A COMISIÓN EUROPEA PREMIA A A GUARDA COMO DESTINO EUROPEO DE EXCELENCIA (EDEN)

SATISFACCIÓN NO GOBERNO LOCAL POLO RECOÑECEMENTO Ó TRABALLO FEITO DENDE A CONCELLERÍA DE TURISMO
O traballo feito ó longo desta lexislatura, e moi especialmente nos últimos meses, pola concellerías de Turismo e Medio Ambiente ven de obter o recoñecemento europeo posto que a Comisión Europea elixiu moi recentemente a A Guarda como destino sostible EDEN 2010.
O proxecto elaborado polo Concello de A Guarda, que leva por nome "A Guarda, horizonte natural", e que se centra no esteiro do Miño e nas súas potencialidades turísticas, foi elixido como ganador entre os proxectos presentados polas distintas comunidades autónomas de España.
Cada ano, Europa convoca, baixo un tema diferente, un concurso na búsqueda dos destinos turísticos de excelencia. Este ano o motivo elixido foi o turismo acuático. O concurso pretende dar a coñecer destinos turísticos europeos non moi coñecidos e fomentar un turismo sostible e respectuoso cos recursos naturais. A Guarda, neste senso, conta con importantes recursos naturais, arqueolóxicos, patrimoniais, gastronómicos e, por enriba de todo, coa hospitalidade das nosas xentes.
Para ser merecedores deste galardón foi preciso o traballo de moita xente. Por iso, dende a alcaldía queremos agraceder as colaboracións de tódalas persoas e colectivos que ata agora nos teñen axudado e que, de seguro, van continuar facéndoo. Porque se difícil é chegar, máis difícil é manterse e mellorar. Por iso xa anunciamos que imos reclamar de tódalas administracións con competencias ( Turismo, Deportes, Medio Ambiente, etc) un esforzo adicional para potenciar este destino, na liña de sostibilidade que marca a Unión Europea.
Dende o goberno local seguimos na búsqueda dun turismo que nos visite en tódalas épocas do ano. O premio EDEN 2010 vainos dar a oportunidade de que nos coñezan en moitos lugares onde, ata agora, non éramos coñecidos. Por iso a satisfacción que produce o galardón: que hoxe se fale moito, e para ben, de A Guarda.
|
" Con la danza a todas partes "
El Ballet Studio 88, bajo la dirección de Josué Álvarez, Presentan espectáculo nuevo en A Guarda, que lleva por titulo " Con la danza a todas partes " que organiza la Asociación Studio 88 de A Guarda. Tendrá lugar el día 29 de Agosto del 2010 en el Auditorio de San Benito en la localidad de A Guarda. a las 21: 30 H,( Zona del Puerto), en caso de lluvia se realizará el mismo día a la misma hora en el pabellón Municipal ( al lado del Colegio Público A Sangriña) avenida de Portugal nº 19 ( en dirección ferry Boat).
Desde la Asociación Studio 88, con el Ballet Studio 88, hemos querido integrar a personas de todas las edades en el arte de la danza, y desde esta Asociación poder facilitar los medios dentro de lo que nos es posible, para que toda gente que quiera unirse y gozar de este arte pueda hacerlo, bien integrándose el Ballet Studio 88 o bien con el afán de que nos puedan acompañar como público y así, por ello también poder dar a conocer con este arte de la danza la Villa de A Guarda.
