JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Praza da Inmaculada será esta fin de semana unha feira editorial na TuidCon HispaCon

Haberá 12 postos durante os tres días da convención con literatura fantástica e artesanía cosplay
17/10/26 11h30

A literatura fantástica será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror. Na ampla programación prevista, con máis de 40 actividades, figura unha feira editorial na praza da Inmaculada.

Un total de 12 postos presentarán até este domingo títulos de literatura fantástica, novidades editoriais, cosplay e obras autopublicadas. Participan as editoriais Boadicea, Cerbero, Radagast, Libros del Salvaje, Raven, Silente, Sugaar, Valhalla, Pórtico-AEFCFT, así como a libradoría tudense Espazo Lector Nobel e haberá tamén posto de obras autopublicadas.

Amais, Manlima Cosplay terá un stand de artesanía onde amosará parte do seu traballo na elaboración de complementos de caracterización fantástica. Manlima é unha parella de cosplayers de Valladolid, composta por Helen e Arshan, cunha ampla traxectoria facendo cosplay xuntos tanto dentro como fora de España. Manlima ofrecerá tamén unha demostración de introdución ao cosplay o domingo ás 11.45 h no edificio da Praza da Inmaculada.

A feira editorial será un das citas centrais que durante estes tres días se poderán gozar en Tui grazas a esta convención nacional que trae a Tui a medio cento de autores e autoras con máis de 40 actividades en tres espazos da cidade. A programación completa está dispoñible en tui.gal e hispacon.org.

Concello Tui


O público familiar ten cita no Teatro Municipal de Tui con Dedín, dedín, dedal

Malasombra Producións presenta este espectáculo este venres ás 19 h
16/10/26 11h30

Os máis pequenos e pequenas da casa son os destinatarios do espectáculo que este venres , 16 de outubro, ás 19 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui. Será "Dedín, dedín, dedal" da compañía Malasombra Producións.

Yoli Lorenzo e Brais Iriarte dan vida a esta función, creada e dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira. "Dedín, dedín, dedal" está pensado para liar, rir e bailar. A palabra, os xogos, os contos e as cantigas están moi presentes ao longo do espectáculo.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até 10 minutos antes do inicio da función.

Concello Tui


A TuidCon Hispacon reúne en Tui a medio centenar de escritores e escritoras

Rosa Montero e Mafalda Santos son as convidadas de honra desta convención nacional que se celebra dende o venres 16 ao domingo 18


16/10/26 11h30

Durante tres días Tui converterase no epicentro da literatura fantástica coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional deste xénero literario. Dende este venres 16 ata o domingo 18, preto de medio centenar de autores e autoras presentarán na cidade os seus libros ou participarán en conferencias e mesas redondas. Estas serán parte das actividades dun amplo programa que se desenvolverá ao longo de tres días no Espazo Sociocultural e nos edificios Francisco Sánchez e da praza da Inmaculada.

As convidadas de honra da Tuidcon son as escritoras Rosa Montero e Mafalda Santos, representando a calidade literaria en fantasía da península ibérica. Ambas manterán un encontro coa tamén escritora Lola Robles o sábado ás 19 h. Ademais, no Espazo Sociocultural, Rosa Montero ofrecerá unha charla o venres ás 19.15 h e Mafalda Santos fará o propio o domingo ás 11.15 h.

Mariano Martín, Premio Europeo de Ciencia Ficción na categoría de Tradución, estará en Tui profundando na fantasía épica o venres cunha charla titulada "Tres antoloxías históricas e críticas de fantasía épica española" e o sábado abordando "A fantasía épica breve en galego e portugués". A arquitectura terá tamén un espazo destacado na TuidCon, coas charlas de Javier del Moral ou Cristina Rausell.

Nesta convención terá lugar a presentación "Sombras del Pasado" de Eduardo Gallego e Guillem Sánchez ou "El secreto de la reina" da escritora tudense "Conchi Regueiro". Tamén terán cabida as obras autopublicadas por Eran Mineri, Amparo Rico, Darkor LF, Nora Ortega Pérez, I.J. Aberasturi, Lucía Román, Neptuniam e Caaryanna Reuven. As editoriais Galaxia, Libros del Salvaje e Cerbero presentarán as novidades editoriais do xénero fantástico.

O sábado Pedro García Bilbao analizará as ucronías na ciencia ficción e formará parte da Aznarcon 2026, unha mesa redonda sobre a saga dos Aznar. Na mesma xornada o portugués Luís Filipe Silva conversará sobre utopías e distopías na ficción científica portuguesa. O galego Ramón Caride presentará na Tuidcon a tradución realizada pola editorial Juglar do seu libro "Exogamia" nunha conversa con Gabriel Romero de Ávila, Miguel García Fernández e Francisco Álvarez "Koki".

Por outra banda, o teatro estará tamén presente coas charlas de Ana Saiz, Andrea Valeiras, Talita Isla, Inés Galiano, David Fernández ou Elena Torró.

En total son 48 autores e autoras os que se darán cita esta fin de semana na TuidCon HispaCon 2026, que ofrece máis de 40 actividades abertas á cidadanía. A programación completa pode consultarse na páxina web hispacon.org.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais