|
Éxito de participación nas actividades do Setembro Xudeu
Preto de 250 persoas acudiron ás visitas temáticas da pasada fin de semana
"Estamos moi satisfeitos pola magnifica acollida das visitas temáticas da pasada fin se semana arredor do patrimonio xudeu de Tui" sinala a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez logo da excepcional acollidas as actividades celebradas o pasado sábado e domingo cunha participación de arredor de 250 persoas.
Destaca especialmente a visita temática celebrada o sábado 7 pola noite cun percorrido guiado polo patrimonio tudense relacionado coas comunidades xudías e criptoxudías que congregou a cerca de 200 asistentes que ao remate da visita participaron nunha degustación de viño kosher.
O domingo pola mañá desenvolveuse unha nova visita temática que ao longo do seu percorrido contou con dous momentos musicais, nos que tivo lugar a interpretación de pezas sefardís a cargo de dos músicos novos da nosa contorna, António Sérgio Teles e Chus López, que deleitaron aos asistentes coas pezas interpretadas na portada norte da catedral e diante do convento das Clarisas ou "Encerradas". Tamén houbo unha alta asistencia superando o medio centenar de participantes.
O vindeiro domingo, 15 de setembro, haberá unha nova cita destas visitas temática.
Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui este domingo
Venres e sábado continúan as "Xornadas gastronómicas sefardís" coa ruta de tapas de bacallau en oito establecementos
Esta fin de semana continúan as actividades do "Setembro xudeu en Tui" con dúas novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade.
Por unha banda, este domingo 15 de setembro, ás 11.30 h, na Oficina Municipal de Turismo comezará unha nova visita temática, neste caso dinamizada con varias teatralizacións ao longo do seu percorrido, que realizará un achegamento ao legado xudeu en Tui dun xeito novidoso e dinámico.
Ao longo do venres e sábado os oito establecementos de hostalaría participantes nas "Xornadas gastronómicas sefardís: ruta de tapas de bacallau" seguirán ofertando as súas especialidades ao prezo de 2 €. As persoas interesadas poden retirar os seus "pasaportes" nos establecementos participantes ou na Oficina Municipal de Turismo. Entre aqueles entregados até o 10 de outubro na Oficina de Turismo, con ao menos 5 selos, realizarase un sorteo de agasallos.
Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecementos:
o Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
o Tapería O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
o Cafetería Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
o Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
o Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de sementes, bacallau afumado e pemento do piquillo
o Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
o Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de broa de milho
o Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau
Cómpre lembrar que ao longo de todo o mes de setembro está instalado na Praza do Concello e na Corredoira diante da Oficina de Turismo o photocoll coa árbore, a imaxe escollida para a celebración das "Xornadas Europeas da Cultura Xudía" pola Red de Juderias de España, á que pertence este Concello de Tui dende o ano 2019. As persoas que se tomen unha foto xunto á árbore, a suban a instagram etiquetando á conta da Red de Juderías @redjuderias, participarán no sorteo de diversos agasallos.
Ana María Núñez Álvarez, concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, anima á veciñanza e visitantes a participar nestas actividades do "Setembro xudeu en Tui" que ata agora están logrando un gran éxito de participación. A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa "Rutas do patrimonio xudeu" que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).
Éxito de participación nas actividades do Setembro Xudeu
Preto de 250 persoas acudiron ás visitas temáticas da pasada fin de semana
"Estamos moi satisfeitos pola magnifica acollida das visitas temáticas da pasada fin se semana arredor do patrimonio xudeu de Tui" sinala a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez logo da excepcional acollidas as actividades celebradas o pasado sábado e domingo cunha participación de arredor de 250 persoas.
Destaca especialmente a visita temática celebrada o sábado 7 pola noite cun percorrido guiado polo patrimonio tudense relacionado coas comunidades xudías e criptoxudías que congregou a cerca de 200 asistentes que ao remate da visita participaron nunha degustación de viño kosher.
O domingo pola mañá desenvolveuse unha nova visita temática que ao longo do seu percorrido contou con dous momentos musicais, nos que tivo lugar a interpretación de pezas sefardís a cargo de dos músicos novos da nosa contorna, António Sérgio Teles e Chus López, que deleitaron aos asistentes coas pezas interpretadas na portada norte da catedral e diante do convento das Clarisas ou "Encerradas". Tamén houbo unha alta asistencia superando o medio centenar de participantes.
O vindeiro domingo, 15 de setembro, haberá unha nova cita destas visitas temática.
O Concello de Tui presenta "Boas Vibes", un innovador programa para a promoción da igualdade na mocidade.
Do 20, ó 22 de setembro, a cidade de Tui converterase no epicentro da creatividade xuvenil. "Boas Vibes", é unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de xénero a través da arte, a cultura e o deporte
Os días 20, 21 e 22 de setembro, a cidade de Tui converterase no epicentro da creatividade xuvenil coa celebración de "Boas Vibes", unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de xénero a través da arte, a cultura e o deporte.