El Ballet Studio 88 ha querido hacer un recorrido este año con sus proyectos, así lo hicieron saber con su partida con la Actuación del Día 21 de Febrero del 2010 en el Centro Cultural de A Guarda que llevaba por Titulo : Un viaje por el mundo de la danza, el ballet quiso comenzar el año con un viaje, que a todos los componentes este año les iba a llevar a distintos lugares y escenarios y poder compartirlo con un público diferente y con gente con la que nos volvemos a encontrar en diferentes ocasiones, con ese viaje el día 23 de Mayo del 2010 el ballet hace presencia en Camposancos con su actuación: En el Camino de la Danza que se celebro en la Asociación Os amigos De Camposancos, y como seguimiento de esos espectáculos que nosotros hemos organizado ahora Presentamos Con la danza a todas partes, el titulo bien lo indica, desde el entusiasmo que le ponen en cada ensayo los componentes del Ballet Studio 88 han podido gozar de poder presentar coreografías en diferentes localidades, poder ofrecer en cada sitio que se nos han invitado nuevos trabajos y como bien indica el titulo Con la danza a todas partes, este espectáculo no tiene un destino concreto: La danza esta llena de vida, através de los movimientos, acompañados por un sonido, unidos a la expresión y el carácter, seguido de la técnica de los pasos a ejecutar por que si no se le llamaría bailar a cualquier cosa y por que no, también podría serlo. La danza cada vez evoluciona más favorablemente en un viaje donde todos los que nos gusta este arte aportamos un granito de ilusión y entrega a un viaje lleno de vida, con un arte que no hace daño, que no pesa y que aporta numerosos beneficios y satisfacciones personales por eso una vez mas queremos compartir nuestro trabajo con todos ustedes.
De un Grupo de Amigos/as familiares que de forma amateur y altruista forman la Asociación Studio 88 con los proyectos de divulgar las artes escénicas, en este caso la danza y ser concientes desde donde partimos y quién somos y de donde somos. También por ello los componentes del Ballet Studio 88 también hacen sus viajes para poder ver el actuaciones de otras compañías de danza y así conocer y integrarse mas en este arte.
Director Artístico, Corógrafo: Josue Álvarez.
Arreglo de Sonido: Josue Álvarez.
Escenografía Bailarines:
Noela Álvarez/ Sara Rodríguez/ Lara Rodríguez/ Carla Lomba/ Carla Cobos/ Carla Da Cuña/ Alba González/ Sara Cividanes/ Raul Alonso/ Evelyn Villa/ Ángela González/ Ángela Rodríguez/ Marta Rodríguez/ Lucia Cividanes/ Thais Portela/ Carla Pombal/ Aitor/ María José y Josué Alvarez.
|
El VI Mercadillo de Oportunidades de O Rosal, que organiza la Asociación de Comerciantes (A.C.O.R.) con la colaboración del Ayuntamiento, se celebrará el próximo domingo 12 de septiembre en la Plaza del Calvario, de 10 a 18 horas.
Participarán más de 15 stands de comercios asociados, donde pondrán a la venta artículos de liquidación de stocks, como ropa, calzado, floristería, útiles de menaje, mercería, belleza e incluso automóviles, material y vehículos agrícolas.
Asimismo de 16:30 a 19:00 horas tendrá lugar el tradicional concurso de dibujo para niños y niñas. El que resulte premiado será el próximo cartel del Mercadillo o Feria del 2011.
Para finalizar y a partir de las 19:00 horas se procederá al sorteo de una cubertería, un juego de café y una batería de cocina.
El presidente de ACOR, José Martínez González (Pepe Berdeal) espera que esta iniciativa tenga el éxito de anteriores ediciones.
|
ÉRGUETE BAIXO MIÑO IMPARTIRÁ UN CURSO DE
"TÉCNICO/A EN COCIÑA" PARA DESEMPREGADOS.
- Aberto o prazo de inscrición -
A Asociación Érguete Baixo Miño, de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde comezará proximamente un curso de "TÉCNICO/A EN COCIÑA" dentro do seu Programa de Incorporación Sociolaboral.
O curso está dirixido todas as persoas desempregadas da Comarca do Baixo Miño. A súa duración é de 420 horas, 300 horas de formación teórico-práctica e 120 con prácticas en empresas. A data prevista de comezo é o 6 de setembro e terá lugar no Concello de O Rosal.
