2ª Edição da Rota das Tapas em A Guarda

Vinte e quatro comércios de A Guarda e O Rosal vão participar na II Rota das Tapas que decorrerá entre 16 de Outubro e 29 de Novembro, organizada pela ABACO (Associação do Baixo Minho de Comerciantes e Empresários).
Os participantes deverão visitar cada local, pedir um passaporte e pontuar cada tapa que provarem ao preço de um euro, depositando-o no final em cada urna existente nesses estabelecimentos, habilitando-se dessa forma a vários prémios, incluindo hospedagens gratuitas em hotéis casas rurais, além de diversos prémios de consumo nos próprios comércios concorrentes nesta Rota das Tapas.
Refira-se que todos os que completarem o circuito da rota, terão direito um prémio especial.
José Dominguez Freitas, alcaide de A Guarda, presente no acto de apresentação que decorreu no Hotel Bruxelas, admitiu que a Rota "pegou", fruto do "bom facer" de ABACO e da boa acolhida que recebeu da parte dos comerciantes locais.
Acrescentou que outros concelhos já copiaram as Rotas dos Pinchos e Tapas que a Aguarda iniciara.
Prometendo apoiar a iniciativa, fez votos para que estas experiências "progridam no tempo", de modo a contornar a crise, em que "deve haver mais imaginação", sublinhou.
"EMBAIXADORES DA NOSSA GASTRONOMIA"
Idêntica postura manteve Montserrat Magallanes, vereador com o pelouro do Turismo, ao elogiar este projecto de "dinamização turística".
Assim, prosseguiu Montserrat, a gastronomia guardesa "passa a ser mais conhecida" e a oferta de produtos "torna-se mais variada", exortando os hoteleiros a trabalhar nesse sentido e fazendo votos para seja um êxito".
Carlos Dága, presidente da Câmara de Comércio de Tuy, desejou sorte à ABACO e aos seus 150 sócios, tendo-se referido à polémica existente no Baixo Minho Galego sobre a criação do Caminho de Santiago pela Costa que Tui contesta.
Realçou as qualidades gastronómicas no âmbito do marisco que A Guarda revela -apesar de um pouco caro, nos dias de hoje, precisou -, mas pediu aos diversos intervenientes que consigam rapidamente uma nova via rápida desde esta vila até Tui, "porque não se pode andar apenas a 50 km/hora".
A Caixa Nova, patrocinadora do evento, através de Juan Gonzalez destacou o apoio que esta entidade bancária continua a conceder-lhe, a despeito dos tempos de crise que subsistem e desejou muitos êxitos, enquanto que a associação agradeceu os apoios concedidos.
|
MÁIS DE 200 PARTICIPANTES NAS ACTIVIDADES
DAS “XORNADAS EUROPEAS DE PATRIMONIO” DE TUI
Máis de 200 participantes asistiron ás diversas actividades programadas nesta pasada fin de semana en Tui ao abeiro das "Xornadas Europeas de Patrimonio" celebradas por terceiro ano consecutivo na cidade, sumándose á iniciativa europea que se celebra anualmente, dende 1991, nos 49 estados asinantes do Convenio Cultural Europeo promovido polo Consello de Europa.
Así o sábado día 3 de Outubro, ás 11,00 horas, desenvolveuse a visita guiada ao Viveiro e Aula forestal de Areas. A visita estivo guiada por Manuel Pérez Pintos e un técnico daquelas instalacións, e os participantes puideron achegarse ao coñecemento da historia daquel viveiro, que ven de cumprir cen anos de existencia e aos importantes recursos tanto naturais, ambientais e mesmo culturais que fornece.
Pola tarde unha indisposición da profesora Marta Cendón Fernández, obrigou a unha modificación do programa previsto. Deste xeito en lugar da visita ao conxunto catedralicio que tiña preparada a profesora Cendón, unha das máximas especialistas neste templo, os máis de 50 participantes nesta visita puideron achegarse á tribuna e tellados da Catedral tudense guiados polo historiador Suso Vila. Foi unha interesante visita ás cubertas pétreas da Catedral onde os visitantes puideron disfrutar tanto destes elementos arquitectónicos coma da magnifica paisaxe que dende aquela altura se contempla.
O domingo 4 de outubro, ás 12,00 comezou a terceira das visitas programadas, neste caso ao sistema amurallado tudense baixo a dirección do arqueólogo Juan José Perles Fontao. A visita percorreu á porta da Pía, a Praza do Concello, o Colexio da Milagrosa -contemplando o treito mellor conservado das murallas medievais" e logo fíxose un percorrido por diversos lugares da cidade onde se recoñecen outros elementos defensivos: a falsa braga do século XV e o sistema de murallas dos séculos XVII e XVII. Un grupo de máis de medio centenar de persoas participaron nesta visita.
Finalmente, na tarde de onte e coa ameaza da chuvia, aproximadamente vinte participantes visitaron diversos monumentos contemporáneos da cidade, guiados polo historiados Rafael Sánchez Bargiela achegáronse ao "Monumento a Tui" de Magín Picallo na Praza de Galicia e o monumentos "Os cabalos" de Juan Oliveira na Glorieta de Vigo. Finalmente na Alameda tudense foi o escultor Silverio Rivas quen explicou aos participantes a súa obra en homenaxe ao represaliados da Guerra Civil. Esta última visita estaba relacionada co lema escollido neste ano 2009 polo Ministerio de Cultura para a celebración destas Xornadas en España: "Patrimonio e creación contemporánea".
O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, congratúlase polo éxito destas Xornadas do Patrimonio Europeo, que neste ano de novo suscitaron o interese nos tudenses que puideron achegarse ao coñecemento de novos elementos ou de novos aspectos do conxunto monumental da cidade. Cómpre salientar que esta iniciativa de celebrar as Xornadas Europeas de Patrimonio por parte do Concello de Tui evidencia o traballo que desenvolvese a prol da conservación e posta en valor do patrimonio cultural. O Concello de Tui, engade Rodríguez Pérez, é, xunto ao Museo do Pobo Galego, a única institución de Galicia que se suma a esta iniciativa europea, moi consolidada noutros países. Unha iniciativa que terá continuidade no noso concello no vindeiro ano.
Finalmente a Concellería de Cultura agradece ás institucións e persoas que teñen participado na realización destas Xornadas Europeas de Patrimonio a súa colaboración, que testemuña o seu interese e traballo en favor do patrimonio cultural tudense.
A Biblioteca Municipal renova o fondo de “Lendo espero” a disposición dos usuarios de pediatría no Centro de Saúde
A Biblioteca Municipal coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Consellería de Cultura e Turismo vén de renovar o fondo do programa “Lendo Espero” existente na sala de espera de pediatría no centro de saúde de Tui. “Lendo espero” é iniciativa que consiste en achegar os libros á sala de pediatría dos centros de saúde, onde cada día se dan cita moitos nenos e nenas para facer esperas, ás veces prolongadas. A Consellería de Cultura e Turismo e a Biblioteca Municipal consideran que estes momentos de agarda son oportunidades ideais para achegarse á lectura e aproveitan para ampliar os espazos dedicados á lectura no Concello.
A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS CONVOCA O II CONCURSO FOTOGRÁFICO "RELACION HOME MULLER 100% POSITIVO"
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui convoca o II Concurso fotográfico conmemorativo do Día Internacional contra a violencia de xénero mantendo, como na anterior edición, como temática deste certame a "relación home muller 100% positivo".
Para a concelleira Patricia Ricón este tema "Relación home/muller 100% positivo", quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. Con este concurso, engade, queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.
Logo da positiva acollida desta iniciativa o pasado ano, se convoca esta nova edición con dúas categorías, para menores de 16 anos e maiores desa idade, que poderán presentar ata 3 fotografías antes do 14 de novembro,nas dependencias do Concello. Coas obras presentadas se organizará unha exposición pública.
O premio é de 350 euros para o gañador da categoría de maiores e haberá un premio especial para os menores de 16 anos de idade consistente nun agasallo por valor de 100 euros.
O GRUPO FILATÉLICO DE TUI ORGANIZA "EXFITUI 2009" DEDICADA AO QUINTO CENTENARIO DAS CLARISAS TUDENSES

A exposición filatélica "EXFITUI 2009" será inaugurada mañá venres, 9 de outubro, ás 13,00 no edificio Área Panorámica de Tui. Esta mostra, organizada anualmente polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense, está dedicada neste ano á conmemoración do quinto centenario do Mosteiro das Monxas Clarisas de Tui, cuxa fundación data de 1508 e establecidas dende aquela na cidade no mosteiro encravado na beira do xenuíno "Camiño portugués" de peregrinación a Santiago.
Amais das colección filatélicas os visitantes poderán contemplar diversos e valiosos obxectos procedentes de coleccións privadas: rosarios, escapularios, obxectos litúrxicos, bordados, campañas, esmoleiros, etc. que complementan o contido da exposición. Como é habitual nestes certames o Grupo Filatélico tudense promove un mataselos especial alusivo ao evento, a utilizar conxuntamente en Tui e Madrid, un sobre conmemorativo, cun texto do cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, e un debuxo de María del Pilar Saracho. Igualmente edítase un libro recordo desta exposición con diversas colaboración vinculadas a este evento.
En "Exfitui 2009" participan un total de 23 coleccións de diversa temática, aínda que con especial presenza dos motivos relixiosos, procedentes da Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Guarda, O Rosal e a cidade de Tui e o seu Concello.
Está exposición estará aberta do 9 ao 12 de outubro en horario de mañá e tarde ao longo dos catro días.
O Grupo Filatélico e Numismático Tudense foi fundado en 1962, sendo na actualidade a asociación cultural máis veterana da cidade de Tui, animado polo coleccionista tudense, José González García, posuidor dunha das mellores colección de selos de Portugal coa que acadou numerosos premios internacionais. Dende entón este Grupo ten celebrado case medio centenar de exposicións, editando outros tantos mataselos conmemorativos, que teñen levado o nome de Tui aos máis de 50,000 aboados de Correos que reciben estas marcas postais.
O Concello de Tui colabora amplamente con este Grupo Filatélico na realización deste tipo de actividades que contribúen notablemente á dinamización cultural da nosa cidade e á difusión dos seus valores históricos e patrimoniais.
Vinculada a estes actos haberá o luns, 12 de outubro, ás 18,00 h. unha Eucaristía solemne, na Igrexa do convento de Clarisas, presidida polo Ministro Xeral da Orde Franciscana, Fr. José Rodríguez Carballo, acompañada por presbíteros e frades e que será a clausura dos actos celebrados ao longo deste último ano co gallo do quinto centenario das "Encerradas" tudenses e o oitavo centenario da Orde franciscana.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui.
|
 |
|
|