JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Nova fin de semana con teatro para todos os públicos en Oia, co espectáculo 'Garavanciña' o domingo na Praza de Abastos

Esta fin de semana o teatro volve a Oia cun novo espectáculo pensado para gozar en familia nas instalacións da Praza de Abastos. O domingo a partir das 16:00 horas desenvolverase o espectáculo "Garavanciña. Contos con música", que chega ao municipio da man de Migallas Teatro e dentro do circuíto +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

"Garavanciña" é unha peza teatral que achega a maxia dos contos clásicos nunha divertida e orixinal aventura de monicreques, cancións e narración oral interpretada por Bea Campos. Esta coidada e visual proposta artística parte dun dos contos máis coñecidos da literatura infantil para darlle unha volta aos roles tradicionais de xénero e mantendo a fantasía. A obra comezará ás 16:00 horas, con entrada libre.

O Concello de Oia convida á veciñanza a acudir este domingo ás instalacións municipais da Praza de Abastos para gozar en comunidade dunha proposta cultural que combina monicreques, teatro, xogos tradicionais e cancións dirixidas que farán a delicia de todos os públicos (idade recomendada, a partir dun ano).

Concelho de Oia


O Concello de Oia convoca as axudas á natalidade para os nenos e nenas nacidos en 2025

O Concello de Oia lanza unha convocatoria de axudas de apoio á natalidade, das que se poderán beneficiar as familias nas que houbese algún nacemento ou adopción durante o pasado ano. As axudas serán de 200 euros por menor nacido entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2025 e deberán destinarse a gastos relacionados co nacemento ou adopción do menor e realizados en establecementos do comercio local.

Esta iniciativa, que o Concello pon en marcha por segundo ano consecutivo tras a excelente acollida da convocatoria do ano pasado, ten por obxectivo loitar contra o descenso da natalidade e o despoboamento, ao mesmo tempo que se estimula o comercio local. En total, neste 2026 a Administración local destinará 1.800 euros a estes cheques-bebé, que terán un importe individual de 200 euros.

Os requisitos para poder optar á axuda son que o pai/nai/titor/titora solicitante teña a custodia do menor nado e que toda a unidade familiar (incluído o neno/a nado en 2025) estea empadroada no concello de Oia e no mesmo domicilio familiar. Solo se concederá unha axuda por menor.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e documentación no rexistro do Concello de Oia, por medios telemáticos ou de forma presencial. O prazo de presentación rematará o 30 de outubro.

Toda a información sobre estas axudas está tamén dispoñible na sede electrónica do Concello de Oia na seguinte ligazón: https://oia.sedelectronica.es/preview-document/dab23a53-0705-4d35-a32b-9b7d853613fd/

Concelho de Oia


O Concello de Oia abre as inscricións para participar en "Oia en Podcast", un obradoiro de creación audiovisual en galego

A iniciativa, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, está dirixida a mozas e mozos de 6º de Primaria e da ESO e permitirá achegarse á comunicación audiovisual e á memoria oral do municipio a través da creación de videopodcast en galego

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para participar en "Oia en Podcast", un obradoiro de creación audiovisual en galego dirixido a mozas e mozos de 6º de Educación Primaria e da ESO. A actividade forma parte do programa municipal de normalización lingüística e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 20 de outubro. O obradoiro desenvolverase nas instalacións do CEIP Mestre Manuel García e constará de 8 sesións de dúas horas de duración, que terán lugar os xoves de 16.00 a 18.00 horas, entre o 22 de outubro e o 3 de decembro.

Durante o obradoiro as persoas participantes coñecerán as diferentes fases da creación dun podcast audiovisual, desde a preparación dos contidos ata a realización das entrevistas e a elaboración das gravacións. O traballo estará coordinado por un equipo multidisciplinar de profesionais que se encargarán de traballar na linguaxe audiovisual, guiar o proceso técnico e creativo e facer unha revisión lingüística conforme á normativa da Real Academia Galega.

En total elaboraranse 4 videopodcast en galego que permitirán divulgar aspectos vinculados á historia, ás tradicións e ao patrimonio inmaterial de Oia. Os traballos serán presentados nun acto público aberto á veciñanza, ás familias e ás persoas participantes. Posteriormente difundiranse a través dos canais de comunicación municipais e tamén pasarán a formar parte dun arquivo audiovisual de carácter divulgativo e educativo.

Con esta iniciativa, o Concello busca fomentar o uso e o prestixio da lingua galega entre a mocidade a través dun formato comunicativo próximo ás novas xeracións como é o videopodcast. Ao mesmo tempo, pretende favorecer o diálogo entre xeracións e contribuír á conservación da memoria oral do municipio mediante a recollida de testemuños da veciñanza.