Grazas a colaboración de: II Plan de Inclusión Social, Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, Fondo Social Europeo, Consellería de Sanidade -S.X. Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables-, Deputación de Pontevedra e Concello de O Rosal; desenvolverase esta actividade encamiñada a facilitar a inserción sociolaboral e a búsqueda de emprego.
|
TUI ABRE AS ACTIVIDADES DA
"XI XORNADAS EUROPEA DA CULTURA XUDÍA"
A cidade lembra aos xudeus que habitaron en Tui
e únese a vilas de toda Europa nesta xornadas

Dende 27 de agosto, Tui acolle os actos de celebración da XI Xornada Europea da Cultura Xudía. Deste xeito a cidade súmase ás actividades que se van realizar en toda Europa e que en España coordina a Red de Juderías, organismo que agrupa a 21 vilas e cidades españolas. O Concello de Tui ten solicitado a súa incorporación a esta Red de Juderías e agarda que remate a moratoria establecida por esta entidade. Nesta Red de Juderías tamén participan outras localidades galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos.
O Alcalde do Tui, Antonio F. Fernández Rocha, xunto ao Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e o técnico desta concellería, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron nunha rolda de prensa o programa de actividades destas Xornadas da Cultura Xudía que por cuarto ano consecutivo organiza o Concello tudense para recuperar a memoria da presenza xudaica na nosa cidade e promover a valorización do patrimonio cultural tudense. Neste ano a temática elixida para as actividades a desenvolver en 24 países de Europa é "Arte a xudaísmo" para resaltar a achega que a cultura xudía ten aportado á arte europea.
O programa de actividades comeza mañá venres 27 de agosto cunha actividade de prólogo, ou en palabras do concelleiro unha marabillosa introdución artística en consonancia coa temática das actividades deste ano, como é o concerto de música sefardí, a cargo de Ana Alcaide e Rafael del Teso e que forma parte do ciclo de concertos de "Musica en el claustro" de la Catedral tudense.
O programa continuará o venres 3 de setembro coa inauguración, na Catedral de Tui, da exposición "Prateiros xudíos en Tui" que organizada conxuntamente polo Cabido catedralicio e a Concellería de Cultura tudense amosará unha escolma das principais pezas artísticas que se conservan no tesouro catedralicio e que foron realizadas por ourives hebreos ou de ascendencia hebrea. Son unha ducia de pezas de gran valor artístico as que conforman esta exposición. Esta exposición está comisariada polos historiadores Jose Ramón Fernández e Suso Vila.
O sábado 4 de setembro ás 12,00 horas haberá unha visita guiada á colección de sambenitos do Museo Diocesano tudense, que estará guiada por Jesús Casás Otero, anterior director deste centro e autor dunha publicación sobre esta colección. Estes "sambenitos" tudenses son testemuñas da presenza de conversos e xudaizantes en Tui nos inicios do século XVII. Trátase dunha pezas de excepcional importancia pois son únicas no x na Península senón en Europa. Os "sambenitos" son os sacos que lle colocaban aos condenados nos procesos da Inquisición e neste caso son as teas que reproducen eses sacos e que eran colocadas nos templos para lembranza das penas impostas.
Continuarán as actividades o mesmo sábado ás 19,30 horas no salón de actos do antigo convento de San Domingos coa presentación do libro "La clave Embassy" de Patricia Martinez de Vicente. Nesta obra descríbese a trama urdida polo médico vigués Eduardo Martínez Alonso (chamado tamén o Schindler do Miño ou Schindler galego) para a fuxida de xudeus e perseguidos durante a segunda guerra mundial e que tiña en Tui un dos lugares claves para a fuxida cara Portugal e logo a Inglaterra. Nesta rede colaboraban tamén xentes de Tui, especialmente de Guillarei que era o lugar por onde se realizada o pase cara Portugal. Coa presentación desta obra abordase unha nova temática nas relación de Tui e as súas xentes cos xudeus.
Finalmente, o domingo 5 de setembro, a partir das 12,00 horas e con saída da Praza do Concello se realizará unha vista guiada polo historiador Suso Vila aos diversos lugares do conxunto histórico tudense ligados á presenza dos xudeus na nosa cidade ao longo dos séculos.
