|
Hortensia Expósito, Tena, homenaxeada nas acto cívico do Alivio 2024
O Concello rende tributo a esta muller emblemática do rural por toda unha vida de loita, traballo duro e superación
O Concello de Tomiño renderá tributo este ano no acto cívico das Festas do Alivio a Hortensia Expósito Martínez, Tena, por toda unha vida de loita, traballo duro e superación. "Ela representa ás mulleres do rural que, sen facer ruído, viviron na adversidade, traballando incansablemente no campo e coidando das súas familias. A súa historia é a memoria viva dunha xeración de mulleres fortes que non sempre foron recoñecidas polo seu sacrificio, pero que son imprescindibles na construción da nosa sociedade", resalta a alcaldesa, Sandra González.
Nada en 1937 en Vilachán do Monte no tempo da guerra, Tena de pequena viu marchar ás xeracións máis novas camiño da América e foi testemuña de como os rapaces se ían paranon regresar e as mulleres eran destinadas a servir en casas alleas e coidar os fillos doutros.
Foi criada no esforzo permanente nunha casa na que nunca faltou o pan a base do traballo e do esforzo de andar no campo, oficio que aprendeu dos seus pais. Ela quedou en Tomiño, coidou deles e criou tres fillos soa. Buscou o pan co que sabía facer, andou ao xornal na casa doutros e sachou tamén moito o monte, como facían as mulleres. Porque foron elas as que tronzaron con cortafogos, de arriba a abaixo, as plantacións de pinos da Forestal; elas as que fixeron quilómetros de regos para meter auga nas casas dende o nacente preto de Pinzás ata as vivendas de Vilachán.
Unha vida de esforzo constante para conseguir pequenas cousas nun lugar no que o clima era áspero. Hortensia, Tena, sinte que non fixo nada destacado, "só o que fixemos todas as mulleres naquela época: traballar duro e tirar adiante". Rexa, constante, pousada no falar, agora preocúpalle que a súa loita e a de todas as mulleres desa época non sexa unha perda, non por elas, senón polas xeracións que veñen detrás.
Programación
O acto cívico en homenaxe a Tena o sábado 14 (21.00 h na Praza do Seixo) e o tradicional concerto da Agrupación Musical de Goián porá o broche de ouro a unha semana chea de vida e actividades para todos os públicos no corazón de Tomiño, todas elas ás 19.00 horas na propia Praza do Seixo.
Deste xeito, a semana comezará o luns 9 de setembro coa actuación de Simplemente Enricco, un mago un pouco peculiar ao que case nunca lle saen os trucos que oculta un experimentado malabarista e equilibrista que realizará complicados e arriscados xogos. O martes 10 será a quenda de Marta Ortiz con 'Tralará. Contos, obxectos e música', un espectáculo no que se xuntarán contos de antes e de agora, bailando entre a tradición e a actualidade co ritmo que emana do propio contar da lingua.
O mércores 11 Peter Punk aterrizará na Praza do Seixo con 'Peor imposible', unha nova aventura na que o pallaso mantén a súa esencia e humor irreverente no que afrontar o seu fracaso ante o público con moita complicidade. As actividades para toda a familia rematarán o xoves 12 con 'Peque Disco', de Moc Moc, un espectáculo no que música, circo e clown mesturaranse para crear unha auténtica disco móbil infantil e familiar.
Como sinala a alcaldesa, "os días de festa do Alivio son unha ocasión moi especial para todo o municipio, xa que unen a todas as parroquias de Tomiño nun ambiente de celebración e comunidade. Estes días representan un momento de encontro no que as rúas énchense de vida, sobre todo pensando nos máis pequenos, para quen preparamos unha programación especial dende o Concello que, por suposto, se complementa co traballo da Comisión de Festas. A súa dedicación desinteresada ao longo de todo o ano fai posible que estas datas sexan un éxito, e por iso merece o noso agradecemento. Por iso, O Alivio sempre será para nós máis que unha festa".
O Concello asina un convenio con COGAMI para reforzar a inclusión e a atención á diversidade na comunidade
Tomiño porá a disposición da entidade espazos para as tarefas de información, asesoramento e orientación laboral, así como para a realización de actividades
O Concello de Tomiño formalizou recentemente un convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) co obxectivo de favorecer a inclusión tanto social como laboral e mellorar a atención á diversidade no concello. Este acordo, que sela unha colaboración que xa levaba anos desenvolvéndose de xeito informal, pretende consolidar as iniciativas emprendidas e maximizar os beneficios para ambas as partes, poñendo a disposición de COGAMI os espazos municipais para as tarefas de información, asesoramento e orientación laboral, así como a realización de charlas ou talleres de sensibilización en materia de discapacidade, actividades vinculadas ao Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL).
O convenio establece unha serie de proxectos e actividades que promoverán a inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida comunitaria, incluíndo o acceso á educación, ao emprego e á participación social. Entre os beneficios previstos, está a posta en marcha de estratexias que faciliten a inserción laboral e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, firme defensora da inclusión social, destacou que "este acordo con COGAMI supón un novo paso para a normalización e o respecto aos dereitos de todas as persoas. Comprometémonos a traballar conxuntamente para seguir garantindo que cada cidadán do noso concello teña a oportunidade de desenvolverse plenamente".
Pola súa banda, o presidente de COGAMI, Anxo Antón Queiruga, destacou a importancia de oficializar esta colaboración, que xa supuxo numerosos beneficios para a comunidade. "A alianza que cultivamos ao longo do tempo permitiunos impulsar proxectos que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade. Agora, con este acordo, poderemos ampliar as nosas actuacións e conseguir un impacto aínda maior", indicou.
Este acordo marca un fito na aposta do Concello pola igualdade de oportunidades e a convivencia inclusiva, e promete transformar a vida de moitas persoas do municipio. Ademais, reforza a confianza entre administracións e organizacións sociais, sentando as bases para un traballo conxunto máis eficaz no futuro.
Tomiño impulsa a creatividade da súa mocidade co seu obradoiro de artes plásticas
A OMIX organiza un taller en setembro para que mozos e mozas poidan explorar a súa faceta artística. Aberta a inscrición na web
Tomiño desata a creatividade da súa mocidade. Todo listo para o novo curso da OMIX, un obradoiro de artes plásticas co que dar pulo á faceta artística da rapazada a través dunha experiencia plástica diferente, onde cada persoa participante poderá explorar a súa creatividade respectando a súa personalidade e dando as ferramentas necesarias para acadar resultados sorprendentes.
A formación realizarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de setembro de 11.00 a 13.00 horas na Praza Cultura de Goián. En total serán oito horas de aprendizaxe en catro sesións distintas coas que mozos e mozas terán unha oportunidade única para desenvolver a súa expresión artística nun ambiente acolledor e guiado.
A alcaldesa, Sandra González, subliñou a importancia de actividades coma esta para o desenvolvemento integral da mocidade. "Este obradoiro será unha experiencia moi enriquecedora e unha grande oportunidade para que a nosa rapazada se exprese a través da arte", recalcou a rexedora, animando a toda a mocidade a participar neste obradoiro.
Con esta iniciativa, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso co desenvolvemento cultural e educativo da mocidade local, ofrecendo espazos nos que a arte e a creatividade sexan protagonistas. A formación terá un prezo de 15 euros e as persoas interesadas poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web municipal.
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|