JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda acorda iniciar mobilizacións para esixir personal médico
17/10/26 14h30

As listas de espera superan as 3 semanas e hai 2400 persoas sen médico asignado

Nunha concorrida asemblea veciñal convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, celebrada no Centro Cultural, acordouse o inicio de mobilizacións para esixir á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza a dotación do cadro médico completo para o centro de saúde da localidade.

A non cobertura de dúas prazas de medicina de familia provoca que 2.400 persoas non teñan un médico de referencia. A situación caótica que sofre o centro de saúde do Rosal obriga ás profesionais guardesas a atender, ademais dos seus pacientes, a aquelas persoas sen médico asignado da localidade e ás que veñen do Rosal, o que xera listas de espera de máis de 3 semanas.

Desde a Plataforma sinalan que os desvíos permanentes de cantidades multimillonarias de fondos públicos á sanidade privada e os recortes na atención primaria desde a chegada do PP á Xunta de Galicia son o motivo da situación que se está a vivir, polo que esixen un cambio de rumbo das políticas sanitarias. Segundo denunciou nos últimos días a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, o 47,7% do gasto sanitario do SERGAS no 2026 acaba no sector privado.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública



A GUARDA SÚMASE Á IX EDICIÓN DO CICLO NACIONAL DE CINE Y MUJERES RURALES CON DÚAS PROXECCIÓNS NO CENTRO CULTURAL
16/10/26 12h30

O Concello da Guarda participa nesta iniciativa impulsada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación con dúas sesións cinematográficas os días 23 de outubro e 13 de novembro

O Concello da Guarda súmase á IX edición do Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, unha iniciativa impulsada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que busca dar visibilidade ao papel das mulleres no medio rural a través do cine e achegar ao público historias que amosan diferentes realidades, experiencias e perspectivas.

No marco desta iniciativa, o Centro Cultural da Guarda acollerá dúas proxeccións, ambas ás 20:30 horas:

" Venres 23 de outubro: Bodegón con fantasmas, dirixida por Enrique Buleo.
" Venres 13 de novembro: La buena letra, dirixida por Celia Rico.

As dúas sesións forman parte da programación presencial desta novena edición, que se desenvolve entre o 15 de outubro e o 15 de novembro en localidades de todo o territorio estatal.

Ademais das proxeccións presenciais, o ciclo ofrece unha mostra en liña gratuíta, dispoñible a través da súa páxina web oficial entre o 17 e o 31 de outubro. Esta programación reúne unha selección de 13 longametraxes e curtametraxes relacionadas coas mulleres e o mundo rural.

Con esta participación, A Guarda incorpora á súa programación cultural unha iniciativa que combina cine e reflexión social, favorecendo o coñecemento doutras realidades e o recoñecemento da contribución das mulleres á vida e ao desenvolvemento do medio rural.

Concelho de A Guarda



ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA ANDAINA POR OURENSE COA QUE SE PECHAN AS ANDAINAS 2026 ORGANIZADAS POLO CONCELLO DA GUARDA
16/10/26 12h30

A ruta terá lugar o sábado 17 de outubro polo río Gorgua, en Padrenda

A ruta polo río Gorgua, no concello ourensá de Padrenda, é a última andaina que terá lugar o sábado 17 de outubro de 2026 e que está organizada pola Concellería de Eventos Deportivos do Concello da Guarda.

Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo cun recorrido duns 11 km. A saída será dende o aparcadoiro da Sangriña e o regreso está previsto ás 18:00 horas.

A ruta polo río Gorgua recorre o concello de Padrenda polo que os participantes poderán coñecer a paisaxe de outono no sur da provincia de Ourense. Destaca especialmente un tramo de "bosque feiticeiro" entre as ribeiras do río Gorgua e Esmoriz, e os saltos de auga ou corgas, como son coñecidos na zona, que outrora eran aproveitados en varios muíños.

