O día sábado 4 de setembro terá lugar no Observatorio de aves da Xunqueira a presentación da "Ruta da Desembocadura do Miño".
Ás 19.00 horas comezará a visita guiada para dar a coñecer a nova ruta coa que se pretende acercar ao veciño e visitante os valores naturais e o patrimonio que está ligado a desembocadura do Miño.
En 2008 púxose en marcha unha iniciativa para revalorizar os diferentes recursos do concello. Baixo o lema RUTAS CULTURAIS VELA POLO TEU publicáronse rutas como a Ruta Urbana Nº 1 (2008); Ruta de las Casas Indianas (2009) e para este ano a "Ruta da Desembocadura do Miño".