‘ábaco’ continúa repartindo bolsas biodegradables ós asociados
Nunha aposta pola mellora da situación medioambiental, a Asociación ‘ábaco’ continua repartinto entre todolos seus asociados e de xeito totalmente gratuíto as bolsas biodegradables que se mostran na imaxe.
Todolos asociados que requiran máis bolsas poden pasar a recollelas directamente pola Oficina da Asociación, sita na rúa Manuel Lomba nº7 baixo de A Guarda.
As bolsas están feitas nun material biodegradable en compromiso co medioambiente para tratar, entre todos, que os milleiros de toneladas de plástico que xeneran as bolsas non biodegradables, se reduzan a un mínimo a favor dos materiais biodegradables e non contaminantes para o medioambiente.
Se trata de bolsas fabricadas a base de elementos orgánicos como, por ejemplo, la fécula de almidón de patata. Por tanto, las bolsas se descomponen de manera natural y pueden ir al contenedor de basura orgánica para su compostaje. Incluso en el caso de incineración, no produce dióxido de carbono adicional. El proceso de fabricación es el siguiente: En primer lugar se recolectan las patatas y de ellas, por un proceso industrial, se extrae el almidón, con el que se produce la materia prima biodegradable que consiste en unos gránulos blancos compuestos aproximadamente un 50% de material vegetal y otro 50% de material plástico degradable. Este material se somete a un proceso de extrusión por el que se fabrica el film a partir del que se confeccionaran las distintas clases de bolsas. Debido a la complejidad de este proceso de producción el producto es más caro que las bolsas tradicionales, pero también es un mercado de futuro porque la concienciación medioambiental de las empresas les llevará, cada vez más, a utilizar productos no nocivos para el medio ambiente y los seres vivos.
Dende ábaco creemos neste proxecto como unha solución innovadora, económica, práctica, segura e en compromiso co noso medio ambiente.
AAsociación de Comerciantes ‘ábaco’ organiza a
“II FEIRA DE STOCKS DO COMERCIO GUARDÉS”

Sinalada para o 7 e 8 de Novembro, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’, empeza a organización desta campaña de promoción e dinamización do comercio local, que nesta 2ª edición ubicaráse nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso do Concello de A Guarda.
Tralo éxito acadado na 1ª edición, cun total de 27 establecementos participantes, a Xunta Directiva de ‘ábaco’ considerou oportuno a realización desta nova edición, na cal se establece unha cuota de inscripción de 40€ para establecementos asociados a ‘ábaco’ e 100€ para non asociados.
Para ésta nova edición a ubicación serán as Galerías da Rúa Joaquín Alonso, emprazamento que se emprega temén para as actividades de nadal levadas a cabo pola Asociación ‘ábaco’ e nas cales se distribuirán os postos de venda dos establecementos que participen nesta edición.
Próximamente realizaráse, nas oficinas da Asociación ‘ábaco’ da rúa Manuel Lomba nº7 de A Guarda, unha reunión previa onde se dará lectura ás Bases polas cales se rexirá o funcionamento desta actividade e se definirán todos os aspectos importantes da mesma.
Para máis información:
¨ Tel. ‘ábaco’ - 986.610.887
¨ Páxina web - www.asociacionabaco.com
II RUTA DA TAPA
NOVIDADES DA CAMPAÑA GASTRONÓMICA

Dia 16 de Octubro terá comezo a II RUTA DA TAPA nos 24 establecementos participantes nesta 2ª edición que organiza a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco'.
En horario de 11:00h a 13:30h do mediodía e de 19:00h a 21:30h da tarde, e de Luns a Domingo, un total de 24 establecementos de hostalaría de a Guarda e O Rosal (Mesón A Parra, Bocatería O Funil, Bocatería O Recuncho, Jamonería Avenida, Tapería O Catre, Café Bar Bergantín, Restaurante Xeito, Pool Chaos, Restaurante Estación Marítima, Restaurante Novo Mira o Miño, Bar o Pasaxe, Restaurante La Granja, Tapería Arruaz, Cervecería Zéntral, Pizzería Brétema, Restaurante Casa do Outeiro, Restaurante Celtic Harp, Restaurante Casa Chupa Ovos, Restaurante Xantar, Restaurante Juan, Restaurante As Brasas, Café Bar Trastévere, Marouco de Palla e Restaurante O Ribel), disporán, ó prezo simbólico de 1€ ás 24 Tapas participantes nesta edición.
Como novidade, adiantamos a todos os ruteiros que volveremos a repetir o Concurso de Fotografías da pasada edición da II RUTA DO PINCHO con premios para os que nos envíen as súas fotografías participando na Campaña (Lotes de Cervexa Amstel, Polos e moito máis). Para participar no concurso de fotografías deberán remitir as fotos ó enderezo electrónico (correo@asociacionabaco.com) xunto cos seus datos (Nome, Apelidos, Lugar de Residencia e Teléfono de contacto). Todas as fotografías recibidas subiránse ó album web da Asociación 'ábaco' en internet (http://picasaweb.google.es/correo.abaco).
Do mesmo xeito, recordamos que para optar ó 1º Premio dunha noite para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico, ó 2º Premio dunha fín de semana nunha Casa Rural da Asociación Agarimo e vales de consumicións, é preciso completar o pasaporte cos 24 selos dos establecementos particpantes, para os que depositen os pasaportes coa metade máis 1 dos selos (13 selos) poderán optar ós vales de consumición.
¡Moita sorte e a disfrutar da gastronomía tradicional da comarca!
|
A EXPOSICIÓN "A DIVINA COMEDIA" DE SALVADOR DALÍ ATRAE A MÁIS DE 700 VISITANTES EN TUI

A exposición "A Divina Comedia" de Salvador Dalí está a atraer a numerosos visitantes neste días á localidade de Tui. Dende principios de mes a colección pode ser visitada na Sala de Exposicións (Edificio Área Panorámica), onde os interesados poden gozar das 100 xilografías desta mostra do artista catalán baseada no texto clásico de Dante. "A Divina Comedia" data de 1960-1964 e pode ser visitada na cidade grazas á colaboración do Concello de Tui e Caixanova. Dende a súa apertura foron máis de 700 os visitantes, que se multiplicaron na fin de semana e o luns festivo.
Aquelas persoas que desexen gozar desta exposición poderán facelo en horario de apertura da Sala Municipal de Exposicións entre 09:00 e 14:00 horas e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas os domingos e festivos. A mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de Outubro, data da súa clausura.
A Concellería de Cultura de Tui alédase de poder mostrar a creación duns dos artistas españois máis destacados das vangardas do século XX e en palabras do concelleiro Moisés Rodríguez, "é un honor para a cidade de Tui poder expoñer unha colección dunha das personaxes máis recoñecidas da pintura surrealista e das vangardas internacionais do SXX como é Salvador Dalí".
A Divina Comedia de Dalí hai que situala no contexto da evolución do pintor que desde os anos corenta estaba xa totalmente apartado do grupo surrealista, e tras a súa marcha a Estados Unidos, comeza unha época marcada polo misticismo que vai mostrar no Cristo de Port Lligat (1949), no Cristo de San Juan da Cruz (1951) e nas ilustracións da Divina Comedia, algunhas das súas creacións máis relevantes.
Influencia renacentista e barroca
A obra de Dalí deste período conserva o seu indiscutible virtuosismo que manifestara na súa etapa de adscrición ao surrealismo, pero agora o pintor acentuará o efectivismo e recreará os grandes mestres do Renacemento e do Barroco en clave surrealista, como é o caso de Rafael, Piero Della Francesca, Vermeer, Velázquez, Zurbarán ou Miguel Anxo, que son referencias de múltiples obras do artista e cuxos temas retomará de modos diversos.
A influencia da pintura italiana do Renacemento, o impacto do lanzamento da bomba atómica e o misticismo relixioso está moi presente na súa obra deste momento, que se expresa con claridade no seu "Manifesto Místico" (1951), unha expresión clara dunha evolución pola que se chega a declarar exsurrealista e que terá a súa concreción en obras de carácter sacra, entre as que destacan as 100 xilografías da Divina Comedia.
Como é ben coñecido, A DIVINA COMEDIA é unha das obras máis importantes da literatura universal, escrita en romance italiano por Dante Alighieri (1265-1321) entre 1307 e 1321. Dividida en tres partes: "Inferno", "Purgatorio" e "Paraíso", cada parte está á súa vez composta de 33 cantos, excepto o inferno que ten 34. Na obra de Dante, conducido polo poeta latino Virgilio, percorre os nove círculos do inferno, e chega ao cume do purgatorio onde se reúne coa súa amada Beatriz que lle vai a acompañar até o paraíso.
As ilustracións do pintor catalán mostran aspectos de Dante no seu percorrido polo inferno, onde é detido pola luxuria, a soberbia e a avaricia. Beatriz, o seu gran amor, envía na súa axuda ao poeta Virgilio que lle guía por onde moran os seres atormentados, embarcando despois cara ao purgatorio e ao final á contemplación celestial.