Este programa, dirixido especialmente á mocidade, ofrecerá obradoiros e accións culturais e creativas en distintos espazos da cidade , enfocándose en sensibilizar contra as violencias machistas e contribuíndo á construción dunha sociedade mais corresponsable, igualitaria e inclusiva.
"Boas Vibes" integra a participación de recoñecidos artistas galegos de distintas disciplinas, e combina actividades formativas con inscrición e exhibicións abertas ao público. A proposta inclúe obradoiros de música, poesía, cómic, danza e skate, que ademais de promover a igualdade, buscan apoiar ao talento novo e ofrecer alternativas de lecer saudables para a mocidade.
O programa arranca o venres 20 de setembro cun obradoiro de música e rimas impartido pola cantante de músicas urbanas Wöyza, dirixido a rapazada de 14 a 25 anos, con prazas limitadas e inscrición previa, rematando esta xornada cunha actuación aberta na Praza de San Fernando.
O sábado 21 será a quenda dos obradoiros de poesía para mozas e mozos de 16 a 25 anos, coa Premio Nacional de Poesía 2023 Yolanda Castaño e de cómic e debuxo manga, para rapazada de 12 a 18 anos, coa debuxante e docente Coral Martínez. Xa pola tarde, a bailarina e coreógrafa de danzas urbanas Yara Juncal impartirá un obradoiro de danza no lateral da Catedral, rematando a xornada coa actuación do grupo Boombox Dance Studio na Praza de San Fernando, de acceso libre.
Finalmente o domingo 22 o colectivo Vella Escola pechará o evento con dous obradoiros de skate con prazas limitadas e inscrición previa que farán as delicias de rapaces e rapazas, e unha exhibición de rolling para todos os públicos da patinadora galega de recoñecido prestixio nacional Bomba Hache. Ademais, de 16:00h a 20:00h, haberá dispoñibles algunhas ramplas e módulos de libre disposición, para toda a rapazada maior de 12 anos que queira achegarse co seu skate.
Organizado pola concelleria de igualdade do Concello de Tui ao amparo do Plan Corresponsables xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e coa financiación do Ministerio de Igualdade, "Boas Vibes" representa unha oportunidade única para a mocidade de participar en actividades creativas ao tempo que promove valores de igualdade e respecto.
Inscricións no enderezo de correo electrónico: igualdade@tui.gal
Máis información na oficina de turismo de Tui, no paseo da Corredoira ou no tlf 664 55 24 93
Un ano mais o Concello de Tui realiza obras de mantemento e mellora en todos os centros educativos públicos do municipio
A Concellería marcase coma obxectivo protexer e mellorar a educación pública para todos os alumnos do concello
Remata o verán e comeza un novo curso escolar. Dende o Concello de Tui e a Concellería de Ensino, aproveitouse o tempo estival para realizar obras, arranxos e labores de mantemento nos nove centros educativos do municipio.
Entre as actuacións destacadas atópase a reforma e ampliación dunha aula no CEIP de Caldelas, finalizada a finais de xullo, para dar resposta ao incremento de alumnado. A intervención incluíu melloras na iluminación, instalación de falsos teitos, renovación da electricidade, conexión wifi, colocación de tarima vinílica e traballos de pintura.
No CEIP Nº 1, acondicionouse o patio traseiro, unha demanda histórica do Consello dos Nenos. Colocáronse 200 metros cadrados de pavimento de caucho continuo, permitindo que os escolares poidan xogar e practicar deporte de maneira segura, sen risco de lesións. Trátase dun material 100% reciclado, contribuíndo a un futuro máis sostible. Ademais, comezaron os trámites para expropiar os terreos adxacentes, co obxectivo de ampliar o patio deste centro.
No CEIP Nº 2, acometeuse a reforma integral dos baños da planta baixa, cunha demolición completa das instalacións antigas. Substituíronse as tubaxes e desaugues, instalouse nova fontanaría, cambiouse a loza e os accesorios, e colocáronse falsos teitos, paneis LED, tarima vinílica, divisións de trespa e novas fiestras de aluminio. Neste centro tamén pintaronse todas as aulas así como as facahadas do ximnasio e da secretaría.
En Pazos de Reis, no CEIP de Guillarei, na sede do CRA e no Conservatorio leváronse a cabo traballos de mellora en diferentes espazos.
Outras intervencións incluíron a soleira de formigon dunha zona do patio no CEIP de Randufe e a automatización do portal de acceso ao centro.
Ademais, realizouse o mantemento da carpintería en todos os parques dos centros educativos, arranxos nas entradas e peches perimetrais, substitución da area nos areeiros, instalación de novos elementos en diversos centros, colocación de aparcabicis onde se solicitou e desbroce nos 14 patios escolares do municipio.
Dende a Concellería de Ensino, dáse a benvida a este novo curso escolar, reafirmando o compromiso coa educación pública que queda patente con estas intervención e afirman que continuarán traballando ao longo de todo o ano lectivo para garantir espazos dignos e coidados para os rapaces e rapazas do noso Concello, co obxectivo de protexer e mellorar unha educación pública, mais precisa que nunca, como única vía de asegurar a igualdade de oportunidades
|