Concelho de Oia


O Concello de Oia convoca os II Premios á Excelencia Académica para recoñecer o esforzo do alumnado

Despois da boa acollida da primeira edición dos Premios á Excelencia Académica do Concello de Oia, posta en marcha en 2025 co obxectivo de abrir un espazo público de recoñecemento e recompensa ao esforzo estudantil, a Administración local anuncia unha nova convocatoria dirixida ás e os estudantes empadroados no municipio que cursaran os seus estudos no ano académico 2025-2026.

En total entregaranse tres premios por cada unha das 4 categorías previstas, que se corresponden coas seguintes etapas educativas: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de grao medio. As persoas galardoadas recibirán un agasallo e un diploma acreditativo.

As bases destes premios están xa dispoñibles na sede electrónica do Concello, onde tamén se pode descargar o correspondente modelo de solicitude. Estas solicitudes poderán presentarse entre o día 15 de outubro e o 15 de novembro (ambos incluídos). Nos casos en que o/a estudante sexa menor de idade, deberá figurar como persoa solicitante a nai/pai/persoa titora do/a menor.

Os agasallos irán en función da categoría e do premio acadado. Así, en Educación Primaria e Secundaria o primeiro premio recibirá un agasallo por valor aproximado de 200 euros, o segundo premio por valor de 100 e o terceiro por valor de 50. Pola súa banda, en Bacharelato e Formación Profesional de grao medio o agasallo do primeiro premio terá un valor aproximado de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro de 100 euros.

O Concello anima ao alumnado local a presentarse a esta segunda convocatoria duns premios que pretenden engadir un estímulo ás e os estudantes, alentar a dedicación ao estudo e recoñecer a excelencia das novas xeracións.

Requisitos

Para poder optar aos premios, os e as estudantes deberán cumprir os seguintes requisitos: estar empadroados no concello de Oia dende o inicio do curso 2025-26, ter rematado o último curso da etapa educativa na que participa durante o período escolar 2025-26 (é dicir, ter cursado 6º de primaria, 4º da ESO, 2º de Bacharelato ou 2º curso de FP de grado medio) e ter acadado unha nota media mínima de 8,5 puntos en toda a etapa educativa na que participa.

As candidaturas que cumpran os requisitos especificados nas bases destes galardóns á excelencia académica serán avaliadas por una comisión técnica de valoración que emitirá un informe cos resultados da súa deliberación. Finalmente, o Concello de Oia organizará un acto público institucional de entrega de premios como recoñecemento ao mérito e esforzo do alumnado galardoado.

Concelho de Oia


Oia pecha a tempada turística cun setembro récord en visitantes

Preto de 3.000 persoas pasaron pola oficina de turismo, que permaneceu aberta desde principios de xullo a principios de octubre

Oia continúa consolidándose como punto estratéxico no Camiño Portugués da Costa e vén de pechar a súa tempada turística constatando un mes de setembro récord, sendo o período de maior afluencia de visitantes de toda a campaña estival. Nese senso, e tendo en conta o elevado peso das e dos peregrinos en relación ao total de visitantes, as cifras rexistradas en setembro permiten constatar a capacidade do Camiño da Costa para atraer viaxeiros e viaxeiras fóra das tradicionais épocas de fluxos turísticos en Oia.

Segundo os datos recollidos polo persoal da oficina de turismo de Oia, un total de 2.923 persoas pasaron polos servizos de información turística durante o seu período de apertura, que este ano comezou o 8 de xullo e se prolongou ata o 4 de outubro.

Do total de persoas usuarias da oficina destaca especialmente o colectivo das peregrinas e peregrinos, que supuxeron un total de 2.268. Do resto, 645 foron turistas e 10 locais. En canto ao perfil das persoas que chegan á oficina facendo o Camiño de Santiago, cómpre subliñar a ampla presenza feminina, que supera con creces a masculina. Así, rexistráronse un total de 1.610 mulleres peregrinas fronte a 1.106 homes.

En relación aos períodos de maior afluencia, setembro amosou ser o mes de mellor comportamento cun total de 1.014 visitantes. Este resultado supera lixeiramente o total obtido en agosto, o tradicional mes forte do período estival, no que este ano se contabilizaron 984 persoas usuarias dos servizos de información turística.

Por outra parte, os datos estatísticos recollidos pola oficina permiten comprobar o perfil maioritariamente internacional dos visitantes que pasan polos servizos de información. Así, un total de 1.774 viaxeiros e viaxeiras chegaron a Oia procedentes doutros países (entre os que destacan EEUU, Italia, Francia e Portugal) mentres que as persoas chegadas desde outros puntos de España foron un total de 1.139. Dentro do ámbito español, os lugares de procedencia máis habituais foron Madrid, a propia comunidade galega, a Comunidade Valenciana e Andalucía.

Para a prestación do servizo o Concello de Oia contou co apoio da Deputación de Pontevedra, a través das subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas ao financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas Info Rías Baixas do ano 2026.

Concelho de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais