JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Dúas visitas temáticas centran a actividade do Setembro Xudeu en Tui na fin de semana

O sábado visita nocturna con degustación de viño kosher e o domingo con momento musical

Esta fin de semana continúan as actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía agrupadas baixo a denominación de "Setembro xudeu en Tui". Así este sábado, ás 22 h haberá unha visita guiada nocturna polo patrimonio xudeu tudense que incluirá, para todos os participantes, unha degustación de viño kosher. O domingo dende as 11.30 h realizarase unha nova visita temática sobre a presenza de comunidades xudías na nosa cidade que percorrerá diversos lugares significativo deste legado cultural e abranguerá tamén un momento musical que amenizará o percorrido da visita.

Ambas visitas darán comezo na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira e a asistencia é libre e gratuíta.

A concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, expresa a súa satisfacción por estas visitas temáticas que supoñen un xeito diferente de achegarse ao acervo patrimonial xudeu e criptoxudeu que atesoura a nosa cidade e que o Concello de Tui promociona xuntamente coas 21 cidades integradas na Red de Juderías de España. Engade a concelleira que o complemento ideal a estas visitas é participar, todos os venres e sábados de setembro, na ruta de tapas de bacallau das Xornadas Gastronómicas Sefardís en oito establecementos tudenses que ofertan tapas co bacallau coma protagonista a un prezo de 2€.

A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa "Rutas do patrimonio xudeu" que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

Concello Tui


Máis de 450 persoas descubriron este verán o Parque Natural Monte Aloia

O Concello de Tui organizou dez rutas que partiron do centro urbano en tren turístico e foron guiadas por A Fada do Aloia

Máis de 450 persoas participaron nos meses de xullo e agosto no programa Descubrindo o Monte Aloia posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de A Fada do Aloia e de Segmento Divertido. Cada martes ás 10 h saía o tren turístico dende a Oficina de Turismo para ir até o punto de inicio da ruta establecida onde A Fada do Aloia guiaba ás persoas asistentes a través da fauna, a flora e o patrimonio deste espazo natural. No mes de xullo participaron 285 persoas nas seis saídas realizadas e en agosto foron 170 as persoas que gozaron das catro rutas realizadas.

Os participantes en "Descubrindo o Monte Aloia" foron dende tudenses a persoas chegadas da Guarda, O Porriño, Mos, Nigrán ou Vigo, pero tamén dende Almería, Barcelona, Madrid, Santa Cruz de Tenerife, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

Ao longo destes dous meses as persoas participantes nesta iniciativa puideron coñecer a muralla ciclópea e os miradoiros do Aloia, achegarse aos muíños do Tripes, do Deique ou a Poza de Cabanas, tamén coñecer máis de preto a flora e fauna na Senda Botánica.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destaca a gran acollida que tivo esta iniciativa xa que nas primeiras semanas completáronse as prazas para os dous meses, o que demostra o interese suscitado pola mesma. Engade a edil coma con este tipo de propostas búscase achegar tanto a tudenses coma a visitantes ao coñecemento do Parque Natural Monte Aloia, que foi o primeiro espazo natural protexido en Galicia.

Concello Tui


Oito establecementos participan na ruta de tapas de bacallau nas Xornadas Gastronómicas Sefardís

Pódense degustar os venres e sábados de setembro a un prezo de 2€

Esta semana comezan as Xornadas Gastronómicas Sefardís que se van celebrar os venres e sábados deste mes dentro das actividades programadas polo Concello de Tui para o "Setembro xudeu". Estas Xornadas Gastronómicas Sefardís innovan este ano coa oferta da "Ruta de tapas de bacallau" na que participan oito establecementos de hostalaría da nosa cidade cunha oferta variada para degustar.

Participan nesta ruta de tapas do bacallau os seguintes establecemento:

" Vello Cabalo Furado (Seixas, 2) Boliños de bacallau con alioli
" Taperia O Albergue (Seixas, 6) Pan bao recheo de bacallau encebolado
" Cafeteria Entrehoras (Compostela, 6) Garavanzos con bacallau
" Parador de Tui (Avenida de Portugal, s/n) Cañita rechea de brandada de bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
" Ideas Peregrinas (Porta da Pía, 1) Baguel de pan de semillas, bacallau afumado e pemento do piquillo
" Cociñarte (Martínez Padín, 8) Gratén de bacallau
" Santiamen (Cantón de Diomedes, 1) Bacallau á brasa sobre cama de broa de milho
" Puro Sabor (Ourense, 3) Empanadilla de bacallau

As tapas ofértanse a un prezo de 2,00 euros nos oito establecementos todos os venres e sábados do mes de setembro. O Concello ten editado un "pasaporte" que todas as persoas interesadas en degustar estas tapas poden ir selando nos diversos establecementos. Entre todas as persoas participantes entreguen o pasaporte na Oficina Municipal de Turismo até o 10 de outubro con cando menos cinco selos sortearanse diversos agasallos.

