A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou arredores para gozar das súas vacacións.
Estas visitas guiadas son un complemento perfecto visitando o Monte Santa Trega, recorrendo noso territorio a través das rutas de sendeirismo, desfrutando da natureza no Esteiro do Miño, descubrindo a vida mariñeira no porto e no Museo del Mar e degustando a nosa gastronomía e produtos locais.
Esta campaña especial das visitas guiadas centrase nos valores arqueolóxicos do Monte Santa Trega, un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.
Esta visita guiada realizaranse o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de decembro ás 12:00h e terán unha duración duns 45 minutos. A visita centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega, nun recorrido de menos dun quilómetro que inclúe o Barrio Mergelina e finaliza nas vivendas reconstruídas. As explicacións do guía permitirán coñecer como vivían os castrexos no Trega fai máis de 2.000 anos.
Esta actividade non precisa inscrición previa, os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita no aparcadoiro da Casa Forestal que se atopa uns metros despois de cruzar o castro. Aqueles que accedan en vehículo ao monte deberán abonar a taxa de acceso, sendo a visita guiada gratuíta.
Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:
" MASAT (Museo Arqueolóxico). Do venres ao domingo: 10:00 a 19:00h
" Museo do Mar. De venres a domingo: 11:00 - 14:00 / 16:00 -19:00h
" Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.
Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de venres a domingo de 10:00 a 14:00h. Tamén pódese consultar no mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46.
Hai un ano e medio, o equipo de goberno da Guarda prometía un "novo rumbo" para o noso concello. A estas alturas comprobamos que esa promesa quedou en nada: o que vemos é un goberno en descomposición, cun alcalde con escasa dedicación ao concello e cun rumbo máis caótico que novo.
A primeira en saltar do barco foi Vanesa Alonso, veterinaria de profesión e que ocupaba o cargo de Concelleira de Medio Ambiente. Máis recentemente, tamén o fixo Fernando Reyes, piloto e Concelleiro de Turismo. Dúas dimisións en tan só ano e medio de mandato.
E se falamos de ausencias, o caso máis grave é o do concelleiro de Comercio e Empresa, Anxo Pena, que leva todo o 2024 desaparecido: ningún pleno, ningún proxecto, ningunha acción relevante das súas concellerías. A razón?: Leva un ano vivindo e traballando fóra de España, algo que consideramos totalmente incompatible co desempeño do seu cargo.
Ante tal situación, sin precedentes no noso concello, desde o Grupo Municipal Socialista decidimos presentar unha moción no pleno de novembro para esixir a súa comparecencia no próximo pleno ordinario. Queremos que explique á cidadanía que traballo fixo neste ano e, sobre todo, se pensa asumir as súas responsabilidades cara o futuro.
Pensamos que a nosa petición non é para nada desmesurada, polo que nos sorprendeu a postura do Partido Popular no pleno, que votou en contra desta moción, coma se a transparencia e a rendición de contas non foran importantes para eles/as. Por sorte para A Guarda, o seu socio de goberno e o resto da oposición apoiaron a nosa proposta, permitindo que saíse adiante. Agora toca esperar pola comparecencia, aínda que as expectativas, vistas as circunstancias, non son demasiado altas.
E por último, como levamos advertindo desde o inicio deste mandato, A Guarda non pode permitirse un alcalde sen a dedicación que o Concello require. Carrero reparte o seu tempo entre a Deputación (onde ten un 79% de adicación), a docencia, a avogacía e a Alcaldía, o que deixa ao noso municipio sen o liderado e o compromiso que merece. Como ben di o refrán, "quen moito abarca, pouco apreta".
Desde o grupo municipal socialista lamentamos profundamente que A Guarda teña que soportar un goberno que prometía tanto e que, finalmente, quedou en nada. Mentres eles/as seguen á deriva, nós continuaremos traballando pola transparencia, pola responsabilidade e, sobre todo, polos intereses de todas as veciñas e veciños de A Guarda.