A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a celebración destas Xornadas para a promoción e divulgación do patrimonio cultural da nosa cidade, neste caso centrado especialmente na recuperación do importante legado que a presenza de xudeus ao longo da historia ten procurado á nosa cidade. Tui foi de sempre un lugar de acollida e mantivo unha das xuderías máis importantes de Galicia (cabería lembrar que a única carnicería hebrea documentada en Galicia é a tudense) con sinagoga e cemiterios. Tampouco podemos esquecer o nome do filósofo e médico Francisco Sánchez, de ascendencia xudía, que naceu en Tui en 1550 ou a colección de sambenitos de inicios do século XVII.Revitalizar estas páxinas da nosa historia é un xeito de promover a conservación e valorización do nos conxunto patrimonial, sinalou o Concelleiro de Cultura na rolda de prensa de presentación do programa destas Xornadas. Moisés Rodríguez Pérez confía que nesta nova edición estas Xornadas reúnan a numeroso público como sucedeu en anteriores edicións, evidenciando o interese desta temática entre tudenses e visitantes.
Tui presenta os eu novo folleto turístico baixo o lema "A Historia en pedra"
Editáronse 45 mil exemplares en castelán, galego, portugués e inglés

Baixo o lema "A historia en pedra" o Concello de Tui presentou hoxe un nova folleto turístico da cidade do que se editan 45 mil exemplares en catro idiomas: castelán, galego, portugués e inglés.
Trátase dunha publicación con gran peso gráfico en imaxes da cidade, con formato A3 despregable a toda cor. Nunha cara recolle información do que serían os tres buques insignia da cidade: A Catedral, o Monte Aloia, e o río Miño aos que se suma tamén o Camiño de Santiago pola importancia de Tui coma porta do Camiño Portugués.
Na outra cara recóllense os principais acontecementos históricos que marcaron a cidade de Tui, e tamén se reflicte o Tui na actualidade coa súa cultural e social. Préstase atención a monumentos emblemáticos coma a Capela de San Telmo, a da Misericordia, o Convento das Clarisas e o de Santo Domingo. Por último recóllese información sobre as murallas, o casco histórico, a presenza xudía na cidade e tamén a importancia da igrexa de San Bartolomé.
O folleto foi presentado ontem polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, xunto a Rafael Sánchez Bargiela e Gus Abreu, autores dos textos e do deseño desta publicación.
O Alcalde de Tui na súa intervención referiuse os tres elemento turísticos principais da cidade: o conxunto histórico coa Catedral, o río Miño e o Monte Aloia, que teñen un lugar destacado no deseño do novo folleto turístico. Un material que ofrecerá aos turistas, segundo dicía "moitas cousas que ver e sitios que visitar". Agarda o rexedor tudense que este material sexa do agrado "dos que por aquí pasan" e considerou que é un acerto que estea publicado en catro idiomas.
O Concelleiro de Cultura referiuse en primeiro lugar aos excelentes datos turísticos que a cidade está a rexistrar este ano con case 7 mil consultas o pasado mes de xullo na oficina de turismo, con visitantes de 37 países, e cun incremento no número de pernoctacións que era a materia pendente que había. Salientou tamén a importancia de Tui coma Porta do Camiño Portugués e oportunidade de que o peregrino se transforme despois en turista indicando que "hai que lograr que as distintas administracións apoien o turismo" porque no seu parecer pode ser un motor da cidade.
Avanzou Moisés Rodríguez que en breve será presentado tamén un novo rueiro actualizado do casco urbano, e rematou felicitando a Rafael Sánchez Bargiela e a Gus Abreu polo seu traballo así coma a Miguel Alfaya pola coordinación do traballo.
Gus Abreu explicou sobre o deseño do folleto que buscou unha imaxe actual así coma potenciar o aspecto fotográfico. Mentres Rafael Sánchez Bargiela indicou que fixo unha síntese do anterior folleto con novas incorporación e precisión coma os Sambenitos do Museo Diocesano ou o apartado de Tui na actualidade.
Concellería de Cultura do Concello de Tui
|
 |
|
|