Salvador Dalí capta esa calidade visualmente cinematográfica que ten o texto de Dante e ilustra pormenorizadamente esta viaxe como unha ascensión mística, realizando 100 xilografías a cor nas que o pintor xoga coa multiplicidade que contrasta cun preciso estudo das representacións humanas, como se pode observar nos pliegues clásicos das súas figuras. Segue pois o pintor, a descrición dos motivos narrativos do poema de Dante e recréaas na súa característica linguaxe realista que dá forma corporal ao espiritual.
Este sábado proxéctase "O Retrato Filmado" no Teatro Municipal
Este innovador proxecto de Play-Doc verase ás 20h con entrada libre
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás oito da tarde a proxección de "Retrato Filmado" unha peza documental realizada o pasado mes de marzo na quinta edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais. A entrada será gratuíta e a apertura de portas farase ás 19.30h.
O "Retrato Filmado" é un proxecto novidoso no que dez realizadores de Cuba, Perú, Portugal, Barcelona, Córdoba e Galicia conviviron durante unha semana cun veciño ou veciña de Tui de quen realizaron un retrato documental. As personaxes que estiveron fronte á cámara foron un neno de catro anos, unha muller de 106, unha empresaria da restauración, unha enfermeira, un profesor, unha parella que ten un grupo de rock.... As pezas realizadas uníronse nun único proxecto que xa foi proxectado durante o festival e que agora teremos unha nova oportunidade de ollar. Ao fronte deste taller estivo Marta Andreu, profesora da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, que neste sábado regresará a Tui para asistir a esta nova proxección de "Retrato filmado".
Play-Doc está xa a traballar na sexta edición do Festival que se vai celebrar en marzo de 2010. Até o próximo 15 de novembro está aberto o prazo para a recepción dos documentais que desexen participar. As bases completas e toda a información pódese atopar na web www.play-doc.com.
Proxección de "Retrato Filmado"
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Sábado, 17 de outubro ás 20h
Entrada: Libre até completar aforamento. Apertura de portas ás 19.30h
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI PRESENTA O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA "O DIA DA BIBLIOTECA" E A SÚA PÁXINA WEB
O Concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, presentou esta mañá a programación preparada póla Biblioteca Municipal tudense para a celebración, ao longo da vindeira semana, do "Día da Biblioteca" así como a páxina web deste servizo bibliotecario accesible dende o día de hoxe.
A celebración do "Día da Biblioteca", sinalou o concelleiro, é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta celebración para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades.
Co gallo desta celebración, o 24 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Tui ten preparado un programa de actividades que tenta ofrecer unha promoción da lectura e da oferta das bibliotecas para os diversos segmentos sociais e de idade, que foi presentado pólo técnico da Biblioteca tudense, Rafael Sánchez Bargiela.
Así o programa ábrese o vindeiro mércores 21 de outubro cunha sesión de contacontos para adultos a cargo da compañía "Tropa de Trapo" que representará o seu espectáculo "A hora azul". Son catro contos que veñen de Marrocos, de Alxeria, da Galicia… de calquera parte do mundo e de todas á vez. Contos de mulleres que non se renden, da emigración, do deserto, do realismo máxico da Galicia máis surrealista. Historias ao son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco, das karkaba, etc. Esta actividade forma parte do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo.
Continua o programa o xoves 22 de outubro, tamén ás 17,30 horas cando haberá unha proxección de cinema de animación vinculado ao mundo do libro e da lectura e dirixida aos nenos e nenas da nosa localidade.
Para o venres 23 de outubro de 17,30 a 19,00 horas está previsto un obradoiro de iniciación á banda deseñada, dirixido a rapaces e mozos a partir dos 10 anos. Este obradoiro está dirixido por Jacobo Fernández Serrano, recente gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Jacobo é ben coñecido polo seu traballo como ilustrador e autor de cómic (gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2007 con Aventuras de Cacauequi e este ano estivo nomeado ao mellor autor revelación no Saló del Còmic de Barcelona), mais xa publicara dous libros infantís escritos e ilustrados por el: A Gardería de Dona Bixelmina (Edicións Xerais, 2005) e A pedra e as formigas (Edicións Xerais, 2006). Ten publicados ademais os álbums de BD Os amigos de Archimboldo Roque (Faktoría K, 2007) e El origen de Marcopola (Bang Ediciones, 2009). Esta actividade forma parte do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Conselleria de Cultura e Turismo.
Finalmente o sábado 24 de outubro, día da Biblioteca, haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas de ata 8 anos e os seus pais a cargo de Mabel Pérez. Esta sesión terá lugar ás 12,00 horas e conta co patrocinio da Editorial Galaxia.
