Jornal Digital Regional
Nº 443: 6/12 Jun 09
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Óbitos Política Pescas Roteiro

Alumnos de la Escuela Comarcal de Teatro visitaram a SODINOR

Dia 30 de Mayo los alumnos de la Escuela Comarcal de Teatro realizaron una visita a SODINOR estudio de grabación y doblaje. Sodinor es un estudio de doblaje de amplia trayectoria que cuenta entre sus trabajos los doblajes de películas como: La tapadera, Parque Jurásico, El fugitivo, A Lingua das Bolboretas, Harry Potter y Ocean´s eleven entre otras.

Además en la actualidad está doblando al gallego la serie de televisión “Doutora Quinn”, que está siendo emitida en la TVG.

En el estudio los alumnos de la escuela pudieron hacer diversas pruebas de doblaje sobre la cinta de “Doutora Quinn” y otros spots publicitarios.

La escuela quiere mostrar su agradecimiento a SODINOR y especialmente a Paco por la atención prestada en la visita guiada a las instalaciones.

Escuela Comarcal de Teatro

Ribadeo xá conta con unha Orquestra de Cámara.

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo que dirixe Lourenço Cruz, segue presentándonos novos feitos, e desta vez con algo novo en Ribadeo, unha "ORQUESTRA DE CÁMARA". Esta formación esta formada por alumnos/as do propio centro, e con unha orquestración de cordas e ventos, que presentarán composicións de Gabriel Fauré, George Frederik Haëndel, Offenbach, George Bizet, Charles-Camille Sainte-Saëns. Polo tanto o día 6 de Xuño no Cine-Teatro de Ribadeo, ás 20:30 horas, será unha honra convidalo ao Concerto-Presentación da "Orquestra de Cámara de Ribadeo" baixo a batuta de D. Lourenço Cruz.

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

A Guarda Outlet presentouse no Centro Cultural

O pasado Mércores día 3 de Xuño as 20:30 horas presentouse no Centro Cultural de A Guarda a nova Campaña de dinamización do comercio organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco', "A Guarda Outlet - 1ª Feira de Stocks do Comercio Guardés".

Nesta presentación tomaron palabra a Vicepresidenta de 'ábaco' (Delia Brandón), o Presidente de 'ábaco' (Ángel Luis Baz Vicente), O Sr. Alcalde do Concello de A Guarda (José Manuel Dominguez Freitas), a Concelleira de Turismo e Comercio do Concello de A guarda (Monstserrat Magallanes), o representante de Caixanova (Juan Jesús González) e o Gerente de SegurSystem Europa (Horacio Reyes).

Neste acto tamén asistiron representantes dos diferentes partidos políticos presentes na Guarda, representantes tamén de Asociacións, colectivos e empresas participantes nesta campaña que se realizará os días 20 e 21 de Xuño no pobo de A Guarda e na que participará unha representación moi variada de comercios (Moda, Complementos, Decoración, Xoguetería, Artigos do fogar, Floristería, Xoguetería, Lencería, Óptica, Productos típicos, Perruquería, Bazares, Telefonía, entre outros).

O sábado día 20 de Xuño a A Guarda Outlet abrirá as súas portas as 11 da mañá con 28 stands de empresas participantes e para éste día a Feira ubicaráse na rúa Vicente Sobrino ata as 10 da noite con actividades complementarias durante o transcurso do día.

O Domingo 21 de Xuño A Guarda Outlet abrirá as súas portas novamente as 11 da mañá co mesmo número de stands e a feira ubicarase nesta xornada na Rúa peonil do Porto da Guarda, as 10 da noite daráse por finalizada esta 1ª edición da Feira de Stocks do Comercio Guardés.

Este día ademáis a Guarda ofertará ós seus visitantes máis actividades, tales como a "Festa de San Antonio" no Paseo Marítimo do Porto de A Guarda e "Deporte nas rúas" organizado polo Concello de A Guarda.


A Asociación ‘ábaco’ firma un Convenio de colaboración coa empresa de seguridade “SegurSystem Europa”.

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ e a empresa de Seguridade SegurSystem Europa veñen de firmar un Convenio de Colaboración entre as dúas entidades mediante o cal os asociados de ‘ábaco’ obterán un desconto promocional sobre o PVP do 40% en todos os seus sistemas de seguridade, ben sexa alarmas, video vixiancia e sistemas de localización de vehículos ou persoas.

Sobre as Ofertas ou promocións de tempada que SegurSystem Europa puidese desenrolar no futuro a Asociación ‘ábaco’ e os seus asociados disfrutarán dun desconto adicional dun 5% sobre a tarifa ofertada.

Ademáis todos os asociados de ‘ábaco’ poderán financiar as súas compras con SegurSystem Europa ata a seis meses sen intereses e as ofertas poderán ser extensibles a familiares de primeiro e segundo grado.

Grazas a este Convenio de Colaboración os primeiros 3 meses de conexión á Central Receptora de Alarmas(CRA) será gratuíta, tanto para novos abonados, coma para todos aqueles que desexen redireccionar os seus sitemas de seguridade actual xa instalados.

Na firma deste Convenio de colaboración, a Asociación ‘ábaco’ volve a apostar pola facilitación de servizos ós seus asociados, e pola seguridade dos seus establecementos para garantir o seu adecuado funcionamento.

‘ábaco’

Prato de Vilar de Mouros