Para a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, este proposta gastronómica amplía a oferta de actividades que organiza o Concello de Tui arredor da celebración do "Setembro xudeu" e expresa a creatividade dos establecementos de hostalaría tudenses que participan nesta "ruta de tapas de bacallau" que confía resulte exitosa e que en novas edicións conte cunha participación máis ampla.

A concelleira tudense lembra que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad e do itinerario cultural do Consello de Europa "Rutas do patrimonio xudeu" que xestiona a The European Association for the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage (AEPJ).

Concello Tui


Tui consolida o seu liderato coma lugar de inicio do Camiño Portugués

14.878 persoas realizaron esta vía xacobea en agosto, un 9% máis que en 2023. O 55% saíron da cidade tudense

No mes de agosto Tui consolidou o seu liderado como lugar de inicio do Camiño Portugués. Os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela referidos ao pasado mes de agosto de 2024, recollidos en base ás "Compostelas" entregadas, recollen que o Camiño Portugués foi recorrido nese mes por un total de 14.878 peregrinos cun incremento do 9% en relación aos datos do pasado ano.

O dato máis relevante que ofrecen os datos estatísticos da Oficina do Peregrino está relacionado co lugar de inicio da peregrinación no que a cidade de Tui segue sendo a primeira localidade do Camiño Portugués elixida para iniciar o Camiño e a segunda de todas as rutas xacobeas. Neste sentido, o 55,10% dos peregrinos do mes de agosto, en concreto 8.197 persoas, escolleron a cidade de Tui para iniciar o seu Camiño de Santiago. Logo está Valença onde comezaron 2.530 peregrinos e peregrinas.

Pero en relación ao resto dos Camiño de Santiago unicamente o municipio de Sarria, no Camiño Francés, supera a Tui en numero de persoas que inician o Camiño con 27.156 peregrinos. Tras a nosa cidade sitúanse Ferrol, no Camiño Inglés, con 5.260 peregrinos ou Saint Jean Pied de Port con 2.645 persoas.

No desglose destes datos de afluencia podemos comprobar que os peregrinos españois alcanzaron a cifra de 8.254 (55%) e os estranxeiros foron 5.203 (45%). No caso dos peregrinos nacionais, que realizaron neste mes de agosto o Camiño Portugués 2.735 peregrinos (33,20%) procederon de Andalucía, 1.328 (16,12%) da Comunidade Valencia, 1.185 (14,51%) de Madrid, 608 (7,38%) de Castela A Mancha e 519 (6,30%) de Cataluña.

No que atinxe ao estranxeiros, dos 5.203 peregrinos do pasado mes de agosto, 1.551 (11,53%) eran de Portugal, 1.241 (9,22%) chegaron dende Italia, 290 (2,16%) de Alemaña, 262 (1,95%) de Estados Unidos ou 174 (1,29%) de Polonia.

Cómpre lembrar tamén que dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, un número cada vez mais relevante, pero que non figura nas estatísticas, realiza o trazado oficial portugués desta ruta xacobea que dende Caminha continúa por Vilanova de Cerveira, Valença e Tui, como porta de entrada en Galicia.

Neste primeiros oito meses do 2024 un total de 68.250 peregrinos teñen percorrido o Camiño Portugués (25.773 españois e 40.080 estranxeiros) cun incremento do 9% en relación aos datos do pasado ano 2024.

A concelleira de Turismo e Patrimonio do concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, sinala que o Camiño Portugués consolida o seu progresivo e sostido incremento no número de peregrinos, especialmente estranxeiros e consolidación, un mes máis, do liderado de Tui como auténtica "capital" do Camiño Portugués pois a nosa cidade é a primeira escollida polos peregrinos para iniciar este Camiño, no caso do mes de agosto polo 55% dos peregrinos do Camiño portugués e a segunda localidade de todas as rutas xacobeas.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais