ÁBACO ESTÁ PRESENTE NA MESA LOCAL DE COMERCIO NO CONCELLO DA GUARDA
No dia 28 de febreiro de 2011, ábaco estivo presente na constitución da Mesa Local de Comercio no Concello de A Guarda, composta por presidente, secretario e vocais, que representando a ábaco é Ángel Baz Vicente.
A creación da Mesa Local de Comercio prodúcese da cordo co establecido na Lei 13/2010 do Comercio Interior de Galicia. Entre as finalidades que motivan a súa creación, cabe destacar a intención de lograr unha maior modernización do comercio local, así como máis dinamismo por parte do sector.
Un do obxetivo principal da constitución desta Mesa Local de Comercio é que esta se convirta nun foro colectivo na que se poida debatir aquelas iniciativas públicas e privadas que teñan por obxeto innovar no pequeno comercio e de proximidade.
|
A AULA CeMIT DE TUI (ANTIGO TELECENTRO) CONTA CUN EQUIPO ADAPTADO ÁS PERSONAS CON DISCAPACIDADE
 |
Dende a pasada semana o antigo Telecentro de Tui, agora denominado Aula CeMIT, conta cun ordenador adaptado para as persoas con discapacidade fornecido polo programa "TicTac Adapta Galicia". Este programa que está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e promove a instalación de ordenadores adaptados para persoas con discapacidade en centros de acceso público a Internet. Deste xeito, facilitarase o acceso ás novas tecnoloxías deste sector poboacional. Con este novo equipamento se facilita o acceso á sociedade da información a persoas con distintas discapacidades físicas ou sensoriais.
Este proxecto lévase a cabo grazas ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais.
Trátase dun equipo informático adaptado para persoas con discapacidade que permite que todos os cidadáns en igualdade de condicións teñan garantido o acceso ás novas tecnoloxías.Este novo ordenador conta con pantalla táctil, e dispositivos como un teclado simplificado de teclas grandes e un rato de bóla xigante, recomendado para persoas con problemas visuais e/ou de mobilidade, así como un rato que pode ser utilizado co queixo para discapacidades auditivas, cognitiva ou motriz.Tamén está dotado dun joystick para desprazar o cursor e activar cos pulsadores as funcións habituais dos ratos. O equipo dispón tamén de software para ampliación de pantalla e outras alternativas que favorecen a súa accesibilidade. Trátase dunha ferramenta moi útil para mellorar o acceso dos nenos e mozos con necesidades educativas especiais ou dificultades de aprendizaxe, así como usuarios maiores con dificultades motrices.
Para o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez a instalación deste novo equipo do programa "Tic Tac Adapta Galicia" posibilita que dende o Concello de Tui se continúe avanzando en acción de cara a integración das persoas con discapacidade agora no ámbito de acceso ás novas tecnoloxías, rachando coas barreiras existentes para, por exemplo, navegar por internet. O Concelleiro agradece á Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica esta nova actuación de colaboración co Concello de Tui no ámbito das súas competencias.
"OPERACIÓN MONARCA" NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS

Dende o día 1 de marzo, e ata o vindeiro día 20 de marzo, pódese contemplar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra titulada "Operación Monarca" organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Amiental de Galicia) en colaboración co Deputación da Coruña e a concellería de cultura do Concello de Tui
Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña. A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca
Este proxecto, amosado a través desta pequena exposición, ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Amais, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
Esta mostra está conformada por paneis explicativos, con ilustracións diversas a través das que podemos identificar esta especie de bolboreta, a súa bioloxía, as súas migracións, etc.
Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta mostra de divulgación ambiental enmarcase dentro da programación de actividades da Sala Municipal de Exposicións de ofrecer ao longo do anos unha diversidade de mostras que responden aos intereses dos diversos sectores sociais da nosa localidade e que contribúan á promoción cultural e social nos nosos veciños.
O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.
Tui repartirá 6 mil euros en premios no Desfile-Concurso de Entroido
Participarán case 700 persoas en 12 comparsas e 2 grupos
Tui vai repartir 6 mil euros en premios no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar o próximo martes, 8 de marzo, festivo local na cidade, nun circuíto polas rúas novas da cidade. A estes 6 mil € correspondentes aos premios establecidos nas distintas categorías hai que sumar 5 mil dos fixos establecidos pola participación das 12 comparsas e 2 grupos inscritos.
A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DAS FESTAS DE SAN TELMO 2011
As persoas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o vindeiro día 25 de marzo de 2011 para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros.
O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: "Tui, festas de San Telmo 2011, 23 de abril - 2 de maio. Festas de Interese Turístico Galego".
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con este certame pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Rodríguez Pérez anima aos deseñadores e creadores do noso municipio a participar neste concurso.
As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.
O Concello de Tui informa que a auga da traída xa é apta para o consumo segundo as últimas análises
O Concello de Tui informa que segundo as últimas análises realizadas polos inspectores farmacéuticos de saúde pública onte mércores, 2 de marzo, a auga da traída xa é apta para o consumo ao estar os resultados obtidos "dentro dos límites esixidos no anexo I do Real Decreto 140/2003, o que permite o consumo de auga de dito abastecemento". Así llo comunicou este mediodía a Xefetura Territorial da Consellería de Sanidade ao Concello de Tui.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui.
|
ONCE TITULOS DEL MEJOR CINE DOCUMENTAL
CONTEMPORANEO COMPITEN EN PLAY-DOC 2011
Ls encuentros entre la ficcion y el documental marcan una seccion oficial
que repartira 7.000 euros en premios entre los ganadores del certamen
El Festival Internacional de Documentales de Tui, Play-Doc, muestra en
su septima edicion del 30 de marzo al 3 de abril un total de once peliculas a competicion, elegidas
de entre los mas de 800 titulos recibidos, que muestran las ultimas tendencias do genero. Dividida
en Largometrajes y Cortometrajes, la seccion oficial se cierra con una gala en la que se entregaran
7.000 euros en premios.
En los largos, varias propuestas trascienden los limites entre la ficcion y el documental. Es el caso
de The Arbor, de Clio Barnard, nominada a los Bafta, los premios de cine britanicos, y ganadora de
numerosos festivales internacionales, en los que se ha hablado de ella como una de las peliculas
mas originales de los ultimos tiempos, llamada a convertirse en un clasico. Ls tambien
multipremiada en Cannes o Gijon Todos vos sodes capitans, del director gallego Oliver Laxe, esta
dentro de esta tendencia, que comparte con el documental Miner's Day, del joven realizador ruso
Andrey Gryazev, ganador ex-aequo en Play-Doc el pasado ano por Sanya e Pardal. Completan la
seccion, con aproximaciones muy distintas, la produccion germano-americana Songs From the
Nickel, de Alina Skrzeszewska, y Cuchillo de palo, de la uruguaya Renate Costa.

En los cortos, Coming Attractions, de Peter Tscherkassky, director austriaco referencia indiscutible
del cine experimental. El gallego Marcos Nine utiliza una tecnica semejante en Manuscritos
pompeianos, y algo parecido hace la holandesa Anna Abrahams en su pelicula Desert 79o: 3
Journeys Beyond the Known World.
El documental danes The Naked of St. Petersburg, de Ada
Bligard Soby, mezcla generos en una pieza con ecos de clasicos de la literatura rusa. La divertida
Irma, de Charles Fairbanks, sigue la rutina de una ex-campeona mundial de lucha libre femenina en
Mexico. Ademas, el festival acoge el estreno europeo de The D Train, de Jay Rosenblatt.
A esta seccion oficial se le suman dos retrospectivas de los directores Lech Kowalski y Marcel
.ozinski, que estaran presentes junto con invitados de todo el mundo para compartir con el publico
su manera de entender el cine. Los documentales de tematica musical, un clasico en Play-Doc, iran
acompanados de conciertos por parte de sus protagonistas. El certamen sigue mostrando su apoyo a
los nuevos creadores a traves de los talleres El retrato filmado y Docs in Progress.
Mas informacion en www.play-doc.com |
 |
|
|