do proxecto CoopMinho, co-financiado polo POCTEP, co obxectivo de satisfacer as necesidades das poboacións en materia de saúde. Ao abeiro deste mesmo proxecto CoopMinho foi tamén entregada recentemente unha proposta de "Plano de Transportes Públicos no Vale do Minho Transfronteiriço" co obxectivo de crear un servizo de transporte público por estrada de carácter transfronteirizo.
A presenza do rexedor tudense nos órganos de dirección de Unimiño contribuirá á consolidación da Eurocidade Tui - Valença como principal referencia da cooperación tranfronteiriza.
O CONCELLO DE TOMIÑO PUBLICA NA SÚA PÁXINA WEB AS BASES PARA O "VENRES DA FOLIADA"
O prazo de inscripción rematará o 13 de febreiro
O Concello de Tomiño acaba de publicar na súa páxina web as bases para participar no desfile de comparsas "Venres de Foliada" deste ano 2012. O desfile celebrase este ano o 17 de febreiro ás 21h30. No caso de choiva será o 24 de febreiro á mesma hora. As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 9 de xaneiro do 2012. O prazo de inscrición abriuse o pasado 12 de xaneiro e pecharase o 13 de febreiro. A convocatoria está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc.
Para poder inscribirse debese cubrir o impreso que facilitará o Concello ou descargando na páxina web que se presentará na oficina de Rexistro de Municipal.
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI ACADA OS 44.000 USUARIOS NO PASADO ANO 2011

A Biblioteca Pública Municipal de Tui experimentou no pasado ano 2011 un incremento de usuarios que acadaron un total de 44.096 persoas que accederon aos servizos deste centro bibliotecario. Estas cifras supoñen unha media mensual de más de tres mil seiscentas persoas e unha media diaria de 140 usuarios. A Biblioteca abre 49 horas á semana (diariamente 9 horas e os sábado 4 horas).
Tamén no pasado ano aumentaron os préstamos de obras a domicilio acadando os 6.300 libros. Foi tamén incrementada a colección bibliográfica nun total de 1.764 novas publicacións dispondo na actualidade a Biblioteca tudense de 31.466 volumes á disposición dos seus usuarios. Os fondos bibliográficos medraron gracias ás achegas da Consellería de Cultura. O Ministerio de Cultura,a Fundación "Pedro Barrié de la Maza", o propio Concello de Tui e tamén numerosos lectores que colaboran mediante a doazón de libros de variada temática.
A biblioteca dispón da súa propia páxina web: www.bibliotecaspublicas.es/tui
Tamén a través da Rede de Bibliotecas de Galicia dispón do seu espazo web:
Os datos de uso son os seguintes:
- Consulta á paxina web da Biblioteca: 3.982
- Consultas á web da rede de bibliotecas de Galicia: 40.233
- Consultas ao catálogo na web: 11.712
No pasado ano a Biblioteca tudense recibiu, por sexto ano consecutivo, un dos premios do certame "María Moliner" que convoca o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación "Coca-Cola" España en recoñecemento á súa programación de actividades de promoción da lectura. Este premio consiste nun lote de 200 obras que incrementaran os fondos bibliográficos.
Entre as actividades desenvolvidas no pasado ano, a memoria da Biblioteca, resalta a mellora do fondo local (coa adquisición de obras antigas referidas á nosa cidade, como é o caso da primeira edición, en italiano, das "Memorie Storiche dell'Australia" de Rosendo Salvado), o mantemento da actividade do Club de Lectura de adultos, das visitas escolares á Biblioteca con 420 alumnos participantes de catro centros educativos tudenses, a continuidade da "Bibliopiscina" nos meses de verán co lema "Mergúllate nos libros", etc.
Entre as actividades realizadas ao longo do ano, que superaron a trintena, destacaron:
- Unha nova edición de "Tui le, os libros na Praza de San Fernando" organizado pola Biblioteca en colaboración cos centros educativos que contou coa participación de máis de 1.500 rapaces no 1 de abril.
- Por vez primeira a Biblioteca organizou a "Feira do libro"· o 17 de maio con dúas significativas novidades: a presenza de dúas librerías de Valença e a sinatura de obras por autores locais.
- Na "Semana da Biblioteca" tivemos a sorte de contar o 24 de outubro coa presenza do escritor Xosé Neira Vilas, que ateigou o Teatro Municipal en senllos encontros con más de mil rapaces tudenses. O 27 de outubro celebrouse unha interesante tertulia entre os gañadores dos Premios da Critica española en lingua galega: Victor Freixanes e Marga do Val
- Xunto a esto a Biblioteca celebrou o "Mes do Libros" con diversas actividades de animación para pequenos e mozos, a conmemoración do CXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia, cun recital poético e o banquete das Xogos, etc.
- Organizouse a exposición conmemorativa dos 165 anos de ensino medio en Tui en colaboración cos IES "San Paio" e "Francisco Sánchez".
Para a responsable da concellería de Cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, estes datos avalan o importante esforzo que realiza o Concello de Tui pola promoción deste centro bibliotecario que garante o acceso de todos os cidadás á cultura e á información. Os datos estatísticos reflicten anualmente un incremento usuarios e préstamos pero, engade, que en Galicia aínda estamos lonxe dos parámetros que recomendan os organismos internacionais e, consecuentemente, cómpre manter este compromiso a prol da lectura pública como un dos eixes da actividade cultural tudense.
|
O CONCELLO DE TOMIÑO REMODELA OS PATIOS DOS COLEXIOS CUN MATERIAL NOVIDOSO
O material a empregar trátase de virutas de madeira relada

O Concello de Tomiño ven de remodelar os patios de varios colexios do municipio aplicando un material novidoso no sector: Trátase de sustituir o material que existía nos patios, normalmente area, e facelo por virutas de madeira relada máis hixiénico e de eficacia contrastada noutros países europeos.
A concellería de educación do Concello de Tomiño experimentou este novo sistema no Colexio de Barrantes con gran satisfacción por parte da comunidade escolar. Este novo material ten varias ventaxas, por un lado, evita a putrefacción, a lama e as alerxias que produce a area que é o material ata entón máis empregado e ademáis amortigua os golpes incluso mellor que a planchas de caucho. Nestes momentos estase tamén a acondiconar o patio da infantil de O Seixo que tiña dado problemas a varios neno se nenas alérxicos polo polvo que desprendía.
As virutas de madeira relada é un material do que o Concello se pode aprovisionar localmente, xa que é un recurso existente en Tomiño, tanto o materia prima como as empresas que o transforman. Deste xeito é un sistema máis rentable económicamente o que permitirá abaratar custes tamén á hora de reposición.
Dende a Concellería de Educación teñen previsto continuar co arranxo dos colexios con esta técnica. O concelleiro de educación, Xose María Regueiro, explicaba "as ventaxas que ten o aproveitamento desta materia prima na que Tomiño é verdadeiramente rica. É por en valor os recursos locais para aplicalos ás necesidades do día a día. Dende a Concellería de Educación temos o propósito de avanzar na sustitución da area que hai nos patios por estas virutas de madeira relada".
|
 |
|
|