A ruta complétase recorrendo varias aldeas do entorno e na que se viven momentos idílicos e de plena conexión coa natureza.

As persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar esta distancia que conta con certa dificultade polo desnivel. O prezo da actividade é de 20 euros por persoa.

Máis información e inscrición na Casa do Concello (terceira planta) ou ben a través Dun correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 61 45 46, aínda que se priorizará a inscrición presencial.

Concelho de A Guarda



XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE CONSULTA DAS LISTAS DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS XERAIS DO 29 DE NOVEMBRO
16/10/26 12h30

As listas poderán consultarse ata o 19 de outubro na oficina do Padrón Municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, previa identificación da persoa interesada

Recoméndase revisar os datos censuais, especialmente no caso de persoas que cambiaran de domicilio recentemente ou que cumpriran os 18 anos, para garantir a correcta inscrición e poder exercer o dereito ao voto

O Concello da Guarda informa de que, con motivo da convocatoria das eleccións do vindeiro 29 de novembro de 2026, as listas do censo electoral estarán expostas para consulta ata o 19 de outubro co obxectivo de que a veciñanza poida comprobar os seus datos censuais.

A consulta poderá realizarse na oficina do Padrón Municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Para garantir a protección dos datos persoais, a consulta deberá efectuarse de xeito individual e previa identificación da persoa interesada mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán consultar o censo electoral por vía telemática a través da sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE), identificándose mediante o sistema Cl@ve.

O Concello recomenda especialmente comprobar a correcta inscrición no censo electoral ás persoas que cambiaran de domicilio recentemente e a aquelas que cumpriran os 18 anos nos últimos meses, co obxectivo de verificar que os seus datos están actualizados e que figuran correctamente nas listas electorais.

Concelho de A Guarda



A PRAZA DE AVELINO VICENTE ACOLLE ESTE SÁBADO UNHA NOVA FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO LOCAL DA GUARDA CCA
16/10/26 12h30

A praza de Avelino Vicente da Guarda converterase este sábado, 17 de outubro, no epicentro do comercio local cunha nova edición da Feira de Oportunidades do Comercio de A Guarda CCA, unha iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A Guarda Centro Comercial Aberto, coa colaboración do Concello da Guarda e da Xunta de Galicia.

A xornada terá lugar a partir das 10:00 horas e veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse para coñecer e aproveitar as oportunidades e ofertas do comercio local.

A Feira de Oportunidades busca poñer en valor o comercio de proximidade e ofrecer aos establecementos participantes un espazo para dar a coñecer os seus produtos e propostas, ao tempo que se anima á cidadanía a mercar no comercio local.

Dende o Concello da Guarda animamos a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse este sábado á feira e apoiar o comercio local, un sector fundamental para dinamizar a economía e a vida social do municipio.

Concelho de A Guarda



A OMIX DO CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING O 24 DE OUTUBRO
16/10/26 12h30

" A actividade está incluída na programación de outono e terá lugar de 10:00 a 13:00 horas na Casa do Concello

" As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de outubro en: https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9

O Concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza o vindeiro 24 de outubro un obradoiro de scrapbooking, unha proposta creativa incluída na programación de outono da OMIX que terá lugar na Casa do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O scrapbooking é unha técnica artística que combina fotografías, recortes, papeis decorativos e diferentes elementos para crear álbums personalizados e composicións orixinais. A través desta actividade, as persoas participantes poderán descubrir novas formas de conservar e presentar os seus recordos, ao tempo que experimentan con materiais, cores e deseños.

Durante as tres horas de duración do obradoiro, as persoas asistentes terán a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación, aprender técnicas creativas e elaborar as súas propias creacións nun ambiente participativo e relaxado. Non é necesaria experiencia previa, xa que a actividade está pensada para achegarse ao scrapbooking desde cero e gozar do proceso creativo.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do formulario en liña habilitado: https://forms.gle/M2458VAsHdiiWA4Z9 .

Concelho de A Guarda



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais