Jornal Digital Regional
Nº 447: 4/10 Jul 09
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Óbitos Política Pescas Roteiro

A Asociación de Comerciantes 'ábaco' fixo entrega dos Diplomas os 3 primeiros clasificados na II Ruta do Pincho

Na tarde do dia 1 fíxose a entrega nas Oficinas da Asociación 'ábaco' dos Diplomas de mención especial os 3 primeiros clasificados na "II Ruta do Pincho" celebrada do 8 de Maio ó 7 de Xuño de 2009 entre 33 establecementos de hostalaría de A Guarda e O Rosal.

O primeiro clasificado foi o Mesón A Parra que obtivo un total de 288 puntos grazas o seu pincho "Mar e Montaña" composto de peituga, langostinos, filloa, queixo, crema de atún e espárragos.

En segundo lugar a Tapería Vaite Vindo con 259 puntos co seu pincho "Satriales" composto dun montadito de arroz, cebollino, pato confitado, crujiente de cebola e caramelo de Pedro Ximénez.

En terceiro lugar o Restaurante Xantar cun total de 247 puntos acadados polo pincho "Crujiente de Lomo" composto de lomo fresco relleno de queixo e fina bechamel crujiente.

¡os nosos parabéns a todos os participantes!


Servizo de Ofertas e Demandas de Emprego”

Xa entrou en funcionamento o “Servizo de Ofertas e Demandas de Emprego” a través da nosa páxina web no seguinte enlace: http://asociacionabaco.com/emprego/

Todas aquelas empresas ou particulares poderán contactar coa asociación, ben chamando ó número de teléfono 986.61.0887 ou enviando un correo electrónico a correo@asociacionabaco.com e subiráse a este novo espazo web as vosas ofertas e demandas de emprego.

Este servizo é totalmente gratuíto para todolos asociados de ‘ábaco’ e particulares, e ben a satisfacer as necesidades dos mesmos neste aspecto, mellorando as relacións laborais das empresas.

'ábaco'

O Concello de Tui abriu un novo prazo para a adxudicación das vivendas de Caldelas

Foron modificadas as bases abríndose a persoas que non estean empadroadas no municipio

O Concello de Tui ten aberto un novo prazo para adxudicar as vivendas construídas no antigo cuartel de Caldelas. Trátase de quince vivendas e unha adaptada para persoas con discapacidade. O pleno do 28 de maio aprobou as novas bases que rexerán este novo concurso, e que foron publicadas no BOP o pasado xoves 25 de xuño.

Deste xeito o prazo de presentación será dun mes dende a data de publicación, como o día 26 de xullo é domingo o prazo remata o seguinte día hábil e dicir o día 27 de xullo as dúas da tarde hora de peche do rexistro xeral de entrada do concello

Os cambios introducidos nas bases con respecto a anteriores convocatorias refírense á retirada das bases da obrigatoriedade de estar empadroado/a no concello de Tui. Do mesmo xeito se retira o número mínimo de membros da unidade familiar podendo ser solicitantes persoas soas, sen haber un límite de idade para os solicitantes.

No que se refire aos ingresos os mínimo serán iguais ou superiores a 1,5 veces o IPREM, mentres que se sume o límite económico a catro veces o IPREM, sendo o último período impositivo o que se terá en conta para dito cálculo, é dicir a RENDA 2008.

As solicitudes e información poderán solicitarse nos servizos sociais do concello en horario de nove a dúas, ou poden descargarse completas na páxina web do concello de Tui www.concellotui.org

Concello de Tui

A Radio Municipal de Tui en internet durante o mes de xullo Grazas á colaboración coa Conectatparty de Sobrada

Mércores, 1 de xullo. Dende hoxe 1 de xullo é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.

Deste xeito a RMT é accesible dende calquera ordenador con conexión a internet a través da páxina web www.conectateparty.org ou www.conectatparty.org durante todo o mes de xullo. Para iso só é preciso clickar no enlace que está accesible no sitio web.


O Concello de Tui abre unha nova oficina de turismo no Paseo da Corredoira

Os turistas que este verán se acheguen á cidade serán atendidos no céntrico Paseo da Corredoira nunha nova oficina de turismo que o Concello de Tui instalou esta mesma mañá.

Trátase dunha instalación feita en madeira moito máis ampla e confortable que a que caseta da Praza da Inmaculada que nos últimos anos realizaba a función de Oficina de Turismo.

Radio Municipal de Tui