Será criada em Setembro a macro-região europeia englobando o Norte de Portugal, Galiza, Castela e Leão tendo como objectivo candidatar-se à obtenção de fundos europeus de coesão destinados a diferentes projectos comuns transfronteiriços a partir de 2014.
O município promete criar duas vias de circulação no caminho do litoral e preparar dois espaços de estacionamento exigidos pelos residentes a partir do próximo mês, ao ter garantido o aluguer de duas quintas para o efeito.
|
CURSO PARA DEIXAR DE FUMAR EN ÉRGUETE
O día 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco baixo o lema «Xénero e tabaco: a promoción do tabaco dirixida á mulleres».
Dos máis de mil millóns de fumadores que hai no mundo, o 20% son mulleres; nembargantes, esta cifra vai en camiño de aumentar. As tasas de tabaquismo dos homes alcanzaron o seu punto máis alto, mentres que as das mulleres seguen aumentando. As mulleres constitúen un importante blanco de oportunidade para a industria tabaqueira, que necesita captar novos consumidores para remplazar a casi a metade dos consumidores actuais, que morirán prematuramente por enfermidades relacionadas co tabaco.
A Asociación Érguete Baixo Miño de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde comezará proximamente un “CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA” dirixido a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar.
Impartirase na sede desta entidade sita na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda durante sete sesións sumando un total de doce horas. Este curso estará dirixido por unha psicóloga da Asociación Española contra o Cancro e por unha médico.
Trátase dunha actividade gratuita e que pretende, a través de terapia individual e grupal, axudar a todas as persoas que desexen romper co tabaco.
|
'ÁBACO'E A 3ª RUTA DO PINCHO: XA LEVAMOS DÚAS FINS DE SEMANA DE RUTA, E A POLA TERCEIRA
Estas primeiras semanas desta 3ª Ruta do Pincho, foron moi exitosas, superando a barreira dos 5.500 pinchos servidos nos 24 locais participantes desde o xoves 13 de maio que comezaba esta ruta.
Durante as tardes/noites dos sábados, esta sendo cando máis afluencia de ruteiros tiveron os establecementos participantes, incluso algún destes chegando a colapsar, vivindo en todos eles un ambiente alegre e agradábel.
Os 24 participantes desta 3ª edición non esperaban esta maioritaria afluencia de xente, aínda que hai que recoñecer que o tempo acompañou, achegándose xente doutros municipios veciños como poden ser Tomiño, Tui, Porriño, Vigo e sen esquecernos dos nosos veciños de Portugal.
A asociación 'ábaco', prevé que durante as vindeiras fins de semana da ruta, estas cifras aínda se superen, o que suporía xa unha cifra importante para os hostaleiros de A Guarda e O Rosal.
|
O PERFIL "TUI CAMINO DE SANTIAGO" SUPERA
OS DOUS MIL SEGUIDORES EN FACEBOOK
O perfil de Facebook "Tui Camino de Santiago" ten máis dous mil seguidores ou amigos nesta rede social, unha das máis destacadas por número usuarios. O perfil ofrece información relacionada co Camiño de Santiago en xeral, en particular sobre o roteiro portugués e, sobre todo, a actualidade que ten que ver coa cidade de Tui.
Fotografías, teléfonos, enderezos, consellos, novas, vídeos... son alguns dos contidos que os internautas poden atopar en "Tui Camino de Santiago". Ademais, o máis importante, é a reposta personalizada que se lle da a cada pregunta concreta. Os interesados, futuros peregrinos, queren chegar ao seu destino coa maior cantidade de información posible. A actualización da información, enderezos e números de teléfono, dos albergues dende Tui a Santiago é unha das informacións máis buscadas polos usuarios de Facebook que pretenden facer o Camiño portugués este verán.
Este perfil foi promovido polo Concello de Tui tras constatar a falta de información relacionada co Camiño portugués e que os usuarios de Internet demandan constantemente. A Concellería de Cultura tudense, unha vez analizadas as carencias na Rede sobre este tema de gran importancia para Tui neste Ano Santo, puxo en marcha este perfil hai seis meses. Gran parte dos primeiros seguidores foron os propios tudenses usuarios desta rede social. E a partir de aí os contactos multiplícanse a gran velocidade como se acredita polo éxito de amigos logrado. Este é o xeito en que funcionan as Redes Sociais e nesta sinxela dinámica radica gran parte do seu éxito. A información chega a través dun amigo ou coñecido, o que lle da máis credibilidade.
A idea do Concello de aproveitar as sinerxias que as redes sociais e a información turística teñen en común está a ser compartida por Concellos, asociacións e empresas privadas que tentan chegar ós seus posibles visitantes e clientes a través da Rede. Son moitísimas as referencias ao Camiño que se poden atopar a día de hoxe en Facebook, e o noso perfil está entre os máis seguidos.
Para o concelleiro de cultura, Moises Rodríguez Pérez, esta noticia evidencia a importancia que para Tui e a súa promoción cultural e turística posúe o camiño de Santiago e o interese que suscita. Este datos de usuarios do perfil de facebook compleméntase perfectamente cos datos de uso do albergue de peregrinos que neste mes de maio, a piques de rematar, supera amplamente as expectativas de ocupación. De novo queda en evidencia que os peregrinos seguen apostando por Tui como a porta de entrada en Galicia do camiño portugués, como o fixeron ao longo dos séculos dende a Idade Media.
UN GRUPO DE XORNALISTAS ALEMANES DE TURISMO
VISITA TUI NO SEU PERCORRIDO POLOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

Un grupo de doce xornalistas dos principais medios de comunicación de Alemaña que están visitando os principais fitos dos camiños de Santiago en Galicia, convidados por Turgalicia, achegáronse tamén, hai escasos días, á cidade de Tui sendo recibidos no Parador "San Telmo" da cidade polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez.
No decurso deste acto de benvida o edil tudense agradeceulles aos xornalistas a súa presenza na nosa cidade, a porta de entrada en Galicia do camiño portugués cara a Compostela, e achegoulles información sobre os recursos patrimoniais e turísticos de Tui. Os xornalistas ficaron especialmente sorprendidos polo carácter de fortaleza da Catedral e polas paisaxes do río Miño ao seu paso pola nosa localidade. Moisés Rodríguez Pérez amosou a gratitude do Concello con Turgalicia por ter incorporado a visita á nosa cidade nesta viaxe promocional.
Estes xornalistas expertos en Turismo estaban acompañados por representantes da multinacional TUI, aos que Rodríguez Pérez informou dos contactos xa existentes cos responsables en España desta operadora turística para artellar algún tipo de colaboración.
Estes informadores turísticos realizaron ao longo da súa estadía en Galicia un percorrido polas distintas rutas de peregrinación, declarado xa hai anos como itinerario cultural europeo; unha viaxe para coñecer os lugares da nosa comunidade autónoma de maior interese turístico, achegándose á súas paisaxes, tradicións, gastronomía e posibilidades de Galicia. A etapa final da súa viaxe sería a cidade de Santiago de Compostela.
O concelleiro tudense Rodríguez Pérez alédase especialmente desta visita pois contribuirá, sen dúbida, á promoción turística da nosa cidade neste caso en Alemaña. Unha promoción que posúe un meirande interese neste Ano Santo Compostelá en que comprobamos como é abondoso o número de peregrinos de orixe xermánica que percorre o camiño portugués. Xa o Concello de Tui tiña editado, tamén en alemán xunto a outros cinco idiomas, un folleto informativo para os peregrinos que esta tendo unha moi positiva acollida.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui
|
 |
|
|