Por outra banda, na devandita rolda de prensa foi tamén presentada aos medios, por Cristina Sanjurjo, a páxina web da Biblioteca Pública Municipal de Tui, que posibilitará que este servizo bibliotecario poda achegarse aínda máis aos seus usuarios e a todos os cidadáns. Nesta páxina web podemos ter acceso ao catálogo da biblioteca, á consulta da súa programación de actividades, actos culturais do concello, novidades, etc. Tamén hai á disposición dos internautas información diversa sobre á cidade e o seu entorno. Ademais con esta ferramenta os usuarios poderán facer algúns trámites como a reserva de instalacións ou a organización de visitas en grupo á Biblioteca Municipal.
Para acceder a este servizo, os internautas deben dirixirse ó enlace www.biblioetcaspublicas.es/tui/index.jsp ou sinxelamente entrando na páxina: www.bibliotecaspublicas.es é escribindo no menú o nome da localidade: "Tui". Esta páxina, que estará accesible a vindeira semana, é realizada grazas ao apoio da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura, que ten facilitado aos bibliotecarios tudenses o correspondente programa xerador desta sede web.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui
|
XXII FESTA DO CABAQUEIRO 2009
NA VILA DO ROSAL
PRESENTACIÓN DO I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN "OS CABAQUEIROS"
O venres 9 de outubro tivo lugar no Centro Social Polivalente a presentación e sorteos dos equipos participantes no I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros". Concello do Rosal 2009, que se celebrou esta pasada fin de semana na Praza do Calvario.
O acto foi presentado polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela e -aparte das parellas participantes- asistiron entre outros, Rafa e Juan membros da Fundación O Rosal, os concelleiros Pablo, Mabel, Charo e Ángeles así como a conserxe Chus e representantes dos establecementos que cederon os futbolíns (Bar Troya e Pub Jota Jota)
Velaquí deixamos os nomes dos equipos e os emparellamentos da 1ª fase de grupos despois do correspondente sorteo:
1.- Os Amigos: Antonio Lomba Rodríguez e José Martínez Fernández; 2.- Portecelo: Marcos Casal Fernández e Carlos Alberto Álvarez da Concepción; 3.- Brasil: Juan Ramón Martínez e Alfonso Fernández Pérez; 4.- By Pera: Diego Álvarez Fernández e Diego Martínez Alonso; 5.- ROBJOR: Jorge Domínguez Rodríguez e Roberto Martínez González; 6.- Juan a File: Mª del Carmen Domínguez Rodríguez e Ruth María Martínez; 7.- FRONYORS: Sergio Diego Fernández e Jorge Silva Álvarez; 8.- Tocayos: Jorge Vicente Sousa e Jorge Martínez Barbosa; 9.- Equipo B: Efrén Rodríguez Rodríguez e Ángel Alfonso Rodríguez Pérez; 10.- Os Trincapistillos: Raúl González Martínez e José Antonio Portela Sobrino; 11.- Equipo A: Santiago Lima Ameal e Daniel Rodríguez Rodríguez; 12.- Real Madrid: Iván Sobrino Rodríguez, Óscar Braga e Iago Pereira Troncoso; 13.- Pub Jota Jota: Pablo Álvarez Álvarez e Rafael Silva Álvarez; 14.- ADDICT: Simón Ubeira Acuña e Mario Martínez Fernández; 15.- Yeya-Luis: Sergio Casal Fernández e Luis Martínez Pereira; 16.- RMX-NIÑO: Sergio Rodríguez Álvarez e Braulio Álvarez González.
Os emparellamentos foron os seguintes:
GRUPO A:
RMX·NIÑO
OS AMIGOS
PUB JOTA JOTA
FRONYORS
GRUPO B:
BRASIL
TOCAYOS
ADDICT
OS TRINCAPISTILLOS
GRUPO C:
ROBJOR
PORTECELO
BY PER@
REAL MADRID
GRUPO D:
JUAN A FILE
EQUIPO B
EQUIPO A
YEYA·LUIS
|
Federación Nacional de Asociacions de Axuda ó Drogodependente de Galicia critica "Conselleria de Sanidade"
A Federación Nacional de Asociacions de Axuda ó Drogodependente de Galicia, que conta con 10.000 socios, que sumamos un total de aprox. 450 persoas traballando neste campo e que atendemos a 13.000 usuarios con datos de 7.000 altas no último ano, polo grado de preocupación que nos producen os cambios que se están levando a cabo na Consellería de Sanidade, en concreto no ámeto das Drogodependencias , e a incertidume que padecemos despois da reunión que tivemos e á que fomos convocados por invitación de Dna. Sagrario Pérez Castellanos, Directora Xeral de Saúde Pública e Planificación o 17 de xuño deste ano, para explicarnos as liñas estratéxicas de futuro que pensaban levar a cabo, convocamos unha primeira reunión en santiago o 2 de xullo/09 a que acudiron as Asociacions y os Profesionais de Asistencia e Técnicos de Prevención de Concellos, na cal decidiuse remitir unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo e a Conselleira de Sanidade Dna. Pilar Farjas Abadía para solicitarlles unha entrevista urxente e tratar dos seguintes temas:
-Reestablecemento do Plan de Galicia sobre Drogas tal como estaba estructurado, o cal ten mais de 20 anos de existencia, con unha alta credibilidade, tanto a nivel Nacional como Europeo.
-Garantía da continuidade dos Convenios existentes e súa prórroga, ó igoal que o mantemento dos presupostos actuais, co incremento do IPC no vindeiro ano.
-Creación dunha figura concreta a quen poidamos dirixir tanto as Asociacions como os Profesionais da rede de drogas e que na actualidade non existe.
-Disponibilidade total para a creación dunha Mesa de seguimento e evaluación do Plan de Galicia sobre Drogas, modificándoo no caso de ser necesario.
Despois de haber recibido resposta do Presidente da Xunta o día 30 de xullo/09, comunicando que había trasladado nosa solicitude a Consellería de Sanidade e non habendo tido ningún tipo de resposta por parte da mesma, na súa intención de estabelcer dita enrevista, o día 23 de setembro volvemos a facer outra reunión dos Colectivos antes relacionados onde se acordou enviar novamente unha petición a ambolos dous ( Presidente e Conselleira) para poder ser recibidos nun prazo non superior a oito días.
O 24 de setembro emplazannos para reunirnos ca Conselleíra de Sanidade ó 6 d eoutubro. O venres 2 d eoutubro nos comunican que a reunión queda queda aprazada por compromisos ineludibles de dita Consellería e que nos chmararían en breve, a día de hoxe non se puxeron en contacto con nos.
Por nosa parte fixemos chamadas a Consellería varias veces, recibindo por resposta que estaban intentando concretar unha data. Creemos que xa temos esperado dabondo e por iso o facemos público. Nos parece unha falta de consideración e de respeto por parte da Consellería hacia todolos profesionais que formamos parte da Rede de Drogodependencias, todo o que está acontecendo. Dando a sensación de que non teñen en conta nosa preocupación polo futuro do Plan de Galicia sobre Drogas e sobre de todo e mais grave e importante o futuro de todos os usuarios que atendemos.
|
LA ESCUELA COMARCAL DE TEATRO BAIXOMIÑOTA YA INICIÓ EL CURSO 2009-2010

La Asociación Cultural “Terras do Baixo Miño”, inicio el curso 2009-2010. En esta semana se fueron presentando las distintas aulas en todos los ayuntamientos, desde la escuela consideran un éxito mantener el mismo número de alumnos que el anterior curso, y que esten representados todos los Ayuntamientos de la comarca. Durante el mes de octubre se permitirán nuevas incorporaciones en los grupos en los que quede alguna vacante.
La Escuela Comarcal Baixomiñota es una iniciativa necesaria que cubre parte de las inquietudes de los vecinos de los cinco ayuntamientos y les permite asistir a clase de teatro de calidad sin tener que desplazarse a otros ayuntamientos.
Los trabajos de las alumnas y alumnos se podrán ver al final de curso por los diferentes ayuntamientos, por eso ahora mismo la máxima preocupación es formar al alumnado, así las sesiones de trabajo discurrirán de un modo dinámico y lúdico. Además este año continuarán con los talleres de teatro para niños con diseño de vestuario, caracterización, títeres, cabezudos, etc., y monográficos para aficionados al teatro en general.
Tanto la junta directiva de la asociación como la dirección de la escuela, están muy contentos porque la gente valoró la iniciativa muy positivamente y con este segundo curso va por buen camino para consolidarse. Cabe destacar en este curso recientemente inaugurado un importante incremento de alumnos en las aulas de Tomiño con respecto al curso pasado que quizás se deba a que la recientemente creada Escuela Municipal de Teatro y Danza de Tomiño no consigue el apoyo necesario al carecer de un proyecto serio.
Desde la Escuela Comarcal están ya a trabajar en la organización de eventos culturales relacionados con el teatro para la comarca, para los que quieren contar con la colaboración de los Ayuntamientos y Asociaciones culturales en general, prometiendo varias sorpresas para este curso que comienza.
|
 |
|
|